Pega

A pega común, tamén coñecida como pega rabuda [1] ou pega rabilonga,[2] (Pica pica) é un paxaro da familia dos córvidos (corvidae). Vive en boa parte de Eurasia, norte de África e Norteamérica. En Europa vive sobre todo nas proximidades dos asentamentos humanos. A súa plumaxe branca e negra e a súa cola longa fana inconfundible.

Pega
Sroka Pica Pica II

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)

Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Corvidae
Xénero: Pica
Especie: P. pica
Nome binomial
Pica pica
(Carl von Linné, 1758)
Distribución Pica pica

Distribución Pica pica

Descrición

Elster wikipedia2
Pega voando

As cores de base da subespecie típica da pega son a branca e a negra. A cola é longa, moitas veces tan longa coma o corpo. A barriga, os lados e os ombreiros son brancos, así coma a parte das ás. O resto da plumaxe é negra con reflexos metálicos azuis, verdes ou purpúreos. Na primavera a coloración faise máis mate e con menos reflexos. En xeral os machos adultos teñen unha plumaxe máis brillante. O bico e as patas son negros. A plumaxe de machos e femias é semellante.

Os exemplares novos teñen cores moi semellantes ás dos adultos. A cola é algo máis curta e sen reflexos e os ombreiros ás veces non son brancos puros, senón máis ben grises.

As pegas miden entre 41 e 51 cm de longo e as ás teñen unha envergadura duns 90 cm. Os machos pesan de media uns 233 gramos; as femias, 203 g. Cando están no chan as pegas desprázanse con saltiños, aínda que saben camiñar. Móvense moi axilmente entre as pólas das árbores. O seu voo e ondulante.

Voz

O corveo característico das pegas consiste nunha serie máis ou menos rápida de berros. Este son sérvelle de voz de alarma e ameaza para defende-lo seu territorio de cría. Os exemplares que non están a criar emíteno só en caso de perigo. Se o perigo é especialmente intenso, os berros son máis seguidos e rápidos.

Un lixeiro cacarexo serve para certificar a unión de parella. É moi variable individualmente e pode ser rítmico ou non. As veces contén asubíos e trilos. As pegas solitarias imitan a outras aves. A miúdo para marca-lo territorio póusanse na póla máis alta dunha árbore que estea no centro deste mentres que cantan.

Distribución

Pica pica map
Verbreitungsgebiete. Cada cor representa unha subespecie de pega: verde: Pica p. pica, verde claro: P. p. asirensis, verde pantano: P. p. bactriana, vermello: P. p. bottanensis, verde escuro: P. p. fennorum, azul: P. p. galliae, turquesa: P. p. germanica, amarelo: P. p. hemileucoptera, violeta: P. p. hudsonia, marrón: P. p. jankowskii, laranxa claro: P. p. japonica, azul escuro: P. p. kamtschatica, hell pink: P. p. leucoptera, laranxa: P. p. mauritanica, azul ceo: P. p. melanotos, rosa: P. p. nuttalli, dunkelrot: P. p. sericea

As pegas viven nunha ampla área de Eurasia, no norte de África e Norteamérica. En Europa viven dende o cabo Norte en Escandinavia ata o sur de España e de Grecia. Falta só nalgunhas illas do Mediterráneo. No norte de África aparece nas costas de Marrocos, Alxeria e Tunicia. Son aves sedentarias, aínda que, por exemplo en Escandinavia, se despracen no inverno.

No leste de Europa acada os 65° Norte. No Oriente Próximo espállase dende Turquía e parte do Irán ata case a costa do golfo Pérsico. En Asia chega dende o noroeste de Mongolia ó norte do Vietnam. Hai unha poboación illada na península de Kamchatka e outra pequena poboación protexida pola súa escaseza, no noroeste da illa xaponesa de Kyūshū. En Norteamérica viven na parte oeste do subcontinente, de Alasca a California.

Sistemática

Crese, en xeral, que o xénero Pica é orixinario de Eurasia e que se espallou por América no Plistoceno tardío, posiblemente atravesando o estreito de Bering. Aínda así, a aparición en Texas dun fósil semellante á especie Pica pica podería facer atrasar ó Plioceno a data da súa aparición en América.

