Pazo de Castrelos

O Pazo de Castrelos é unha casa señorial que se atopa no parque do mesmo nome, na parroquia de Castrelos, en Vigo.

Declarado monumento histórico artístico dende 1955. O edificio data do século XVII.

Na actualidade pertence ao concello de Vigo e é sede do Museo Municipal Quiñones de León, no que destaca a presenza de coleccións de arqueoloxía e arte galega.

Pazo de Castrelos
Pazo Quiñones de León, Castrelos
ConcelloCastrelos, Vigo
ProvinciaPontevedra
ComunidadeGalicia
Coordenadas42°12′49″N 8°43′39″O / 42.213669444444, -8.7275583333333Coordenadas: 42°12′49″N 8°43′39″O / 42.213669444444, -8.7275583333333
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal(século XVII)
Estilo actual(século XVIII remodelado)
Estado actualen bo estado
Véxase tamén
Pazos de Galicia
Museo Quiñones de León Foto Miguel Angel Otero Soliño
Sebes de buxos par da fachada posterior

Historia

Véxase tamén: Museo Quiñones de León e Parque de Castrelos.

A orixe remóntase ao antigo Pazo da Lavandeira, construción levantada cara o ano 1670, anos despois da fundación do morgado polo capitán Johan Tavares en 1665 (como recolle o escudo de armas da fachada principal). Esta familia permanece na propiedade até o século XVIII en que deixará paso aos Montenegro e a comezos do XIX ao marquesado de Valladares.

A finais do século XIX ao terreo e o pazo son herdados por dona María de los Milagros Elduayen, VIII Marquesa de Valladares, e seu home Fernando Quiñones de León, Marqués de Alcedo, os cales emprenderon unha importantísima reforma do edificio. O temperán falecemento da marquesa fixo que o pazo pasase a mans do seu fillo Fernando, IX Marqués de Valladares. En 1918 este perece sen descendencia deixando como herdeiro a seu pai e como usufrutuaria vitalicia a súa esposa, Marianne de Wythe. Será seu pai quen o 12 de decembro de 1924 doe ao pobo de Vigo a propiedade, condicionando a súa doazón a que se dispuxesen nel un museo e un parque público.

Pazo de Castrelos, fachada sur
Fachada sur do pazo.

Arquitectura

Orixes

O antecedente arquitectónico do edificio actual é a citada na documentación como Torre de Lavandeira que probabelmente se levantaba no mesmo lugar que o pazo ocupa hoxe en día. A súa denominación como torre alude a unha tipoloxía herdeira da arquitectura militar medieval.

Pazo de Castrelos dende o xardín inglés
Vistas dende o xardín inglés.

No marco dos enfrontamentos fronteirizos con Portugal a consecuencia do proceso de independencia iniciado en 1641 no país veciño prodúcese a devastación da torre de Lavandeira, erguéndose en 1670 o novo edificio do morgado fundado polo capitán Johan Tavares.

Exterior

Constrúese un edificio de nova planta inspirado no achegado e acabado de construír no lugar da Torre Busteu (1633) Pazo de San Thomé (Pazo da Pastora), exemplo de palacete renacentista urbano castelán implantado no rural galego polo vencello dos seus propietarios coa Corte. O edificio segue a tipoloxía de corpo flanqueado por dúas torres, actualmente moi reformado e ampliado cun engadido na parte posterior, e un distribuidor perpendicular que aloxa a capela e o pavillón de servizos. Estas ampliacións e reformas foron emprendidas polo Marqués de Alcedo a finais do século XIX e principios do XX.

A planta está composta dun corredor rectangular. Diante da fachada principal esténdese un amplo patio cun estanque circular. A planta ten un corpo central caleado, agás no zócolo, na contorna de ocos e escudo con armas dos Tavares. Os ocos posúen desaugadoiros e balcóns de ferro forxado. Termina o corpo central cun entaboado coroado por ameas. As dúas torres son idénticas, de cadeirados de planta cadrada. Ocos sinxelos, cun balcón no segundo andar, escudo entre o segundo e terceiro e remate de ameas.

Interior

O interior responde ao prototipo de palacio urbano, conferíndolle a cada andar unha funcionalidade diferente. A planta terrea está destinada ás habitacións de servizo, cociña e almacéns. Na planta nobre (sobrado) sitúanse salóns e cuartos. A escaleira que os comunica está situada na ampliación realizada a finais do XIX e foi executada no século XX. Porén, o interior do edificio foi obxecto de importantes remodelacións, que nos impiden recoñecer como era exactamente a súa distribución inicial.

