Península do Sinaí

A península do Sinaí é unha península que politicamente forma parte de Exipto. Sitúase entre Israel e Exipto e marca a separación entre o continente africano ó oeste e Asia ó leste.

Katharinenkloster Sinai BW 2
Mosteiro de Santa Catarina, aos pés do Monte Sinaí, o mosteiro máis antigo do mundo e unha das principais atraccións turísticas da península.
Sinai Peninsula from Southeastern Mediterranean panorama STS040-152-180
Península do Sinaí, Golfo de Suez ao oeste e o Golfo de Aqaba ao leste, vistos desde o Space Shuttle STS-40

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
6 de marzo

6 de marzo é o 65º día do ano no calendario gregoriano e o 66º nos anos bisestos. Quedan 300 días para acabar o ano.

Aeroporto de Sharm El Sheikh

O aeroporto internacional de Sharm El Sheikh (IATA: SSH, OACI: HESH) é un aeroporto exipcio que serve á cidade de Sharm El Sheikh, no sur da península do Sinaí. É o terceiro aeroporto máis concorrido do país despois do aeroporto do Cairo e o aeroporto de Hurghada.

Arabia Pétrea

Arabia Petraea ou Petrea, tamén coñecida como Provincia Árabe de Roma (latín: Provincia Arabia; árabe: العربية البترائية) ou simplemente Arabia, foi unha provincia romana fronteiriza do Imperio romano a partir do século II. Consistía no antigo Reino nabateo en Xordania, o sur do Levante, na Península do Sinaí e o noroeste da Península Arábiga. Asúa capital era Petra. Fronteiriza ao norte con Siria, ao oeste con Xudea (fusionada con Siria desde o ano 135) e Exipto, e ao sur e ao leste polo resto de Arabia, coñecido como Arabia Deserta e Arabia Felix.

O territorio foi anexionado polo emperador Traxano, como moitas outras provincias de fronteira oriental do Imperio romano, pero mantívose, a diferenza da Armenia romana, Mesopotamia e Asiria, moito despois do goberno de Traxano, a súa fronteira do deserto chamouse Limes Arabicus. Produciu a Filipo o Árabe, nado ao redor do 204. Como provincia fronteiriza, incluía un deserto poboado por tribos árabes e fronteira co interior de Partia.

Aínda que suxeito a un eventual ataque por parte dos partos e Palmirenses, non tiña nada que ver coas incursións constantes que se enfrontaron noutras áreas da fronteira romana, como Alemaña e o norte de África, nin a presenza cultural arraigada que definía ás outras provincias orientais máis helenizadas.

Canal de Suez

O canal de Suez (قناة السويس, Qanāt al-Suways en árabe) é un canal artificial de 193,3 km que liga o mar Mediterráneo desde o porto exipcio de Port-Saïd ao mar Vermello polo porto de Suez atravesando o desértico istmo de Suez. Permite ás embarcacións iren da Europa á Asia sen teren que contornar a África polo cabo da Boa Esperanza. Antes da súa construción, as mercadorías tiñan que ser transportadas por terra entre o mar Mediterráneo e o mar Vermello.

Conflito árabe-israelí

O conflito árabe-israelí comeza coa descolonización de Reino Unido e Francia da ribeira oriental do mar Mediterráneo. Existen un cúmulo de circunstancias e causas que orixinaron o conflito.

Década de 1950

A década de 1950 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1950 e remata o 31 de decembro de 1959.

Exipto

Exipto (en árabe: مصر, Miṣr; en árabe exipcio: مَصر Maṣr; en copto: Ⲭⲏⲙⲓ Khēmi), oficialmente República Árabe de Exipto (en árabe: جمهورية مصر العربية, Ǧumhūriyyat Miṣr al-ʿArabiyyah), é un estado situado no nordeste de África e na península do Sinaí no continente de Asia. Limita ó norte co Mar Mediterráneo e Israel, ó leste co Mar Vermello (incluído o seu saínte norte do Golfo de Acaba), ó sur con Sudán e ó oeste con Libia. A súa xeografía é desértica na case totalidade, que corresponde co deserto do Sahara, onde só está habitado en oasis. A súa capital é a cidade do Cairo, unha das máis poboadas de África.