Sistemática interna

As subespecies diferéncianse polo tamaño, o peso, o tamaño e debuxo das plumas das alas, e a coloración da zona baixa do lombo. Tamén hai algunhas diferenzas esqueléticas e da pigmentación das plumas da cola que poden ter reflexos azuis, violetas, púrpuras, verdes, da cor do cobre ou da do latón. As variedades máis escuras son as de máis ó sur; as máis claras as do nordeste de Eurasia. A parte inferior do lombo é a que amosa máis claramente esta característica. En xeral as formas do sur son meirandes e coas plumas da cola máis curtas cás do norte.

Suponse que a diferenciación en variedades co bico marelo ou negro foi anterior á diferenciación interna das razas de peteiro negro.

Subespecies euroasiáticas

Pica pica mauretanica1
Pica p. mauritanica.
Pica serica - Hong Kong
Pica p. sericea.
  • Pica p. pica é a forma normativa.
  • P. p. galliae ten a parte inferior do lombo máis escura ca P. p. germanica e cas pegas escandinavas. Viven en Francia, Bélxica e Rheinland-Pfalz. En Suíza foi exterminada en 1915.
  • P. p. melanotos, coa parte baixa do lombo negra. A cola ten reflexos verde-amarelos. Vive na Península Ibérica.
  • P. p. mauritanica, a variedade máis pequena e escura. As alas teñen reflexos verde escuros e purpúreos. A raíz da cola é sempre negra. Detrás dos ollos teñen unha zona sen plumas de cor azul cobalto. É propia do noroeste de África, Marrocos, Alxeria e Tunicia). Algúns científicos considérana unha especie separada.
  • P. p. germanica, a menor é de alas máis curtas ca forma tipo. Vive nunha área dende Turinxia ata Niederlausitz. Os máis dos ornitólogos non a consideran unha subespecie separada.
  • P. p. fennorum, as alas son máis longas (nos machos 190–221 mm) que na subespecie tipo. O nacemento da cola é gris, máis claro que na P. p. pica. Vive no nordeste de Escandinavia, Finlandia e o norte da Rusia europea.
  • P. p. bactriana, máis clara. A cola ten reflexos da cor do bronce, nunca azuis. Habita as zonas media e leste dos territorios da antiga Unión Soviética: as cuncas do Volga e o Don e o leste de Ucraína. Tamén á beira do mar de Azov ata Astrakhán, no norte do Cáucaso, en Transcaucasia no Transcaspio e no oeste de Turquestán. Tamén nas estepas centrais de Kirguizia, Semipalatinsk, Afganistán e Beluchistán.
  • P. p. asirensis, de lombo negro, e plumas dos “brazos” azuis escuras. As puntas das plumas internas son grises. Viven nos montes Asir. A súa presenza na Arabia do sur non foi probada. Algúns científicos considérana unha especie aparte.
  • P. p. hemileucoptera, meirande ca P. p. bactriana e con plumas dos “brazos” máis verdosas. A cola ten reflexos amarelados e averdegados. As puntas das plumas das "mans" non teñen mancha distal negra. Vive na Siberia central, Altai, montaña Saian, noroeste de Mongolia, leste de Turkestan, oeste do Tian-Xan e Talas Alatau.
  • P. p. leucoptera, meirande ca anterior e con máis branco aínda nas alas. A parte baixa do lombo é branca. Habita ó sur do lago Baikal, no nordeste de Mongolia e noroeste de Manchuria.
  • P. p. jankowskii ten a cola gris con tons azuis. O azul das plumas rémixes secundarias é máis puro e con menos ton violeta que na subespecie P. p. sericea. A súa área de distribución está no leste de Manchuria e Sidemo
  • P. p. kamtschatica, a variedade máis clara e con reflexos máis verdes. As plumas das mans (rémixes primarias) son completamente brancas na cara interna e na primeira delas hai unha mancha branca. Rémixes e cola teñen reflexos verdes. Vive na rexión de Anadyr e na península de Kamchatka.
  • P. p. japonica, caracterizada polos reflexos violetas das plumas cobertoiras e rémixes. O peteiro e curto e gordo. Vive na illa de Kyūshū no Xapón.
  • P. p. sericea, de cola máis curta ca forma típica. Alas e cola teñen reflexos de cor violeta-purpúrea. A parte inferior do lombo é gris. Vive na rexión do Amur, Corea, leste de China, Alan-xan, norte de Ningsia, Kansu, Annam, Taiwan e Hainan.
  • P. p. bottanensis, a pega meirande e coa cola relativamente máis curta. A parte inferior do lombo é negra. Vive en Bhutan, Sikkim e a rexión do Tibet leste.

