Percebe

O percebe (Pollicipes pollicipes), tamén denominado mixote, percebe da pedra, percebe da sombriza e percebe mexón, segundo M. C. Ríos Panisse[4] e máis Rosa Ramonell,[5] é unha especie de artrópodo pertencente á familia dos policipédidos da orde dos pedunculados e infraclase dos cirrípedes, do subfilo dos crustáceos, estando en consecuencia ligado de lonxe cos cangrexos e as lagostas. Algunhas autoridades académicas consideran os cirrípedes como clase plena.

A especie foi descrita por primeira vez polo químico e naturalista alemám Johann Friedrich Gmelin en 1789, baixo o nome de Lepas pollicipes. Das ao redor de 1220 especies de percebes coñecidas, Pollicipes pollicipes (antes Pollicipes cornucopia) é a común nas augas galegas.

Percebe
Pollicipes pollicipes
Pollicipes pollicipes

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Maxillopoda
Infraclase: Cirripedia
Orde: Pedunculata
Familia: Pollicipedidae
Xénero: Pollicipes
Especie: P. pollicipes
Nome binomial
Pollicipes pollicipes
(Gmelin, 1789) [1]
Distribución do percebe

Distribución do percebe
Sinonimia
  • Lepas gallorum Spengler, 1790 [2]
  • Lepas pollicipes Gmelin, 1789 [2]
  • Mitella pollicipes (Gmelin, 1789) [3]
  • Pollicipes cornucopia Leach, 1817 [1][3]

Etimoloxía

O nome galego, percebe, remonta ao latín pollicipes, composto de pollex "polgar" e pes "pé" (literalmente: 'o dedo gordo do pé').

Fases vitais

Os percebes viven adheridos ás rochas en zonas moi batidas polo mar e formando grupos. Teñen dúas fase larvarias: a primeira larva denomínase nauplius, que evoluciona como parte do plancto, flotando a onde o vento, as ondas, as correntes ou as mareas as leven, tempo durante o cal muda. Esta fase dura sobre dúas semanas, até acadar a fase seguinte. Chegado ese momento, a nauplius metamorfoséase nunha nova larva cypris, que é máis apta nadando. As cypris estabelécense nunha zona onde os signos ambientais denoten unha contorna segura e produtiva. Se non o atopan, as larvas morrerán.

Cando atopan un sitio axeitado, a larva cipris enraíza ela soa, primeiro a cabeza, na superficie, e de seguido comeza a se metamorfosear nun diminuto percebe. O corpo está formado por un pedúnculo carnoso (que é a parte que se aproveita para comer) e unha uña da que saen os cirros polos que se alimentan. O percebe típico desenvolve seis armaduras ou capas sucesivas para envolver e protexer o seu corpo. Durante o resto da súa vida, estará soldado ao chan, utilizando os seus tentáculos para capturar o plancto ou os gametos na época da posta. Os percebes, polo xeral, acostuman encontrarse na zona intermareal.

Reprodución

Como moitos outros invertebrados, os percebes son hermafroditas, alternando os roles masculinos e femininos no paso do tempo. O percebe que fai o rol de macho introduce os espermatozoides na cavidade do que fai de femia, que incubará os ovos no seu interior. Cando saen dos ovos pasarán polas distintas fases larvarias anteditas até fixarse ás rochas onde seguirán medrando.

Dise que o percebe posúe o pene máis longo en proporción á lonxitude do seu organismo: segundo algunhas fontes alcanza 20 veces a lonxitude do animal. Con todo, nun recente experimento realizado no Aquarium Finisterrae da Coruña conseguiuse gravar por vez primeira a cópula do percebe, observándose que realmente o tamaño do pene en erección se multiplica aproximadamente por un e medio.

Outros

Os percebes poden fixarse a estruturas construídas por humanos, ás veces en prexuízo das tales estruturas. En particular, con respecto aos barcos son considerados como animais prexudiciais[Cómpre referencia].

Con todo, algúns membros deste grupo teñen un modo de vida algo diferente. Por exemplo, os do xénero Sacculina son parasitos dos cangrexos.

Gastronomía

Sell of percebe
Venda de percebes nun mercado. É un marisco que destaca polo seu alto prezo.

