Pazo da Cultura de Pontevedra

O Pazo da Cultura de Pontevedra é un edificio que funciona como pazo de congresos e exposicións, sito na zona norte da cidade, á beira do río Lérez, á altura da ponte dos Tirantes.

Forma parte dun conxunto de edificios unidos construídos en 1998, cunha superficie de case 10.000 m², que alberga un auditorio con capacidade para 772 persoas, un restaurante, salas de prensa, sala de exposicións, oito aulas, aparcadoiro para 1.300 vehículos, a sede da Policía Local e o recinto feiral de Pontevedra.

Coordenadas: 42°26′08″N 08°38′14″O / 42.43556, -8.63722

Pazo da Cultura de Pontevedra
Pazo da Cultura de Pontevedra.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Antonio Reigosa

Antonio Reigosa Carreiras, nado en Zoñán (Mondoñedo) o 15 de agosto de 1958, é un escritor, conferenciante e investigador da mitoloxía popular e da literatura galega de tradición oral.

Antón Sobral

Antón Sobral Iglesias, nado en Marín o 4 de abril de 1952, é un profesor, escritor e pintor galego.

Anxo Gómez Sánchez

Anxo Gómez Sánchez é un filólogo galego.

Cantos na Maré

Cantos na Maré, festival internacional da lusofonía, dirixido por Uxía Senlle e Paulo Borjes, celébrase no Pazo da Cultura de Pontevedra desde o ano 2003. A partir de 2018 cambia de formato e pasa de consistir nunha única gala a estar formado por un conxunto de eventos (concertos, cinema, obradoiros, contacontos, entre outros) desenvolvidos durante varios días.

Carlos Negro

Carlos Negro Romero, nado en Lalín en outubro de 1970, é un poeta galego.

Caxade (grupo)

Caxade é proxecto musical de indie-folk do músico galego Alonso Caxade que comezou no ano 2012. Os seus traballos están editados no selo cooperativo Discos da máquina.

Naceu como un proxecto audiovisual a través da publicación das videocreacións "Dança dos Moscas", “Gente Pota” e “Sr. Xorda” con Javier Antelo Seoane, Iria Pinheiro e Tania Ameneiro. En 2013 publicou A dança das moscas con Manu Paino (trompeta e carillón), Manu Espinho (bombardino), Xosé Tunhas (batería) e o propio Alonso Caxade (voz e acordeón).Foi nomeado aos Premios Mestre Mateo, foi considerado Mellor Artista 2013 nos XIII Premios Opinión e gañou o Certame Música Xove.

En decembro de 2014 Caxade presentou o seu novo proxecto coa Banda de Música da Bandeira no Culturgal, no Pazo da Cultura de Pontevedra, interpretando o seu disco A Dança dos Moscas cunha orquestración de Manu Paino. Un ano despois, en decembro de 2015, tamén no Culturgal presentan o CD-DVD A Dança dos Moscas Ao Vivo gravado coa Banda de Música da Bandeira.

Tamén en decembro de 2015 participou no festival Suns Europe en Udine representando a Galiza coa canción "Gente Pota". En 2016 recibiu o Premio Martín Códax da Música na categoría de folk, mentres que en 2019 recibiu o Premio María Casares á mellor música orixinal por Casa O' Rei, de Ibuprofeno Teatro.

Culturgal

Culturgal ou Cultur.gal é a Feira das Industrias Culturais de Galicia, celebrada desde 2007 nas cidades da Coruña nas primeiras edicións e en Pontevedra nos últimos tempos. Naceu co obxectivo de promover, apoiar e reforzar a acción cultural que se desenvolve en Galicia e, tamén, remarcar o valor social e económico desa acción cultural.

Fina Casalderrey

Xosefa Casalderrey Fraga, máis coñecida como Fina Casalderrey, nada en Xeve (Pontevedra) o 11 de agosto de 1951, é unha escritora, profesora de educación secundaria, etnógrafa vocacional, gastrónoma, conferenciante e periodista galega.

