Pedro I de Castela

Pedro I de Castela, o Cruel ou o Xusticeiro, nado en Burgos en 1334 e finado en Montiel, Cidade Real, en 1369, foi rei de Castela e León entre o 26 de marzo de 1350, pouco antes de facer os 16 anos, até a súa morte en 1369. A finais do seu reinado ostentaba os títulos de rei de Castela, Toledo, León, Galiza, Sevilla, Córdoba, Murcia, Xaén, o Algarve, Alxeciras e señor de Biscaia e de Molina.[1]

Pedro
Estatua de Pedro I el Cruel (M.A.N.) 01
Escultura de alabastro de Pedro I, 1504.
Rei da coroa de Castela
1350–1366 / 1367-1369
PredecesorAfonso XI
SucesorHenrique II de Trastámara
Rei de Galiza
1350–1369
PredecesorAfonso XI
SucesorFernando I de Portugal

Nacemento30 de agosto de 1334
Burgos, Castela
Falecemento23 de marzo de 1369
Montiel, Toledo
Cónxuxe/sBranca de Borbón
Xoana de Castro
DescendenciaConstanza, duquesa de Lancaster
Sabela, duquesa de York
ProxenitoresAfonso XI de Castela
María de Portugal

Traxectoria

Orixes familiares

Segundo fillo de Afonso XI de Castela e a súa segunda esposa María de Portugal. Nada máis nacer foi nomeado herdeiro do reino tras a morte, un ano antes do seu nacemento, do seu irmán maior o infante Fernando de Castela.

Guerra civil

O inicio do seu reinado estivo marcado pola debilidade do poder real ante os diversos fillos que o seu pai Afonso XI tivera con Elionor de Guzmán; os infantes de Aragón, curmáns do rei; e pola súa propia nai. En 1354 sufriu unha revolta iniciada polo seu medio irmán Henrique de Trastámara e debeu fuxir a Francia. En 1366 pero co apoio da Coroa de Aragón e da propia Francia volveu a Castela a facerse novamente co poder. Isto propiciou o inicio da Guerra Civil castelá entre os dous irmáns polo poder real. A medida que Pedro ía conquistando cidades foi executando os sublevados, motivo polo cal o denominaron o Cruel.

Casamento

Casou en 1351 en Francia e despois en Valladolid o 3 de xuño de 1353 con Branca de Bourbon (1339-1361), envelenada en Medina Sidonia, 2ª filla de Sabela de Valois (1313-1383) (filla de Matilde de Chatillon, condesa de St-Pol e de Carlos I de Valois e, por tanto neta de Filipe III de Francia e de Sabela de Aragón) e de Pedro I, duque de Bourbon (1312-1356). Era irmá xemelga da Raíña Xoana de Bourbon, esposa de Carlos V de Francia. Non tiveron descendencia.

Branca trouxo un dote de 300 mil floríns de ouro. O seu séquito, comandado polo vizconde de Narbona, chegou a Valladolid en 25 de febreiro de 1353, mais Pedro estaba en Torrijos, con María de Padilla, a piques de parir. En 3 de xuño tivo lugar a cerimonia da voda, apadriñada por Juan Afonso de Albuquerque e Leonor de Aragón. Tres días máis tarde, o rei volveu para Puebla de Montalbán, onde o esperaba María de Padilla. Houbo despois unha reconciliación de breves días en Valladolid, Pedro partiu para Olmedo e non volvería a ver á súa esposa. María de Portugal levou a nora para Tordesillas e despois para Medina del Campo, mais o marido fíxoa encerrar en Arévalo e no alcázar de Toledo. Juan Nuñez del Prado e Juan Afonso de Albuquerque éranlle simpáticos. O partido político adverso a Pedro explotou o traxe de que el, secretamente, mentres Branca vivía, casou con María de Padilla. Beltrán de la Sierra, nuncio do papa, intimou o rei a retomar Branca, así como esixiu súa tía Leonor de Aragón. O rei non obstante a mantivo presa, levándoa de Sigüenza para Xerez da Fronteira e para Medina Sidonia e alí ela foi asasinada polo besteiro Xoán Perez de Rebolledo. Con iso alienou Carlos V de Francia, cuxa muller era xemelga de Branca, e deu pretexto á intervención da Francia (du Guesclin) en favor do bastardo Henrique de Trastámara, futuro rei.

Casou despois secretamente coa súa amante María de Padilla (1335- 1361 en Sevilla) - Branca aínda vivía. Era filla de Xoan Garcez de Padilla, en 1355 señor de Villagera, e de Maria de Henestrona. A desgraza do rei foi esta paixón. A amante, de familia nobilísima, tivo del cinco fillos até a peste de 1361, que a levou, semanas despois do asasinato da raíña.

En 1354, casou en Cuellar, mentres aínda vivían as dúas esposas, con D. Xoana de Castro, señora de Ponferrada (1325), morta en 1374 en Galicia, que era viúva de Diego de Haro, señor de Biscaia, e filla de D. Sabela Ponce de Asturias e de Pedro Fernandes de Castro, o da Guerra, cabaleiro do reino de Galiza, señor de Lemos e, por tanto, media-irmá de Inés de Castro, amante e despois esposa de Pedro I de Portugal, e por tanto, tía de Pedro I de Castela.

