Perdigueiro galego

O perdigueiro galego é unha raza de cans de orixe galega. É un can de caza de mostra, especializado na caza de pluma (perdiz, arcea e paspallás). Tamén recibe o nome popular de "can das perdices".

A partir da década dos setenta, coa introdución de razas foráneas, foi moi mesturado e practicamente absorbido polos pointer ingleses e os braco alemáns, o que causou o declive e a práctica desaparición desta raza. Nestes momentos estase intentando recuperar a partir dos poucos exemplares que aínda se poden atopar en maior ou menor pureza, dispersos polas provincias de Lugo e Ourense.

Perdigueiro galego
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnivora
Familia: Canidae
Xénero: Canis
Orixe da raza

Orixe da raza

Orixe

As súas orixes remóntanse ao tipo antigo de braco italiano que, orixinariamente, chegou á Península Ibérica cos romanos e estableceuse en toda a zona comprendida entre o norte da provincia da Lusitania e o suroeste do que hoxe é Francia, sufrindo cambios morfolóxicos nas diferentes rexións xeográficas. Outras razas relacionadas son o perdigueiro portugués, perdigueiro de Burgos, pachón navarro ou de Vitoria, braco español e o braco francés (tipo Gascuña e tipo Pireneos).

Distribución xeográfica

A súa área de distribución abrangue toda a zona noroccidental da Península Ibérica, en zonas de terreo quebrado de bosque e monte baixo, con toxeiras e abundante vexetación arbustiva.

Era frecuente velos nas zonas ourensás da Mezquita e Viana do Bolo, así como nos concellos de Riós, Laza e A Veiga.

Morfoloxía

É un can de tipo bracoide, de tamaño mediano, eumétrico e mesomorfo; ben proporcionado, de aspecto rexo, con peito amplo e con estrutura sólida, trotador, de movementos flexibles, forte e resistente. É excelente como can de mostra e bo cobrador tanto na terra coma na auga.

Teñen unha altura á cruz de 55–60 cm nos machos e de 50–55 cm nas femias.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.
Cabalo de pura raza galega

O Cabalo de Pura Raza Galega (PRG) é a denominación que recibe oficialmente unha raza de cabalos Equus ferus caballus de pequeno tamaño, recoñecida como raza equina autóctona de Galicia. Outras denominacións tradicionais son cabalo galego de monte, cabalo galaico, poni galego, faca galiciana, faca galega ou, simplemente, cabalo do país.

Recentemente tense suxerido a pertenza desta raza a unha nova subespecie de cabalos, o Equus ferus atlanticus . Para esta nova subespecie propúxose a denominación de "garrano".A finais do século XX atopábase en estado de perigo de extinción: en 1999 o rexistro oficial mantiña un censo de soamente 190 exemplares. O programa para procurar a súa recuperación e preservación conseguiu censar en 2001 450 exemplares (o 80% deles en idade reprodutora) e a finais de 2012 a poboación censada era de máis de 1.500 exemplares.

Cabra galega

A cabra galega é unha raza de cabras de orixe galega. No ano 2017, o número total de exemplares era de 1013 (778 femias e 62 machos) distribuídos en 59 explotacións gandeiras. Son animais moi adaptadas ó medio e, segundo o Invesaga (Investigación en Sanidade Animal de Galicia) presentan máis resistencia ás infeccións que outras razas caprinas, como o parasito do verme hepático.

Cachena

A cachena é unha raza de vacún de grande rusticidade, perfectamente adaptada ó medio no que se desenvolve onde aproveita uns recursos naturais para pacer que dificilmente serían aproveitados por outras razas bovinas. É un tipo de vaca galleira, cos cornos longos cara a arriba e abertos para os lados.

As cachenas son animais de pequeno tamaño e cornos de grandes proporcións. A súa área de orixe sitúase nas zonas montañosas dos concellos incluídos no parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés, especialmente na aldea de Olelas, e nas estribacións montañosas do homólogo parque nacional portugués de Peneda-Gerés.

Caldelá

A caldelá é unha raza de vacún autóctona de Galicia. Actualmente a poboación é moi reducida, cuns 1304 exemplares (2014). A raza caldelá ten un temperamento tranquilo e polo tanto é boa para a súa utilización para o traballo. É unha raza típica da provincia de Ourense e o seu nome provén de Castro Caldelas, concello que é centro xeográfico da raza.

