Pedrón de Ouro

Os premios Pedrón de Ouro, dende 1964, Pedrón de Honra e o Premio Modesto R. Figueiredo son os premios outorgados en Padrón polos membros da Fundación Pedrón de Ouro, fundada por Avelino Abuín de Tembra, Maximino Rodríguez Buján e Octavio Sanmartín Rodríguez, e que ten entre os seus membros a Manuel Caamaño Suárez e David Otero.

O Padrón de Ouro entrégase á personalidade ou entidade viva e residente en Galicia que máis destacou na defensa e promoción das diversas facetas da cultura nacional ao longo do ano ou nunha traxectoria vital. O Premio Pedrón de Honra dáselle a residentes foráneos que destacasen coas súas achegas ao engrandecemento da nación e da cultura.

Casa-museo de Rosalia
Casa da Matanza, lugar de entrega dos premios.

Premiados

Ano Pedrón de Ouro Pedrón de Honra
1964 Faustino Rey Romero
1965 Isidro Parga Pondal [1]
1966 José Manuel Rey de Viana
1967 Ricardo Carvalho Calero
1968 Xosé Morente Torres e Manuel Espiña Gamallo
1969 Manuel Rubén García Álvarez
1970 María Victoria Fernández-España
1971 Fermín Penzol
1972 Xohana Torres
1973 Xosé Filgueira Valverde Baldomero Cores Trasmonte
1974 Álvaro Gil Varela
1975 Valentín Paz-Andrade
1976 Isaac Díaz Pardo Alberto Balil Illana
1977 Miguel Anxo Araúxo Iglesias
1978 Fernández del Riego e Ánxel Fole [2]
1979 Carlos Alberto Ferreira de Almeida
1980 Álvaro Cunqueiro Abel Bouhier
1981 Xosé María Álvarez Blázquez
1982 Manuel Colmeiro Guimarás Borobó
1983 Concello de Redondela
1984 Antón Fraguas
1985 Milladoiro Basilio Losada
1986 Cesáreo Saco López Xosé Neira Vilas
1987 Xosé Luís Méndez Ferrín
1988 Xosé Otero Abeledo
1989
1990 Coral de Ruada Basilio Losada
1991 Revista Encrucillada
1992 Xesús Alonso Montero
1993
1994 Manuel María David Mackenzie
1995 Manuel García de Buciños
1996
1997 César Portela Miguel Fernández Refojo
1998 Mesa pola Normalización Lingüística Xavier Carro
1999 Bernardino Graña Xosé Estévez Rodríguez
2000 Editorial Galaxia Centro Galego de Barcelona
2001 Manuel Lourenzo Arcadio López-Casanova
2002 Luciano García Alén Terras extremas [3]
2003 Nunca Máis John Rutherford
2004 Antía Cal Centro Galego de Barakaldo
2005 Xosé Manuel Beiras Fernando Pérez-Barreiro Nolla
2006 Aula Castelao de Filosofía Vicente Araguas
2007 Francisco Río Barxa Leopoldo Nóvoa
2008 Xusto Beramendi Xosé Lois García Fernández
2009 Xosé Luis Rivas e Baldomero Iglesias Mariana Ploae-Hanganu
2010 Camilo Nogueira Román Fermín Bouza Álvarez
2011 Lidia Senra Andrés Pociña e Aurora López López
2012 [4] Nova Escola Galega Henrique Ortiz Alonso
2013 Grupo de Teatro Airiños Dorothé Schubart
2014 Museo do Pobo Galego Teresa Soeiro
2015 Edicións Laiovento Miguel Anxo Murado
2016 Cántigas da Terra Carmen Mejía Ruiz
2017 Fundación Rosalía de Castro Martín Veiga

Notas

  1. Reunión en Santiago..., ABC (en castelán).
  2. Premios concedidos, ABC (en castelán).
  3. Mesa prá Defensa del Galego de Asturias, Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo e Asociación Xente Nova
  4. Nova Escola Galega, premio Pedrón de Ouro 2012[Ligazón morta], Atlántico Diario (en castelán).

Véxase tamén

Bibliografía

  • Premios Pedrón de Ouro: Certame Nacional Galego de Narracións Breves 'Modesto R. Figueiredo', Fundación do Pedrón de Ouro: Certames XXIV (1998), XXV (1999) e XXVI (2000), 2001, Edicións do Castro.

