Paz

A paz[1] (do latín pax = Absentia Belli) é xeralmente definida como un estado de calma ou tranquilidade, unha ausencia de perturbacións ou axitación, violencia, liorta ou guerra. Pode entenderse no sentido individual (paz interior, tranquilidade) ou tamén mundial (ausencia de conflitos bélicos).

Pode ser clasificada segundo varios criterios, por exemplo paz positiva e negativa.[Cómpre referencia]

  • Paz positiva - Estado de non-violencia e xustiza.
  • Paz negativa - Estado ausente de violencia pero tamén de xustiza.

O concepto de paz está na orixe etimolóxica dos saúdos: shalom en hebreo e salam en árabe significan «paz» ou «a paz estea contigo ou convosco», e tamén se empregan como despedida, significando entón vai (ou ide) en paz; salve, o saúdo latino, é un desexo de saúde, concepto tamén moi relacionado. O saúdo da paz ou bico da paz é unha parte da misa na que os asistentes "se dan a paz". Wolfgang Dietrich no seu proxecto de investigación que levou ao libro The Palgrave International Handbook of Peace Studies (2011) analizou os significados de paz en diferentes linguas e diferentres rexións arredor do mundo. Máis tarde, en Interpretations of Peace in History and Culture (2012), agrupou os diferentes significados de paz en cinco familias: enerxética/harmonía, moral/xustiza, moderna/seguridade, postmoderna/verdade e transracional, síntese das faces positivas das catro familias previas.

No dereito internacional, o estado de paz é aquel no que os conflitos internacionais se resolven de forma non violenta, e particularmente denomínase "paz" o convenio ou tratado que pon fin á guerra. Existe unha rama do estudo das Relacións Internacionais denominada irenoloxía ou estudos da paz e dos conflitos.

A antropoloxía tradicional (xa desbotada) consideraba que unicamente o estado civilizado da evolución cultural consideraba a paz dunha forma positiva e que os estados de salvajismo e barbarie supuñan unha preferencia cultural pola guerra, considerando unha forma honrosa de vida saquear outros pobos, exaltando as virtudes guerreiras e en casos extremos ritualizando a antropofaxia. Deste xeito describíanse os costumes dalgúns pobos chamados primitivos, xustificando así a súa colonización, e mantíñanse a memoria historiográfica dalgúns pobos históricos como os viquingos ou os hunos e dalgunhas épocas históricas consideradas "escuras" como a alta idade media. De xeito oposto deseñouse o mito do "bo salvaxe", que en ausencia de desenvolvemento cultural mostraría unha total ausencia de violencia.

Peace dove
A pomba co ramo da oliveira simboliza a paz.
Pomba de Picasso, A Coruña
Pomba de Picasso, A Coruña.

Conceptos de paz para diversos autores

Peace symbol
O logotipo da campaña para o desarmamento nuclear converteuse nun símbolo de paz recoñecido internacionalmente

No I Ching, o opuesto á paz é o estancamento. Simbolicamente isto significa que a paz non é un absoluto, senón unha busca permanente. Ademais, indica que o conflito non é o oposto á paz. Convén nun trámite cara á paz, transformar o conflito, non suprimilo. As xestións non violentas encarnan este trámite de transformación pacífica do conflito.

Kant escribiu o tratado Zum ewigen Frieden ("Sobre a paz perpetua").

A. J. Muste (1885-1967) dixo: «Non hai un camiño cara á paz, a paz é o camiño».[2]

Martin Luther King escribiu na súa Carta de Birmingham, escrita en prisión: «A verdadeira paz non é simplemente a ausencia de tensión: é a presenza de xustiza».[3]

Benito Juárez, presidente mexicano, dixo «o respecto ao dereito alleo é a paz».

Jonathan Larson, compositor do musical Rent dixo «o contrario da guerra non é a paz, senón a creación».

Longos períodos de paz

O período máis longo continuado de paz entre os estados existente na actualidade foi rexistrado en Suecia, que está en paz dende 1814 (se non se considera a participación de Suecia nas guerras de Afganistán e Libia) tras a perda de grandes partes do seu territorio nas guerras napoleónicas. A paz sueca pode ser parcialmente explicada pola súa posición xeográfica, a non participación en alianzas militares que supuxo un certo nivel de neutralidade en tempos de guerra e polos períodos de relativa paz en Europa e no mundo coñecidos como Pax Britannica (1815-1914) e Pax Europaea/Pax Americana (dende a década de 1950).