A análise do ADN amosa que a subespecie P. p. sericea está xeneticamente moi afastada das formas euroasiáticas e podería ser unha especie diferente.

Subespecies americanas

  • P. (p.) hudsonia (Pega de bico negro), en Alasca e a parte oeste da Norteamérica central. Semellante á especie europea Gelbschnabelelster
  • P. (p.) nuttallii ten o peteiro amarelo e é máis pequena ca P. p. hudsonia. A súa área de distribución está en California.

A pega de bico amarelo Pica (pica) nuttallii é hoxe considerada unha especie separada e estudios recentes de ADN probarían que a variedade Pica (pica) hudsonia está xeneticamente máis preto de P. (p.) nuttallii que das variedades europeas, e sería unha especie distinta.

Hábitat

Vive tanto nas montañas (ata os 2.500 m de altura) coma en terras baixas. As subespecies P. p. asirensis, P. p. bottanensis, P. p. hemileucoptera son casos excepcionais: P. p. bottanensis, por exemplo, cría ata os 4.500 metros e busca alimento ata os 5.500.

Habita sobre todo en zonas abertas con prados, mato, sebes e grupos de árbores illadas. Tamén nas beiras dos bosques, preto de zonas acuáticas e pantanos. É raro que apareza en bosques ou zonas de cultivo sen árbores. Evita tamén, en xeral, zonas moi costentas, vales moi estreitos e fondos e áreas onde as nevadas son frecuentes, coa excepción das subespecies citadas máis arriba. Calcúlase que máis da metade da poboación europea cría preto de zonas habitadas, de onde pasa con frecuencia ás cidades, nas que ocupa parques, cemiterios e xardíns. Por contra, antes era unha ave típica da paisaxe agraria.

Alimentación

Magpie eating dead rabbit
Pega comendo nun coello morto

Come tanto alimento animal como vexetal. Consome insectos e as súas larvas, arácnidos, vermes e caracois. Captura tamén vertebrados de ata o talle dun rato, incluídos lagartos, anfibios, paxaros pequenos e as súas crías e mamíferos. Tamén ovos doutros paxaros. Tamén come animais mortos e, especialmente no outono, froitas, sementes e cogomelos. Expulsa as partes indixeribles en forma de egagrópilas. Buscan a mantenza as máis das veces no chan. Cando cazan insectos, arañas ou animais pequenos páranse para mirar e despois corren ou saltan detrás da presa, que cachan co peteiro. Se están entre vexetación alta, camiña sen parar buscando comida. Levanta do chan plantas e pedras pequenas para procurar presas e tamén arrincan bagas. Sobre todo en América, comen tamén os parasitos de ovellas e vacas. Ás veces mesmo capturan peixes.

Os insectos son tragados enteiros, aínda que as nespras son esmagadas co bico antes de seren comidas. Os animais meirandes son suxeitados coas patas contra o chan e sacudidos co bico contra un obxecto duro. Cando capturan paxariños desplúmanos antes de comelos.

Acumulan comida en pequenos depósitos, que, en xeral, baleiran en poucos días. Cambian a localización das súas despensas frecuentemente para evitar que as poidan atopar outras aves. A acumulación de alimentos é máis notable no outono. Agachan a comida nun furado pequeno que cavan co bico no chan, e despois cóbrena con terra e plantas. Estas reservas poden ser moi importantes no inverno.

As pegas de zonas urbanas obteñen a metade da súa mantenza das moreas do lixo e de restos da alimentación humana e poden utilizar lugares axeitados nos tellados para gardar o alimento.

Hábitos de vida

As pegas son activas desde unha media hora antes do amencer, aínda que a hora varía coa época do ano. Cara á posta de sol vanse achegando cada vez máis cara ó seu lugar de descanso. As pegas que están criando viven xuntas no seu territorio, mentres que as que non crían forman bandos que, no inverno, van dunha ducia a centos de exemplares.

Reprodución

As pegas maduran sexualmente no seu primeiro outono de vida, época na que forma bandadas con outras pegas que non están a criar. Na primavera seguinte só menos da metade dos machos e ó redor do 50% das femias crían.

Aparellamento e construción do niño

Forman parellas que duran toda a vida. Se un dos membros da parella morre, é substituído en xeral rapidamente por unha ave de primeiro ano. As parellas adoitan separarse despois de varias crías sen éxito. Nos outonos as futuras parellas van pasando cada vez máis tempo xuntas ata que se senten vinculadas. Aínda así seguen a buscar comida por separado.

