Pena Trevinca

Pena Trevinca é un pico da serra do Eixe, no macizo de Pena Trevinca, que fai fronteira entre as provincias de Ourense e Zamora. É o maior punto de altitude do territorio galego pois está a 2127 m de altitude.[2][3][4][5][6]

Pena Trevinca é ademais un espazo natural galego declarado zona especial de conservación (ZEC) e parte dunha zona de especial protección para as aves (ZEPA) e que abrangue o macizo montañoso dos vales glaciais galegos que rodean este pico. O ZEC atravesa parte dos concellos de Carballeda de Valdeorras, A Veiga, Viana do Bolo, Manzaneda e O Bolo. O seu interese de conservación é por ser un ecosistema subalpino galego ben conservado.[7][8] Ademais, a parte zamorana de Pena Trevinca está recoñecida dentro do Parque Natural do Lago de Seabra[9][10] e o pico ao completo como parte do lugar de interese xeolóxico dentro do "Altiplano da Serra Segundeira", e que se estende por parte da Veiga e de Seabra.

Coordenadas: 42°14′09″N 6°48′00″O / 42.23583, -6.80000

Pena Trevinca
Vista de Pena Trevinca.
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC, ZEPA
Ano de constitución: Setembro de 2006
Superficie: 24.896 ha.
Lexislación: LIC o 21 de setembro de 2006, ZEC o 27 de marzo de 2004 e 31 de marzo de 2014.
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Ourense[1]
Concellos: Carballeda de Valdeorras, A Veiga, Viana do Bolo, Manzaneda e O Bolo[1]
Ríos: río Tera, río Camba, río Canda, río Xares, río Sanxil
Picos Pena Trevinca, Pena Negra, Pena Surbia, Pena Trevinca Norte
Direccións de interese:
Teléfonos:

Xeografía e xeoloxía

Xeografía

Pico de Pena Trevinca e o macizo

Pena Trevinca
Peña Trevinca

Pena Trevinca
Altitude2.127 m Posición 1 (Galiza)
Latitude42°14′09″ N
Lonxitude6°48′00" W
LocalizaciónGaliza Galiza
España España
CordilleiraSerra do Eixo
(Macizo de Pena Trevinca)

O pico de Pena Trevinca coñecese tamén co nome de Pena Trevinca Sur (2127 m). Forma parte dunha serra do macizo de Pena Trevinca que rexistra varias altitudes superiores aos 2000 m, como Pena Negra (2123 m), Pena Surbia (2122 m) ou Pena Trevinca Norte (2041 m).[2][11]

O grupo de picos de Trevinca están á cabeceira do río zamorano Tera e forman un val glacial. As serras menores que a rodean ocupan os espazos do leste e suroeste de Trevinca. O río Sil limítaas máis ao norte, e os ríos Bibei e Xares nacen na serra e limítana polo oeste.[12]

O espazo natural de Pena Trevinca

O espazo natural declarado ZEC ampara a serra Calva e a parte da serra do Eixe. Entre os picos que protexe están Pena Survia, Pena Trevinca, Alto do Torno e o Alto da Corraliza.[7]

A hidrografía do espazo inclúe a parte do río Bibei e case a metade do encoro de Pías, os altos do río Xares e Sanxil, o río da Canda, os rego dos Poulos ou do Couto, o rego da Fonfría e río da Camba na súa parte final xa no encoro do Vao.[7]

Xeoloxía

O pregamento herciniano do macizo ibérico e os posteriores axustes modelaron as serras que rodean a Pena Trevinca. Pena Trevinca está a unha altura importante pero mostra caídas ao seu arredor de máis de 700 metros. Os efectos da glaciación do cuaternario formaron eses vales e deixaron chairas pulidas con guías de rotura sobre das rochas abruptas. Arredor do arco do glacial vénse morenas. O pregamento no que está Trevinca é de xistos e cuarcitas do cámbrico-ordovícico. Noutras áreas do espazo natural hai solos de granitoides biotíticos, lousas ou filitas con xistos, cuarcitas brancas ou lousas homoxéneas.[13][2] Na vertente zamorana os solos están formados por lousas.[14] Desde o pico de Pena Trevinca pódese observar a forma en "U" do val fluvial de orixe glacial do río Tera. Na Pena Trevinca pódense observar pregamentos sinformes.[4]

Clima

O macizo de Pena Trevinca ten un clima de alta montaña nos seus cumes e arredores. Os espazos que rodean a estes teñen climas centroeuropeos, de tipo perhúmidos mesotérmicos.[12]

