Pavillón Multiusos Fontes do Sar

O Pavillón Multiusos Fontes do Sar é un pavillón cuberto multiusos, situado en Santiago de Compostela e construído en 1998. Pertence ao concello capitalino, e está xestionado pola sociedade mixta XADE. Ten unha capacidade de 5.060 espectadores (6.050 coa instalación de bancadas supletorias e 9.000 para concertos).

Serve de feudo aos equipos Santiago Futsal de fútbol sala, Blusens Monbus Obradoiro de baloncesto, e ao Arteal de tenis de mesa.

Ten 10.000 m² de superficie e conta cun amplo ximnasio público. Nos exteriores ten piscinas ao ar libre e 700 prazas de aparcadoiro. Está situado na rúa de Diego Bernal s/n.

Coordenadas: 42°52′34″N 08°31′50″O / 42.87611, -8.53056

Multiusos Fontes do Sar
Fachada do Multiusos Fontes do Sar
Datos
LocalizaciónSantiago de Compostela, Galicia
Construción
Inauguración1998
Estadio
Capacidade5.060 (fútbol sala)
6.050 (baloncesto)
9.000 (concertos)
PropietarioConcello de Santiago de Compostela
LocalíaObradoiro CAB (ACB)
Santiago Futsal (LNFS)

Afluencia de espectadores

Multiusos Fontes do Sar - 02
Pavillón Multiusos Fontes do Sar.

Eventos deportivos

A afluencia media de seareiros que acudiron ós encontros do Obradoiro CAB na ACB 2009-10 foi de 5509 persoas, con máximos de 6050 espectadores (fronte ó FC Barcelona). No seguinte ano, co equipo na LEB Ouro 2010-11, a media baixou a 4297 persoas.[1] De volta na Liga ACB, na tempada 2011-12 a media de seareiros no pavillón medrou ata os 5241.

Pola súa banda, o Lobelle FS tivo 2353 espectadores de media nos seus encontros da LNFS 2010-11, con máximos de 3900 persoas (fronte ó ElPozo Murcia).[2] Na tempada 2011-12 a media baixou ós 1700 espectadores, cun máximo de 3500 persoas.

Eventos culturais

En abril de 2010 mais de 5000 persoas asistiron sentadas a cada unha das 8 actuacións do Cirque du Soleil co seu espectáculo Saltimbanco no Multiusos do Sar.[3]

Nos numerosos concertos que cada ano se levan a cabo no recinto, como os de Mark Knopfler, Joaquín Sabina, David Bisbal, Juanes, Dover, Alice Cooper, Cypress Hill, Miguel Bosé etc, a afluencia de xente ten variado dende as 9000 persoas que asistiron ó concerto de Chayanne en agosto de 2010, ós 5000 que foron a ver a The Wailers en febreiro de 2009.

Accidente ferroviario 2013

Artigo principal: Accidente ferroviario de Angrois de 2013.

O 24 de xullo de 2013 no lugar de Angrois, Sar, tivo lugar o accidente de tren máis grave da historia de Galicia e por vítimas oficiais, tamén o máis grave da historia de España por descarrilamento ferroviario. Polo menos 78 persoas faleceron no incidente. O pavillón Fontes do Sar utilizouse como tanatorio provisional pola gran cantidade de finados[4].

Galería de imaxes

Vestíbulo do Mustiusos do Sar

Entrada do pavillón.

Interior do Mustiusos Fontes do Sar durante o partido Galicia-Portugal de fútbol praia

Encontro de fútbol praia entre as selección de Galicia e Portugal.

Montaxe do Cirque du Soleil no Multiusos de Sar

Montaxe do espectáculo Saltimbanco do Cirque du Soleil.

Multiusos Fontes do Sar

Imaxe do interior do Pavillón nun encontro de fútbol sala.

Lobelle - Azkar no Pavillón Multiusos Fontes do Sar

Encontro Lobelle - Azkar da tempada 2011-12.

