Peranzais

Peranzais (en castelán e oficialmente: Peranzanes) é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 117,54 km², na que vivían 332 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 2,82 h/km².

Actualmente o núcleo de Guímara fala un galego de transición cara ao leonés, aínda que no resto dos núcleos do concello a influencia do galego é notable (sen ir máis lonxe, o nome da comarca á que pertence o concello é Fornela).

Peranzais
Bandeira de Peranzais Escudo de Peranzais
Castro de Chano
Castro de Chano.
Xentilicio[1] fornelo/a
Xeografía
Provincia Provincia de León
Comarca Bierzo
Poboación 332 hab. (2012)
Área 117,54 km²
Densidade 2,82 hab./km²
Capital do concello
Política (2011)
Alcalde Vicente Díaz Fernández (PSOE)
Concelleiros PP:
PSOE:
Outros:
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes %

Parroquias

  • Cariseda
  • Chano
  • Faro
  • Fresnedelo
  • Guímara
  • Peranzais
  • Trascastro

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Datos de 2001 publicados en 2004.
Arganza

Arganza é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 39,99 km², na que vivían 850 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 21,26 h/km².

Barxas, León

Barxas (en castelán e oficialmente Barjas) é un concello español da comarca do Bierzo, na provincia de León, Castela e León, que cobre unha superficie de 62,6 km², na que vivían 261 habitantes no ano 2010, cunha densidade de poboación de 4,17 hab/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Borrés

Borrés (en castelán e oficialmente Borrenes) é un concello galegofalante da comarca do Bierzo, na provincia de León. Cobre unha superficie de 36,3 km², na que vivían 436 habitantes no ano 2008, cunha densidade de poboación de 11,98 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Cacabelos, León

Cacabelos é un concello da provincia de León, pertencente á comarca do Bierzo. Cobre unha superficie de 32,82 km², na que vivían 5.132 habitantes no ano 2018, cunha densidade de poboación de 157,13 hab./km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Camponaraia

Camponaraia (en castelán e oficialmente: Camponaraya) é un concello da comarca do Bierzo (provincia de León, comunidade autónoma de Castela e León) que cobre unha superficie de 29,13 km², na que vivían 4.230 habitantes no ano 2010, cunha densidade de poboación de 145,21 h/km². Está composto de cinco aldeas: Camponaraia, Erbededo, Magaz de Abaixo, Naraiola e A Válgoma. Por este concello pasa o río Naraia, o cal permite deducir que o topónimo debe dividirse en dous (Campo+Naraia) e non en tres (Campo+na+raia). Esta dedución ven avalada pola ortografía e pola existencia do topónimo Naraiola, diminutivo do hidrónimo.

Candín

Candín é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 140,90 km², na que vivían 333 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 2,36 hab./km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Carracedelo

Carracedelo é un concello da provincia de León, na comarca do Bierzo, que cobre unha superficie de 32,32 km², na que viven 3.680 habitantes (INE 2012), cunha densidade de poboación de 113,86 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Carucedo

Carucedo é un concello da provincia de León, pertencente á comarca do Bierzo. Segundo o Instituto Nacional de Estadística (INE) en 2012 tiña unha poboación de 655 habitantes. É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Congosto

Congosto é un concello español da provincia de León, na comarca do Bierzo. A súa poboación é de 1.692 habitantes (INE 2011).

Corullón

Corullón é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 78,5 km², na que vivían 1.151 habitantes no ano 2004, cunha densidade de poboación de 14,66 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Fabeiro, León

Fabeiro (en leonés El Fabeiru e en castelán e oficialmente: Fabero) é un concello da comarca do Bierzo (provincia de León, Castela e León que cobre unha superficie de 54,47 km², na que vivían 5106 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 93,74 h/km².

O núcleo de Fontoira é o único do concello de fala galega, o resto do concello é de fala tradicional leonesa.

Ibias

Ibias é un concello de Asturias. Limita ao norte coa Fonsagrada, Negueira de Muñiz e Allande, ao leste con Cangas del Narcea e Degaña, ao sur con Peranzais e Candín e polo oeste con Navia de Suarna. O concello cobre unha superficie de 230 km² e contaba cun total 1.903 habitantes no ano 2005, o que dá unha densidade de poboación de 8,27 h/km². Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Oencia

Oencia é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 98,33 km², na que vivían 349 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 3,55 hab./km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Priaranza

Priaranza (oficialmente e en castelán, Priaranza del Bierzo) é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 33,69 km², na que vivían 828 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 24,58 hab./km².

Sancedo

Sancedo é un concello español da provincia de León, na comarca do Bierzo. A súa poboación é de 560 habitantes (INE 2011).

Sobrado, León

Sobrado é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 36,03 km², na que vivían 363 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 10,07 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Toural dos Vaos

Toural dos Vaos (en castelán e oficialmente Toral de los Vados), anteriormente chamado Viladecais-Toural dos Vaos, é un concello da comarca do Bierzo, na provincia de León. Ten unha superficie de 24,27 km², e en 2013 tiña 2108 habitantes. É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Trabadelo

Trabadelo é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 64,73 km², na que vivían 430 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 6,64 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «trabadelés» .

Valboa, León

Valboa (en castelán e oficialmente Balboa) é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 51,04 km², na que vivían 371 habitantes no ano 2011, cunha densidade de poboación de 7,27 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Parcialmente galegofalantes
Concellos da comarca do Bierzo
100 000+
50 000+
10 000+
5000+
Menos de
5000
habitantes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.