Patrimonio da Humanidade

O título de Patrimonio da Humanidade (ás veces Patrimonio Mundial) é concedido pola UNESCO, organización das Nacións Unidas para a Cultura, Ciencia e Educación, a sitios específicos do planeta (exemplos: bosques, cordilleiras, lagos, desertos, edificios, complexos ou cidades) que foron nomeados e confirmados para a súa inclusión na lista mantida polo Programa Patrimonio da Humanidade.

O programa de clasificación adícase a catalogar e preservar lugares de excepcional importancia cultural ou natural, como patrimonio común da humanidade. Os lugares da lista poden obter fondos do World Heritage Fund baixo determinadas condicións. O programa foi fundado pola Convención sobre a Protección do Patrimonio Cultural e Natural, adoptado pola Conferencia Xeral da UNESCO de 16 de novembro de 1972.

En xullo de 2018, estaban catalogados un total de 1.092 sitios (845 culturais, 209 naturais e 38 mixtas) en 167 países diferentes. Italia, con 54 sitios, ten máis que calquera país, seguido da China (53), España (47), Francia (44), Alemaña (44), India (37) e México (35).[1]

Muralla.Lugo.Galicia
Muralla de Lugo declarada Patrimonio da Humanidade desde o 30 de novembro do 2000

Criterios de selección

A fins de 2004, había seis criterios no ámbito cultural e catro no ámbito natural. En 2005 isto modificouse para que só haxa un grupo de dez criterios. Para ser incluído na lista de Patrimonios da Humanidade un sitio debe ter un "sobresaínte valor universal" e debe satisfacer polo menos un dos seguintes criterios de selección:

Criterios culturais

I. Representar unha obra mestra do xenio creativo humano.
II. Testemuñar un importante intercambio de valores humanos ao longo dun período de tempo ou dentro dunha área cultural do mundo, no desenvolvemento da arquitectura ou tecnoloxía, artes monumentais, urbanismo ou deseño paisaxístico.
III. Achegar un testemuño único ou polo menos excepcional dunha tradición cultural ou dunha civilización existente ou xa desaparecida.
IV. Ofrecer un exemplo eminente dun tipo de edificio, conxunto arquitectónico ou tecnolóxico ou paisaxe, que ilustre unha etapa significativa da historia humana.
V. Ser un exemplo eminente dunha tradición de asentamento humano, utilización do mar ou da terra, que sexa representativa dunha cultura (ou culturas), ou da interacción humana co ambiente especialmente cando este se volva vulnerable fronte ao impacto de cambios irreversibles.
VI. Estar directa ou tanxiblemente asociado con eventos ou tradicións vivas, con ideas ou con crenzas, con traballos artísticos e literarios de destacada significación universal. (O comité considera que este criterio debe estar preferentemente acompañado doutros criterios).

Criterios naturais

VII. Conter fenómenos naturais superlativos ou áreas de excepcional beleza natural e importancia estética.
VIII. Ser un dos exemplos representativos de importantes etapas da historia da terra, incluíndo testemuños da vida, procesos xeolóxicos creadores de formas xeolóxicas ou características xeomórficas ou fisiográficas significativas.
IX. Ser un dos exemplos eminentes de procesos ecolóxicos e biolóxicos no curso da evolución dos ecosistemas.
X. Conter os hábitats naturais máis representativos e máis importantes para a conservación da biodiversidade, incluíndo aqueles que conteñen especies ameazadas de destacado valor universal desde o punto de vista da ciencia e o conservacionismo.

Desde 1992 a interacción entre o home e o ambiente é recoñecido como paisaxe cultural.

Patrimonio da Humanidade en Galiza

Galiza conta con tres monumentos Patrimonio da Humanidade e o Camiño de Santiago:

Candidatos provisionais

Na listaxe de sitios candidatos a ser escollidos Patrimonio da Humanidade están:

Patrimonio Mundial en Perigo

A conservación do Patrimonio Mundial é un proceso continuo. Se un país non protexe os lugares inscritos, corre o risco de que eses lugares sexan retirados da Lista do Patrimonio Mundial. Os países deben informar periodicamente o Comité do Patrimonio Mundial sobre o seu estado de conservación.

Se o Comité do Patrimonio Mundial é avisado sobre posíbeis perigos para un sitio, é incluído na Lista do Patrimonio Mundial en Perigo, co fin de chamar a atención mundial sobre as condicións, naturais ou creadas polo ser humano, que ameazan as características polas cales inicialmente se incribiu o sitio na Lista do Patrimonio Mundial.

Estatísticas

Véxase tamén: Patrimonio Mundial por país , Patrimonio da Humanidade na Unión Europea, Patrimonio Mundial (lista de lugares) , Lista do Patrimonio Mundial en Perigo e Lista de sitios do Patrimonio Mundial por ano de inscrición.

Hai 1092 sitios do Patrimonio Mundial situados en 167 estados. Destes, 845 son culturais, 209 son naturais e 38 son mixtas. O Comité do Patrimonio Mundial dividiu o mundo en cinco zonas xeográficas ás que se chama rexións: África, Estados árabes, Asia e Pacífico, Europa e América do Norte e América Latina e o Caribe.