Egypt ten unha das historias máis antigas entre os países do mundo, cuxa orixe se remonta ós milenios VI e IV a.C. Considerada un berce da civilización, o Antigo Exipto experimentou algunhas das máis antigas formas de escrita, agricultura, urbanización, relixión organizada e goberno central. Monumentos icónicos como as pirámides de Gizeh e a súa Grande Esfinxe, así como as ruínas de Menfis, Tebas, Karnak e o Val dos Reis, reflicten este legado e manteñen un significativo foco de interese científico e popular. A gran e rica herdanza cultural de Exipto é unha parte integral da súa identidade nacional, que padeceu, e ás veces asimilou, varias influencias estranxeiras, como os gregos, persas, romanos, árabes, turcos otománs e nubios. Exipto foi un importante e temperán centro do cristianismo, mais foi amplamente islamizado no século VII e mantense como un país amplamente musulmán aínda que cunha significativa minoría cristiá.

Dende o século XVI até comezos do XX, Exipto foi gobernado por potenciais coloniais estranxeiras, o Imperio Otomán e o Imperio Británico. O Exipto moderno data do ano 1922, cando conseguiu a súa independencia do Imperio Británico como unha monarquía. Porén, a ocupación militar británica continuou, co cal moitos exipcios creron que a monarquía era un instrumento do colonialismo británico. Despois da revolución de 1952, Exipto expulsou os soldados e burócratas británicos e rematou coa ocupación, nacionalizou o Canal de Suez, exiliou o rei Farouk e a súa familia, e declarou a república. En 1958, uniuse con Siria para formar a República Árabe Unida, que se disvolveu en 1961. Ó longo da segunda metade do século XX, Exipto sufiu conflitos sociais, relixiosos e inestabilidade política, loitando en varios enfrontamentos armados con Israel en 1948, 1956, 1967 e 1973, e ocupando a Faixa de Gaza de xeito intermitente até 1967. En 1978, Exipto asinou os Acordos de Camp David, retirándose oficialmente da Faixa de Gaza e recoñecendo o estado de Israel. O país segue afrontando retos, como a inestabilidade política, incluíndo a recente revolución de 2011 e as súas consecuencias, o terrorismo e o subdesenvolvemento económico. O goberno actual de Exipto é unha república presidencial liderada polo presidente Abdul Fatah al-Sisi, que foi descrito por numerosos observadores como autoritario.

O islam é a relixión oficial de Exipto e o árabe é a súa lingua oficial. Con máis de 95 millóns de habitanets, Exipto é o país máis poboado do Norte de África, de Oriente Medio e do Mundo árabe, sendo o terceiro máis poboado de África (despois de Nixeria e Etiopía), e o décimo quinto do mundo. A gran maioría da poboación vive preto das beiras do río Nilo, nunha área de 40 000 km2 onde se atopa a única terra arable. As grandes rexións do deserto do Sáhara, que constitúen a maioría do territorio exipcio, están escasamente poboadas. Arredor da metade dos cidadáns exipcios habitan en áreas urbanas, especialmente nos centros densamente poboados do Cairo, Alexandría e outras grandes cidades do delta do Nilo.

O estado soberano de Exipto é un país transcontinental considerado como unha potencia rexional no Norte de África, no Oriente Medio e no Mundo árabe, así como unha potencia intermedia no contexto mundial. A economía de Exipto é unha das meirades e das máis diversificadas de Oriente Medio, e crese que será unha das maiores do mundo ó longo do século XXI. En 2016, Exipto superou a Suráfrica e converteuse na segunda maior economía de África (despois de Nixeria). Exipto é membro fundador das Nacións Unidas, do Movemento de Países Non Aliñados, da Liga Árabe, da Unión Africana e da Organización para a Cooperación Islámica.

Exipto (provincia romana)

A provincia romana de Exipto (latín: Aegyptus, grego: Αἴγυπτος) creouse no ano 30 a.C. logo de que Octavio (o futuro emperador romano Octavio Augusto) derrotara ao seu rival Marco Antonio, depuxera á faraoa Cleopatra, e anexara o Reino Ptolemaico ao Imperio romano. A provincia romana abarcou a maior parte do actual Exipto agás a península do Sinaí (que máis tarde sería conquistada por Traxano). Aegyptus limitaba coas provincias de Creta e Cirenaica cara ao oeste e Xudea (máis tarde Arabia Petraea) cara ao leste.

A provincia chegou a servir como un gran produtor de gran para o imperio e tiña unha economía urbana moi desenvolvida. Aegyptus foi, de lonxe, a provincia romana oriental máis rica, e, de lonxe, a provincia romana máis rica fóra da Italia romana. Alexandria, a súa capital, posuía o maior porto, e era a segunda cidade máis grande do Imperio romano.

Golfo de Aqaba

O golfo de Aqaba (en árabe: Bahr el-Akabah), tamén chamado de golfo de Eilat, consiste da baía nordeste do mar Vermello e separa a Arabia da Península do Sinaí.

