Pedra formosa

Unha pedra formosa[1] (ás veces galeguizado como pedra fermosa[2]) é un monólito de grandes dimensións da arquitectura do período da cultura castrexa. Estaba localizado no interior dos balnearios (saunas castrexas) dos castros, e permitía o acceso dos baños e vapores quentes ao compartimento a través dunha pequena abertura.

Pedra Formosa Tongobriga 01
Tongóbriga (Marco de Canaveses, Portugal).

Exemplos

As saunas castrexas aparecen en toda a zona de cultura castrexa, especialmente no que hoxe é Portugal e no norte de España (norte da Coruña, Lugo e Asturias).

En Galicia

Pedra Formosa sauna do castro de Castañoso
Pedra Formosa da sauna de Castañoso (A Fonsagrada).

Existe unha sauna castrexa nun souto de difícil acceso no Castelón de Casteñoso en Maderne (A Fonsagrada), un dos poucos exemplos desta construción no actual territorio galego. A pedra formosa atopouse fracturada e a construción, cunha gran falsa bóveda, corría perigo de derrubamento. No verán de 2015 comezaron os traballos de restauración da sauna polo Museo da Fonsagrada por mor do seu perigo de derrubamento. A construción consta dunha cámara de combustión (forno), unha sala de valores e unha vivenda compartimentada, máis alta e complexa do habitual. Ademais da pedra formosa atopáronse unha fíbula de bronce e cerámica. Crese que estas construcións, de orixe prerromana, eran de uso ritual e non lúdico ou hixiénico.[3]

Outra pedra formosa consérvase no castro de Borneiro, en Cabana de Bergantiños, e outra en Campo do Castro, península do Sarridal, Cedeira, a máis antiga de Galicia.[4]

En Portugal

Pedra Formosa Briteiros
Citania de Briteiros (Guimarães, Portugal).

A pedra formosa da Citania de Briteiros, localizada na freguesía de Salvador de Briteiros (Guimarães), está exposta na Sociedade Martins Sarmento. É un monólito de granito, traballado hai uns tres mil anos. Mide case tres metros de ancho e máis de dous de altura, con aproximadamente cinco toneladas de peso. É a peza principal dun conxunto arquitectónico prerromano de baños (vapor e auga) construído no período castrexo. Foi referenciado a comezos do século XX polo historiador Martins Sarmento.

Pedra Formosa Castro das Eiras
Castro das Eiras (Vila Nova de Famalicão, Portugal).

A pedra formosa do Castro das Eiras, na freguesía de Pousada de Saramagos (Vila Nova de Famalicão) foi identificada en 1880 por Martins Sarmento. En 1990 o Gabinete de arqueoloxía do concello de Vila Nova de Famalicão retomou as escavacións baixo a dirección do arqueólogo Francisco Queiroga. Pertencía a un complexo de baños.[5][6]

Pedra Formosa Citania de Sanfins
Citania de Sanfins (Paços de Ferreira, Portugal).

Hai outra pedra formosa na Citania de Sanfins, unha das principais estacións arqueolóxicas da península Ibérica, localizada na freguesía de Sanfins de Ferreira (Paços de Ferreira). Nela destaca o edificio destinado aos baños públicos pola súa técnica e aparato. Os primeiros estudos desta Citania débense a Martins Sarmento e Leite de Vasconcelos.

A pedra formosa de Tongóbriga sitúase nos restos dunha cidade romana situada na freguesía do Freixo (Marco de Canaveses), a carón das antigas termas romanas.[7]

Notas

  1. Locución na entrada pedra no DiGalego
  2. [1]
  3. "As saunas castrexas eran rituais". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 23/10/2015. Consultado o 15/9/2015.
  4. "La Pedra Formosa de Cedeira es la más antigua de Galicia". Diario de Ferrol (en castelán). 22/11/2018.
  5. Texto geral da Exposição Arquivado 05/05/2011, en Wayback Machine., na páxina web do Museu Nacional de Arqueologia (en portugués).
  6. "Um balneário milenar em Lisboa", Diário de Notícias, 29/3/2007 (en portugués).
  7. Estação Arqueológica do Freixo Arquivado 24 de decembro de 2007 en Wayback Machine., ficha en www.tongobriga.net (en portugués).

