Pedrafita do Cebreiro

Pedrafita do Cebreiro é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2018) conta con 1.032 habitantes (563 homes e 469 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cebreirego».

Coordenadas: 42°44′N 7°1′O / 42.733, -7.017

Pedrafita do Cebreiro
Escudo de Pedrafita do Cebreiro
Casaconcello2
Casa do concello
Situacion Pedrafita do Cebreiro
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca dos Ancares
Poboación1.032 hab. (2018)
Área104,9 km²
Densidade9,84 hab./km²
Entidades de poboación12 parroquias
Política (2019[2])
AlcaldeJosé Luis Raposo Magdalena (PSdeG-PSOE)
Concelleiros
PPdeG: 1
PSdeG-PSOE: 8
Eleccións municipais en Pedrafita do Cebreiro
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes86,24%
Na rede
www.pedrafitadocebreiro.es

Xeografía

Atópase na zona montañosa do leste da provincia de Lugo, no límite coa provincia de León, en plena serra dos Ancares. Cunha altitude de 1.098 metros na capital municipal, é o concello máis alto da provincia e tamén de toda Galicia. Os principais picos son O Faro (1.615 m), Muralla (1.480 m), Area (1.402 m) e Carballeda (1.392 m). No concello nacen os ríos Navia e Lor.

Limita ao norte con Cervantes e As Nogais, ao oeste con Triacastela e Samos, ao sur con Folgoso do Courel e ao leste cos concellos leoneses de Barxas e A Veiga de Valcarce.

Demografía

Censo total 1.032 (2018)
Menores de 15 anos 38 (3.68 %)
Entre 15 e 64 anos 557 (53.97 %)
Maiores de 65 anos 437 (42.34 %)
Evolución da poboación de Pedrafita do Cebreiro   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4.402 4.687 4.223 2.520 1.486 1.263 1.228 1.199 1.175 1.155 1.119 1.088 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Cultura

Toponimia

Pedrafita do Cebreiro procede do latín petra ficta, 'pedra cravada, miliario ou monumento megalítico, consistente nunha gran pedra colocada verticalmente' e cebrarium, 'lugar onde hai moitos asnos bravos', tamén chamados onagros e 'cebros' < (e)quos feros + -arium (sufixo abundancial).[4].

Patrimonio

Patrimonio arquitectónico

O Cebreiro na literatura popular

Refraneiro
  • Corren as nubes pra o Cebreiro, colle a capa e o sombreiro [5].
Cantigueiro
  • Ó pasar a Cruz de Ferro/ a Gudiña ben a sei/ i agora voume chegando/ aos aires de Monterrei [6].
  • Os ollos que me a min queren/ nesta terra non están;/ pasaron a Cruz de Ferro/ e por Castilla andarán [7].
  • Pasei pola Olivada,/ dei volta polo Cebreiro;/ as mociñas de Padroso/ todas andan ao carneiro [8].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Pedrafita do Cebreiro.
Palloza en O Cebreiro (Lugo)
Chaumière O Cebreiro 072004
Altarraum der Iglesia Santa Maria am O-Cebreiro

Altar da igrexa de Santa María

Pedrafita do Cebreiro, Galiza

Igrexa de Santa María

Pedrafita1

Lugares

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Pedrafita do Cebreiro vexa: Lugares de Pedrafita do Cebreiro.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. Cabeza Quiles, F: Toponimia de Galicia. Vigo. Editorial Galaxia. 2008, 703 páxs. ISBN 978-84-9865-892-1. Páxs. 326, 428, 492.
  5. Saudade. Verba Galega nas Américas 1942-1953. Ed. facsímile do Centro Ramón Piñeiro 2008, nº 3, maio 1943, 24-25.
  6. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 122. A cantiga recolle o sentir dun segador galego ó seu regreso de Castela, no momento de entrar en Galicia. Xaquín Lorenzo explica que non se trata da Cruz de Ferro situada en Foncebadón, entre Astorga e Ponferrada, senón da Cruz de Portela de Padornelo, en Pedrafita do Cebreiro, que é de pedra, a uns 37 km da Gudiña. Os labregos que ían á sega a Castela deixaban unha pedra ó pé desta cruz e, á volta, deixaban a fouce como exvoto na ermida da Nosa Señora das Angustias, que está ó seu carón.
  7. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 126.
  8. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 129. No orixinal: paséi. Xaquín Lorenzo non inclúe o lugar da Olivada no seu índice toponímico, e tampouco aparece no Nomenclátor; Padroso é lugar da parroquia de Rioseco, no concello de Calvos de Randín.

