Pazo de Velle

O Pazo de Velle levántase no centro dun enclave situado á beira do río Miño, no concello de Ourense. Actualmente está catalogado como Ben de Interese Cultural.

Trátase dunha construción pacega do século XVI. O edificio ten unha torre de planta cadrada e estruturada en 3 plantas anexas. Conta tamén cunha pequena capela, hórreo e pombal. Antigamente foi coñecida como a casa do "Pacio".

Atópase a escasos 3 km da cidade de Ourense. Na actualidade é propiedade privada e consérvase en bo estado.

Pazo de Velle
ConcelloOurense
ProvinciaOurense
ComunidadeGalicia
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal(Século XVI)

Véxase tamén

Outros artigos

Apeadoiro de Ourense-San Francisco

Ourense-San Francisco foi unha estación de tren, actualmente convertida en apeadoiro, de Adif situada no barrio de San Francisco da cidade de Ourense. É a segunda estación da cidade por detrás de Ourense-Empalme. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

As Burgas

As Burgas son uns mananciais de augas termais que se localizan na cidade de Ourense. Deles brotan unhas augas silicatadas, fluoradas, litínicas e hipertermais, a unha temperatura entre 64 e 68 °C cun caudal de 300 litros por minuto. Estas augas son aplicables a diferentes tipos de dermopatías.

Catedral de Ourense

A catedral de Ourense, baixo a advocación de san Martiño, é un templo católico situado na cidade de Ourense, sede da diocese do mesmo nome. É de estilo románico de transición con influencias cistercienses nalgúns aspectos arquitectónicos e mateanos no eido escultural, pero no que se realizaron numerosas modificacións posteriores.

O templo foi construído como unha fortaleza defensiva, como adoitaba facerse nos edificios relixiosos da época. Pódese comprobar esta concepción na estrutura das torres orixinais e nas ameas que coroaban os muros, das que aínda queda algunha mostra se ben a maioría foron eliminadas durante as reformas posteriores.

Foi declarada Monumento Nacional o 3 de xuño de 1931 e recibe os honores de basílica desde 1867, por Breve Pontificio do papa Pío IX asinado o 30 de xuño dese ano . Está rexistrada como Ben de Interese Cultural co código RI-51-0000771.

Cemiterio de San Francisco de Ourense

O Cemiterio de San Francisco é un dos tres camposantos da cidade de Ourense, xunto co de Santiago das Caldas (do antigo concello de Canedo) e o de Santa Mariña. No ano 2000 foi declarado Ben de Interese Cultural con categoría de monumento.

Estación de Ourense - Empalme

A Estación de Ourense-Empalme é a principal estación de tren de Adif da cidade de Ourense, por diante de Ourense-San Francisco. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe. En 2010, recibiu 321 772 pasaxeiros.

Igrexa da Santísima Trindade de Ourense

A igrexa da Santísima Trindade de Ourense é un templo parroquial de estilo gótico, construído entre os séculos XII e XVI.

Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense é un dos museos provinciais máis importantes da Península Ibérica, tanto polos seus fondos como polo propio edificio que ocupa. Localízase no antigo Pazo Episcopal no centro da cidade de Ourense ao carón da Casa Consistorial e a Igrexa de Santa María Nai, na Praza Maior (Rúa Bispo Carrascosa, 1, Ourense).

Museo Catedralicio de Ourense

O Museo Catedralicio de Ourense, situado no interior da Catedral, contén unha completa mostra de arte sacra. A súa orixe hai que atrasala ata 1944 cando se decidiu acometer as obras necesarias que permitisen a exhibición das pezas que conservaba a Catedral. As obras foron levadas a cabo polos arquitectos Luis Menéndez Pidal e Francisco Pons Sorolla, sendo inaugurado en 1954.