Explótase sobre todo desde Galicia e Asturias, Cantabria, País Vasco, Portugal e Francia (especialmente en Belle Isle), sendo a costa galega un dos mellores lugares para esta especie, que constitúe un produto típico da súa gastronomía. Recóllese manualmente nas rochas situadas na zona intermareal das rías, acantilados, illas etc., con risco considerable para os operarios, localmente chamados percebeiros.

A parte comestible é a que forma o pedúnculo. O seu equivalente comestible americano é o picoroco.

O percebe en Galicia

O percebe galego, debido á riqueza nutritiva das augas de Galicia, é máis groso e escuro que o de Marrocos, e ten a uña máis avermellada e con menos placas que o percebe do Canadá (que é doutra especie, parecida, Pollicipes polymerus Sowerby, 1833), facendo toda esta suma que sexa dunha gran calidade. Destaca sobor de todo o percebe do Roncudo, en Corme (concello de Ponteceso), e o de Cedeira pola súa calidade.

O percebe na gastronomía

O mestre Álvaro Cunqueiro dicía que

Percebes.S5002057
Percebes no Porto do Son (entre Fisterra e Corrubedo).

E pola súa parte, un seu discípulo, Jorge Víctor Sueiro, afirmaba que este crustáceo

Festas gastronómicas

  • Festa do percebe do Roncudo: Corme, 13 de xullo
  • Festa do percebe: Cedeira, 26 de xullo
  • Festa do percebe: Aguiño, 27 de xullo

Crenzas

En Europa, até ben entrada a Idade Moderna creuse que algunhas especies de gansos (as do xénero Branta) eran a metamorfose madura dos percebes (chamándose en inglés barnacles tanto a estes cirrípedes como a esas aves); este era un dos modos en que a xente burlaba o xaxún de carnes durante a coresma, dado que segundo o cristianismo durante ese período as únicas carnes que se podían comer eran as de peixes e mariscos, deste xeito as aves chamadas do mesma xeito e até, nalgunha ocasión, outras similares (ánsares e patos) eran clasificadas como "moluscos" ou "crustáceos". Un dos argumentos para tan curiosa taxonomía era o feito de que os percebes teñen apéndices que recordan a plumas.

Galería de imaxes

Percebe galego (Pollicipes cornucopiae)
Pollicipes pollicipes, Percebes de Galicia (Spain)
Percebes do Roncudo
Assiette pouce-pied

Notas

  1. 1,0 1,1 Alan Southward (21 de decembro de 2004). "Pollicipes pollicipes (Gmelin, 1789)". MarBEF Data System. European Register of Marine Species. (en inglés)
  2. 2,0 2,1 Charles Darwin (1851). A monograph on the sub-class Cirripedia, with figures of all the species. Ray Society.
  3. 3,0 3,1 M. K. S. Barnes (February 10, 2009). "A stalked barnacle – Pollicipes pollicipes". Marine Life Information Network for Britain & Ireland. Marine Biological Association of the United Kingdom.[Ligazón morta]
  4. Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces. Verba, Anejo 7. Santiago: Univerdidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X, pp. 56-57.
  5. Rosa Ramonell (1985), p. 183.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Cruz, Teresa (2000): Biologia e ecologia do percebe Pollicipes pollicipes (Gmelin, 1790) no litoral suroeste português. Tese de doutoramento. Universidade de Évora, 306 pp. Vista en liña
  • Cunqueiro, Álvaro (1973): A cociña galega. Vigo: Editorial FGalaxia, S. A. ISBN 84-7154-181-5, 76 pp.
  • Pérez A. C. (1996): El percebe en Galicia. A Coruña: Fundación Caixa Galicia, Aula del mar. ISBN 84-89231-16-8, 60 pp.
  • Quéro J. C. e Vayne J. J. (1998): Les fruits de la mer et plantes marines des pêches françaises. París: Delachaux et Niestlé. ISBN 2-603-01109-X, 256 pp. Capítulo "Pouce-pied Vista en liña
  • Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia, S. A. ISBN 8471545062, 293 pp.
  • Sueiro, Jorge-Víctor (1981): Manual del Marisco. Madrid: Penthalon Ediciones. ISBN 84-85337-49-2, 350 pp.</ref>

Outros artigos

Ligazóns externas

13, Rue del Percebe

13, Rue del Percebe é un cómic realizado polo debuxante Francisco Ibáñez, protagonizada pola veciñanza dun edificio.