Flora e fauna

Flora

No ecosistema de Pena Trevinca hai as augas estancadas da montaña con vexetación oligotrófica ou mesotrófica. Nestas altitudes están presentes especies como o piorno galego. Arredor de lagoas e da auga, e en zonas altas hai turbeiras. Nos cumes das montañas hai queiroas de zonas temperás, como Erica ciliaris e Erica tetralix, e outras especies de lugares máis secos ou incluso alpinos e boreais. Algúns queiroas mostran toxos con elas.[7]

Nos vales dos ríos hai comunidades de vexetación de brañas e ribeiras, e preto deles prados secos e matogueiras e gramíneas, como Nardus. Nas altitudes máis baixas hai prados de sega e sega de montaña.[7]

Os bosques arredor dos ríos son de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior. Outros bosques fórmanos os carballos Quercus robur e Quercus pyrenaica. Ademais están presentes os soutos, as aciñeiras, os acivros e teixos de Taxus baccata.[7]

As especies da flora que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[7]

Especie
Festuca elegans
Festuca summilusitana
Narcissus asturiensis
Narcissus pseudonarcissus ssp. nobilis
Santolina semidentata

Teixadal de Casaio

O teixedal de Casaio e un bosque de máis de 300 teixos e de 6 hectáreas en Casaio (Carballeda de Valdeorras). É o bosque de teixos máis occidental de Europa.[11][15][16]

Fauna

Invertebrados

As especies da flora que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[7]

Especie
Lucanus cervus
Oxygastra curtisii

Peixes

A especie de peixe que está presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[7]

Especie
Chondrostoma polylepis

Anfibios e réptiles

As especies da anfibios e réptiles que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[7]

Especie
Chioglossa lusitanica
Discoglossus galganoi
Lacerta monticola
Lacerta schreiberi

Aves

Esta serra é unha ZEPA xa que é unha área prioritaria para algunhas aves de interese. Atópanse neste espazo natural a aguia real (Aquila chrysaetos), que está en perigo de extinción, charrela (Perdix perdix) e a Hyla arborea.[7]

Algúns concellos do ZEC están dentro da área SEO/Birdlife de referencia IBA 011 “Serra da Cabrera” e que ocupa territorio ourensá, leonés e zamorano.[8]

Mamíferos

As especies de mamíferos que están presentes no catálogo galego de especies ameazadas son:[7]

Especie
Galemys pyrenaicus
Lutra lutra
Myotis blythii
Myotis myotis
Rhinolophus ferrumequinum
Rhinolophus hipposideros

Lexislación

A Pena Trevinca está na Rede Natura 2000 como ZEC desde o Decreto 37/2014 en 2014. O 19 de xuño de 2008 parte do espazo natural foi declarado polo goberno galego zona de especial protección para as aves "Pena Trevinca"[17]. Esta figura de protección abrangue un total de 22.510,3 hectáreas repartidas nos concellos de Carballeda de Valdeorras, A Veiga e Viana do Bolo.

As normativas municipais declararon como espazos de interese local:

  • O Teixedal de Casaio.
  • O espazo natural “Montes de Pena Trevinca e Texeidal de Casaio”, declarado dentro das normas da provincia de Ourense.
  • Zonas húmidas protexidas dentro do "inventario de zonas húmidas galego" como "complexo de lagoas de Trevinca e a lagoa de Sestil Alto"[18] e que prevé nomear os encoros asociados ao río Xares, ás lagoas de Ocelo, da Serpe, do rego de Bidueiro, da Piatorta; e os montes do Candán, o Alto da Veiga do Bidueiro, o Montouto e o Alto da Xurbia.
  • O “Bidueiral de Xares" en Seoane dentro do “Catálogo de árbores senlleiras de Galicia”.[19]

Etimoloxía do topónimo

O seu nome é unha evolución de tri finnica, tres estremas.[20]

Galería de imaxes

Peña Trevinca vista desde el norte (entre Galicia y Castilla y León)

Alto de Pena Trevinca.

Peña Trevinca preto da súa falda

Pena Trevinca, cerca do refuxio de montaña.

Vistas desde Peña Trevinca (entre Galicia y Castilla y León)

Vistas desde o alto de Pena Trevinca.

Peña Trevinca, a montaña máis alta de Galicia con 2.157 metros

Cumes de Pena Trevinca con queiroas.

Ascenso a Peña Trevinca desde el norte (entre Galicia y Castilla y León) 01

Pena Trevinca dende o norte. Na chaira pódense ver lagoas e turbeiras e no monte os estratos cunha orientación ascendente.

