Pedro Benavente

Pedro Ignacio Benavente Jareño, nado en Sabiñánigo (provincia de Huesca) o 31 de xullo de 1950, é un veterinario e escritor galego.

Pedro Benavente
Nacemento31 de xullo de 1950
 Sabiñánigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Oviedo
Ocupaciónescritor, veterinario e wikimedista

Traxectoria

É licenciado en Veterinaria pola Universidade de Oviedo. Radicado no Grove, foi inspector de Saúde Pública na zona de Pontevedra até a súa xubilación.

Foi colaborador no Dicionario da Real Academia Galega.[1] É editor habitual na Galipedia desde 2007.

Obra colectiva

  • Con Xesús Ferro Ruibal. Refraneiro galego da vaca, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Santiago de Compostela, 1994.[2]
  • Con Benxamín Dosil López, Guía de alimentación, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 1995, ISBN 84-453-1301-0.[3]
  • Con Xosé María Gómez Clemente, Diccionario de sinónimos da lingua galega, Editorial Galaxia, Vigo, 1997, ISBN 84-8288-134-5.[4]
  • Con Elena Benavente García. Manipulador de alimentos en el sector hostelería. Prácticas correctas de higiene alimentaria en establecimientos de restauración, Editorial Ideaspropias, Pontevedra, 2006, ISBN 978-84-9839-059-9 (e 978-84-9839-293-7 a versión electrónica).[5]
  • Con Elena Benavente García. Manipulador de alimentos en el sector comercio. Prácticas correctas de higiene alimentaria en establecimientos minoristas, Editorial Ideaspropias, 2006, ISBN 978-84-9839-058-2 (e 978-84-9839-367-5 a versión electrónica).[6]
  • Con Elena Benavente García. Manipulador de alimentos (2ª edición). La importancia de la higiene en la elaboración y servicio de comidas, Editorial Ideaspropias, 2007, ISBN 0061980119.[7]
  • Con Xesús Ferro Ruibal. O libro da vaca. Monografía etnolingüística do gando vacún, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2010, ISBN 978-84-453-4948-9.[8][9][10][11]

Recoñecementos

Notas

  1. Créditos do Dicionario da RAG
  2. Refraneiro galego da vaca
  3. Guía de alimentación
  4. Vista previa en Google books
  5. Manipulador de alimentos en el sector hostelería. Prácticas correctas de higiene alimentaria en establecimientos de restauración
  6. Manipulador de alimentos en el sector comercio. Prácticas correctas de higiene alimentaria en establecimientos minoristas Arquivado 12 de abril de 2012 en Wayback Machine.
  7. LaLibreriadelaU.com[Ligazón morta]
  8. O libro da vaca. Monografía etnolingüística do gando vacún
  9. A lingua da vaca, Culturagalega.org.
  10. Feijóo destaca O libro da Vaca como un tesouro lingüístico, GaliciaDigital.com
  11. O libro da vaca. Monografía etnolingüística do gando vacún
  12. "Inaugurado el nuevo curso académico", artigo na web da ACVG, novembro de 2011.
  13. "Un aragonés residente no Grove gana o III Premio 'Rosalía de Castro' de Lingua e Cultura", artigo no Diario de Pontevedra, 9 de maio de 2012.
Benavente

O topónimo Benavente pode referirse a:

En Galicia

Benavente, lugar da parroquia da Barciela, no concello de Santiago de Compostela;En España

Benavente, municipio da provincia de Zamora, Castela e León;

Benavente y Los Valles, comarca da provincia de Zamora, Castela e León;

Benavente, municipio da provincia de Badaxoz, Estremadura;En Portugal

Benavente, municipio portugués do distrito de Santarém;En Puerto Rico

Benavente, en Puerto Rico;Amais, como apelido, pode referirse a:

Toribio de Benavente, misioneiro franciscano e historiador da Nova España (1482-1569);

José María Benavente, militar chileno, ministro de guerra e mariña (1785-1833);

Diego José Benavente, político e militar chileno (1790-1867);

Jacinto Benavente, dramaturgo, director e guionista español, Premio Nobel de Literatura (1866-1954);

Pedro Benavente, veterinario e escritor galego (n. 1950).