1961

Este ano é declarado o Ano Mundial da Semente pola ONU.

Aguiño, Ribeira

Nosa Señora do Carme de Aguiño é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Ribeira. Segundo o IGE en 2013 tiña 2.934 habitantes (1.472 mulleres e 1.462 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, 7 máis que o ano anterior.

A esta parroquia pertence a illa de Sálvora.

Cedeira

Cedeira é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Segundo o IGE en 2014 tiña 7.147 habitantes (7.465 no 2009, 7.443 no 2006, 7.429 no 2005, 7.477 no 2004, 7.498 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cedeirense» ou «cedeirés».

Cirrípedes

Os cirrípedes (Cirripedia, Burmeister, 1834) son unha infraclase de crustáceos mariños da infraclase dos maxilópodos denominados comunmente percebes pero que inclúen outras especies como o arneiro ou o percebe da madeira. A especie representativa é o percebe común (Pollicipes pollicipes).

Son de hábitos sésiles (viven fixos sobre o substrato) polo que durante séculos foron considerados moluscos. Foi ó coñecer o ciclo biolóxico e estudar a morfoloxía das larvas, tipo cipris, cando se admitiu que se trataba de crustáceos cunha estrutura moi modificada.

Poden dispoñer dun pedúnculo, co que se fixan ó substrato, ou non, pero en calquera caso teñen o corpo protexido por placas calcáreas.

Corme Porto, Ponteceso

A Nosa Señora dos Remedios de Corme Porto é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Ponteceso na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 1.077 habitantes (588 homes e 509 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.434 habitantes.

Festa gastronómica

Unha festa gastronómica é un evento celebrado co gallo de exaltar un determinado produto ou grupo de produtos alimenticios. Algunhas delas están declaradas Festas de interese turístico de Galicia ou de Interese turístico nacional.

As festas gastronómicas foron fomentadas co réxime franquista tras pasaren os efectos de racionamento da guerra civil española, e mesmo se declararon algunhas de interese turístico nacional (a festa do pemento da Arnoia ou a festa do polbo do Carballiño). A Xunta de Galicia seguiu con esta política e popularizáronse festas coma a festa do cocido de Lalín.

Francisco Ibáñez

Francisco Ibáñez Talavera, nado en Barcelona o 15 de marzo de 1936, é un autor de cómics catalán, un dos máis coñecidos en lingua castelá.

Hermafroditismo

O hermafroditismo dáse cando un mesmo ser vivo ten os aparellos sexuais masculino e feminino ou un aparello mixto, pero é capaz de producir gametos de ambos os tipos ao mesmo tempo. Isto permítelle ao organismo actuar unhas veces como macho e outras como femia. Non obstante, o máis común é a fecundación cruzada entre individuos hermafroditas; tamén existen algúns casos, como nos corais, nos que se producen gametos xa fecundados. Un exemplo de animal hermafrodita é o percebe.

Illa Ansarón

A Illa Ansarón ou illa do Ansarón é unha illa da provincia de Lugo, situada no concello de Xove. Coas súas 10 hectáreas de extensión é unha das maiores illas da costa lucense. É alta (acada os 80 metros de altitude) e abrupta, con cantís produtores de percebe e áreas de cría de aves mariñas.

Maio

Maio é o quinto mes do ano no calendario gregoriano e ten 31 días. O seu nome atribúese á deusa romana Maia ou á deusa romana Bona Dea, cuxo festival se celebraba neste mes.

Marisco

O marisco inclúe unha ampla variedade de crustáceos, moluscos e equinodermos especialmente valorados para o seu consumo. Non se trata, realmente, dun concepto biolóxico senón gastronómico, e carece de calquera validez na taxonomía.

Pedúnculo (homónimos)

O termo pedúnculo (do latín científico peduncǔlus, "pequeno pé", derivado do latín clásico pēs, pedis, "pé" –dunha persoa–, "pata" –dun animal–) pode significar, segundo a ciencia de que se trate:

En anatomía:

pedúnculo cerebral, estrutura presente no cerebro.

pedúculo cerebeloso, cada uno dos tres pares de fibras (superior, medio e inferior) que entran e saen do cerebelo.