Can

O can (Canis lupus familiaris) é un mamífero carnívoro que pertence á familia Canidae, ao igual que os lobos, raposos e coiotes. En xeral, o termo 'can' emprégase para referirse á raza doméstica (Canis familiaris), a cal crese que descende dun antergo similar ó lobo, segundo distintos indicios, a secuencia do ADN e outros estudos xenéticos.. Con todo, algúns científicos sosteñen que o can é unha subespecie de lobo.

As probas arqueolóxicas demostran que o can estivo en convivencia próxima cos humanos desde hai polo menos 9.000 anos, pero posiblemente desde hai 14.000 anos. As probas fósiles demostran que os antepasados dos cans modernos xa estaban asociados cos humanos hai 100.000 anos.

Neste tempo o can desenvolveu diferentes razas que poden variar moito en tamaño e cor. Por exemplo, están os cans chihuahuas, que miden apenas unhas polgadas, en oposición aos grandes cans San Bernardo ou ao mastín. As cores dos cans varían de branco a negro, con vermello, café ou gris. De igual xeito que os humanos, son unha especie moi sociable e cazan en grupo.

A media de vida é de 12 anos, cada ano do can semella uns sete anos humanos, aínda que non é unha fórmula exacta.

Can de palleiro

O can de palleiro é unha raza de can de tamaño medio orixinaria de Galicia. Tradicionalmente, era o can por antonomasia do agro galego e a súa función era a de can pastor e tamén de garda, mais hoxe en día hai exemplares adicados a distintas funcións, como axuda a discapacitados, cans de terapias, cans de salvamento ou en competicións deportivas como o canicross e o agility. É unha das catro razas de cans autóctonas de Galicia, xunto co guicho, o perdigueiro e o podengo galego.

Estivo a piques de desaparecer por mor dos cruzamentos con outras razas. O seu proceso de recuperación comezou na década de 2000, e en decembro de 2017 había 1 275 exemplares inscritos no libro xenealóxico do Club da Raza Can de Palleiro.

Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia

O Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia (CRZG), inaugurado en 2006 e situado no Pazo de Fontefiz (Ucelle, Coles), é un organismo que ten por obxectivo a recuperación e conservación das razas animais autóctonas en perigo de extinción. O organismo dependen da Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia.No Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, as razas bovinas autóctonas críanse seguindo a agricultura ecolóxica, caracterizada pola crianza ao aire libre e a alimentación natural.

Domesticación

A domesticación é a acción ou o efecto de facer doméstico algún ser vivo, é dicir, que viva a carón do ser humano, que se críe na casa. O termo deriva do latín domus, que significa «casa», e domesticus, que ten o mesmo significado que o termo actual. Descrive o paso dende estado salvaxe a estado doméstico dalgúns animais pola acción do home. Este proceso prodúcese por mor dos intereses humanos de obter das especies salvaxes alimento, servizo, compaña, roupa, etc.,e comezou hai arredor de once mil anos.Unha especie domesticada, animal ou vexetal, é unha especie que desenvolveu unhas características morfolóxicas, fisiolóxicas, ou mesmo comportamentais novas e hereditarias, como resultado dunha interacción prolongada, dun control ou dunha selección á mantenta por parte do ser humano.

A domesticación fai referencia tamén ó estado no cal a reprodución, as curas e a alimentación dos animais, ou o ciclo das plantas son controlados de xeito máis ou menos directo polo ser humano. Na linguaxe corrente, a expresión «animal doméstico» emprégase acotío no senso de animal de compaña. Este último termo pódese aplicar a un animal individual, mentres que a domesticación concirne unha poboación ou unha especie enteira. Unha acepción ampla da domesticación tende a tratar tódalas formas de interacción regular da especie humana cunha especie animal.

A principal utilidade das plantes e animais domésticos é a produción de alimentos, así como a doutros produtos útiles com a la, o algodón, ou a seda. Malia isto, os motivos da práctica da gandería ou da agricultura non son sempre estritamente utilitarios e inclúen o pracer, a recreación ou prácticas relixiosas. A domesticación ds plantas e dos animais veu da man dos inicios da agricultura e foi un factor esencial no desenvolvemento da civilización. No pasado permitiu a revolución neolítica, mais tamén é un proceso que aínda se mantén até a actualidade.