Caldo de castañas

O caldo de castañas (tamén chamado caldo de maias, sopa de castañas ou calduda) é un caldo típico da cociña galega elaborado con castañas fervidas nunha especie de potaxe. É unha preparación culinaria moi habitual nas zonas montañosas do interior de Galiza. É un prato moi típico dos días fríos de inverno.

Camiño Noia

María Camino Noia Campos, nada en Santiago de Compostela en 1945, é unha profesora e escritora galega.

Fasciola hepatica

A Fasciola hepatica é unha especie de verme platihelminto trematodo da subclase Digenea, caracterizado pola súa forma lanceolada, con dúas ventosas, unha bucal e outra ventral, e un ciclo biolóxico con dúas xeracións (dixeneo) en dous hóspedes, un deles un molusco gasterópodo anfibio e o outro un mamífero. Parasita os canais biliares e a vesícula biliar de herbívoros e omnívoros, incluíndo o home. É o axente causal dunha das parasitoses máis difundidas do gando, a chamada fasciolíase (ou fasciolose) e popularmente faixa, que se considera unha das enfermidades parasitarias máis importantes que afecta aos ruminantes domésticos, estendida por todo o mundo e con importantes repercusións económicas.

A presentación de dita doenza varía notablemente segundo as rexións xeográficas, dependendo de factores como o desenvolvemento agrícola, carencias nutricionais, micro e macro clima do medio, volume e altura dos pastos, estado inmunitario e nutritivo do hóspede definitivo e intermediario, número de ovos e larvas infestantes no ambiente etc.

Miticultura

A miticultura ou mitilicultura é o cultivo industrial do mexillón, unha actividade marisqueira dirixida e controlada polo ser humano sobre artefactos flotantes, denominados bateas, fondeados nas augas costeiras. Na actualidade é unha das principais actividades económicas de numerosas poboacións da costa galega, especialmente nas rías Baixas.

Premio Lois Peña Novo

Os premios Lois Peña Novo son galardóns concedidos anualmente pola fundación homónima. O obxectivo dos premios é recoñecer o labor de persoas, entidades ou empresas que traballan a prol da lingua galega no ámbito das administracións públicas. Levan o nome do político e escritor chairego Lois Peña Novo (1893–1967), que foi elixido concelleiro na Coruña en 1920, e foi secretario dos municipios de Vigo, Sada e Lugo.

Premio Rosalía de Castro de Lingua

O Premio Rosalía de Castro de Lingua recoñece o traballo de persoas ou entidades que contribúen á normalización lingüística da lingua galega. Está convocado pola Deputación da Coruña e o seu nome honra a memoria de Rosalía de Castro.

Termigal

Termigal é o organismo "encargado da coordinación xeral das actividades terminolóxicas relativas á lingua galega, de promover e levar a cabo a elaboración de recursos terminolóxicos e de garanti-la súa dispoñibilidade, e de promove-lo desenvolvemento de produtos de enxeñaría lingüística en que a terminoloxía teña unha especial incidencia" . Foi creado en 1997 mediante un convenio asinado entre a Real Academia Galega (coma autoridade académica encargada da normativización da lingua galega) e a Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (coma organismo competente en materia de política lingüística). Actualmente está establecido coma un proxecto do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CIRP) e incluído coma unha sección da RAG, centrándose en definir a terminoloxía técnica en galego. Na actualidade está coordinado por Manuel González González e nel traballan tres bolseiros que xestionan os seguintes servizos:

con apoio exterior, desenvolven terminoloxía específica e sistemática para determinadas áreas de especialidade, con proxectos a longo prazo moi amplos e variados (hostalería, mundo empresarial, botánica, oficios e profesións, automoción, música);

resolución de consultas realizadas por teléfono ou mediante o correo electrónico, principalmente procedentes de tradutores, terminólogos ou servizos de normalización lingüística.

Xesús Ferro Ruibal

Xesús Ferro Ruibal, nado en Rebón (Moraña) o 28 de setembro de 1944, é un lingüista, teólogo, latinista e escritor galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.