Pedro Antonio Sánchez Vaamonde

Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, nado o 10 de abril de 1749 na parroquia de Santaia de Curtis (Curtis) e falecido o 4 de outubro de 1806 en Santiago de Compostela, foi un relixioso e escritor, destacado ilustrado do século XVIII.

Pedro Antonio Sánchez Vaamonde
Pedro Antonio Sánchez Vaamonde
Nacemento10 de abril de 1749
 Curtis
Falecemento4 de outubro de 1806
 Santiago de Compostela
SoterradoCatedral de Santiago
NacionalidadeEspaña
Relixióncatólica
Alma máterU. de Santiago de Compostela
Ocupacióncóengo e escritor
Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, firma

Traxectoria

Naceu nunha familia de alta fidalguía, e foi posuidor de varios morgados. Ademais, tiña numerosos bens na Comarca de Bergantiños. Casou con María Josefa Varela y Figueroa,[1] tamén dona de importantes leiras rústicas e inmobles urbanos. Tras estudar en diversas facultades, obtivo as cátedras de Retórica e Teoloxía. Foi director de estudos do Colexio de Fonseca. O arcebispo Alejandro Bocanegra encomendoulle a dirección da Biblioteca Arcebispal compostelá (1779) e nomeouno primeiro fiscal e despois xuíz eclesiástico da diocese.

Foi co-fundador da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1784) e presidiuna en 1789. Creou en Curtis unha escola de primeiras letras no ano 1798 —doando un edificio e unha dotación económica— e unha academia de debuxo en Santiago de Compostela. Cos seus cartos construíronse os baños minerais de Bea e fixéronse as análises das súas augas, así como as de Caldas de Reis. Axudou a sufragar unha estrada e a Casa de Misericordia de Santiago, que estaba en estado lamentable, e financiou tamén os estudos a varios mozos. Fundou a Biblioteca do Real Consulado do Mar da Coruña (1806), para a cal o cóengo doou aproximadamente uns 4 500 libros, aínda que foi acrecentándose e chegou a ter un fondo duns 30 000 exemplares.

Publicou varios libros sobre curtidos, gandaría e comercio. Un dos seus proxectos máis importantes foi facer navegábel o río Miño, coa finalidade de que os barcos puidesen transportar viño e outras mercadorías desde Ourense até o Océano Atlántico.[2]

Estaba a favor do réxime feudal tradicional e propugnou o mantemento de diferenzas educativas entre os estamentos privilexiados e a clase popular.[3][4][5]

Coleccion de las Memorias premiadas, y de las que se acordó se imprimiesen sobre los quatro asuntos.pdf&page=365
"Memoria n.º XIII.º".[6]

Unha rúa da cidade da Coruña leva o seu nome dende o ano 2013.[7]

Obras

  • Discurso sobre la eloquencia sagrada en España, Madrid, 1778.
  • Oracion fúnebre que en las exequias que celebró la Real Sociedad económica, Madrid, 1786.
  • Memoria sobre los ganados de Galicia considerados relativamente a la economía política, Madrid, 1802.
  • Respuesta al canónigo de Lugo D. Joaquín Antonio del Camino, Madrid, 1805.
  • Memoria sobre la policia y régimen de los abastos de la ciudad de Santiago, Madrid, 1806.
Capítulos en obras colectivas
  • "Memoria n.º XIII.º", incluída en Coleccion de las Memorias premiadas, Madrid, 1784.[6]
Sobre el
  • Carta crítica al Dr. D. Pedro Antonio Sánchez, Madrid, 1806, de Francisco Rodríguez de Ledesma.
Póstumas
  • Apología en favor de la Santa Iglesia de Santiago, Santiago de Compostela, 1813.
  • Colección de los escritos del Dr. D. Pedro Antonio Sánchez, Madrid, 1858.
  • La economía gallega en los escritos de Pedro Antonio Sánchez, Vigo, 1973.[8]

Galería de imaxes

Discurso sobre la eloquencia sagrada en España, 1778.
Discurso sobre la eloquencia sagrada en España, 1778. 
Oracion fúnebre que en las exequias que celebró la Real Sociedad económica, 1786.
Oracion fúnebre que en las exequias que celebró la Real Sociedad económica, 1786. 
Memoria sobre los ganados de Galicia, 1802.
Memoria sobre los ganados de Galicia, 1802. 
Memoria sobre la policia y régimen de los abastos de la ciudad de Santiago, 1806.
Memoria sobre la policia y régimen de los abastos de la ciudad de Santiago, 1806. 
Apología en favor de la Santa Iglesia de Santiago, 1813.
Apología en favor de la Santa Iglesia de Santiago, 1813. 
Colección de los escritos del Dr. D. Pedro Antonio Sánchez, 1858.
Colección de los escritos del Dr. D. Pedro Antonio Sánchez, 1858. 

