Pazos de Borbén

Pazos de Borbén é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 3.075 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «pacense».

Coordenadas: 42°17′36″N 8°31′56″O / 42.29333, -8.53222

Pazos de Borbén
Bandeira de Pazos de Borbén
---
Escudo de Pazos de Borbén
Casa consistorial de Pazos de Borbén
Casa do Concello.
Situacion Pazos de Borbén
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca de Vigo
Poboación2.980 hab. (2018)
Área50,0 km²
Densidade59,6 hab./km²
Entidades de poboación8 parroquias
Capital do concelloPazos
Política (2019[2])
AlcaldeAndrés Iglesias Rodríguez (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 6

Outros: AV 4, C's 2
Eleccións municipais en Pazos de Borbén
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes65,56%
Na rede
http://pazosdeborben.org/gal/
concello@pazosdeborben.org

Demografía

Censo total (habitantes) 3.075 (2014)
Menores de 15 anos 401 (13,04 %)
Entre 15 e 64 anos 1.943 (63.19 %)
Maiores de 65 anos 731 (23.77 %)

Xeografía

O concello, de 50 km², abrangue oito parroquias e limita cos concellos de Redondela, Fornelos de Montes, Soutomaior, Mondariz, Ponteareas e Mos.

As augas do concello dan a tres concas: cara ao norte os ríos Barragán e Pequeno van dar ao Oitavén. Cara ao sur os ríos Borbén e Louro desembocan no río Miño. Cara ao oeste, o río Alvedosa desemboca en Redondela.

O monte Galleiro (670 m) é o cumio máis elevado. Outros picos son o monte da Serra (616 m), A Pedra Quitiña (532 m) e o Outeiro do Mar (475 m).

Historia

Durante o século XX houbo unha forte emigración cara a Sudamérica, especialmente ao Brasil.

Economía

Até a década de 1970 a economía do concello era basicamente de subsistencia, baseada na agricultura e a gandería. Actualmente moita xente desprázase cara a Vigo, Redondela e Pontevedra, onde están as áreas industriais ou traballando no sector dos servizos.

O Polígono Industrial A Chan de Amoedo acolle empresas de alimentación, artes gráficas, fabricación de colchóns e construción.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Pazos de Borbén.
Canón do Oitavén - Pazos de Borbén - Pontevedra

Canón de Oitavén.

Petróglifos en Pazos de Borbén

Petróglifos.

Lugares de Pazos de Borbén

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Pazos de Borbén vexa: Lugares de Pazos de Borbén.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultado eleccións 2019
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Pazos de Borbén". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Ermida, Pazos de Borbén

Nosa Señora da Anunciación da Ermida é unha parroquia que se localiza no concello de Pazos de Borbén na comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 110 habitantes (51 homes e 59 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 126 habitantes.

Alvite, Nespereira, Pazos de Borbén

Alvite é un lugar da parroquia de Nespereira, no concello pontevedrés de Pazos de Borbén, na comarca de Vigo. Segundo o IGE do 2008 tiña 187 habitantes o que supón un aumento no número de habitantes en relación ao ano 2007.

Amoedo, Pazos de Borbén

San Sadurniño de Amoedo é unha parroquia que se localiza no concello de Pazos de Borbén. Segundo o INE en 2010 tiña 545 habitantes (281 mulleres e 264 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 585 habitantes.

Borbén, Pazos de Borbén

Santiago de Borbén é unha parroquia que se localiza no concello de Pazos de Borbén. Segundo o INE en 2010 tiña 540 habitantes (300 mulleres e 240 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 613 habitantes.

Cepeda, Pazos de Borbén

San Pedro de Cepeda é unha parroquia que se localiza no concello de Pazos de Borbén. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 223 habitantes (109 homes e 114 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 153 habitantes.

Comarca de Vigo

Non confundir con: Área Metropolitana de Vigo

A comarca de Vigo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Vigo. A ela pertencen os concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior e Vigo.