Vista de Lombo do Roncin junto a Peña Trevinca - panoramio

Queiroas nos altos dos montes.

Ascenso a Peña Trevinca desde el norte (entre Galicia y Castilla y León) 02

Queiroas e matoxeiras.

Ascenso a Peña Trevinca desde el norte (entre Galicia y Castilla y León) 03

Queiroas e matoxeiras.

Pradorramisquedo

Vila de Pradorramisquedo.

Eido das estrelas, Valdín, A Veiga,, Galicia (España)

Vila de Valdín, A Veiga.

San Xil (65912514)

Vila de San Xil, Carballeda de Valdeorras.

Notas

  1. 1,0 1,1 En referencia ao espazo natural declarado zona especial de conservación, ZEC, en Galicia.
  2. 2,0 2,1 2,2 Ministerio de Economía, Industria y Competitividad, Goberno de España (eds.). "Instituto Geológico y Minero de España - IGME". Consultado o 27/10/2017.
  3. INEG - Laboratório Nacional de Energia e Geologia, I.P. República Portuguesa (eds.). "geoPortal". Consultado o 27/10/2017.
  4. 4,0 4,1 Montes, Alejandro Díez (2007). La geología del Dominio "Ollo de Sapo" en las Comarcas de Sanabria y Terra do Bolo. ISBN 978-84-933799-9-5. Consultado o 28/10/2017.
  5. BOE, Goberno de España (eds.). "Real Decreto 1071/2007, de 27 de julio, por el que se regula el sistema geodésico de referencia oficial en España. «BOE» núm. 207, de 29 de agosto de 2007" (en castelá). BOE-A-2007-15822: 35986–35989. Consultado o 28/10/2017. El objeto de este real decreto es la adopción en España del sistema de referencia geodésico global, ETRS89, sustituyendo al sistema geodésico de referencia regional ED50 sobre el que actualmente se está compilando toda la cartografía oficial en el ámbito de la Península Ibérica y las Islas Baleares, y el sistema REGCAN95 en el ámbito de las Islas Canarias, permitiendo una completa integración de la cartografía oficial española con los sistemas de navegación y la cartografía de otros países europeos. [...] Se adopta el sistema ETRS89 (European Terrestrial Reference System 1989) como sistema de referencia geodésico oficial en España para la referenciación geográfica y cartográfica en el ámbito de la Península Ibérica y las Islas Baleares.
  6. Algúns teñen indicado que sobre "nivel do Atlántico" a altitude sería de 2124.
  7. 7,00 7,01 7,02 7,03 7,04 7,05 7,06 7,07 7,08 7,09 7,10 7,11 Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia. (eds.). "Rede galega de espazos protexidos - Pena Trevinca". Consultado o 27 de outubro de 2017.
  8. 8,0 8,1 Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraesturas. Xunta de Galicia., eds. (5 de setembro de 2012). "Resolución da secretaría xeral de calidade e avaliación ambienta pola que se aproba o documento de referencia para a avaliación ambiental estratéxica do plan xeral de ordenación municipal do Concello da Veiga. Documento de referencia para a AAE do PXOM do Concello da Veiga. Clave 2007AAE0245". Santiago de Compostela.
  9. Patrimonio Natural de Castilla y León, Junta de Castilla y León (eds.). "Parque Natural Lago de Sanabria y Alrededores".
  10. Turismo de Sanabria (eds.). "Parque Natural Lago de Sanabria y Alrededores".
  11. 11,0 11,1 Xunta de Galicia (eds.). "Turgalicia".
  12. 12,0 12,1 JJ Pino, C López, C Carballo e R Pino. Ministerio de Medio Ambiente, Goberno de España., eds. "Espacio natural de Peña Trevinca, Foio Castaño" (PDF).
  13. ">Martínez-García, E. Quiriga, J.L. Cuaderno Lab. Xeolóxico de Laxe, eds. "Estructura de la antiforma del Ollo de sapo en el sector de Sanabria-Alcañices (Zamora, Ourense, NW de España)" 10. A Coruña: 27–35.
  14. Patrimonio Natural de Castilla y León, Castilla y León (eds.). "Monumento Natural 'Lago de la Baña'".
  15. Manuel Gago (7/05/2008). Diario Proxecto Dous Miles Roteiros, eds. "O Teixedal de Casaio, en Pena Trevinca".
  16. Manuel Gago (7/05/2008). Diario Proxecto Dous Miles Roteiros, eds. "Como chegar ao Teixedal de Casaio en Pena Trevinca".
  17. Decreto 131/2008, de 19 de xuño, polo que se declara zona de especial protección para as aves o espazo natural Pena Trevinca (DOG nº 124, de 27 de xuño de 2008).
  18. CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE. DOG, Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 127/2008, do 5 de xuño, polo que se desenvolve o réxime xurídico dos humidais protexidos e se crea o Inventario de humidais de Galicia.".
  19. CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE. DOG, Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.". Con modificación da Orde do 3 de outubro de 2011
  20. "Montes e serras: Pena Trevinca". Portal das Palabras. 26 de setembro de 2018. Consultado o 26 de setembro de 2018.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A Veiga

