Pelegrín

Pelegrín foi unha mascota galega empregada para promocionar o camiño de Santiago e o Ano Xacobeo. Foi a mascota oficial do camiño entre o Ano Xacobeo de 1993 e o de 2004. É un boneco que leva un bordón con cabaza, dous dos elementos distintivos dos peregrinos.

Albergue de pelegríns, Redondela
Escultura de Pelegrín na Casa da Torre, o albergue de Redondela.

Características

Foi deseñada por Luís Carballo[1] de cara ao Ano Santo de 1993. A súa imaxe presentouse en 1992 na Exposición Universal de Sevilla. Foi usado tamén no Ano Santo de 1999 e o de 2004.[2] No Ano Xacobeo de 2010 foi substituído por Xubi[3], mascota deseñada por Alberte Permuy.

Notas

  1. Pelegrín, ficha na Xacopedia.
  2. El Correo Gallego (ed.). "El Xacobeo rescata al Pelegrín y a varios de los patrocinadores de 2004.". Consultado o 13 de maio de 2016.
  3. Cuíña, S. El Correo Gallego, ed. "‘Xubi’ jubila a ‘Pelegrín’ como mascota xacobea.". Consultado o 13 de maio de 2016.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ano Santo Xacobeo

O Ano Santo Xacobeo, tamén chamado Ano Santo Compostelán, é unha celebración católica que ten lugar en Santiago de Compostela os anos que o 25 de xullo, festividade do Apóstolo, cae en domingo. Isto acontece cunha regularidade de 28 anos de 6-5-6-11 anos, o que supón que en cada século haxa catorce Xacobeos.

Camiño Inglés

O camiño inglés é a vía do camiño de Santiago usada polos peregrinos procedentes das Illas Británicas e doutros portos do norte de Europa, que chegaban ós portos da Coruña e Ferrol para emprende-lo camiño rumbo sur cara a Santiago de Compostela.

Camiño de Pequena Polonia

O Camiño de Pequena Polonia (Ruta Xacobea de Pequena Polonia ou Camiño Małopolska) son as vías do Camiño de Santiago que dende Polonia van cara a Santiago de Compostela. O camiño vai dende Sandomierz e pasa por Klimontów, Kotuszów, Szydów, Szczaworyż, Wiślica, Pałecznica, Niegardów, Więcławice, Cracovia. De Cracovia pode ir a Sanka, Oświęcim e, finalmente, á fronteira coa República Checa.

Camiño de Santiago

O Camiño de Santiago (en latín: Peregrinatio Compostellana) é un conxunto de vías de acceso de peregrinos a Santiago, creado a partir da descuberta dos supostos restos do Apóstolo no lugar do Libredón, en Santiago de Compostela, durante o reinado de Afonso II. O Camiño Francés e as rutas francesas do Camiño foron declarados pola Unesco Patrimonio da Humanidade en 1993 e 1998 respectivamente.

Elche Club de Fútbol

O Elche Club de Fútbol (en valenciano: Elx Club de Futbol) é un club de fútbol de España, constituído como SAD, con sede social na cidade de Elx (Alacant). Actualmente compite na Segunda División logo de descender administrativamente na tempada 2014-15.

Eleccións xerais de España de 1901

As Eleccións Xerais de 19 de maio de 1901 en España foron convocadas na minoría de idade de Afonso XIII, sendo rexente a súa nai María Cristina de Habsburgo-Lorena. A súa base legal foi a Constitución española de 1876, vixente ata 1931 na coñecida como Restauración borbónica en España.

Galería de imaxes do Pino

Galería de imaxes do concello do Pino na provincia da Coruña.

Iriadona (álbum)

Iriadona é o título do primeiro álbum do grupo homónimo eumés. O CD é de 1994 e foi producido pola sociedade de xestión do Xacobeo 93, como premio por ser Iriadona o gañador do 2º concurso Pelegrín de música folk celebrado o ano anterior.

José García Espinosa

José García Espinosa, coñecido como O Pelegrín, nado en Becerreá o 7 de abril de 1910 e finado nas Nogais setembro de 1936, foi un político galego.

Luís Carballo

Luís Efrén Carballo Taboada, nado en Xinzo de Limia o 23 de novembro de 1938 e finado en Panxón (Nigrán) o 9 de febreiro de 2019, foi un publicista galego.

Metralletas Lecheras

Metralletas Lecheras é unha banda galega de punk rock baseada no Milladoiro.

Mundial de Fútbol de 1930

O Mundial de Fútbol de 1930 (en castelán: 1er Campeonato Mundial de Football) foi a edición inaugural do campionato do mundo de equipos internacionais de fútbol asociación, a Copa do Mundo FIFA. Xogouse en Uruguai do 13 ao 30 de xullo. A Federación Internacional de Fútbol Asociación (FIFA) elixiu a Uruguai como país anfitrión xa que ía a celebrar o centenario da súa independencia, ademais de que a súa selección de fútbol viña de conseguir a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1928 en Ámsterdan. Tódolos partidos xogáronse na capital uruguaia, Montevideo, a maioría no Estadio Centenario, que foi construído para o torneo.