Obradoiro - Lagun Aro

Obradoiro CAB, nun partido contra o Lagun Aro de San Sebastián da ACB.

Bancadas supletorias do Fontes do Sar

Bancadas supletorias nun dos fondos do pavillón.

Notas

  1. Estatísticas completas dos encontros da Liga ACB (en castelán)
  2. Crónicas dos encontros do Lobelle de Santiago FS Arquivado 15 de outubro de 2011 en Wayback Machine. (en castelán)
  3. El Circo del Sol levanta el telón con el recinto de Sar a reventar, artigo de El Correo Gallego do 22 de abril de 2010.] (en castelán)
  4. Noticia sobre a traxedia na Voz de Galicia - http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/07/26/accidente-santiago-amanecer-duro/0003_201307G26P18992.htm?idioma=galego

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Campo Municipal das Cancelas

O Campo Municipal das Cancelas é un recinto deportivo adicado ó fútbol situado a carón do cuartel da Garda Civil en Santiago de Compostela. As instalacións están xestionadas polo concello, o mesmo que o Estadio Multiusos de San Lázaro e o Campo Municipal de Santa Isabel.

Campo Municipal de Santa Isabel

O Campo Municipal de Santa Isabel é un recinto deportivo da cidade de Santiago de Compostela adicado á práctica do fútbol. O Campo de Santa Isabel forma parte do Complexo Deportivo Santa Isabel do barrio de Vista Alegre, composto polo Pavillón de Santa Isabel, a Piscina de Santa Isabel, o Ximnasio de Santa Isabel e o propio campo de fútbol.

Estadio Vero Boquete de San Lázaro

O Estadio Municipal Vero Boquete de San Lázaro, coñecido ata 2018 como Estadio Multiusos de San Lázaro, é un estadio situado no barrio de San Lázaro, na cidade de Santiago de Compostela. Nel caben 13.000 persoas, e as súas dimensións son 105 x 68 metros. Leva o nome da futbolista compostelá Vero Boquete.Na actualidade é o feudo local do SD Compostela. Nas súas instalacións teñen a súas sedes a Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, o departamento de Deportes do Concello de Santiago, a Delegación local de Fútbol, a Federación Galega de Baloncesto, a Federación galega de Caza, a Escudería Compostela, o Comité local de árbitros de Fútbol e o Moto Club Compostela.

Estadio de Atletismo da USC

O Estadio de Atletismo da Universidade de Santiago de Compostela, coñecido como Stadium de La Residencia nos seus primeiros anos de existencia, é un recinto deportivo adicado á práctica do atletismo, situado no Campus Vida da USC, a carón do Pavillón Universitario, e rodeado polo edificio Monte da Condesa, o Colexio Maior Fonseca, o Observatorio astronómico Ramón María Aller, e polo edificio do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.

Galería de imaxes de deporte en Galicia

Galería de imaxes de deporte en Galicia.

Obradoiro Club de Amigos do Baloncesto

O Obradoiro Club de Amigos do Baloncesto, denominado Monbus Obradoiro por razóns de patrocinio, é unha entidade deportiva profesional adicada ó baloncesto, con sede na cidade galega de Santiago de Compostela. O club foi fundado en 1970, e na actualidade compite por sexta ocasión na máxima categoría do baloncesto nacional.

Pavillón Municipal de Santa Isabel

O Pavillón Municipal de Santa Isabel é un recinto deportivo de Santiago de Compostela, pertencente ó Complexo Deportivo de Santa Isabel, e xestionado polo concello. Ten capacidade para acoller 1.290 persoas sentadas. Ata a construción do Pavillón Multiusos Fontes do Sar en 1998, o de Santa Isabel foi o principal pavillón cuberto multiusos da cidade, e nel teñen xogado como locais ducias de encontros os principais equipos de baloncesto e fútbol sala santiagueses, como Obradoiro CAB ou Lobelle FS, entre outros.