Outros exemplos de períodos longos de paz son:

A medición da paz

Jacob Jordaens- Al·legoria de la Pau
Alegoría da Paz e da felicidade do Estado. A Paz era a consecuencia lóxica da xustiza e o bo goberno, ligábase co concepto de florecer e frutificar unha nación. Obra atribuída ao taller de Rubens (Biblioteca Museo Víctor Balaguer)

As dificultades que se presentan ao tratar de definir o concepto de paz pode explicar por que son tan poucos os intentos de medir o estado de paz nas diferentes nacións do mundo. O índice de paz global é un intento de medir os niveis de paz nos países do mundo e de identificar algunhas das forzas que impulsan a paz. O índice mide a paz definida como a ausencia de violencia. O proxecto aborda a tarefa de medir a paz dende dúas bandas; o primeiro obxectivo é crear un modelo de puntuación e un índice de paz mundial que ordene 149 nacións polos seus estados d epaz relativos empregando 23 indicadores que van dende o nivel de gastos militares da nación ás súas relacións cos países veciños e o nivel de respecto aos dereitos humanos. Os indicadores foron seleccionador por procederen de fontes confiables.

O segundo obxectivo é empregar os datos obtidos do índice de paz global para comezar investigacións da importancia relativa dunha serie de determinantes ou forzas posibles (incluíndo niveis de democracia e transparencia, educación e benestar nacional) que poden influír na creación e mantemento de sociedades pacíficas, tanto interna como externamente.

Estudos da paz e conflitos

Os estudos da paz e conflitos son un campo académico que identifica e analiza comportamentos violentos e non violentos, así como os mecanismos estruturais presentes en conflitos sociais violentos e non violentos. Isto é para entender mellor os processos que levan a unha condición humana máis desexable.[4] Unha variación, os estudos para a paz (polemoloxía), é un esforzo interdisciplinar que trata sobre a prevención, redución e solución de conflitos. Isto contrasta cos estudos da guerra, dirixidos á consecución eficiente da vitoria en conflitos. Disciplinas envolvidas nestes estudos poden incluír a ciencia política, a xeografía, a economía, a psicoloxía, a socioloxía, as relacións internacionais, a historia, a arqueoloxía, a antropoloxía, os estudos relixiosos e os estudos de xénero, entre outras.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para paz.
  2. [1]The New York Times, «Debasing Dissent» Nov 16, 1967. p. 46.
  3. Carta de Birmingham escrita en la prisión (en inglés)
  4. Dugan, 1989: 74 [onde?]

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

1937

1937 foi Ano Santo Xacobeo.

1971

1971 foi Ano Santo Xacobeo.

Bolivia

Bolivia (en quechua: Bulibiya Suyu, aimará: Bulibiya, Buliwya; guaraní: Volívia) é un país da América do Sur, limitado a norte e leste polo Brasil, ao sur polo Paraguai e Arxentina, e a oeste polo Chile e Perú. Comprende parte importante tanto da cordilleira dos Andes e o seu Altiplano como da selva amazónica e do Gran Chaco. É, canda Paraguai, un dos dous países de Sudamérica sen litoral marítimo. É tamén o oitavo máis extenso no continente americano e o vixésimo sétimo a nivel mundial. A súa capital oficial e xudicial é a cidade de Sucre, mentres que a capital gobernamental (dos poderes executivo e lexislativo) é A Paz.

Premio Nobel da Paz

O Premio Nobel da Paz é un dos cinco premios Nobel instituído polo inventor e industrial sueco Alfred Nobel. Mentres que os de Física, Química, Medicina e Literatura son entregados en Estocolmo, o Premio Nobel da Paz é entregado en Oslo, a capital de Noruega.

Primeira guerra mundial

A primeira guerra mundial foi o segundo maior conflito bélico do século XX. Durou do 1914 ó 1918 e puxo os primeiros cravos no ataúde da hexemonía de Europa no mundo. Durante catro anos, millóns de persoas morreron nun conflito que destacou pola súa dureza, polas longas e inamovibles trincheiras e polo uso de gas mostaza para acabar coa resistencia do inimigo.

