Pena Corneira

Pena Corneira é un espazo natural de 998 hectáreas declarado monumento natural da comarca ourensá do Ribeiro, entre Avión, Carballeda de Avia e Leiro, e que se caracteriza por se asentar sobre un vasto macizo granítico senlleiro cun grande interese pola súa singularidade e importancia dos seus valores científicos, culturais e paisaxísticos. Carballeda de Avia o municipio que alberga unha maior superficie, seguido dos concellos de Leiro e Avión, todos na comarca do Ribeiro.[1]

No cumio do monte existe a a Pena Corneira, un penedo vertical de dez metros de altura.

Coordenadas: 42°20′46.24152″N 08°10′15.19716″O / 42.3461782000, -8.1708881000

Serra Pena Corneira
Pena Corneira ollada desde Osmo, Cenlle
Marco Legal
Figura de Protección: Monumento natural
Ano de constitución: 18 de xaneiro de 2008
Superficie: 998 ha.
Lexislación: Decreto 264/2007, do 20 de decembro
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Ourense
Concellos: Avión, Carballeda de Avia e Leiro
Ríos:
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:
Pena Corneira, Carballeda de Avia 26
Rocha granítica herciniana en Pena Corneira.

Xeoloxía

Trátase dunha prolongación ao noroeste da serra do Suído, entre as concas do río Avia e do Miño. Xeoloxicamente trátase dunha masa plutónica batolítica de 18 quilómetros en sentido meridiano e 7 quilómetros en sentido suroeste-nordés de hai aproximadamente uns 300 millóns de anos. O batólito constitúeno rochas graníticas hercinianas poscinemáticas, de composición xeral calcoalcalina e subalcalina, coa presenza de granitos biotíticos e granodioritas biotítico anfibólicas, aínda que non todo o macizo presenta facies similares. A diferenciación cristalina deu lugar a diferenzas na evolución xeomorfolóxica que fixeron posíbel a existencia do macizo e as súas formacións asociadas: cristas graníticas, domos alvéolos, corredores deprimidos, caos de bólos, pías (pot holes, gnammas) etc.

Flora e fauna

Escudo de Carballeda de Avia
Representación dos bólos de Pena Corneira no escudo do concello de Carballeda de Avia.

A erosión encheu o outeiro de penedos a xeito de grandes bólas de granito e rochas de estrañas formas (outeiro da campá, outeiro dos forniños, outeiro do lagarto, outeiro da bañeira do demo...), e onde salienta o gran fito do cumio, referente visual, xunto co Faro das Laceiras do val do Avia. O espazo está practicamente cuberto por carballeiras e fragas de interese botánico.

Notas

  1. Consellaría de Medio Ambiente, Ordenación e Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Serra de Pena Corneira".

Véxase tamén

Ligazóns externas

Arias Pérez

Arias Pérez de Deza (tamén Airas e Peres), tamén coñecido como Arias Pérez de Monterroso, foi un cabaleiro galego do século XII natural das Terras do Deza. Foi señor dos castelos de Lobeira e Pena Corneira e participou dos sucesos políticos do seu tempo liderando unha irmandade de nobres galegos opostos á alta aristocracia condal da casa de Traba.

Carballeda de Avia

Carballeda de Avia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1390 habitantes (1596 en 2003).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballedés ou (véxase no Galizionario) aviao .

Cordal de Neda

O cordal de Neda é unha serra miúda que forma parte das serras setentrionais de Galiza, situada entre os concellos da Pastoriza e Abadín, no límite norte da comarca da Terra Chá. É de relevo achaiado e ten unha altitude máxima de 798 metros sobre o nivel do mar, concretamente no monte Neda.

Galería de imaxes de Leiro

Galería de imaxes do concello de Leiro na provincia de Ourense.

Lamas, Leiro

Santa María de Lamas é unha parroquia do concello ourensán de Leiro, na comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2010 tiña 193 habitantes (101 mulleres e 92 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 222 habitantes.

Leiro

Leiro é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2015 tiña unha poboación de 1.630 habitantes, o que representa unha diminución constante respecto ós anos 2004, cando tiña 1.940 habitantes, e 2003, con 1.967.

Montes de Correchouso

Os montes de Correchouso son unha prologación da serra de San Mamede cara ao sueste. O principal monte aquí situado é o chamada Alto de Baroncello, con 1.406 metros sobre o nivel do mar.

Na vertente sur nacen varios afluentes do río Támega.

Montes do Testeiro

Os Montes do Testeiro constitúen unha serra galega localizada entre a Comarca do Deza e a Comarca de Tabeirós - Terra de Montes, de dirección NL-SO e superficie achairada debido á acción dos ríos Deza, Avia e Lérez, os seus cumes máis importantes son o Monte Uceiro (1003 metros) e a Pena Pixín (988 metros).