Trece equipos, sete de América do Sur, catro de Europa e dous de América do Norte participaron no torneo. A pouca participación de equipos europeos debeuse á duración (un mes) e o custo da viaxe. Os equipos foron divididos en catro grupos, avanzando o gañador de cada grupo cara ás semifinais. Os dous primeiros partidos do Mundial leváronse a cabo simultaneamente, sendo gañados por Francia e Estados Unidos, que venceron a México (4-1) e Bélxica (3-0), respectivamente. Lucien Laurent de Francia marcou o primeiro gol na historia do Mundial.

As seleccións de Arxentina, Uruguai, Estados Unidos e Iugoslavia accederon ás semifinais do torneo tras imporse nos seus respectivos grupos. Na final, o anfitrión Uruguai venceu a Arxentina por 4 goles a 2 ante 93.000 espectadores, converténdose no primeiro país en gañar o título mundial, ratificando o feito nos Xogos Olímpicos de 1924 e 1928. O máximo goleador foi o arxentino Stábile con 8 tantos.

Premio O Barco de Vapor

O Premio de Literatura Infantil El Barco de Vapor é convocado anualmente desde 1978 pola Fundación SM co fin de promover a creación dunha literatura para nenos que fomente o gusto pola lectura e transmita, con calidade literaria, uns valores humanos, sociais, culturais ou relixiosos que axuden a construír un mundo digno.

A este premio poden optar todos os escritores que o desexen, sempre que as obras que presenten estean escritas en castelán e, a partir de 1984, tamén en catalán, galego e éuscaro, sexan orixinais, inéditas e non foran premiadas anteriormente en ningún outro premio ou concurso.

O premio conta tamén con convocatorias en diferentes países de Latinoamérica: Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, México, Perú, Porto Rico e República Dominicana.

Santa Irene, Arca, O Pino

Santa Irene é un lugar da parroquia de Arca, no concello coruñés de O Pino, na comarca de Arzúa. Segundo o IGE, en 2013 tiña 9 habitantes (3 homes e 6 mulleres).

Vaca

A vaca (Bos taurus) é un animal doméstico orixinario de Europa. Utilízase para a produción de leite, carne e coiro e tamén é animal de traballo, dependendo da raza e o grao de tecnificación do lugar. As femias coñécense como vacas e os machos como bois ou touros. As crías denomínanse puchos, cuchos, cuxos, becerros ou tenreiros, e desde o ano de idade ata que paren, xovencas. Existen os adxectivos vacún/vacúa e bovino.

Segundo a FAO, no ano 2005 existían no planeta 1.272 millóns de vacas, incluíndo nesta cifra a cebús e iacs. En 2009 a cifra ascendía a 1.382.241.378. Delas corresponderían 270.675.336 a África, 509.551.701 a América, 439.175.098 a Asia, 38.616.809 a Oceanía e 124.222.434 a Europa. Destas, 6.020.200, están en España, que ocupa o sétimo lugar do continente e o sexto da Unión Europea por número de cabezas de gando bovino.

Via láctea (álbum)

Via láctea[sic] é un álbum do grupo tradicional galego Milladoiro gravado no ano 1993 en Galicia nos Estudios Cormorán polo técnico X. M. Tasende. É unha composición temática para un espectáculo de teatro de maxia, centrado na figura do Apóstolo Santiago e as peregrinacións. Son que vai dende as reminiscencias medievais á estética folk pasando, en ocasións, por rechamantes aproximacións pop.

Vieira

A vieira (Pecten maximus, Linnaeus 1758) é un molusco bivalvo, moi apreciado comercialmente, caracterizado pola súa cuncha redonda de gran tamaño.

Vía da Prata

A Vía da Prata é unha ruta cultural e histórica de orixe incerta que unía Mérida, capital da Lusitania, con Astorga, capital da Gallaecia astur. Actualmente [cando?] promocionouse unha ruta turística que arrinca de Sevilla e chega ata Xixón.

Un gamallo desta ruta constitúe, cara á actual Galicia, unha das rutas do camiño de Santiago, recoñecida oficialmente pero pendente de delimitación. Desde Chaves entra en Galicia cara a Verín. En Monterrei divídese, cun camiño cara a Xinzo de Limia e outro cara a Laza, para se xuntaren despois de novo.

Do seu interese cultural fala a presenza no seu traxecto de cidades Patrimonio da Humanidade, como Salamanca ou Zamora.

Xubi

Xubi é unha mascota galega empregada para promocionar o camiño de Santiago e o Ano Xacobeo. Foi creada en 2010 cando substituíu a anterior mascota, Pelegrín.

Na península Ibérica
En Francia
Noutros países

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.