Pazo de San Marcos

O Pazo de San Marcos, situado no centro da cidade de Lugo, na praza de San Marcos; é a actual sede da Deputación de Lugo. É un edificio que consta de dous andares, rodeados por xardíns. Conta tamén con salas de exposicións no seu interior.

Pazo de San Marcos
Vista da fachada.

Fachada do Pazo de San Marcos
Tipo Pazo
Localización San Marcos, Lugo
Uso actual Sede da Deputación
Construción 1866

Historia

O Pazo de San Marcos foi construído en 1866, sendo na súa orixe un hospital.[1] Para a súa construción, foron mercadas unhas cortiñas e derrubada unha capela. Máis tarde sería convertido nun Instituto de Ensino Medio, para ser utilizado na actualidade como sede da Deputación de Lugo e como sala de exposicións.

Descrición

Diputación Provincial de Lugo
Parte frontal.

Atópase situado dentro do recinto amurallado da cidade de Lugo.[2] Ocupa case enteiramente unha das bandas da rúa San Marcos, a cal foi convertida nunha praza peonil, rematada en maio do 2011.

Magnolia, Pazo de S. Marcos, Dep. de Lugo
Magnolio do xardín.

Trátase dun enorme edificio composto por de dous andares, sendo a súa base en forma de "E", cun corpo frontal simétrico e tres naves posteriores. Este estilo é moi característico da época na que se construíu. A súa parte traseira do Pazo da á Muralla, no que se coñece coma os "Xardíns da Deputación" Estes xardíns, privados dende sempre, comunicaban coa Praza de San Marcos e a Praza do Ferrol. Agora son parte da Ronda Interior, xunto coas rúas laterais. Na parte frontal do edificio aparecen os escudos dos antigos partidos xudiciais.

Dentro do mesmo atópase unha sala de exposicións, unha biblioteca e o salón de Actos, que era a antiga capela do hospital. Nela pódense ver baixorrelevos relacionados coa agricultura, industria, comercio e arte, ademais de novamente os escudos dos antigos partidos xudiciais e os nomes de fillos ilustres da cidade e a provincia.

Notas

  1. Pazo Provincial de San Marcos
  2. San Marcos será unha praza con espazos diferenciados en menos dun ano

Véxase tamén

Ligazóns externas

Arquivo do Museo Provincial de Lugo

O Arquivo do Museo Provincial de Lugo alberga diferentes fondos que ao longo do tempo foron doados ou depositados na institución. Sitúase no propio edificio do Museo, compartindo estancia cunha biblioteca especializada e na actualidade está composto por 27 fondos. Depende directamente da Deputación Provincial de Lugo e da Rede Museística Provincial de Lugo.

Galería de imaxes do Club Deportivo Lugo

Galería de imaxes do Club Deportivo Lugo.

Historia de Lugo

Lugo, o asentamento urbano máis antigo de Galicia, érguese sobre o antigo emprazamento dun castro galaico. Arredor do ano 25 a. C, Caius Antistus Vetus, legado de Octavio Augusto na Tarraconense ao mando das tropas romanas que loitaban nas Guerras Cántabras, establece preto deste castro un campamento militar. Posteriormente, en nome do emperador, Paulo Fabio Máximo funda "Lucus Augusti" sobre este campamento. A partir do ano 50 asístese á expansión da cidade co asentamento de galaicos dos castros próximos. Posteriormente a cidade convértese nun importante núcleo urbano, representativo da cultura e do modo de vida romano.

Dende a chegada dos suevos a Galicia alternáronse na cidade ciclos de decadencia e rexurdimento. No ano 585 o Reino de Galicia pasa a mans visigodas, perdendo Lugo a súa condición de sé metropolitana por mor da fin da división de Galicia en dúas provincias. Iníciase así un período de decadencia que se vería acentuado pola invasión musulmá de principios do século VIII.

Entre os séculos XI e XIII, coma outras cidades do Camiño Xacobeo, foi protagonista duna serie de revoltas populares contra o poder feudal. En Lugo esta rebelión sería contra o bispo, quen compartía a súa potestas co Cabido. A comezos do século XIII, os burgueses de Lugo comezaron a desafiar, coma nunca antes fixeran, esta potestade xurisdicional.A principios do século XVI, a pesar de ser nomeada capital do Reino de Galicia por Carlos I, Lugo iniciou un longo declive. Esta etapa prolongouse até finais do século XVII, mentres que Santiago de Compostela cobraba protagonismo. No século XVIII comeza un novo ascenso económico e cultural da cidade, converténdose na gran capital agraria de Galicia. As feiras de San Froilán cobran unha extraordinaria importancia económica, abastecendo de gando cabalar e mular a León e Castela; importancia que se reforzou coa chegada do ferrocarril en 1875 e que fixo de Lugo o maior mercado gandeiro de vacún de toda a península.

