Pedro Vázquez de Neira

Pedro Vazquez de Neira y Santiso, nado na segunda metade do século XVI en Lugo, foi un poeta galego. Era fillo de Pedro Santiso (Señor de casa de Covas) e Inés Díaz de Neira. Casou con Catalina de Aguiar y Baamonde. Licenciado en Medicina ao servizo da Real Audiencia da Coruña, pouco se sabe da súa vida. Habida conta de que a meirande parte dos autores da época eran relixiosos, o feito de que escribise en galego convérteo nun dos poucos homes de ciencia que escribiu na nosa lingua nos Séculos Escuros.

Pedro Vázquez de Neira
Nacementos. XVI
 Lugo
Ocupaciónmédico e poeta

Traxectoria

Relación de las Exequias que hico la real Audiencia del Reyno de Galiçia a la Magestad de la Reyna D. Margarita de Austria nra Señora descriptas y puestas en stilo por Ioan Gomez Tonel.pdf
Relación de las Exequias que hico la real Audiencia del Reyno de Galiçia a la Magestad de la Reyna D. Margarita de Austria nra Señora descriptas y puestas en stilo por Ioan Gomez Tonel.[1]

O soneto Respice Finem (1612) de Pedro Vázquez de Neira, é o primeiro texto impreso en galego, ademais de Unha illa no medio do océano. En 1612 publícase o cancioneiro Exequias da Raíña Margarida, o cal recolle unha serie de composicións elexíacas que supoñen un lamento pola morte desta raíña. A publicación deste cancioneiro correu ó cargo da Real Audiencia del Reyno de Galiçia. O libro foi composto polo impresor Juan Pacheco, e foi o seu coordinador un dos poetas que colaboraron nel en lingua galega, Juan Gómez Tonel. O outro poeta foi Pedro Vázquez de Neira.[2][3]

Galería de imaxes

Soneto en español de Pedro Vázquez de Neira (Exequias da Raíña Margarida).
Soneto en español de Pedro Vázquez de Neira (Exequias da Raíña Margarida). 
Soneto en latín de Pedro Vázquez de Neira (Exequias da Raíña Margarida).
Soneto en latín de Pedro Vázquez de Neira (Exequias da Raíña Margarida). 

Notas

  1. Gómez Tonel, Juan (1612). Relación de las Exequias que hico (sic) la real Audiencia del Reyno de Galiçia a la Magestad de la Reyna D. Margarita de Austria nra Señora. En Sanctiago: por Ioa Pacheco.
  2. Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 596. ISBN 84-8288-019-5.
  3. Carballo Calero, Ricardo (1988). A nosa literatura: Unha interpretación para hoxe. Xistral. p. [cómpre nº de páxina].

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Eco de la Revista

Eco de la Revista foi un periódico editado na Coruña en 1852.

Exequias da Raíña Margarida

A Relación de las Exequias que hiço la Real Audiencia del Reyno de Galiçia, á la Magestad de la Reyna D. Margarita de Austria nra Señora (q Dios tiene), coñecida mellor como as Exequias da Raíña Margarida son un conxunto de escritos tanto en verso como en prosa, en castelán, galego e latín, dedicados á raíña Margarida de Austria-Estiria tras a súa morte no ano 1611, baixo a autoría de Xoán Gómez Tonel (coordinador) e Pedro Vázquez de Neira, entre outros. A obra recolle as honras fúnebres de Margarida celebradas pola Real Audiencia de Galicia no mosteiro de San Francisco da Coruña.

Juan Gómez Tonel

Juan Gómez Tonel, coruñés ou aveciñado na Coruña no primeiro cuarto do século XVII, foi un escritor e poeta en lingua galega, lingua castelá e latín, coordinador das Exequias da Raíña Margarida.

Literatura galega dos Séculos Escuros

A creación literaria en lingua galega foi practicamente nula durante os séculos XVI, XVII e XVIII, razón pola que estes se denominan Séculos Escuros.

Pranto

Este artigo trata sobre o subxénero lírico, para o artigo sobre o verquido de bágoas véxase Choro.O pranto é un xénero da lírica consistente nunha composición na que se chora ritualmente a morte de algo ou alguén.

Na literatura occitana medieval existía un tipo propio deste xénero, chamado Planh.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.