Véxase tamén

Outros artigos

Arte de Galicia

A arte de Galicia tivo unha evolución paralela á do resto da arte europea, seguindo de formas diversas as múltiples tendencias que se teñen producido no contexto da historia da arte occidental. A historia da arte galega mostra as manifestacións culturais e artísticas ao longo do tempo dende os primeiros asentamentos humanos até a actualidade. Dende o paleolítico á cultura contemporánea, a arte feita en Galicia ten certas características propias, alimentada polas correntes traídas por outros pobos. A arte sempre foi un dos principais medios de expresión do ser humano, a través da cal expresa as súas ideas e sentimentos, o xeito de relacionarse co mundo. A súa función pode variar dende a máis práctica ata a máis ornamental, pode ter contido relixioso ou simplemente estético, pode ser duradeira ou efémera.

Ao longo da historia, Galicia acolleu diversas culturas e civilizacións, que achegaron o seu concepto de arte e deixaron o seu legado. Cada período histórico tivo unhas características concretas e definibles, comúns a outras rexións e culturas, ou ben únicas e diferenciadas, que foron evolucionando co devir dos séculos.

A arte galega é froito da diversa amálgama social e cultural achegada polos diversos pobos que habitaron o seu territorio: os primeiros poboadores prehistóricos deron paso á cultura castrexa xurdida na idade dos metais, estes convivirían máis tarde cos colonizadores romanos procedentes do Mediterráneo, que converterían a Gallaecia nun territorio máis do seu imperio; tras a caída deste, en Galicia os suevos fundaron o primeiro reino medieval europeo, que despois caeu baixo a dominación do reino visigodo. Na Idade Media, durante a invasión islámica da península ibérica (que apenas deixou pegada no territorio galego), xorde a cultura galego-portuguesa como entidade propia e definida, cunha lingua propia herdeira do latín e a consolidación do Reino de Galicia. Foi esta unha época de esplendor da arte galega, sendo o románico un período moi frutífero para o desenvolvemento artístico do territorio. Durante a Idade Moderna, baixo o poder da coroa española e a sucesión de crises económicas e culturais, a arte entra en certa decadencia, polo que o renacemento non é un período destacable na historia da arte galega. Todo o contrario sucede co barroco, que tivo en Compostela un desenvolvemento orixinal e xenuíno. Dende o século XIX, coa revitalización cultural que supuxo o Rexurdimento, Galicia é influída polos movementos artísticos e culturais que marcaron Europa, como o modernismo. Finalmente, xa no século XX houbo unha xeración de artistas que crean unha escola galega que conecta coas correntes internacionais, con nomes como os de Francisco Asorey, Carlos Maside, Luís Seoane, Maruxa Mallo ou Isaac Díaz Pardo.

Campo do Castro

Campo do Castro é un castro situado no concello de Cedeira.Está situado nunha península ao bordo dos cantís. Non se sabe a forma e tamaño do castro. En 2017 comezaron as escavacións aparecendo unha sauna castrexa con pedra formosa. A sauna ten un atrio, unha antecámara, unha cámara e unha entrada.

Castelón de Castañoso

Castelón de Castañoso é un castro fortificado no cumio dun esporón de difícil acceso formado polo regueiro do Val de Barreiro e o río Covas na Fonsagrada. Dispoñía de profundos foxos que o facían case inexpugnable e só accesible a pé. Está situado a uns 500 metros de altitude sobre o nivel do mar.

Castro de Borneiro

O castro de Borneiro ou da Cibdá é un castro galaico datado a finais da Idade de Bronce, pertencente á coñecida como Cultura castrexa, tamén coñecido como. Sitúase na parroquia de Borneiro (Cabana de Bergantiños), a 500 metros da estrada LC-430 de Ponteceso a Baio. A poucos quilómetros está o famoso dolmen de Dombate. O poboado castrexo ten sido obxecto de escavacións arqueolóxicas e traballos de consolidación que permiten a súa visita. Foi catalogado como Ben de Interese Cultural en 2011

Citania de Briteiros

A citania de Briteiros é un sitio arqueolóxico da Idade de Ferro do norte de Portugal. É unha das citanias máis características da cultura castrexa do noroeste da Península Ibérica.