A Veiga é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 907 habitantes (459 homes e 448 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «veiguense».

Carballeda de Valdeorras

Carballeda de Valdeorras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE en 2015 tiña 1698 habitantes (1870 en 2009, 2155 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballedego ou valdeorrés.

Comarca de Valdeorras

A comarca de Valdeorras é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Barco de Valdeorras. A cal pertencen os concellos de O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras. En total abrangue 969,2 km², caracterízase pola súa elevación, aquí está o maior cumio de Galicia, a Pena Trevinca (2127 m). O xentilicio é valdeorrés/valdeorresa.

Cupresáceas

Véxase Pinidae para unha introdución a estes gruposA das cupresáceas (Cupressaceae) é unha familia de coníferas da orde das pinales que inclúe árbores e arbustos sempre verdes, de 1 a 116 m de altura, coma os cipreses, os falsos cipreses, as tuias, os xenebreiros, as sequoias e similares.

A familia está subdividida en sete subfamilias que comprenden uns 27 ou 30 xéneros, segundo os autores, con ao redor de 130 a 140 especies (moitas delas monotípicas, é dicir, que son as únicas do seu respectivo xénero).

En Galiza son moi cultivadas en xardinaría, sendo a única especie autóctona o xenebreiro Juniperus communis L., subespecie nana Syme (=Juniperus nana Willd.), que medra espontaneamente en alturas superiores aos 1700 msnm nos Ancares e en Pena Trevinca.

Lago da Baña

O lago da Baña (Llagu Lla Baña

en astur-leonés) é unha lagoa de orixe glaciar situada preto de La Baña, Encinedo, na comarca de Cabreira en León. É un espazo declarado "monumento natural" ao norte da serra da Cabreira e da serra da Mina.Formouse por erosión glaciar e conta ao redor cun circo glaciar rematado polos cumes de Pena Trevinca (2.127 m) e Pena Surbia, no límite de Galiza. No lago destaca unha morrena glaciar formada por laxes de lousa, que se atopa nun bo estado de conservación, malia as actividades de minaría a ceo aberto que se realizan nas súas proximidades.

Na paisaxe da contorna abondan distintas aves de rapina, lobos, xabarís e troitas, así como bidos, acivros e moi diversos tipos de fentos de montaña.

Lagoa da Serpe

A lagoa da Serpe é un espazo húmido de orixe glaciar, dentro do concello ourensán da Veiga. Sitúase dentro da Serra de Pena Trevinca, a 1.697 metros de altitude preto da aldea da Ponte.

Macizo Galaico

O Macizo Galaico é un sistema de serras e montañas de Galicia e da zona limítrofe coas provincias de Zamora e León. O seu punto máis elevado é Pena Trevinca cuns 2 127 metros. Outro importante pico é a Cabeza de Manzaneda cuns 1 781 metros.

No folclore tradicional galego os bosques do Macizo Galaico están habitados por elfos, fadas, pantasmas, a Santa Compaña, o Nubeiro e meigas.

Macizo de Pena Trevinca

O macizo de Pena Trevinca forma parte das serras orientais de Galiza e está situado na confluencia da provincia de Ourense coas provincias de Zamora e León. Son 5 as serras que se consideran parte deste macizo: serra do Eixo, serra da Mina, serra Cabreira (case por completo dentro da provincia de Zamora), serra Calva e por último a serra Segundeira.

Formouse na oroxenia herciniana e sufriu importantes fracturas na oroxenia alpina, o que deu lugar a unha paisaxe de precipicios e barrancas. Neste macizo conflúen a rexión eurosiberiana e a rexión mediterránea.

Montes de León

Os montes de León é un sistema montañoso do noroeste peninsular ibérico localizado no oeste da provincia de León e que cobre o norte da provincia de Zamora até chegar ao Bierzo. Nas aldeas desta montaña aínda está presente parte da cultura e as formas de construción célticas. O seu pico máis alto é o monte Teleno (2.188 m). Nesta cordilleira está Pena Trevinca, o cumio máis alto de Galiza (2.127 m).