O mobiliario e o enxoval orixinarios do pazo non chegaron até nós pois os bens mobles da casa non formaban parte da doazón á cidade de Vigo. Numerosas fontes documentais falan da súa riqueza. A moblaxe actual é froito de sucesivas doazóns e compras do concello de Vigo. Está formado por un rico repertorio de mobles (de asento e de gardar, mesas, espellos, biombos e outros mobles auxiliares), alfombras (de oriente medio e españolas) e lámpadas de cristal.

Palaco Quiñones de León. Kapelo
Capela.

Capela

Con anterioridade a 1680 os propietarios do pazo posuían un oratorio privado dedicado á Nosa Señora da Soidade que permaneceu activo nunha sala do pazo ao longo do século XVIII.[1]. Non existía logo unha construción específica, polo que o lugar de culto e enterramento dos señores do pazo non era outro que a igrexa de Santa María de Castrelos (1216), moi preto do pazo, onde posuían un lugar de privilexio no altar maior.

En 1853 construírase a capela acaroada ao edificio principal baixo a advocación da Virxe do Carme. Ficaba pechada e só se oficiaba nela cando os marqueses se atopaban no pazo. Está presidida por un retablo de mediados do século XVI cuxa procedencia é, polo de agora, unha incógnita. O retablo é de factura plateresca e responde a presentacións moi difundidas en Castela. Por adaptalo ao testeiro da capela, non conserva máis que dous corpos divididos en tres panos, nos que se acollen catro pinturas sobre táboa do obradoiro do mestre zamorano Lorenzo de Ávila.

Pazo de Castrelos, pombal
Pombal no eido do pazo.

Construcións adxacentes

Ademais da vivenda en si, o pazo complétase con algunhas construcións adxacentes (algunhas desaparecidas): alpendres, o alcouve, o propio muro de defensa ameado, un orixinal pombal ergueito sobre un emerxente penedo, no cal cría unha colonia controlada de pombas zuras, e todos os elementos propios da xardinaxe palaciana: esculturas, fontes, chafarices, pozas, pías, camiños, pérgolas, quioscos etc. (Ver artigo: Parque de Castrelos).

Museo

Artigo principal: Museo Quiñones de León.

O Museo Municipal de Vigo Quiñones de León nace coa doazón do pazo ao pobo de Vigo en 1924 porque os seus propietarios dispuxeron que se debía dedicar a museo. Aínda que a doazón non será definitiva ata dez anos máis tarde, a partir dese momento iníciase unha tarefa de provisión de obras e coleccións de arte que está na base das coleccións actuais.

A aspiración do museo foi e é a contextualización deste legado patrimonial no desenvolvemento da propia cidade, o que permitirá que o Museo Municipal Quiñones de León comece a funcionar como museo da cidade para todos os efectos.

Pazo de Castrelos, xardín francés
Xardín francés.

Xardíns

Véxase tamén: Parque de Castrelos.

O espazo axardinado está situado no contorno inmediato á vivenda e forma con ela un conxunto indisociábel. Concíbese, á maneira dos grandes xardíns da Francia barroca.

O xardín presenta numerosas especies vexetais ornamentais, autóctonas e exóticas, algunhas centenarias grazas á benignidade do clima en Vigo.

Esta coidada vexetación vese enriquecida por esculturas, unha galería de brasóns e diversos monumentos.

Notas

  1. Juan Miguel González Fernández. Inventario histórico das ermidas de Vigo e do Val de Fragoso. Vigo, 1997

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Adolfo Gregorio Espino

Adolfo Gregorio Espino, finado en Madrid o 13 de abril de 1962, foi un perito agrícola, avogado e político galego.

Camilo Nogueira Martínez

Camilo Nogueira Martínez, nado o 22 de xullo de 1904 no daquela concello de Lavadores e finado o 2 de marzo de 1982 ibídem, foi un escultor e político galego.

Castelos de Galicia

Esta é unha lista dos castelos, torres e fortalezas de Galicia divididos en provincias.

Castrelos

O topónimo Castrelos pode referirse a:

En Galicia

Castrelos, parroquia do concello de Vigo.

Castrelos, lugar da parroquia de Leira, no concello de Ordes;En Zamora

Castrelos, lugar do concello de Hermisende;En Portugal

Castrelos, freguesía do concello de Braganza.Na parroquia viguesa de Castrelos atópase o seguinte patrimonio:

Igrexa de Santa María de Castrelos, do s. XIII

Parque de Castrelos

Pazo de Castrelos, sede do Museo Municipal Quiñones de León

Castrelos, Vigo

Santa María de Castrelos é unha parroquia do concello de Vigo. Ten 15 entidades de poboación, 11 lugares e 8.006 veciñas e veciños (2013).