Ligazóns externas

A Mesa pola Normalización Lingüística

A Mesa pola Normalización Lingüística (MNLG) é unha organización galega que loita pola galeguización da vida pública e a normalización da lingua galega, procurando manter unha independencia que permita a conxunción de esforzos de colaboradores homoxéneos.

Antía Cal

Antía Cal Vázquez, nada na Habana o 18 de abril de 1923, é unha pedagoga viguesa.

Bernardino Graña

Bernardino Graña Villar, nado en Cangas o 27 de setembro de 1932, é un escritor galego.

Coral de Ruada

A Coral de Ruada é unha histórica agrupación musical galega con sede en Ourense.

Edicións Laiovento

Edicións Laiovento é unha editorial galega rexistrada en Santiago de Compostela. Ten un repertorio máis de 200 libros e ensaios críticos, con cada vez un maior número de traducións.

Fermín Penzol

Fermín Luis Fernández Penzol-Labandera, nado en Sahagún (Provincia de León) o 19 de agosto de 1901 e finado en Santiago de Compostela o 5 de marzo de 1981, foi un bibliófilo, rexistrador da propiedade e galeguista do interior durante a ditadura franquista.

Francisco Río Barxa

Francisco Xavier Río Barja, tamén coñecido como Francisco Xavier Río Barxa, nado en Lugo en 1919 e falecido en Tenerife o 5 de xaneiro de 2011, foi un xeógrafo e escritor galego, académico da Real Academia Galega.

Isaac Díaz Pardo

Isaac Díaz Pardo, nado en Santiago de Compostela o 22 de agosto de 1920 e finado na Coruña o 5 de xaneiro de 2012, foi un intelectual, artista e empresario galeguista que se impuxo a tarefa de preservar, fortalecer e reconstruír a cultura e a memoria de Galicia, acometendo facetas de empresario cultural, deseñador industrial, escritor, editor, promotor e mecenas de proxectos.

Luciano García Alén

Luciano García Alén, nado na Seca de Mourente (Pontevedra) o 25 de maio de 1928 e finado o 16 de outubro de 2015 en Santiago de Compostela, foi un médico, investigador etnográfico galego e profesor na Facultade de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela.

Manuel Colmeiro Guimarás

Manuel Colmeiro Guimarás, nado en Chapa (Silleda) o 7 de agosto de 1901 e finado en Salvaterra de Miño o 1 de outubro de 1999, foi un pintor galego.

María Victoria Fernández-España

María Victoria Fernández-España y Fernández-Latorre, nada na Coruña o 12 de xuño de 1925 e finada en Madrid o 11 de xuño de 1999, foi unha xornalista, escritora —coñecida nestes ámbitos polo pseudónimo de Victoria Armesto— e política galega, deputada pola provincia da Coruña desde 1977 até 1986.

Mero

Baldomero Francisco Iglesias Dobarrio, coñecido artisticamente como Mero, nado en Vilalba o 27 de xuño de 1951, é un profesor, cantante e escritor galego.

Miguel Anxo Araúxo Iglesias

Miguel Anxo Araúxo Iglesias, nado o 10 de xaneiro de 1920 en Sabadelle (O Pereiro de Aguiar), e falecido o 22 de xullo de 2007 en Ourense, foi un bispo e escritor galego.

Milladoiro (grupo musical)

Milladoiro é un grupo musical galego de folk, creado no ano 1979. Está considerado como o máis internacional dos grupos galegos, e un dos máis importantes investigadores de novas sonoridades para o folk galego.

Mini

Xosé Luís Rivas Cruz, alcumado Mini, nado en San Martiño de Pacios (Begonte) o 18 de xuño de 1951, é un profesor, cantautor, compositor, musicólogo e político galego.

Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego abriu as súas primeiras salas no ano 1977 no antigo Convento de San Domingos de Bonaval, na cidade de Santiago de Compostela, no lugar coñecido comunmente como Porta do Camiño.

Xesús Alonso Montero

Xesús Alonso Montero, nado en Vigo o 28 de novembro de 1928, é un ensaísta, membro do CCG e da RAG, catedrático de Literatura galega, sociolingüista, poeta e conferenciante galego. Foi presidente da Real Academia Galega entre 2013 e 2017.

Xohana Torres

Xohana Torres Fernández, nada en Santiago de Compostela o 22 de novembro de 1929 e finada en Vigo o 12 de setembro de 2017, foi unha escritora galega.

Xusto Beramendi

Justo Beramendi González, nado en Madrid o 16 de xullo de 1941, é un historiador galego, presidente do padroado do Museo do Pobo Galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.