O Eixo

O topónimo galego O Eixo pode referirse a:

O Eixo, parroquia do concello de Santiago de Compostela;

O Eixo de Abaixo, lugar de dita parroquia;

O Eixo de Arriba, lugar de dita parroquia;

O Eixo, lugar da parroquia de San Román de Vilaestrofe, no concello de Cervo;

O Eixo, lugar da parroquia de Cordido, no concello de Foz;

O Eixo, lugar da parroquia de Fazouro, no concello de Foz.

Serra do Eixe, parte do macizo de Pena Trevinca.

Pena Trevinca Norte

Pena Trevinca Norte é unha montaña galega localizada na serra do Eixo, en Ourense, cunha altitude de 2.041 metros.[Cómpre referencia] Non debe confundirse con Pena Trevinca (2.127 m.), altura máxima de Galicia.

Provincia de Ourense

Ourense é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833.

Refuxio Roxelio Pereira Muíños

O refuxio Roxelio Pereira Muíños, tamén coñecido como refuxio da Ponte, é un refuxio de montaña situado na parroquia da Ponte, no concello da Veiga. Situado no val do Xares, nas proximidades de Pena Trevinca, é propiedade da Federación Galega de Montañismo.

Refuxio de Fonte da Cova

O refuxio de Fonte da Cova, é un refuxio de montaña situado na parroquia de Casaio, no concello de Carballeda de Valdeorras. Situado no porto de montaña de Fonte da Cova (1837 m), nas proximidades de Pena Trevinca, é propiedade da Federación Galega de Montañismo e está cedido ao Club Peña Trevinca-Barco. Inaugurouse en 1946.

Río Tera

O río Tera ou Teira é un afluente do Esla, que a súa vez é un afluente do río Douro pola súa beira dereita.

O seu percorrido de 153 km transcorre enteiramente na provincia de Zamora; a superfice da súa cunca hidrográfica abrangue un total de 2.415 km².

O Tera nace nas estribacións meridionais da Pena Trevinca, na paraxe denominada Veiga de Tera, nun antigo circo glaciar, bañando inicialmente a comarca de Sanabria, onde atravesa a lagúa glaciar de Sanabria, e a cabeza comarcal, Puebla de Sanabria. Logo de ter comezado un sentido norte-sur, pouco despois desta última localidade xira para realizalo en sentido oeste-leste, ata unirse ao río Esla, na comarca da Tierra del Pan, varios quilómetros ao Sur de Benavente.

O afluente máis importante é o río Negro, que amete a súas augas pola beira esquerda. O río Castro é o máis importante pola dereita.

Serra Calva

A serra Calva é unha serra galega que se estende dende Pena Trevinca cara ao sur, pola raia coa provincia de Zamora, e serve de límite cos termos municipais de Viana do Bolo e mais da Veiga. Está conformada por granitas e gneis.O cumio de maior altitude é o Sextril, con 1.755 metros sobre o nivel do mar.

Serra do Eixe

A serra do Eixe ou serra do Eixo é unha cadea montañosa de orientación NO-SL situada no leste de Galicia, a cabalo entre os concellos da Veiga e Carballeda de Valdeorras. Fai parte do macizo de Pena Trevinca.

Serras orientais de Galicia

Pódense considerar serras orientais de Galiza aquelas que discorren dende o río Eo até A Mezquita, xa na raia con Portugal. Trátase dunha serie de cadeas montañosas con distinta orientación que conectan nalgún punto coa cordilleira cantábrica.

Teixedal de Casaio

O teixedal de Casaio, coñecido tamén como O Teixadal, é un pequeno bosque de teixos situado na parroquia de Casaio no municipio de Carballeda de Valdeorras (provincia de Ourense). Forma parte da zona especial de conservación (ZEC) de Pena Trevinca, case no linde coas provincias de León e Zamora. É un bosque de difícil acceso.É un dos poucos bosques naturais de teixos existentes en Europa xa que esta é unha árbore que adoita medrar illada. Ten ó redor de 300 teixos , a maioría deles centenarios, e ocupa unhas 6 hectáreas. Conviven con outras especies como acivros, abeleiras, ou freixos.

Espazos protexidos de Galicia
Parque Nacional:
Parque Natural:
Monumento Natural:
Rede Natura 2000:
Zona húmida protexida:
Reserva da Biosfera:
Outros:

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.