Cristo da Vitoria de Vigo

O Cristo da Vitoria de Vigo ou Cristo da Boa Vitoria asóciase, tradicionalmente, á Reconquista de Vigo aos franceses no ano 1809, coa liberación da vila pola intercesión divina. Ángel Ilarri Gimeno, conservador do Pazo de Castrelos, atopou un documento transpapelado nas actas municipais de Vigo, un documento de 1740 no que Bernarda Bello de los Ríos pedía permiso ao Concello para colocar unha tarima para o seu uso e asento, que fora retirada cando o recente enlousado do templo, alá polo ano 1734 e tal como viñan facendo os seus maiores.

O Cristo de Vigo tamén é coñecido, por tradición oral, como "Cristo do Sal", pero non existe ningún documento oficial que acredite esta denominación. Vigo creceu grazas á salgadura do peixe e que o sal se converteu nun elemento crucial no seu desenvolvemento económico. Se a iso unimos que nos últimos traballos de restauración realizados sobre a talla en Madrid non se atoparon nesta restos de sal que poidan dar veracidade á devandita lenda, iso formula serias dúbidas sobre a orixe da actual talla do Cristo.

Labirinto

Un labirinto (do latín labyrinthus, e á súa vez do grego λαβύρινθος labýrinzos) é un lugar formado por camiños ou corredores e encrucilladas, intencionadamente complexo para dificultar a orientación e saída a quen se interne nel.

Museo Municipal Quiñones de León

O museo municipal Quiñones de León é un conxunto museístico localizado no pazo de Castrelos, na parroquia de Castrelos de Vigo.

Parque de Castrelos

O Parque de Castrelos, coñecido tamén coma Finca da Marquesa ou Parque Municipal Quiñones de León, é un gran parque situado en Vigo que corresponde á antiga quinta do Pazo de Castrelos, hoxe sede do Museo Quiñones de León. Porén, Castrelos abrangue unha extensión máis ampla fóra dos xardíns do pazo. Ocupa unha superficie total de 24.3 hectáreas, no que se atopan, ademais do pazo e os seus xardíns históricos, variedade de espazos verdes, un auditorio, zonas boscosas etc. Todo plenamente harmonizado coma parque urbano Ten un gran valor paisaxístico e botánico polo que foi declarado Xardín Histórico e Ben de Interese Cultural en 1955. Na actualidade, é o maior parque da cidade, unha área de lecer e verdadeiro pulmón verde da grande urbe. Varias das súas árbores, como faias, tulipeiros, eucaliptos e camelias aparecen no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.

O pazo que hoxe acolle o museo Quiñones de León representa o esplendor barroco da arquitectura palaciana. Foi construído na segunda metade do século XVII. É un dos mellores exemplos da arquitectura palaciana galega.

Parra virxe

A parra virxe ou videira virxe (Parthenocissus quinquefolia) é unha planta rubideira de follas caducifolias moi empregada en xardíns como ornamental, especialmente para cubrir muros ou fachadas das casas. As follas son verdes e compostas, porén se tornan dun vermello intenso no outono para despois caer. Gabea con facilidade polos muros, aganchándose grazas aos gabiáns especiais que posúe, cunha especie de ventosas no extremo.

Pazo da Pastora

O Pazo da Pastora ou Pazo de San Tomé é unha casa señorial construído na Idade Moderna (século XVI) que se atopa na rúa do Conde, na parroquia de Freixeiro, na mesma cidade de Vigo.

A orixe do pazo áchase nunha construción anterior, unha torre coñecida coma Torre de Busteu e foi o seu señor Pedro Álvarez de Soutomaior, aculmado Pedro Madruga. O pazo comezou a se construír posibelmente no século XIV, aínda que o edificio que hoxe temos é do século XVI con incorporacións do século XVIII e XIX. Antes era coñecido coma Pazo de San Tomé (escrito en galego antigo como San Thomé ou Santhomé).

Pazo de San Roque

Non confundir co pazo de San Roque de Santiago de Compostela.O pazo de San Roque é unha casa señorial de finais do século XVII que se atopa no outeiro de San Roque, en Vigo. O edificio é propiedade de Abanca, porén a leira da antiga mansión é hoxe en día un parque municipal aberto ao público, o Parque de San Roque. Cada 16 de agosto celébranse, dende o século XVIII, na carballeira e capela de San Roque as festas de San Roque, de gran devoción en Vigo.

Pazo de familia

Pazo de familia é unha serie de televisión emitida pola TVG dende 2014.

Planta ornamental

Unha planta ornamental, tamén chamada planta de xardín, é a que se cultiva e/ou comercializa con fins decorativos polas súas características estéticas, coma as flores (camelias), follas (pradairos), perfume (roseiras ou cantroxo), a textura da súa follaxe (alciprestes), froitos (espiños de fogo) ou mesmo talos (salgueiros choróns) en xardíns e deseños paisaxísticos, como planta de interior ou para flor cortada. O seu cultivo forma unha parte fundamental da horticultura.