Eleccións municipais en Pazos de Borbén

Corporacións democráticas en Pazos de Borbén desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Alejo Real Fragueiro - UCD

1983 Alcalde: Manuel Conde Romero - CP

1987 Alcalde: Manuel Conde Romero - AP

1991 Alcalde: Manuel Conde Romero - PPdeG

1995 Alcalde: Manuel Conde Romero - PPdeG

1999 Alcalde: Andrés Iglesias Rodríguez - PPdeG

2003 Alcalde: Andrés Iglesias Rodríguez - PPdeGModelo:Pazos de Borbén 2003

2007 Alcalde: Andrés Iglesias Rodríguez - PPdeGModelo:Pazos de Borbén 2007

2011 Alcalde: Andrés Iglesias Rodríguez - PPdG

2015 Alcalde: Andrés Iglesias Rodríguez - PPCandidatos: Andrés Iglesias Rodríguez (PP), Xosé Luciano Otero Camiña (Alternativa Veciñal), Carlos Garrido Cernadas (PSdeG-PSOE) e Jorge Álvarez García (BNG).

Lugares de Pazos de Borbén

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Pazos de Borbén

Moscoso, Pazos de Borbén

San Paio de Moscoso é unha parroquia que se localiza no concello de Pazos de Borbén. Segundo o INE en 2011 tiña 472 habitantes (248 mulleres e 224 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 283 habitantes.

De aquí é orixinario o grupo Os Trasnos de Moscoso.

Nespereira, Pazos de Borbén

San Martiño de Nespereira é unha parroquia que se localiza no concello de Pazos de Borbén. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 773 habitantes (382 homes e 391 mulleres), distribuídos en oito entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 729 habitantes.

Localízase ó suroeste do concello, entre Redondela e Mos.

Celebra varias festas, a da Virxe do Carme (o 15 de xullo), a de Santa Tareixa (outubro) e dúas festas gastronómicas: A festa do ovo en maio e a da carne ó caldeiro en outubro.

Por esta parroquia pasa o río Louro, con lugares habilitados para a pesca que conta cun pequeno encoro no que se baña a xente en verán.

Entre o patrimonio está a igrexa parroquial de San Martiño e a Capela do Carme

O Areeiro, Nespereira, Pazos de Borbén

O Areeiro é un lugar da parroquia de Nespereira, no concello pontevedrés de Pazos de Borbén, na comarca de Vigo. Segundo o IGE do 2008 tiña 69 habitantes o que supón un mantemento no número de habitantes en relación ao ano 2007.

O Galleiro, Nespereira, Pazos de Borbén

O Galleiro é un lugar da parroquia de Nespereira, no concello pontevedrés de Pazos de Borbén, na comarca de Vigo. Segundo o IGE en 2008 tiña seis habitantes, menos ca en 2007.

O Outeiro, Nespereira, Pazos de Borbén

O Outeiro é un lugar da parroquia de Nespereira, no concello pontevedrés de Pazos de Borbén, na comarca de Vigo. Segundo o IGE do 2008 tiña 163 habitantes o que supón un mantemento no número de habitantes en relación ao ano 2007.

O Valado, Nespereira, Pazos de Borbén

O Valado é un lugar da parroquia de Nespereira, no concello pontevedrés de Pazos de Borbén, na comarca de Vigo.

Segundo o IGE do 2008 tiña 65 habitantes o que supón unha diminución no número de habitantes en relación ao ano 2007.

Pazos, Pazos de Borbén

Santa María de Pazos é unha parroquia que se localiza no concello de Pazos de Borbén. Segundo o INE en 2010 tiña 335 habitantes (168 mulleres e 167 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 381 habitantes.

Serra do Galleiro

A serra do Galleiro é un cordal galego situado ao leste do municipio de Vigo, que abrangue terras dos concellos de Pazos de Borbén, Mos e Ponteareas. Esténdese de norte a sur en paralelo á depresión Meridiana, ao leste da mesma. Na vertente oeste ten o río Louro, namentres que pola leste corre o río Tea. O seu pico máis alto é o Couto do Lobo, con 743 metros sobre o nivel do mar.

Torrente, Nespereira, Pazos de Borbén

Torrente é un lugar da parroquia de Nespereira, no concello pontevedrés de Pazos de Borbén, na comarca de Vigo. Segundo o IGE do 2008 tiña 112 habitantes o que supón un aumento no número de habitantes en relación ao ano 2007.

Xunqueiras, Pazos de Borbén

San Salvador de Xunqueiras é unha parroquia que se localiza no concello de Pazos de Borbén. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 130 habitantes (65 homes e 65 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 132 habitantes.

Zoce, Nespereira, Pazos de Borbén

Zoce é un lugar da parroquia de Nespereira, no concello pontevedrés de Pazos de Borbén, na comarca de Vigo.

Segundo o IGE do 2008 tiña 92 habitantes o que supón unha diminución no número de habitantes en relación ao ano 2007.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.