As ruínas foron descubertas polo arqueólogo Martins Sarmento en 1875, sendo un dos primeiros castros escavados e estudados con métodos científicos .

Citania de Sanfins

A Citania de Sanfins (en portugués: Citânia de Sanfins) é un sitio arqueolóxico da Idade de Ferro do norte de Portugal. É unha das citanias máis características da Cultura castrexa do noroeste da Península Ibérica. Localízase case na súa totalidade na freguesía portuguesa de Sanfins de Ferreira e a parte suroeste na freguesía de Eiriz, ambas as dúas no concello de Paços de Ferreira, distrito do Porto.

Está clasificada polo IPPAR (Instituto Português do Património Arquitetónico) como monumento nacional (Dec. Nº 35817, DG, 187, 1ª SÉRIE, 20 de agosto de 1946).

Cultura castrexa

A cultura castrexa foi un conxunto de manifestacións culturais do noroeste da Península Ibérica que durou desde finais da Idade de Bronce (século IX ou VIII a.C.) ata o século I d.C. A súa característica máis notábel son os poboados amurados coñecidos como castros (do latín castrum, campamento), dos que toma o nome; só reciben o nome de citanias determinados castros portugueses (como, por exemplo, o de Briteiros), onde esa palabra se emprega como topónimo do castro. A súa área de extensión chega ata os ríos Navia e Túa polo leste e o Douro polo sur.

Desenvolveuse durante a Idade de Ferro sobre un forte substrato indíxena da etapa final da Idade de Bronce. A esta compoñente precastrexa sumáronselle influencias culturais centroeuropeas, atlánticas e mediterráneas; as primeiras serían consideradas tradicionalmente celtas e de aí a identificación tanto culta como popular e mítica que deu raíz ao celtismo. No lento período formativo, que duraría ata o século V a.C. os castros fóronse estendendo de sur a norte e da costa cara ao interior. Esta cultura desenvolveuse a continuación durante dous séculos e comezou a ser influenciada pola cultura romana no século II a.C. e continuou na forma de Cultura Galaico-romana despois da invasión romana e ata os séculos III ou mesmo o IV d.C.

Espasante, Ortigueira

San Xoán de Espasante é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 611 habitantes (344 mulleres e 267 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 849 habitantes.

Moura

As mouras son espíritos, seres fantásticos con poderes sobrenaturais dos folclores portugués e galego. Son "seres obrigados por oculta forza sobrenatural a vivir en certo estado de sitio como limitados ou adormecidos, en canto determinada circunstancia non lles rompa o encantamento". Segundo antigos relatos populares, son as almas de doncelas que foron deixadas gardando os tesouros que os mouros esconderan antes de partir para a súa terra.

As lendas describen as mouras encantadas como doncelas novas de gran beleza ou encantadoras princesas e "perigosamente sedutoras". Aparecen frecuentemente cantando e peiteando os seus longos cabelos, louros como o ouro ou negros como a noite, cun peite de ouro, e prometen tesouros a quen as libere do encanto.

Poden asumir diversas formas e existe un gran número de lendas, e versións da mesma lenda, como resultado de séculos de tradición oral. Xorden como gardiás dos lugares de paso ó interior da terra, lugares "límite", onde se cría que o sobrenatural podía manifestarse. Aparecen xunto de fontes, pontes, ríos, pozos, cavernas, antigas construcións, vellos castelos ou tesouros escondidos.

Prehistoria

A Prehistoria é o período de tempo que vai desde o inicio da evolución humana até os primeiros testemuños escritos. Xa que o comezo da Prehistoria está marcado pola aparición do ser humano non se pode aplicar este comezo ao mesmo tempo en todo o mundo; en África pódese datar en torno aos dous millóns seiscentos mil anos, no Medio Oriente algo menos dun millón oitocentos mil anos, en Asia e Europa arredor dun millón de anos de antigüidade, no resto do mundo estaría por baixo dos 50.000 anos.