O Museo está situado no ángulo formado pola nave maior e o brazo sur do transepto e ocupa as dependencias que se construíron do inacabado claustro gótico (a Claustra Nova). Accédese desde a nave da Epístola, a través dunha porta con arco conopial cara á nave e románica cara o interior; esta segunda mostra no seu tímpano un Agnus Dei con dous anxos turiferarios . Así, as dúas salas do Museo posúen unha serie moi interesante de capiteis e ménsulas con escenas de caza, animais mitolóxicos, figuras humanas e motivos vexetais. En 1992 foi reestruturado e ampliado, e existe o proxecto dunha nova ampliación que ocuparía a anexa capela de San Xoán, a antiga escola da Catedral e un patio para expoñer as obras epigráficas.

Ourense

Ourense é unha cidade e concello de Galicia, capital da provincia de Ourense e da súa comarca homónima. É a terceira cidade máis poboada de Galicia despois de Vigo e A Coruña. Segundo o IGE, en 2016 a poboación foi de 105.893 habitantes (107.597 en 2012).

Está atravesada polos ríos Miño, Barbaña e Lonia. É coñecida como A cidade das Burgas debido á sona das súas famosas fontes de augas termais (a auga sae a 60-68 °C). Tamén se lle coñece como Auria.

Destacan como monumentos a catedral de Ourense (século XII) co seu Pórtico do Paraíso e o Santo Cristo, a ponte Maior, o claustro de San Francisco, a igrexa da Trindade e a de San Domingo, e o conxunto da súa zona vella, en proceso de recuperación.

Cidade termal por excelencia, ademais das Burgas hai augas termais no balneario da Chavasqueira (de inspiración xaponesa), O Tinteiro, Muíño da Veiga e Outariz. Están moi próximos á capital os centros balnearios da Arnoia, Baños de Molgas, Laias e O Carballiño.

Pazo Provincial dos Deportes Paco Paz

O Pazo Provincial dos Deportes Paco Paz é un recinto polideportivo e multiúsos da cidade de Ourense, en Galicia, inaugurado no ano 1988. O pavillón ten unha superficie de parqué homologada para a práctica de baloncesto, fútbol sala ou balonmán entre outros deportes. As bancadas do recinto teñen capacidade para acoller máis de 5.000 persoas en localidades de asento. Situado nun complexo deportivo composto por campos de fútbol, pistas de tenis, piscinas e un circuíto de automodelismo, o seu funcionamento depende da Deputación Provincial de Ourense.

Foi deseñado para cumprir dous obxectivos:

O primeiro deles, poder acoller acontecementos deportivos de alto nivel, para o cal, ademais de ter a pista homologada, está equipado con cabinas e salas de prensa, sala VIP e un pavillón auxiliar.

O segundo, poder acoller espectáculos culturais, como poden ser concertos musicais, actuacións, actividades recreativas etc.O Club Ourense Baloncesto xoga os seus encontros como local neste pavillón, do mesmo xeito que o Ourense Fútbol Sala. Isto significa que o Pazo dos Deportes Paco Paz acolleu nas décadas de 1990 e 2000 máis de 150 encontros da Liga ACB durante as 10 tempadas que o COB militou na elite do baloncesto español, e tamén máis de 150 encontros da LNFS durante as 9 tempadas que o Ourense FS militou na máxima categoría do fútbol sala de España.

Pazo provincial de Ourense

O Pazo provincial de Ourense é un edificio histórico desa cidade, que na actualidade acolle a sede da Deputación de Ourense.

Ponte Maior de Ourense

A ponte Maior de Ourense, tamén coñecida como ponte Romana ou ponte Vella, é un viaduto sobre o río Miño situado na cidade de Ourense.

Ponte do Milenio

A ponte do Milenio, tamén coñecida como ponte da Gaivota pola súa forma, é a quinta ponte da cidade de Ourense e está situada entre a ponte Maior e a ponte da Nacional 525 (Benavente-Santiago). Ten un deseño interesante e destacado por unha pasarela que a envolve a modo de anel que se deforma para elevarse por encima e baixar polos laterais. Por este anel, pódese camiñar até 20 m de altura por riba da ponte cunha traxectoria de 100 chanzos. A lonxitude do vano central é de 110 m cunha pendente de 2.57% e un radio de 320 m.

Lugares de interese de Ourense
Lugares senlleiros
Museos
Artes escénicas e da imaxe
Outros lugares

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.