Frieiresa

A frieiresa é unha raza de vacún autóctona de Galicia. Actualmente a poboación é moi reducida, cuns 673 exemplares (2014) distribuídos en 30 ganderías. É unha raza típica da provincia de Ourense.

Galiña de Mos

A Galiña de Mos (ou Raza de Mos) é unha das razas de pita máis antigas da península Ibérica. Orixinaria de Galicia debe o seu nome á parroquia de San Xiao de Mos (no concello de Castro de Rei, Lugo), xa que foi nesta zona onde se comezou o proceso de selección para a recuperación da raza orixinal.

O trazo máis salientable é a súa crista en chícharo, que se caracteriza por ser pequena e ter tres filas de papilas ou puntos. Esta raza adáptase con facilidade a condicións climatolóxicas adversas.

Guicho

O guicho ou quisquelo é unha raza de cans de orixe galega. O seu nome vén das súas características orellas guichas. A súa función zootécnica é a de can de caza especializado na caza do coello de monte de Galicia, polo cal tamén recibe o nome popular de "coelleiro". Os bos exemplares en pureza non abundan, sendo moi solicitados e requiridos polos cazadores.

Limiá

A limiá é unha raza de vacún autóctona de Galicia. Actualmente a poboación é moi reducida, cuns 852 exemplares (2014).

Ovella galega

A ovella galega é unha raza de ovellas de orixe galega. Clasifícase dentro da póla de produtoras de la entrefina, cuxo antergo é o Ovis aries celtibericus. O número de exemplares desta raza en Galicia medrou notablemente nos últimos anos. No ano 2012 o número total de exemplares era de 4.548 (3.862 femias e 686 machos) distribuídos en 110 explotacións gandeiras.

Podengo galego

O Podengo galego é unha raza de cans de orixe galega. É un can de caza de coello principalmente, aínda que tamén de lebre e raposo.

Porco celta

A raza porcina porco celta é unha variedade que até comezos do século XX era a maioritaria en Galicia. Despois de estar a piques de desaparecer durante os anos oitenta, en 1999 púxose en marcha a Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta. O apoio público coa creación dun rexistro da raza e a difusión das cualidades deste animal está a favorecer o rexurdimento da cabana noutrora maioritaria en Galicia, antes de se ver desprazada por novas razas que ofrecían un maior crecemento.

Razas de vacún

Existen unhas 800 razas de vacún recoñecidas no mundo enteiro, adaptadas aos climas locais e aos seus usos especializados. Dentro delas poderiamos facer dous grandes grupos: os que corresponden á especie vaca (Bos taurus) e os que corresponden á especie cebú (Bos indicus). As vacas son as máis abondosas no mundo, particularmente nas zonas temperadas e frías, mentres que os cebús aparecen nas zonas máis cálidas pola súa resistencia á calor. Tamén existen algunhas razas híbridas.

As razas tradicionais galegas son a cachena, a caldelá, a frieiresa, a limiá a rubia galega e a vianesa.

Rubia galega

A rubia galega é unha raza de vacún autóctona de Galicia. É a máis característica de Galicia e ten o pelo de cor rubia con variacións de ton. Emprégase para a produción de carne e noutros tempos como animal de traballo. Abunda especialmente en Lugo, onde se concentra o 75% do censo, e na Coruña, estando tamén presente noutras comunidades e noutros países de Europa e de Suramérica.

Vaca

A vaca (Bos taurus) é un animal doméstico orixinario de Europa. Utilízase para a produción de leite, carne e coiro e tamén é animal de traballo, dependendo da raza e o grao de tecnificación do lugar. As femias coñécense como vacas e os machos como bois ou touros. As crías denomínanse puchos, cuchos, cuxos, becerros ou tenreiros, e desde o ano de idade ata que paren, xovencas. Existen os adxectivos vacún/vacúa e bovino.

Segundo a FAO, no ano 2005 existían no planeta 1.272 millóns de vacas, incluíndo nesta cifra a cebús e iacs. En 2009 a cifra ascendía a 1.382.241.378. Delas corresponderían 270.675.336 a África, 509.551.701 a América, 439.175.098 a Asia, 38.616.809 a Oceanía e 124.222.434 a Europa. Destas, 6.020.200, están en España, que ocupa o sétimo lugar do continente e o sexto da Unión Europea por número de cabezas de gando bovino.

Vianesa

A vianesa é unha raza de vacún autóctona de Galicia.

Razas autóctonas galegas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.