En botánica:

pedúnculo, rabecho que sostén unha flor, nunha inflorescencia simple, ou unha inflorescencia ou un froito.

En zooloxía:

pedúnculo, apéndice ou segmento corporal que serve de soporte, fixación ou unión ao substrato nalgúns invertebrados como, por exemplo, no percebe.

pedúnculo, estrutura alongada que sustenta os ollos dalgúns crustáceos, que por iso se denominan ollos pedunculados.

pedúnculo caudal, rexión do corpo dun peixe (ou de certos mamíferos acuáticos, como os cetáceos), xeralmente máis comprimida que o resto do corpo, onde se insire a aleta caudal.

Percebe da madeira

O percebe da madeira ou falso percebe (Lepas anatifera, Linnaeus 1758) é un crustáceo cirrípede da orde dos pedunculados e familia dos lepádidos, non comestible.

Percebe do Canadá

O percebe do Canadá ou percebe do noroeste do Pacífico, Pollicipes polymerus é unha especie de artrópodo pertencente á familia dos policipédidos da orde dos pedunculados e infraclase dos cirrípedes, do subfilo dos crustáceos, mariño con pedúnculo carnoso e curto, que vive fixado ás rochas batidas polas ondas.

A súa área de dispersión limítase á zona intertidal ao longo da costa pacífica de Norteamérica..

É un parente próximo do percebe do Atlántico NE, Pollicipes pollicipes, e a súa aparencia e gusto son similares.A partir de 1970 a súa explotación comercial no Canadá experimentou un importante auxe debido á demanda do mercado español xa que os stocks locais de Pollicipes pollicipes diminuíran gravemente. Porén, as exportacións de percebe do Canadá cesaron a partir de 1999, data na que se pecha a súa pesca comercial debido á preocupante baixa das súas poboaciós..

Ponteceso

Ponteceso é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños.

Segundo o IGE no ano 2018 tiña 5.565 habitantes (5.789 no ano 2015, 6.065 no 2012, 6.134 no 2011, 6.215 no 2010).

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «pontecesán».

Praia de Rebordelo

A praia Rebordelo é un areal situado na parroquia de Canduas, en Cabana de Bergantiños. Está bañada polas augas do océano Atlántico onde se forma a ría de Corme e Laxe en plena Costa da Morte.

Ten un fácil acceso dende o lugar de Rebordelo e é a praia máis visitada polos veciños cabaneses e polos turistas, debido en gran parte a que esta salvagardada de case todos os tipos de vento. Nesta praia desemboca o rego de Rebordelo, e tamén ten unha fervenza natural de augas claras.

Entre a súa flora e fauna están as especies comúns de moitos areais galegos, con peixes como o pinto (Labrus bergylta), a robaliza (Dicentrarchus labrax) ou o sargo (Diplodus sargus); crustáceos como o camarón, cangrexo e boi; moluscos como o mexillón (Mytilus galloprovincialis) a lapa ou o percebe; e aves como a gaivota, o corvo mariño ou o mazarico.

Conta cun pequeno aparcadoiro e duchas, e no verán con servizo de socorrismo. É a única praia de Cabana que conta con grellas e mesas.

Ribadeo

Ribadeo é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE, a comezos de 2018 tiña 9900 habitantes (en 2015, 9929), despois de superar por primeira vez en 2011 a barreira dos 10 000 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ribadense».

Rinlo, Ribadeo

San Pedro de Rinlo é unha parroquia do concello lugués de Ribadeo. A freguesía pertence ó arciprestazgo de Ribadeo. Segundo o IGE en 2010 tiña 233 habitantes.

Conta cos lugares do Campo de María Méndez, O Campo de San Pedro, O Campo do Cristo, O Cantal, O Cotarelo e A Virxe Branca. Limita ao sur coa parroquia da Devesa, ao leste con Vilaframil, ao oeste con Reinante (do concello de Barreiros) e ao norte co mar Cantábrico. Está atravesada polo regato de San Xulián ou San Xián.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.