Penosiños, Gomesende

San Salvador de Penosiños é unha parroquia do concello ourensán de Gomesende na comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE[1] en 2015 tiña 8 habitantes (5 homes e 3 mulleres) establecidos nunha única entidade de poboación[2].

Desde o punto de vista eclesiástico, xunto cos 13 lugares da parroquia homónima do concello de Ramirás, forma a parroquia eclesiástica de Penosiños.

Coordenadas: 42°10′46.07″N 8°3′22.71″O / 42.1794639, -8.0563083

Penosiños
ConcelloGomesende
Poboación8 hab. (2015)
Entidades de poboación1

Notas

  1. IGE (ed.). "Nomenclátor de Galicia, ano 2015. Busca por entidades".
  2. Xunta de Galicia (ed.). "Nomenclátor de Galicia. Busca directa".

Lugares e parroquias

Parroquias de Gomesende

Véxase tamén

Outros artigos

Fontebranca, Penosiños, Gomesende

Fontebranca é un lugar da parroquia do Penosiños no concello ourensán de Gomesende na comarca da Terra de Celanova. Tiña 8 habitantes no ano 2015 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 5 eran homes e 3 mulleres.

Penosiños

San Salvador de Peñosiños é unha parroquia eclesiástica galega do arciprestado de Celanova, da diocese de Ourense, que ten as súas terras e os seus lugares repartidos entre dous concellos, o de Ramirás e o de Gomesende. No ano 2015 tiña 249 habitantes, dos que 110 eran homes e 139 eran mulleres.

As aldeas de Calvos, Carraguedo, Fonte Branca, Marnotos, A Moreira, Proente, Pumar Vello, As Regas, O Reguengo, Silvaescura, O Tellado, A Veiga e Vilanova pertencen ao concello de Ramirás; a de Fontebranca ao concello de Gomesende.

Penosiños, Ramirás

San Salvador de Penosiños é unha parroquia do concello ourensán de Ramirás na comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE en 2015 tiña 241 habitantes (105 homes e 136 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación.

Desde o punto de vista eclesiástico, xunto co lugar de Fontebranca (en Penosiños, Gomesende), forma a parroquia eclesiástica de Penosiños.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.