A inspección do lugar de construción do futuro niño dura de outubro a xaneiro (en Centroeuropa ata febreiro). Os sitios preferidos para face-los niños son as pólas superiores de árbores altas, entre os 12 e os 30 metros de altura que son de difícil acceso e son un bo punto de observación, ou zonas máis baixa, entre 3 e 4 metros do chan, entre maleza ou sebes mestas e con espiñas.

O niño

Elsternest
Niño de pega

O niño é esférico. Mide entre 35 e 75 cm de ancho. Está feito de poliñas e cotelos, secos e entrecruzados. Moitos niños teñen dúas entradas.

Nomes comúns noutras linguas

  • Alemán: Elster
  • Búlgaro: Svraka (Сврака)
  • Catalán: Garça
  • Español: Urraca
  • Francés: Pie (bavarde)
  • Inglés: (European) Magpie
  • Portugués: Pega-rabuda ou pega-rabilonga
  • Ruso: (Obyknovennaia) soroka (Обыкновенная сорока)

As pegas na cultura popular galega

Corvos, pegas e choias,
dou ó demo estas tres xoias.

—Popular[3]
  • ¡Dios queira que non atopes/ nunca pra ti mans abertas,/ e que, mal morto de fame,/ te coman os cans e as pegas!.
  • Non hai pega sen mancha negra.

Notas

  1. Definición de rabuda no Dicionario de Dicionarios da Lingua Galega Arquivado 29 de decembro de 2015 en Wayback Machine.
  2. Definición de pega rabilonga no Dicionario da RAG
  3. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha da pega rabilonga. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p. 117. ISBN 84-7154-379-6.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Corredoira da Pega, Santa María de Neda, Neda

A Corredoira da Pega é un lugar da parroquia de Santa María de Neda no concello de Neda na provincia da Coruña. Tiña 11 habitantes no ano 2015 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 4 homes e 7 mulleres.

A Pega, Cambre, Cambre

A Pega é un lugar da parroquia de Cambre no concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña.

A Pega, Santa Cecilia de Trasancos, Ferrol

A Pega é un lugar da parroquia de Santa Cecilia de Trasancos no concello de Ferrol na provincia da Coruña. Tiña 50 habitantes no ano 2007 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 23 homes e 27 mulleres, o que supón un aumento con relación ao ano 2003 cando tiña 36 habitantes.

A Pega, Viós, Abegondo

A Pega é un lugar da parroquia de Viós no concello coruñés de Abegondo, na comarca da Coruña.

Avefría

A avefría, galdaripo ou galo da braña (Vanellus vanellus) é unha ave zancuda da familia carádridos, é común na Europa e na Asia de clima temperado. En Galicia só quedan 50 parellas na zona do río Limia.

A ave de 30 cm de longo e 68 cm de envergadura, ten a plumaxe verde escura, branca no ventre, ás arrendondeadas, cola curta. É migratoria, chega ata o norte de África, norte da India e China. Aliméntase principalmente de insectos, pero tamén de moluscos.

Bernés, Santa María de Neda, Neda

Bernés é un lugar da parroquia de Santa María de Neda no concello de Neda na provincia da Coruña. Tiña 34 habitantes no ano 2045 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 18 homes e 16 mulleres.

Cambre, Cambre

Santa María de Cambre é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 6.956 habitantes (3.414 homes e 3.532 mulleres). A parroquia ten 24 lugares.

Carnoedo, Sada

Santo André de Carnoedo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Sada. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.005 habitantes (513 mulleres e 492 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 926 habitantes.

Casadelos, Santa María de Neda, Neda

Casadelos é un lugar da parroquia de Santa María de Neda no concello de Neda na provincia da Coruña. Tiña 228 habitantes xunto con Xuvia no ano 2015 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 106 homes e 122 mulleres.

Gaio (ave)

O gaio, pega marza ou pega rebordá (Garrulus glandarius), é un córvido espallado amplamente pola rexión paleártica. Son aves xeralmente solitarias, agás na época reprodutora.

La gazza ladra

La gazza ladra (en galego A pega ladroa) é unha ópera semiseria en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Giovanni Gherardini e Louis-Charles Caigniez. Foi estreada no Teatro alla Scala de Milán o 31 de maio de 1817. A parte máis coñecida desta ópera é a súa abertura, na que destaca o uso de caixas.

