Pedro Pascual

Pedro Pascual é un músico galego, e profesor de acordeón diatónico no Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín.

Pedro Pascual
 Galicia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónacordeonista
Talabarte
Talabarte no Dolmen de Dombate o 7 de xuño de 2015. Pedro Pascual, á dereita.

Traxectoria

Comezou desde moi novo o seu contacto coa música galega, descubrindo posteriormente o jazz, o tango e outras músicas do mundo. Ademais de tocar en Marful, está directamente ligado a proxectos como Nuke Trío (con Germán Díaz) ou Talabarte (con Kin García e Quim Farinha de Berrogüetto).

Ten colaborado con notábeis artistas do panorama das músicas de raíz como Leilía, Uxía, María Salgado, ou Xosé Manuel Budiño. Tamén traballou con músicos como Jacky Molard, Soïg Sibéril, Wafir e Sebastián Rubio, Värtina, Alasdair Fraser, Javier Bergia, Kepa Junkera, Jaime Muñoz ou Tony McManus.

Ten tocado en espazos musicais de todo o Estado Español e noutros países como Francia, Bélxica, Portugal ou Canadá.

Cristian Silva

Cristian Silva Bóveda, nado no Carril (Vilagarcía de Arousa) en 1983 , é un produtor e músico galego polifacético con dominio en varios estilos e diversos instrumentos de vento, tecla, corda e percusión.

Marful (grupo)

Marful é un grupo de música galega composto por Ugia Pedreira, Marcos Teira, Pedro Pascual e Pablo Pascual.

Pablo Pascual

Pablo Pascual é un clarinetista galego.

Quim Farinha

Xaquín López Fariña, coñecido como Quim Farinha, nado en Caldas de Reis o 25 de xullo de 1966, é un músico e compositor galego.

Xosé Manuel Budiño

Xosé Manuel Budiño é un gaiteiro galego nacido en Moaña.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.