Os países bañados polo golfo de Aqaba son o Exipto, Israel, Xordania (a cidade de Aqaba fica na Xordania) e mais a Arabia Saudita.

A baía ten unha extensión duns 175 km, no seu lugar máis amplo mede 29 km. A maior profundidade acada os 1.827 m.

A baía está considerada como un excelente lugar para o mergullo.

Golfo de Suez

O golfo de Suez (en árabe: خليج السويس; Árabe transliterado: Khalyj as-Suways, anteriormente بحر القلزم, baḥar al-qulzum, lit. "Mar da calma") é un golfo no extremo norte do Mar Vermello, ao oeste da Península do Sinaí. Situado ao leste da península do Sinaí está o máis pequeno Golfo de Aqaba. O golfo formouse dentro dun relativamente novo pero agora inactivo rift do Golfo de Suez, que data de fai 26 millóns de anos. Esténdese por 300 km de norte a noroeste, terminando na cidade exipcia de Suez e na entrada ao Canle de Suez. Ao longo da liña media do golfo atópase a fronteira entre África e Asia. A entrada do golfo atópase encima do xacemento petrolífero e de gas de Gemsa.

Guerra dos Seis Días

A guerra dos Seis Días, tamén coñecida como a terceira guerra árabe-israelí, a guerra árabe-israelí de 1967, ou, como a chaman no mundo árabe, a guerra de Xuño, o Contratempo ou o Desastre, foi un conflito armado entre Israel e os seus veciños árabes: Exipto, Xordania e Siria. Trala fin da guerra, Israel pasou a controlar a Faixa de Gaza, a península do Sinaí, Cisxordania, Xerusalén Leste e os Altos do Golán.

O medre das tensións entre árabes e israelís levou a ámbalas dúas partes a mobilizaren cadansúas tropas con anterioridade ó comezo da guerra.

Israel, de acordo cos plans ideados por, entre outros, o Ministro de Defensa Moshé Dayán e o xefe do Estado Maior Yitzhak Rabin, atacou Exipto, Siria e Xordania, conquistando os territorios antes citados.

O causante último da guerra (que comezou o luns 5 de xuño e rematou o sábado 10 de xuño) foi o bloqueo do porto da cidade israelí de Eilat mediante o peche, por parte de Exipto, dos Estreitos de Tirán.

Haloquadratum

Haloquadratum ("cadrado do sal", abreviado Hqr.) é un xénero de arqueas da familia Halobacteriaceae. A primeira e polo momento única especie identificada neste xénero foi Haloquadratum walsbyi, que é moi peculiar pola súa forma cadrada e plana.Este microorganismo descubriuno en 1980 A.E. Walsby na lagoa salina costeira de Gavish Sabkha na Península do Sinaí en Exipto, non foi cultivada ata 2004, e foi formalmente descrita por Burns et al. en 2007. Cando os investigadores estaban intentando cultivar Haloquadratum walsbyi, illaron tamén a especie Haloarcula quadrata, que ten tamén unha "forma de célula predominantemente cadrada, algo pleomórfica, e plana", pero este organismo é xeneticamente bastante diferente de Haloquadratum, pertence a un xénero distinto, e non é un microbio dominante en lagos salgados.

Haloquadratum é salientable pola súas células de forma cadrada regular e extremadamente fina (arredor de 0,15 μm), e a súa relativa abundancia en ambientes halófilos.

As células conteñen tipicamente gránulos de polihidroxialcanoato (PHA) e grande número de vacúolos cheos de gas que lle proporcionan flotabilidade en ambientes acuosos e poderían situar as células á profundidade que maximice a captación de luz. As células poden unirse con outras para formar láminas de ata 40 microns. Estas láminas son moi fráxiles e as conexións entre as células na lámina rompen doadamente.

Haloquadratum walsbyi é moi abondosa nas augas hipersalinas de todo o mundo. Cando a auga do mar evapora, orixínanse altas concentracións e precipitación de carbonato de calcio e sulfato de calcio, dando lugar a unha salmoira rica en cloruro sódico hipersalina. Unha maior evaporación dá lugar á precipitación de cristais de cloruro sódico ou halita, e despois a unha salmoira con cloruro magnésico concentrado. Durante o estadio final da formación de halita, antes de que as elevadas concentracións de cloruro magnésico fagan que a salmoira se faga estéril, H. walsbyi se reproduce activamente e chega a constituír o 80% da biomasa da salmoira.