Lugo

Lugo é unha cidade e concello de Galicia, capital da provincia de Lugo e da comarca homónima. Fundada no ano 25 a.C. por Paulo Fabio Máximo, é unha cidade de orixe romana e a máis antiga de Galicia. Construída nas proximidades dun castro, na época romana recibiu o nome de Lucus Augusti. Son testemuña dos seus primeiros anos de historia os numerosos restos romanos, moitos deles conservados no Museo Provincial, e sobre todo a Muralla Romana, única no mundo que conserva todo o seu perímetro e declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000.

Ao longo da súa historia ocorreron tanto épocas de abandono como importantes momentos na historia do país, dende a xuntanza no ano 842 dun grande exército galego para conquistar Oviedo e entronizar a Ramiro I como primeiro rei da dinastía galega, ata o pronunciamento do Coronel Miguel Solís, que daría comezo á Revolución Galega de 1846.

Xeograficamente, a cidade atópase situada nun outeiro, nas terras do Alto Miño, e circundada polo propio río Miño, ademais doutros máis pequenos como o Mera. O concello, incluído na Reserva da Biosfera "Terras do Miño", é o segundo máis extenso de Galicia, e no que no ano 2014 habitaban 98.560 persoas, o que supón que sexa o cuarto de Galicia en poboación despois de Vigo, A Coruña e Ourense.

O xentilicio dos habitantes é lucense ou tamén lugués. Lugo é unha cidade comercial e de servizos, cun campus universitario especializado en Ciencias Agrarias (Veterinaria, Montes...). Destacan tamén as populosas festas realizadas na cidade como o Arde Lucus, que relembra o pasado romano e castrexo da cidade, e o San Froilán, que cada ano atrae á cidade do 4 ao 12 de outubro a máis dun millón de visitantes.

Magnolia

Magnolia é un xénero cuns 120 especies de plantas da familia das Magnoliáceas. Localízanse principalmente no leste de América do Norte, América central, sueste de Asia e América do Sur.

Algunhas especies coma Magnolia grandiflora (magnolio, de folla perenne) ou Magnolia denudata ou a magnolia de Soulange (ambas as dúas de folla caediza) son moi comúns na xardinaxe galega, abundando en arboredos e xardíns urbanos, palacianos, e ultimamente en xardíns privados. Hai bos exemplares no Parque de Castrelos e na Praza de Compostela en Vigo, no arboredo do Pazo de Lourizán, en Marín, entre outros lugares.

Muralla de Lugo

A muralla de Lugo é unha fortificación que data do Imperio Romano situada na cidade de Lugo, en Galicia, sendo a única muralla destas características que se conserva no mundo. Comezou a súa construción probablemente contra o ano 260, ao medrar a importancia de Lucus Augusti como centro de comunicacións e comercial do norte peninsular. A devandita construción delongouse ata a época de Constantino, rematando sobre o ano 325. Moitos séculos máis tarde, xa no século XX, concretamente en 1921, quedou catalogada como Monumento Nacional, e case oitenta anos máis tarde, o 30 de novembro de 2000, a UNESCO declarouna Patrimonio da Humanidade.O perímetro da muralla, que forma unha elipse imperfecta, é de 2.266 metros e a súa altura varía entre os 8 e os 12[Cómpre referencia] ou 10 metros sendo unha das fortificacións máis grandes do seu tempo. A área que circunscribe é de 33,4 hectáreas. Sobre a muralla o camiño de ronda varía entre os 4, 5 e os 7 metros de largo. Na parte exterior da muralla un foxo con forma de V podía encherse de auga en caso de perigo. En orixe tiña 85 torres, das que se conservan 71 (sesenta de planta circular e once de planta cuadrangular), e a súa función era defensiva. O certo é que o paso do tempo fixo desaparecer a metade superior en case toda a súa extensión e na parte que queda en pé tamén houbo profundas transformacións.Inicialmente a muralla tiña cinco portas, mais posteriormente abríronse outras cinco. Dende o século XVI xurdiron voces reclamando a reconstrución, e existen textos que falan de torres con dous ou tres pisos, grosos vidros brancos nas fiestras das torres e mesmo vestixios de madeiros de cuberta e chemineas. Hoxe a torre da Mosqueira é a única mostra daquela descrición. O 6 de outubro de 2007, a Muralla irmandouse coa Gran Muralla Chinesa, nunha cerimonia presidida polo alcalde de Lugo Xosé Clemente López Orozco e o embaixador chinés Qui Xiaoqi.

Museo Provincial de Lugo

O Museo Provincial de Lugo foi fundado pola Deputación de Lugo no ano 1934. A idea de crear un museo provincial xurdiu en 1932 coa proposta de reunir e protexer os bens do patrimonio cultural lucense, até daquela esparexidos ao longo da provincia en coleccións privadas. Atópase no centro da cidade, na praza da Soidade.

Monumentos
Museos
Espazos públicos
Festas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.