Existen numerosas plantas que teñen un uso duplo, alimentario e ornamental como a oliveira, a laranxeira ou o romeu.

Estas plantas adóitanse vender en centros de xardinaxe con ou sen testo para seren transplantadas ao xardín ou simplemente ficaren coma plantas de interior.

A importancia deste tipo de plantas tense incrementado co desenvolvemento económico da sociedade e o incremento das áreas axardinadas das vilas, así coma co uso de plantas de exterior e interior polos particulares.

Actualmente hai máis de 3000 plantas que se consideran de uso ornamental.

Galicia ten pouca tradición ornamental e paisaxística, porén veuse incrementada nos últimos anos.

Vigo

Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana. A cidade atópase na beira sur da ría de Vigo e no sur das Rías Baixas. Con 293.642 habitantes no 2018 é o concello máis poboado de Galicia e o décimo cuarto de España, sendo a cidade sen rango de capital de provincia con máis poboación de España.

É un municipio costeiro das Rías Baixas que limita ao norte coa ría á que dá nome (ría de Vigo), ao nordés co concello de Redondela, ao leste co de Mos, ao sur cos do Porriño e Gondomar e ao suroeste co concello de Nigrán. Alén da ría e xusto fronte á cidade atópanse as vilas de Cangas e Moaña, a 5 e 3,6 km de distancia, respectivamente.

A cidade constitúe un dos motores económicos de Galicia. Vigo é o décimo cuarto concello de España cunha poboación de 293.642 habitantes, segundo o Padrón municipal do 2018. A súa extensión é de 109,1 km². A densidade de poboación da área sitúase en 2.718 hab/km² aínda que no casco urbano esta se incrementa notablemente.

Xardinaxe

A xardinaxe ou xardinaría é a práctica, arte ou actividade de cultivar ou coidar plantas como parte da horticultura. Dáse principalmente en xardíns con plantas ornamentais que se cultivan polas flores, a follaxe ou pola aparencia xeral. As plantas útiles, como as hortalizas de raíz, as de folla, as froitas, as herbas, cultívanse para alimentación, como colorantes, ou para uso medicinal ou cosmético. Porén en lingua galega, e en xeral nas linguas latinas, o termo xardinaxe só designa o eido ornamental, deixando o eido do cultivo de especies útiles e comestíbeis á olericultura, pomoloxía, fruticultura, ou horticultura en xeral.

Un xardineiro, é aquel que practica a xardinaxe, xa sexa de xeito profesional coma por hobby.

A xardinaxe vai logo dende os pomares e bulevares, cun ou máis tipos diferentes de árbores, arbustos, ou herbáceas, até os xardíns residenciais, incluíndo céspedes, plantas en vasos e contedores, tanto de exterior coma interior. A xardinaría pode ser moi especializada, centrándose nunha soa especie ou cultivo, ou acoller un gran número de especies vexetais en plantacións mixtas. Ademais se envolve moito no cultivo intensivo das plantas, de xeito que se diferenza da agricultura ou do sector forestal.

Galicia salienta polos xardíns históricos dos pazos, influenciados pola xardinaxe moderna inglesa. Tamén polos xardíns, pomares e hortas nos eidos privados característicos do espallamento territorial do país onde se mesturan especies autóctonas e foráneas, froiteiras e ornamentais.

Ángel Ilarri

Ángel Ilarri Gimeno, nado en 1913 en Corella, Navarra, e finado en 1998 en Vigo, foi durante corenta anos administrador e director do Museo Quiñones de León de Vigo.

Árbores senlleiras de Galicia

Unha árbore senlleira é unha árbore que, polas súas características extraordinarias ou destacábeis (tamaño, idade, significación histórica ou cultural, rareza, beleza etc.) é considerada reliquia botánica, obxecto de respecto veciñal e con valor científico, cultural, didáctico, paisaxístico ou ornamental. En Galiza aparecen no Catálogo galego de árbores senlleiras elaborado e regulado pola Xunta de Galicia dende o ano 2007 a través do Decreto 67/2007, do 22 de marzo coa finalidade de protexelas de riscos e ameazas, garantindo a súa conservación.

En Galiza salientan os carballos, castiñeiros, teixos e sobreiras como árbores autóctonas. Tamén aparecen moitas especies ornamentais como camelias, sequoias ou alciprestes.

Á hora de seleccionar os exemplares ou formacións senlleiras estúdase a idade dos exemplares, relevancia cultural (criterios históricos e tradicionais), valor estético (criterios estéticos e dendrométricos), rareza (criterios biolóxicos e ecolóxicos) na súa situación ou na súa distribución (criterios de situación) etc.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.