Actualmente o pavillón acolle encontros de baloncesto e fútbol sala en categorías rexionais, aínda que a súa superficie de parqué podería acoller competicións de voleibol e balonmán se fose preciso.

Pavillón Polideportivo da USC

O Pavillón Polideportivo da Universidade de Santiago de Compostela é un recinto deportivo pechado e cuberto, disposto para a práctica de baloncesto, fútbol sala, voleibol, balonmán, esgrima ou bádminton. Inaugurado en 1981, forma parte do Complexo Deportivo Universitario da USC, situado no Campus Vida. O pavillón ten capacidade para unhas 1.000 persoas sentadas nas bancadas, e o seu aproveitamento principal é o desenvolvemento das distintas ligas universitarias.

O edificio está situado a carón do Estadio de Atletismo da USC, do Edificio Monte da Condesa e da Facultade de Física.

Nos últimos anos houbo queixas sobre algunhas goteiras que ten o tellado do pavillón, o cal provocou que a Universidade deseñase un plan de renovación que terá como obxectivo a reforma do pavillón e doutras instalacións deportivas universitarias.

Santiago Futsal

O Santiago Futsal, chamado Autos Lobelle de Santiago Fútbol Sala até 2012, é un club galego de fútbol sala da cidade de Santiago de Compostela, que milita na Segunda División de fútbol sala.

Entre 2003 e 2018 xogou un total de 15 tempadas consecutivas en Primeira División. Nesa época converteuse no club máis laureado do fútbol sala galego, con 8 Copas Xunta, 1 Copa de España (2006), 1 Supercopa de España (2010) e 1 Recopa de Europa (2007).

Santiago de Compostela

Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2017 tiña 96.456 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».

Por outra banda, tamén é a Sé Arcebispal galega, amais do destino das diferentes rutas que conforman o Camiño de Santiago, declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade, distinción que tamén posúe o seu casco vello dende o ano 1985.

A cidade aséntase entre o monte Pedroso e o monte Viso, circundada polos ríos Sar e Sarela. Limita ao norte cos concellos de Val do Dubra, Trazo e Oroso; ao sur con Teo, Vedra e Boqueixón; ao leste co Pino; e ao oeste con Ames. Ademais da cidade de Santiago, o termo municipal comprende vinte e nove parroquias rurais. Por poboación é o quinto concello galego despois de Vigo, A Coruña, Ourense e Lugo. Posúe unha densidade de poboación de 432,74 hab./km² (2011), e unha superficie de 220,6 km².

Sar, Santiago de Compostela

Santa María de Sar é unha parroquia sita na parte sur do concello coruñés de Santiago de Compostela, á beira do río Sar.

Selección de tenis de mesa de Galicia

A selección galega de tenis de mesa é o combinado galego de xogadores e xogadoras galegas de tenis de mesa.

A selección masculina xogou o seu primeiro partido internacional o 15 de xullo de 2006 no Pavillón Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela, fronte á selección de Portugal. O encontro foi de carácter amigábel, e rematou con derrota galega por 0-5. O partido desenvolvíase no marco do trofeo Galiza de seleccións. Os xogadores galegos foron Adrián Vidal, Xoán Enseñat, Valeri Malov e Xacobe Enseñat. O seleccionador foi Fernando Xosé Padín.

Supercopa de España de baloncesto 2018

A Supercopa de España de baloncesto de 2018 foi a 15ª edición da Supercopa de España de baloncesto dende que está organizada pola Liga ACB, e a 19ª edición en total. Por motivos de patrocinio foi chamada tamén Supercopa Endesa. Tivo lugar os días 21 e 22 de setembro de 2018 no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela.

O 8 de xuño de 2018 anunciouse a celebración desta edición da Supercopa en Santiago de Compostela, e a sinatura do acordo produciuse o día 14 de xuño no Concello de Santiago.

Instalacións deportivas en Santiago de Compostela
Estadios de Fútbol e Atletismo:
Pavillóns de Baloncesto e Fútbol sala:

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.