Pía megalítica

Unha pía megalítica é un baleirado xeométrico realizado nun penedo. Esta actividade cultural da Idade de Ferro ten presenza no noroeste da Península Ibérica, coincidente xeograficamente coas zonas de presenza de poboados castrexos e as súas cámaras de incineración abovedadas, polo que se presume que tiñan relación con ritos funerarios.

Dous exemplos son os de Augas Santas (Allariz) e Forneiros, pero polo parecido formal, autores clásicos da arqueoloxía galega adoitan relacionalas co santuario de Panóias, en Vila Real (Portugal). Acostuman ser rectangulares con bordos angulosos, e en ocasións presentan anexos, tales como canais de desaugue, marcos de tapas para pechalas ou cazoletas de formas variadas.

Os estudos sobor delas relaciónanas con ritos funerarios castrexos de incineración ou con prácticas de sacrificios. Ambas as dúas teorías se basean nos achados das pías megalíticas de Augas Santas e o santuario de Panóias: ambos os dous contextos xeográficos amosan parecidos formais. As pías de Augas Santas aparecen ó pé do mesmo castro de Armeá, relacionado co templo románico arruinado que contén no seu nivel subterráneo unha cámara con forno e pedra formosa; mentres que o coñecido santuario de Panóias en Portugal consta de varios penedos con pías de diferente tamaño e grosor e inscricións romanas nas que se ditan normas pra os rituais de sacrificio que nesas pedras se realizaban en época imperial.

Outros exemplos na provincia de Ourense son o de Louredo (Cortegada), Cameixa (Boborás), castro de Lapela (A Arnoia), Pía da Moura (Xinzo de Limia). En Pontevedra destaca a pía megalítica de Mougás, (Oia), e en Lugo, Bodán e Penamoura (O Vicedo).

Sauna

Unha sauna é un baño de vapor que se realiza nun recinto a moi alta temperatura. Dependendo da humidade relativa dentro do recinto a sauna pode ser húmida ou seca. A sauna húmida, onde a temperatura non supera os 70 °C e a humidade relativa é moi alta, é coñecida como baño turco. A sauna seca, con temperaturas entre os 80º e 90 °C e unha humidade mínima, nunca superior ao 20%, coñécella como sauna finlandesa ou simplemente sauna. Esta última modalidade é a máis coñecida e amplamente practicada nos países escandinavos, onde o ritual da sauna vai acompañado de duchas frías e masaxes.

Sauna castrexa

A sauna castrexa (ou monumento con forno) é unha construción megalítica propia da cultura castrexa (territorio da antiga Gallaecia: Galicia, occidente de Asturias e Norte de Portugal) que consistía nunha sauna de uso ritual (rituais do baño de vapor).

Nun principio pensouse que a orixe destas saunas galaicas era romana, porén hoxe sábese que xa existían nos castros varios séculos antes. Comezan a construírse a fins do século V a.C. ou comezos do século IV a.C.. Algunhas saunas continuaron a ser empregadas en tempos romanos, polo que sufriron reformas e engadidos na súa estrutura para se adaptaren a novos usos termais. Son edificios rectangulares diferentes ás outras construcións dos castros, cunha gran pedra decorada no medio do edificio (pedra formosa) que facía de separación e cun buraco na parte baixa coma porta de acceso á cámara da terma e evitaba a perda do vapor e da calor.Téñense identificado oito saunas castrexas en Asturias e Galicia, existen ademais outros casos de discutible identificación.

Xa Estrabón falaba deste costume dos galaicos:

“Disque algúns dos pobos das marxes do río Douro viven á maneira dos Laconio (Esparta). Úntanse con óleo dúas veces (por día) en lugares especiais e toman baños de vapor, feito con pedras aquecidas no lume e (despois) báñanse en auga fría.”

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.