Notas

  1. Meijide 2002.
  2. Dopico Gutiérrez del Arroyo, Diccionario biográfico español.
  3. "Sánchez Vaamonde, Pedro Antonio". Diccionario enciclopédico galego universal 54. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 97. ISBN 84-7680-429-6.
  4. "Sánchez Vaamonde, Pedro Antonio". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 228.
  5. "Sánchez Vaamonde, Pedro Antonio". Enciclopedia Galega Universal 15. Ir Indo Edicións. 1999-2002. p. 158. ISBN 84-7680-288-9.
  6. 6,0 6,1 p. 327-368 en Coleccion de las Memorias premiadas… Tratan del exercicio de la caridad y socorro de los verdaderos pobres, corrección de los ociosos, destierro de la mendicidad voluntaria…, Madrid, 1784.
  7. «Una calle recuerda al inspirador de las bibliotecas locales...» El Ideal Gallego, 5/6/2013 (en castelán).
  8. Beiras, Xosé Manuel, ed. (1973). La economía gallega en los escritos de Pedro Antonio Sánchez (en castelán). Editorial Galaxia. ISBN 9788471541789.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

10 de abril

O 10 de abril é o 100º día do ano do calendario gregoriano e o 101º nos anos bisestos. Quedan 265 días para finalizar o ano.

4 de outubro

O 4 de outubro é o 277º día do ano do calendario gregoriano(278º nos anos bisestos). Quedan 88 días para finalizar o ano.

Avenida de Fisterra (A Coruña)

A avenida de Fisterra é un dos accesos á cidade da Coruña.

Avenida de Hércules (A Coruña)

A avenida de Hércules é unha rúa da Coruña que recibe o seu nome polo heroe mitolóxico Hércules, construtor lendario da torre homónima. Atravesa o barrio de Monte Alto.

Avenida de Oza (A Coruña)

A Avenida de Oza é unha rúa da cidade da Coruña, que atravesa os barrios da Gaiteira e Os Castros.

Casa do Consulado

A Casa de Ramos, posteriormente chamada Casa Real do Consulado e, abreviadamente, Casa do Consulado, é un edificio de estilo neoclásico da cidade da Coruña construído no século XVIII.

José Sánchez Anido

José Sánchez Anido, Vizconde de San Antonio, finado en Madrid o 6 de xaneiro de 1947, foi un avogado e político galego.

Pedro Sánchez (homónimos)

O nome de Pedro Sánchez pode referirse a

Pedro Antonio Sánchez Vaamonde (1749–1806), ilustrado galego;

Pedro Sánchez Pérez-Castejón (n. 1972), político e presidente do Goberno español;

Pedro Antonio Sánchez Moñino (n. 1986), futbolista español.

Praza de Azcárraga

A praza de Azcárraga atópase na zona vella da cidade galega da Coruña. Atópase adxacente á praza da Constitución, coa que forma un único espazo continuado.

Praza de María Pita

A praza de María Pita é o centro neurálxico da cidade da Coruña, e nela atópase a casa consistorial no palacio de María Pita.

Praza de Pontevedra (A Coruña)

A praza de Pontevedra é un espazo público da cidade da Coruña e sitúase entre a rúa de San Andrés e a Avenida de Pedro Barrié de la Maza, moi preto das praias urbanas do Orzán e Riazor.

Ronda de Nelle

A Ronda de Nelle é unha das principais vías urbanas da Coruña. Vai dende Catro Camiños ata a rúa de Gregorio Hernández, un tramo do Paseo de Ronda.

A ronda de Nelle rodea ou atravesa algúns dos barrios máis poboados da cidade, como A Agra do Orzán, o Paseo das Pontes, Os Mallos e A Falperra, ata rematar na igrexa de San Pedro de Mezonzo, en Catro Camiños.

Ronda de Outeiro

A Rolda de Outeiro é unha das principais vías urbanas da Coruña. Vai dende a Avenida do Exército, nas proximidades do Porto, ata a Avenida de Gerardo Porto, un tramo do Paseo marítimo.

Rúa Panadeiras (A Coruña)

A rúa Panadeiras é unha rúa residencial e comercial da Coruña situada no barrio da Pescadería da cidade.

Rúa da Torre (A Coruña)

A rúa da Torre é unha rúa da Coruña que recibe o seu nome por ser unha das vías que une o centro da cidade coa Torre de Hércules. Atravesa o barrio de Monte Alto.

Rúa de Ferrol (A Coruña)

A Rúa de Ferrol é unha rúa da Coruña situada no Ensanche da cidade. Nun dos seus laterais está a praza de Galicia co Pazo de Xustiza.

Rúa de Manuel Murguía (A Coruña)

A Rúa Manuel Murguía é unha vía da cidade da Coruña que conecta a Ronda do Real Club Deportivo de La Coruña co paseo marítimo.

Rúa do Orzán

A rúa do Orzán é unha rúa da Coruña que atravesa a zona homónima do barrio da Peixería.Tamén reciben o nome Orzán as rúas Travesía do Orzán e Pasadizo do Orzán.

Vaamonde

O apelido Vaamonde pode referirse a:

Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, ilustrado galego (1749 - 1806);

Florencio Rodríguez Vaamonde, político galego (1807-1886);

Florencio Vaamonde Lores, escritor galego (1860 - 1925);

César Vaamonde Lores, historiador galego (1867 - 1942);

Joaquín Vaamonde Cornide, pintor galego (1872 - 1900);

Suso Vaamonde Polo, cantautor galego (1950 - 2000);

Pablo Vaamonde García, médico galego (n. 1956);

Pepe Vaamonde Grupo, grupo folk galego;

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.