Notas

  1. Titles of European hereditary rulers (en inglés)

Véxase tamén

Bibliografía

Pedro I de Castela
Nacemento: 30 de agosto de 1334 Falecemento: 23 de marzo 1369
Títulos Reais
Precedido por
Afonso XI
Rei de Castela, Toledo, León, Sevilla,
Murcia, Córdoba, Xaén e de Alxeciras

1350–1369
Sucedido  por
Henrique II de Trastámara
Rei de Galiza
1350–1369
Sucedido  por
Fernando I de Portugal
Catarina de Lancaster

Catarina de Lancaster, ou Catarina de Lencastre, nada o 31 de marzo de 1373 no castelo de Hertford, Reino de Inglaterra, e finada o 2 de xuño de 1418 en Valladolid, filla de Xoán de Gante, I duque de Lancaster, e da súa segunda esposa Constanza de Castela, foi raíña consorte de Castela e León polo seu matrimonio co rei Henrique III de Castela.

Constanza, duquesa de Lancaster

Constanza de Lancaster ou de Constanza de Castela (1354-1394) foi duquesa de Lancaster, desde 1371 até á súa morte.

Década de 1350

A década de 1350 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1350 e remata o 31 de decembro de 1359.

Década de 1360

A década de 1360 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1360 e remata o 31 de decembro de 1369.

Fernando I de Portugal

Fernando I, nado en Lisboa o 31 de outubro de 1345 e finado na mesma cidade o 22 de outubro de 1383, foi un nobre portugués, noveno rei de Portugal. Era fillo do rei Pedro I de Portugal e súa dona, a princesa Constanza de Castela. Fernando sucedeu a seu pai no ano 1367 e morreu o 22 de outubro de 1383. Foi alcumado O Fermoso ou O Belo (pola beleza física que numerosas fontes atestan) e, alternativamente, como O Inconsciente ou O Inconstante (debido á súa desastrosa política exterior que levou a tres guerras coa veciña Castela, e até ao perigo, logo da súa morte, de que o trono puidese recaer en mans estranxeiras).

García Rodríguez de Valcarce

García Rodríguez de Valcarce ou Valcárcel foi un nobre galego que apoiou a Henrique de Trastámara na guerra que este mantivo contra Pedro I de Castela. En recompensa polos seus servizos, foi nomeado por aquel, señor da vila das Pontes.

Henrique II de Castela

Henrique II de Castela, nado en Sevilla o 13 de xaneiro de 1334 e finado en Santo Domingo de la Calzada o 29 de maio de 1379, foi rei de Castela, fillo ilexítimo de Afonso XI de Castela e Leonor de Guzmán e polo tanto medio irmán de Pedro I de Castela.

Infantes de Aragón

Os Infantes de Aragón son, por antonomasia, os fillos nacidos do matrimonio do rei Fernando I de Aragón coa súa tía Leonor Urraca de Castela, condesa de Alburquerque. Foron:

Afonso, rei de Aragón, nado en Medina del Campo en 1394;

María, nada en Medina del Campo en 1396, raíña consorte de Castela polo seu matrimonio co seu primo Xoán;

Xoán, nado en Medina del Campo en 1397 rei consorte de Navarra e rei propietario da Coroa de Aragón, pai de Fernando II de Aragón;

Henrique, duque de Alburquerque, conde de Villena, gran mestre da Orde de Santiago, nado en Medina del Campo en 1400;

Leonor, nada en 1402, raíña consorte de Portugal polo seu matrimonio con Duarte I de Portugal;

Pedro, conde de Alburquerque, nado en 1406, e

Sancho.O seu pai, ambicionando o engrandecemento da súa casa, recomendoulles ao fin dos seus días que se mantivesen unidos e lesen a crónica do rei Pedro I de Castela. Tiveron un destacado protagonismo en Castela durante o reinado de Xoán II de Castela. Son os que recorda Jorge Manrique nas coplas á morte de seu pai:

(...)

XVI

¿Qué se hizo el rey don Joan?

Los infantes d'Aragón,

¿qué se hizieron?

¿Qué fue de tanto galán,

qué fue de tanta invinción

como truxeron?

¿Fueron sino devaneos?

¿qué fueron sino verduras

de las eras?

las justas e los torneos,

paramentos, bordaduras

e çimeras?

(...)

O Bolo

O Bolo é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 1013 habitantes (1326 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) bolés.

Torre da Forxa

A Torre da Forxa, tamén coñecida como Torre de Porqueira son os restos dun castelo medieval construído no século XII no concello ourensán de Porqueira. Nel, segundo conta a tradición, foi durante un tempo confinado o rei García de Galicia.

Torre de Milmanda

A torre de Milmanda, tamén coñecida como alcázar de Milmanda, é un vestixio dun castelo medieval, situado no cumio dun perfilado outeiro, preto do río Tuño, na parroquia de Milmanda, no concello de Celanova.

Torre do Bolo

A Torre do Bolo sitúase no concello ourensán do Bolo, preto da Serra do Eixo, en Galiza.

Villafranca de Córdoba

Villafranca de Córdoba é unha vila e municipio andaluz da provincia de Córdoba. No ano 2005 tiña 3.893 habitantes. A súa extensión superficial é de 58 km² e ten unha densidade de 67,1 hab/km². Atópase situada a unha altitude de 146 metros e a 27 quilómetros da capital de provincia, Córdoba.

Forma parte da Mancomunidade do Alto Guadalquivir cordobés.

Xoana de Castro

Xoana de Castro, finada en Monforte de Lemos o 21 de agosto de 1374, foi unha raíña consorte de Castela polo seu matrimonio con Pedro I de Castela.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.