Gonzalo Constenla

Gonzalo Constenla Bergueiro, nado na Estrada en 1965, é profesor, escritor e ex-político galego vinculado ao BNG e, posteriormente, a Compromiso por Galicia.

Lucía Novas

Lucía Novas Garrido, nada en Bueu o 1 de outubro de 1979, é unha escritora e docente galega.

Mercedes Queixas

Mercedes Queixas Zas, nada na Coruña o 22 de xullo de 1968, é unha profesora e escritora galega.

Miguel Sande

Miguel Anxo Sande Corral, nado en Pastoriza (Arteixo) en 1961, é un escritor e xornalista galego.

O Burgo, Pontevedra

Santiago Peregrino do Burgo é unha parroquia urbana do concello de Pontevedra. Sitúase ao norte da cidade, delimitado ao sueste co río Lérez, ao oeste coas marismas de Alba, e ao norte con Lérez.

Pontevedra

Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra.

Premios Martín Codax da Música

Os Premios Martín Códax da Música son uns galardóns anuais entregados pola asociación Músicos ao Vivo desde 2013. A candidatura ás diferentes categorías require dunha inscrición previa, que posteriormente se somete a votación. Na primeira rolda votan os socios de Músicos Ao vivo, e na segunda un xurado seleccionado pola directiva da asociación escolle os proxectos premiados de entre os finalistas. Este xurado está composto por un xornalista, un representante de salas, outro da industria musical, outro de formación musical e tres músicos.

A cerimonia de entrega celébrase desde o inicio no Pazo da Cultura de Pontevedra e as estatuíñas entregadas, talladas en madeira de cedro polo escultor Víctor Lorenzo, representan melómanos e melómanas. A dirección e presentación de cada edición é encomendada a profesionais do teatro, sendo as dúas primeiras dirixidas por Chévere e as dúas seguintes pola compañía A Panadaría. A edición de 2016 foi emitida a través da Televisión de Galicia.

Premios Mestre Mateo

Os Premios Mestre Mateo son os galardóns anuais á excelencia das producións audiovisuais de Galicia. Organizados e supervisados pola Academia Galega do Audiovisual (AGA), os premios son concedidos cada ano nunha cerimonia formal. A Academia foi orixinalmente concibida como unha entidade profesional que podería asumir a organización dos premios, ademais de ser un xeito de mellorar a imaxe da industria audiovisual galega.

Os primeiros Premios Mestre Mateo celebráronse no 2002 nunha cerimonia no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela. Ó longo dos anos, as categorías presentadas foron cambiando, e no presente, os Premios contan 25 categorías.

O trofeo está inspirado na imaxe do Santo dos Croques, popularmente identificado co Mestre Mateo.

Premios Mestre Mateo 2008

Os Premios Mestre Mateo 2008 galardoaron as producións audiovisuais de Galicia de 2008 e celebrouse o 30 de abril de 2009. Durante a cerimonia, a Academia Galega do Audiovisual presentou os Premios Mestre Mateo en 28 categorías. A cerimonia celebrouse no Pazo da Cultura de Pontevedra e foi conducida polo colectivo de artistas Pista Catro, da formación musical Lamatumbá e o actor Sergio Zearreta.

Coincidindo co décimo aniversario da estrea de Mareas vivas, algúns dos seus actores reuníronse sobre o escenario lembrando os seus personaxes. É o caso de Manuel Lourenzo (Melgacho), Ana Santos (Pitusa), Luís Tosar (Andrés), Mela Casal (Celia) e Miguel de Lira (Currás), que aproveitou para reivindicar a lingua e recordar que a serie fóra a primeira bilingüe ("en galego e ghallegho") e que, por iso, ninguén lle vía futuro coma non llo vén na actualidade á lingua galega.

Rosa Enríquez

Rosa Enríquez Noya, nada na Rúa o 4 de xaneiro de 1969, é unha escritora galega.

Sés

María Xosé Silvar, máis coñecida como Sés ou SES, nada na Coruña en 1982, é unha cantautora galega de orixe bergantiñá.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.