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Busmullán, Padornelo, Pedrafita do Cebreiro

Busmullán é un lugar da parroquia de Padornelo no concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, na comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 9 habitantes (3 homes e 6 mulleres).

Comarca dos Ancares

Os Ancares é unha comarca situada ó leste da provincia de Lugo cuxa capital é Becerreá, que á súa vez é o concello máis poboado. Toma o nome da serra que está situada na parte máis oriental de Galiza, nos límites con Asturias e Castela e León. Pertencen a ela os concellos de Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.

Fonfría, Pedrafita do Cebreiro

San Xoán de Fonfría é unha parroquia do concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, na comarca dos Ancares. Segundo o padróm municipal (INE 2013) ten 34 habitantes (19 homes e 15 mulleres).

Hospital, Pedrafita do Cebreiro

San Xoán de Hospital é unha parroquia do concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, na comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 54 habitantes (25 homes e 29 mulleres).

Liñares, Pedrafita do Cebreiro

Santo Estevo de Liñares é unha parroquia do concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, na comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 67 habitantes (41 homes e 26 mulleres).

Lousada, Pedrafita do Cebreiro

San Vicente de Lousada é unha parroquia do concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, na comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 124 habitantes (74 homes e 50 mulleres).

Louzarela, Pedrafita do Cebreiro

San Xoán de Louzarela é unha parroquia do concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, na comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 68 habitantes (37 homes e 31 mulleres).

Lugares de Pedrafita do Cebreiro

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Pedrafita do Cebreiro

Modreiro, Padornelo, Pedrafita do Cebreiro

Modreiro é un lugar da parroquia de Padornelo no concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, na comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 11 habitantes (5 homes e 6 mulleres).

O Cebreiro, Pedrafita do Cebreiro

Santa María do Cebreiro é unha parroquia do concello de Pedrafita do Cebreiro na comarca dos Ancares, na provincia de Lugo. No ano 2013 tiña 146 habitantes, deles 78 eran homes e 68 eran mulleres.

O seu topónimo procede do latín CEBRARIUM, "lugar onde hai moitos asnos bravos", tamén chamados onagros e "cebros" <(e)quos feros + o sufixo abundancial -arium>.

Pacios, Pedrafita do Cebreiro

San Lourenzo de Pacios é unha parroquia do concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, na comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 68 habitantes (37 homes e 31 mulleres).

Padornelo, Pedrafita do Cebreiro

San Xoán de Padornelo é unha parroquia do concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, na comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 123 habitantes (66 homes e 57 mulleres).

Pedrafita do Cebreiro, Pedrafita do Cebreiro

Santo Antón de Pedrafita do Cebreiro é unha parroquia do concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, na comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 225 habitantes (110 homes e 115 mulleres).

O topónimo Cebreiro procede do latín CEBRARIUM, "lugar onde hai moitos asnos bravos", tamén chamados onagros e "cebros" <(e)quos feros + o sufixo abundancial -arium>.

Riocereixa, Pedrafita do Cebreiro

Santa María Madanela de Riocereixa é unha parroquia do concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, na comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2013 ten 72 habitantes (42 homes e 30 mulleres).

Serra do Courel

A serra do Courel é unha cordilleira montañosa situada no sueste da provincia de Lugo que se estende polos concellos de Folgoso do Courel, na súa maior parte, Quiroga e Pedrafita do Cebreiro.

Serra do Piornal

A serra do Piornal é unhas das serras orientais de Galiza, con orientación NO-SE. Limita ao norte co concello de Pedrafita do Cebreiro e ao nordeste con Navia de Suarna.

O monte máis alto é o monte Carballeda, con 1.392 metros sobre o nivel do mar.

Serra do Rañadoiro

A serra do Rañadoiro é unha das serras orientais de Galiza. Ten orientación NO-SE e está situadas entre As Nogais e Pedrafita do Cebreiro. Na vertente sur nace o río Lóuzara, que discorre cara ao Courel, onde conflúe co Río Lor.

O punto de maior altura da serra é A Muralla, con 1.480 metros sobre o nivel do mar.

Veiga de Forcas, Pedrafita do Cebreiro

Santa María de Veiga de Forcas é unha parroquia do concello de Pedrafita do Cebreiro na comarca dos Ancares, na provincia de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2017 tiña 21 habitantes (once homes e dez mulleres).

Zanfoga, Pedrafita do Cebreiro

San Martiño de Zanfoga é unha parroquia do concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, na comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 170 habitantes (82 homes e 88 mulleres).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.