Jabal Katrina

O Jabal Katrina (en árabe: جبل كاثرين) é unha montaña con 2.637 metros de altura que constitúe a maior elevación orográfica de Exipto.

Mar Vermello

O mar Vermello é un golfo do océano Índico entre África e Asia. Ó sur, comunica co océano Índico polo estreito de Bab el-Mandeb e o golfo de Adén. Ó norte atópase a península do Sinaí, o golfo de Aqaba e o canal de Suez (que permite a comunicación co mar Mediterráneo).

Tratado de Paz entre Israel e Exipto de 1979

O Tratado de Paz entre Israel e Exipto (en hebreo: הסכם השלום בין ישראל למצרים

, Heskem HaShalom Bein Yisrael LeMitzrayim; en árabe: معاهدة السلام المصرية الإسرائيلية, Mu `āhadat as-Salam al-al-Masrīyah'Isrā'īlīyah) asinado en Washington D. C. o 26 de marzo de 1979, marcou o termo de trinta anos de hostilidades e cinco guerras. Este tratado foi asinado tras intensas negociacións, dezaseis meses despois da visita do presidente exipcio Anwar el-Sadat a Xerusalén en 1977, convidado polo entón Primeiro Ministro israelí, Menájem Beguin, e da firma dos Acordos de paz de Camp David en 1978, baixo o auspicio do ex presidente estadounidense Jimmy Carter en carácter de testemuña.

A paz entre Israel e Exipto constaba de varios elementos principais, a saber: a culminación do estado de guerra existente desde a Guerra árabe-israelí de 1948, así como o fin dos actos ou ameazas de belixerancia, hostilidade ou violencia; o establecemento de relacións diplomáticas, económicas e culturais; a eliminación dos obstáculos para o comercio e a liberdade de movemento; e a retirada israelí das forzas militares e asentamentos civís da península do Sinaí, capturada durante a Guerra do Seis Días no ano 1967, a cal foi concluída en 1982. O acordo tamén prevé o libre paso de barcos israelís a través da Canle de Suez e o recoñecemento do Estreito de Tirán, o Golfo de Aqaba como vías fluviais internacionais.

A través deste tratado, Exipto foi o primeiro país árabe en selar unha paz duradeira con Israel, o que foi interpretado dentro de círculos radicais como unha «traizón». Así, tras a firma do tratado, Exipto foi boicoteado por outros estados árabes e a sede central da liga Árabe foi transferida do Cairo a Tunisia. En 1989 foi reinstalada no Cairo e os países árabes normalizaron as relacións con Exipto.

Actualmente ambos os países teñen normalizadas as súas relacións diplomáticas, establecéronse embaixadas e consulados e regularmente teñen lugar encontros entre altos funcionarios israelís e exipcios.

Xeografía de Exipto

A República Árabe de Exipto ocupa o extremo nororiental de África e unha pequena porción de Asia, a península do Sinai, ao outro lado do canal de Suez. A superficie total é de 1.001.449 Km2: 942.246 en territorio africano e 59.203 en territorio asiático, incluíndo os 379 Km2 da faixa de Gaza, ocupada por Israel desde 1967.

Exipto localízase entre os 31° 36' N (delta do Nilo, xusto ao norte de Baltim) e o paralelo 22 N, que vai desde o monte Uweinat, no deserto de Libia, até cabo Hadarba, no mar Vermello. De oeste a leste, os limites son o oasis de Garn el-Brein, na fronteira con Libia, (24° 42' E) e cabo Hadarba (36° 52'). A fronteira que separa Exipto de Libia ten 1.160 km e a e Sudán 1.100 km. Ao norte ten o mar Mediterráneo e ao leste o mar Vermello. A península do Sinaí sitúase entre o golfo de Suez e o golfo de Aqaba, que separa Exipto da Arabia Saudita. Na costa máis interior deste último teñen un pequeno territorio Xordania e Israel.

Éxodo

O Éxodo é o segundo libro tanto da Tanakh, que está nun conxunto chamado Torá, coma da Biblia, que está nun conxunto doutros catro libros chamado Pentateuco. Narra a fuxida de Exipto do pobo hebreo (neste libro chamado con moita frecuencia pobo de Israel ou fillos de Israel) para alcanzar A Terra Prometida. O libro acaba cando Moisés, o líder deste pobo, comeza a impoñer a lei que lle é revelada directamente por Deus. A viaxe dos hebreos continúa nos seguintes libros do Pentateuco, o Levítico, e Números, e non remata ata o final do último libro do Pentateuco, o Deuteronomio, que a partir de aquí comezan a establecerse na ansiada Terra Prometida.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.