Pazo da Cultura de Carballo

O Pazo da Cultura é un centro de representación escénica situado na Rúa do Pan, na localidade coruñesa de Carballo, ao carón dunha das maiores zonas verdes do núcleo urbano. O seu auditorio ten capacidade para 338 espectadores e cada ano acolle as principais representacións do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), así como concertos e espectáculos de danza. O edificio construíuse no ano 2002 obra do arquitecto Luis Collarte Rodríguez e conta con diversas salas de distintas capacidades para axeitarse aos diferentes usos: auditorio (338 espectadores), sala (150 espectadores), sala de exposición, sala de lectura, sala de TV, cafetería e locais de ensaio. O Pazo da Cultura é tamén a sede do Conservatorio Profesional de Música de Carballo e da Escola Oficial de Idiomas de Carballo (unha delegación da EOI da Coruña).

Pazo da Cultura de Carballo
Carballo Galicia 009
Vista da fachada.
EnderezoRúa do Pan, s/n, 15.100 Carballo
CidadeCarballo
PaísGalicia Galiza
Arquitecto/sLuis Collarte Rodríguez
Capacidade338 espectadores
Inauguración2002
Avelino González

Non confundir con Avelino González Mallada, anarquista asturiano.

Xosé Avelino González Fernández, coñecido como Avelino González, nado en Santo André de Comesaña (Vigo) en 1962, é un actor galego, narrador oral, director e tradutor de teatro, especialista en comedia, contacontos e animación de rúa. A súa irmá é Helena González Fernández.

Banda Municipal de Carballo

A Banda municipal de Carballo é un conxunto musical da vila de Carballo fundado en 1984. Conta con máis de cincuenta membros, e ensaian no Pazo da Cultura de Carballo. Estivo dirixida por José Barros Sada até 1996 e por Vicente Pérez Planells até a súa xubilación en 2015.

Dende a súa creación realizou actuacións por toda Galicia e gravacións para a Radio Galega. En 1999 gravou un disco con temas e estilos moi diversos e no 2000 gañou o concurso de xoves intérpretes da Xunta de Galicia, cun concerto que se recolle nun disco editado pola propia Xunta.

Carballo

Carballo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. É un concello grande (186,8 km²) que segundo o IGE en 2015 tiña 31.283 habitantes segundo o IGE (31.358 no 2012, 31.303 no 2011, 31.149 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballés/carballesa.

Galería de imaxes de Carballo

Galería de imaxes do concello de Carballo na provincia da Coruña.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.