Monumento natural

Un monumento natural é un elemento da natureza que ten un valor paisaxístico, xeolóxico, histórico ou social e é único a causa da súa rareza, das súas cualidades estéticas, ou do seu significado cultural.Os monumentos naturais están nalgúns países suxeitos a unha protección legal, que define as características dos monumentos, identifícaas, e realiza o inventario dese patrimonio para logo reforzar a protección ofrecida.

Serra da Cova da Serpe

A serra da Cova da Serpe é unha serra galega situada entre as provincias de Lugo e A Coruña, en Galiza. Acada a súa maior altura no Monte da Cova da Serpe, con 841 m.

Serra das Penas Libres

A serra das Penas Libres é unhas das serras do sur de Galiza, está orientada con sentido NO-SO, na comarca de Vilardevós, e limita con Portugal ao sur. Nesta cadea nacen polo sur afluentes do río Mente, e polo oeste afluentes do río Támega.

Está conformada por pedra de gra e granitos ao norte, lousas e cuarcitas ao leste, e materiais varios como xistos cara ao sur.

O punto de maior altura é o Mairos, con 1.083 metros sobre o nivel do mar, así como tamén o Salto do Cabalo, con 1.061 m.

Serra de Meira

A serra de Meira é unha aliñación montañosa da provincia de Lugo, pertencente ao macizo Galaico e forma parte das serras orientais de Galiza.

Esténdese ao oeste do río Eo. Na súa vertente oeste nace o río Miño. Está formada por lousas paleozoicas. O seu monte máis alto é o monte Meira, de 896 m de altitude.

Serra de Vilamane

A serra de Vilamane é unhas das serras orientais de Galiza e ten orientación NO-SE. Na vertente oeste nacen varios afluentes do río Navia.

O monte máis alto é o monte Lago, con 1.046 metros sobre o nivel do mar.

Serra do Cando

A serra do Cando é unha serra galega pertencente á cordilleira dorsal galega que ten montes a unha altura media de entre 600 e 1.000 metros sobre o nivel do mar. Esténdese polos concellos de Cerdedo-Cotobade, Forcarei, A Lama e Beariz. Está unida á serra do Candán polos montes de Costoia. Nesta serra nacen os ríos Verdugo e Almofrei. É un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC).

A vexetación da serra son as xestas, o mato de toxos, breixos e carqueixas. Hai importantes plantacións de piñeiro e eucalipto. Existe un ecosistema de gran valor nos altos da serra, así como nas carballeiras do río Verdugo e os seus afluentes.

Serra do Candán

A serra do Candán é unha serra galega que se estende ao longo dos concellos de Forcarei, Lalín, Silleda, Beariz e O Irixo. Atópase na dorsal galega e é onde nacen os ríos Lérez, o Umia e varios afluentes do Deza. É unha zona especial de conservación (ZEC).

Serra do Careón

A serra do Careón é unha serra e espazo natural declarada como zona especial de conservación (ZEC) que abrangue as concas dos río Furelos e Seco ata que chegan ao río Tambre polo sur. Así é que a maior área do espazo está nos concellos de Toques, Melide e Santiso, na Terra de Melide. Ten parte na áreas próximas da comarca da Ulloa e de Lugo: en Friol e Palas de Rei.Como así o recoñece o Instituto Xeolóxico e Mineiro, este espazo destaca por ser o máis extenso afloramento de rochas ultrabásicas na península Ibérica, que vai desde Sobrado ata o sur de Melide, e catalogouse como o PIG C-17: Pregamentos tombados no complexo ultrabásico de Melide. Destacan tamén a súas extensas áreas de matogueiras, como nas Gándaras de Melide.

Serra do Portelo

A serra do Portelo é unha das serras orientais de Galiza, ten orientación NO-SE e está localizada no concello de Becerreá.

O punto de maior altitude é o Portelo, con 938 metros sobre o nivel do mar.

Serra do Suído

A serra do Suído é un sistema montañoso galego, que fai de fronteira entre as provincias de Pontevedra e Ourense. Nesta provincia sitúase nos concellos de Avión e Beariz, e nela nace o río Avia, na de Pontevedra espállase polos concellos da Lama, Fornelos de Montes e Covelo.

Serra do Xurés

A Serra do Xurés (en portugués Serra do Gerês) é un macizo do norte de Portugal e o sur da provincia de Ourense, que forma un sistema montañoso coa serra da Peneda. Forma parte do Parque Nacional da Peneda-Gerês e do Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés.

O cumio de maior altitude é o Pico da Nevosa (1548 m), xusto na Raia seca. O Alto do Borrageiro ten 1430 m.

Espazos protexidos de Galicia
Parque Nacional:
Parque Natural:
Monumento Natural:
Rede Natura 2000:
Zona húmida protexida:
Reserva da Biosfera:
Outros:

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.