Pedregal de Irimia

O Pedregal de Irimia é o lugar onde nace o río Miño. Está na serra de Meira, a escasos quilómetros da vila de Meira. O lugar de nacemento é disputado por dous concellos: Meira defende o nacemento no Pedregal e A Pastoriza na lagoa de Fonmiñá. Porén, e de forma especial nos últimos anos, o Pedregal de Irimia é considerada a fonte primaria do Miño[1].

No Pedregal realizouse a primeira Romaxe de Crentes Galegos organizada pola Asociación Irimia.

Pedregal de Irimia - nacimiento del río Miño
Pedregal de Irimia.
Pedregaldeirimia
Primeiras augas do Río Miño no Pedregal de Irimia.

Notas

  1. Unidade 1 do CELGA4 Arquivado 21 de agosto de 2010 en Wayback Machine..

    Irimia. Nome tomado dun topónimo, o Pedregal de Irimia (Meira, Lugo), é de etimoloxía incerta. É un antigo glaciar que dará orixe ás primeiras augas do río Miño.

    Consultado o 9 de xullo de 2010
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
16 de setembro

O 16 de setembro é o 259º día do ano do calendario gregoriano e o 260º nos anos bisestos. Quedan 106 días para finalizar o ano.

Asociación Irimia

A Asociación Irimia é unha congregación civil de carácter cristián-galeguista con financiamento privada. Foi creada en 1979, e ten a súa sede en Santiago de Compostela. Naceu co propósito de reflexionar sobre a Igrexa galega despois do Concilio Vaticano II, ten como obxectivo unir a fe cristiá e a tradición galega, a relixiosidade e as crenzas tradicionais.

Contos do Castromil

Contos do Castromil é o nome dunha colección de trinta relatos curtos, doutros tantos autores, iniciativa da empresa de autocares Castromil, que os puña, de balde, a disposición dos seus clientes.

Francisco Río Barxa

Francisco Xavier Río Barja, tamén coñecido como Francisco Xavier Río Barxa, nado en Lugo en 1919 e falecido en Tenerife o 5 de xaneiro de 2011, foi un xeógrafo e escritor galego, académico da Real Academia Galega.

Galería de imaxes de Meira

Galería de imaxes do concello de Meira na provincia de Lugo.

Galería de imaxes do río Miño

O Miño é o río máis longo de Galicia. Nace no Pedregal de Irimia (Serra de Meira, Meira, provincia de Lugo e desemboca no Océano Atlántico xebrando as terras de Galicia e Portugal)

Hidrografía de Galicia

A densa rede hidrográfica de Galicia permite que esta sexa cualificada decote como a terra dos mil ríos, a teor da cantidade de cursos fluviais cos que conta. En xeral, e debido ó seu escaso caudal, os ríos galegos non son navegables, agás o río Miño na súa desembocadura ou nos moitos encoros e nos cursos baixos dalgúns ríos, nos que se celebran festas semi-acuáticas como as chamadas "zaleas").

Os ríos de Galicia son moi curtos na vertente cantábrica e algo máis longos na atlántica, coas excepcións novamente do Miño e o Sil, que teñen unha lonxitude de varios centos de quilómetros. Existen moitos encoros para a produción de enerxía eléctrica. Son características da costa de Galicia as rías, que son indentacións formadas na costa ao seren anegados polo mar os vales fluviais costeiros por descenso do nivel terrestre. As rías están tradicionalmente divididas en Rías Altas e Rías Baixas, segundo a súa posición respecto a Fisterra como punto máis occidental de Galicia.

Irimia

Irimia pode referirse a:

Irimia Alta, lugar da parroquia de Meira, no concello de Meira;

Irimia Baixa, lugar da parroquia de Meira, no concello de Meira;

Pedregal de Irimia, onde nace o río Miño;

Asociación Irimia, de carácter cristián-galeguista;

Revista Irimia, editada por dita asociación.

Meira

Meira é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca de Meira. Segundo o padrón municipal, en 2018 tiña 1.711 habitantes (1.794 no 2007,1.774 no 2006, 1.780 no 2005, 1.789 no 2004, 1.806 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «meirao», «meirego» ou «meirense».

Miño (homónimos)

O topónimo galego Miño pode referirse a:

Miño, concello da provincia da Coruña;

Miño, parroquia de dito concello;

Río Miño, curso fluvial galego que nace no Pedregal de Irimia (Meira), e desemboca no océano Atlántico. Dito río dá nome a:

Castrelo de Miño, concello da provincia de Ourense;

Salvaterra de Miño, concello da provincia de Pontevedra;

Comarca do Baixo Miño, na provincia de Pontevedra;

Ribas de Miño, lugar da parroquia de Cequeliños no concello de Arbo;

Entre Douro e Miño, provincia no norte de Portugal, que existiu entre o século XV e o século XIX;

Provincia de Minho, no norte de Portugal, que corresponde aproximadamente aos distritos de Braga e Viana do Castelo;

Área de Minho, Grande Área Metropolitana con sede en Braga;

Alto Minho, antiga rexión no noroeste de Portugal, correspondente ao distrito de Viana do Castelo;

Baixo Minho, antiga rexión do noroeste de Portugal, correspondente ao distrito de Braga;

Minho-Lima, subrexión estatística portuguesa (NUTS III), correspondente ao distrito de Viana do Castelo;

Entre Douro e Minho, no norte de Portugal, que abranguía as provincias do Minho e do Douro Litoral;

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Xosé Chao Rego

Xosé Chao Rego, nado en Vilalba o 23 de abril de 1932 e finado en Santiago de Compostela o 28 de novembro de 2015, foi un teólogo e escritor galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.