Enfrontou inicialmente a Francia, Reino Unido e mais Rusia (os aliados) contra Alemaña (gobernada por Guillerme II de Alemaña), Austria-Hungría, Bulgaria e mais Turquía (as Potencias Centrais). O causante da guerra foi o asasinato do arquiduque de Austria en Saraxevo, pero xa houbera tensións durante os anos anteriores, especialmente na construción naval entre o Reino Unido e Alemaña. Máis tarde uniríanse á guerra outros países como os Estados Unidos, Italia ou o Xapón.

Os vencedores foron os aliados, grazas á axuda de Estados Unidos, que entrou polo afundimento do RMS Lusitania o 7 de maio de 1915 , e impuxeron fortes sancións económicas e territoriais a Alemaña, á vez que desmembraron os imperios de Austria-Hungría e Turquía a partir do Tratado de Versalles en 1919. Creáronse moitos novos estados en Europa: algúns dunha soa nación (como Polonia) e outros de varias (Iugoslavia, Checoslovaquia).

Durante a primeira guerra mundial ocorreu tamén a Revolución Rusa, que fixo que Rusia pactase por separado a paz (Tratado de Brest-Litovsk) coas potencias centrais e non estivese representada no Tratado de Versalles ó atoparse en guerra civil.

As consecuencias da paz terían moito que ver nun futuro coas causas da Segunda guerra mundial.

Unión Europea

A Unión Europea ( pronunciación ) (UE) é unha organización internacional constituída por 28 estados europeos. Moitos dos seus obxectivos herdáronse da CEE, en vigor dende a década de 1950, porén esta comunidade non adoptou o nome de UE até 1992 durante o Tratado da Unión Europea (normalmente coñecido como Tratado de Maastricht). As tres sedes principais da Unión Europea atópanse en Bruxelas, Luxemburgo e Estrasburgo. O 12 de outubro de 2012 a Unión foi galardoada co Premio Nobel da Paz pola súa "contribución ao avance da paz e reconciliación, democracia e dereitos humanos en Europa".

A Unión Europea ten moitas actividades, entre as que destacan a creación dun mercado europeo único (ou sexa unha unión aduaneira), dunha moeda única (adoptada por 16 dos 28 estados membros) e dunha política agrícola, pesqueira, comercial e de transportes común. A Unión Europea desenvolve tamén varias iniciativas para a coordinación das actividades xudiciais e de defensa dos Estados Membros, así como trata de equiparar o desenvolvemento das diversas rexións mediante compensacións económicas, e de fortalecer a propia unión creando vínculos culturais e de cooperación por medio de programas específicos de mantemento de proxectos a escala europea e intercambio de persoas.

O Tratado de París (1951), establecendo a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA), e o Tratado de Roma (1957), instituíndo a Comunidade Económica Europea e a Comunidade Europea da Enerxía Atómica ou Euratom, foron asinados por seis membros fundadores: Alemaña, Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo e Países Baixos. Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo acordaran anteriormente formar o chamado Benelux.

Despois disto, a UE realizou seis ampliacións sucesivas: en 1973 Dinamarca, Irlanda e Reino Unido; en 1981 Grecia; en 1986 España e Portugal; en 1995 Austria, Finlandia e Suecia; o 1 de maio de 2004, República Checa, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Malta e Polonia; o 1 de xaneiro de 2007, Bulgaria e Romanía; o 1 de xullo de 2013 Croacia.

En 1972 e 1994, Noruega asinou tamén tratados de adhesión á Unión Europea. Porén e sempre a través de referendos, a poboación norueguesa rexeitou a adhesión do seu país. Macedonia do Norte, Islandia, Montenegro e Turquía son candidatos a adhesión á UE. As negociacións con Turquía, e Macedonia aínda non se iniciaron formalmente e por tanto aínda non hai unha data definida para a súa incorporación.

Valentín Paz-Andrade

Valentín Paz-Andrade, nado no barrio pontevedrés de Lérez o 23 de abril de 1898 e finado en Vigo o 19 de maio de 1987, foi un xurista, economista, político, empresario, escritor, poeta e xornalista galeguista. En 2012 adicóuselle o Día das Letras Galegas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.