Rossini foi famoso pola súa rapidez ao escribir, e La gazza ladra non foi unha excepción. Dise que o produtor tivo que pechar a Rossini nunha habitación o día anterior á estrea para que compuxera a abertura. Máis tarde, Rossini lanzou papeis a través dunha fiestra aos copistas, quen completaron as partes orquestrais.

Esta ópera rara vez se representa na actualidade, nas estatísticas de Operabase aparece con só 6 representacións no período 2005-2010.

Marzo na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de marzo na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Marzal é o adxectivo, e é incorrecto empregalo como substantivo: Pascua marzal, trigo marzal. Pega marza ou pega marceña son denominacións dunha ave máis coñecida como gaio (Garrulus glandarius).

Chámanse frebas de marzo ós primeiros días de mes, porque neses días adoita facer mal tempo, como fixo en febreiro.

Ove, Ribadeo

San Xoán de Ove é unha parroquia do concello de Ribadeo, na provincia de Lugo. Pertence ao arciprestado de Ribadeo. Segundo o censo en 2004 tiña 439 habitantes, agrupados en 27 entidades de poboación e 9 lugares, cunha densidade media de 25,5 hab/km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 387 habitantes, sendo 199 homes e 188 mulleres.

As entidades de poboación son As Aceñas (4), Acevedo (4), A Capela (10), As Casas Novas (10), O Chao de Ove (13), O Covo (5), A Eirexa (31), Estación Feve (9), A Faxarda (27), Frieira a Nova (13), Frieira a Vella (11), Os Garitos (10), A Graña (12), Os Guildeiros (1), Llano (16), Os Malatos (9), A Palmeira (71), Pastoriza (18), Reme (9), O Río de Ove (9), O Río de Ramos (abandonado), O Río Pequeno (4), Santa Cruz (15), Seixadelo (2), O Valín (3), A Veigadaira (30) e Vilar (1). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son A Escaleira, A Estación, Grañol, Ove, A Pega, San Lázaro, As Travesas de Ove, A Vilavella e O Xardín.

Linda ao leste coas parroquias de Piñeira e Ribadeo (a cal xa absorbeu algunhas das aldeas desta parroquia no norte), Villapol (que o limita a Ría de Ribadeo de Asturias), ao sur con Vilausende (coa que fai límite a través de río Grande) e ao oeste con Covelas e A Devesa. Ten unha altitude media de 40 m. Polo seu territorio pasan diversas vías de comunicación, incluíndo a N-642, a LU-133 e a Liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón.

Pega azul

A pega azul (Cyanopica cyana) é un córvido, parente da pega común, distribuído polo leste da Península Ibérica e o leste de Asia.

Roca, Guitiriz

Roca é unha parroquia do concello de Guitiriz. Segundo o IGE, en 2012 tiña 78 habitantes (35 homes e 43 mulleres).

Selo postal

Un selo postal é un comprobante do pago previo dos envíos efectuados polo correo en forma de etiqueta, xeralmente engomada, ou directamente impreso. O selo tipo é un pequeno papel rectangular que se pega a un sobre e que indica que a persoa que realiza o envío pagou o servizo.

Transposón

Os transposóns son secuencias de ADN que poden moverse dentro do xenoma dunha célula, no proceso chamado transposición. No proceso poden producirse mutacións e cambiar a cantidade de ADN no xenoma. Os transposóns tamén se chaman "xenes saltaríns" e son formas de elementos móbiles. Descubertos por Barbara McClintock nos inicios da súa carreira, fixéronlle gañar o premio Nobel en 1983.

Hai unha ampla variedade de elementos móbiles, e poden agruparse segundo o mecanismo de transposición. Os elementos móbiles de clase I, ou retrotransposóns, móvense no xenoma sendo primeiro transcritos a ARN, e despois de novo a ADN pola retrotranscriptase, mentres que os elementos móbiles de clase II móvense directamente dunha posición a outra do xenoma utilizando unha transposase no proceso de "corta e pega".

Os transposóns son de moita utilidade nalgunhas investigacións xa que alteran o DNA interno dos organismos vivos. Conforman unha grande parte do tamaño xenómico, evidente polo C-valor das especies eucariotas. Por exemplo, na especie humana, o 48 % do xenoma está composto por transposóns ou restos antigos deles.

Viós, Abegondo

San Salvador de Viós é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2017 tiña 227 habitantes (111 mulleres e 116 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 238 habitantes.

Nela atópase o centro educativo abegondés do IES de Viós.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.