Rusia e os estados do Cáucaso clasifícanse como europeos, mentres que México e Caribe clasifícanse como pertencentes á zona de América Latina e Caribe, malia a súa situación en América do Norte. As zonas xeográficas da UNESCO tamén fan máis énfase nas asociacións administrativas, en vez de nas asociacións xeográficas. Por iso, Illa Gough, situada no Atlántico Sur, forma parte da rexión de Europa e América do Norte porque o goberno do Reino Unido nomeou o sitio.

A táboa seguinte inclúe unha repartición dos sitios segundo estas zonas e a súa clasificación::[6][7]

Zona/rexión Cultural Natural Mixta Total % Estados con
bens inscritos
África (non inclúe os países dos Estados árabes).[8] 52 38 5 95 8.70% 35
Estados árabes (inclúe ademais unha zona de Xerusalén proposta por Xordania).[9] 76 5 3 84 7.69% 18
Asia e o Pacífico (non inclúe os países dos Estados árabes, nin a Hawái).[10] 181 65 12 258* 23.63% 36
Europa e Norte América (non inclúe a México; atópanse neste grupo Israel e Hawái).[11] 440 63 11 514* 47.07% 50
Latino América e o Caribe [12] 96 38 7 141* 12.91% 28
Total 845 209 38 1092 100% 167
  • Os sitios "Conca del Uvs Nuur" e " Paisaxes de Dauria" (Mongolia, Federación Rusa) son sitios transrexionais situados en Europa e Asia e na rexión do Pacífico. Contan aquí na rexión Asia e Pacífico.
  • O sitio "O Traballo arquitectónico de Le Corbusier, unha destacada contribución ao movemento moderno" (Arxentina, Bélxica, Francia, Alemaña, India, Xapón, Suíza) é un sitio transrexional con compoñentes situados en tres rexións: Europa e América do Norte, Asia e o Pacífico e América Latina e o Caribe. Conta aquí en Europa e América do Norte.

Países con dez ou máis sitios

Países con quince ou máis sitios do Patrimonio Mundial, ata de xullo de 2018.

Listas de Lugares Patrimonio Mundial

Notas

  1. Centre, UNESCO World Heritage. "UNESCO World Heritage Centre - World Heritage List". whc.unesco.org (en inglés). Consultado o 2018-07-03.
  2. Ancares-Somiedo
  3. El Ferrol of the Illustration Historical Heritage
  4. The Ribeira Sacra, Lugo and Orense
  5. "A Xunta quere que sexan Patrimonio da Humanidade todas as Illas Atlánticas" (en castelán). 2016-02-17. Consultado o 2016-08-09.
  6. UNESCO World Heritage Centre. "World Heritage List Statistics". unesco.org. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2011.
  7. UNESCO World Heritage Centre. "UNESCO World Heritage Centre - World Heritage List". unesco.org. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2014.
  8. Unesco. "World Heritage List: Africa" (en inglés). Consultado o 23 de setembro de 2007.
  9. Unesco. "World Heritage List: Arab States" (en inglés). Consultado o 23 de setembro de 2007.
  10. Unesco. "World Heritage List: Asia and the Pacific" (en inglés). Consultado o 23 de setembro de 2007.
  11. Unesco. "World Heritage List: Europe and North America" (en inglés). Consultado o 23 de setembro de 2007.
  12. Unesco. "World Heritage List: Latin America and the Caribbean" (en inglés). Consultado o 23 de setembro de 2007.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Alcalá de Henares

Alcalá de Henares é unha cidade española pertencente á Comunidade de Madrid. Está situada na Conca do Henares, ao leste da rexión. Dista 34 km do centro da capital e 22 km da veciña Guadalaxara. É a capital da comarca de Alcalá.

O seu nome significa «Castelo sobre o río Henares». É unha das cidades máis poboadas da Comunidade de Madrid e núcleo central do denominado Corredor do Henares, do cal a cidade é o motor e núcleo de referencia.

A súa creación remóntase a época romana, onde crearon unha vila chamada Complutum. Foi declarada Cidade Patrimonio Mundial pola Unesco en 1998. Grazas ao recinto histórico e o reitorado da Universidade, é unha das nove cidades de España que a Unesco clasificou como únicas. É famosa pola súa Universidade, construída grazas ao cardeal Cisneros o 13 de abril de 1499, pero logo da súa decadencia durante o século XVIII, mediante a Real Orde da Raíña Rexente de 29 de outubro de 1836, decretouse a súa supresión en Alcalá e traslado a Madrid, onde pasou a chamarse Universidade Central. Xurdiu co seu status actual en 1977, ao producirse o fenómeno de descentralización universitaria e constituírse como Universidade propia, o que a converteu novamente en Cidade Universitaria.

Budapest

Budapest é a capital de Hungría e o seu principal centro industrial, comercial e de transportes. Ten 1,7 millóns de habitantes segundo o censo de 2005 (unha diminución significativa respecto dos case 2,1 millóns con que contaba a mediados dos anos 80), que representan un quinto da poboación total do país. É a sétima cidade en tamaño da Unión Europea.

A cidade de Budapest é o resultado da unificación en 1873, ocupando ambas as dúas beiras do Danubio, das cidades de Buda e Óbuda, na beira dereita, e Pest, na esquerda.

Camiño de Santiago

O Camiño de Santiago (en latín: Peregrinatio Compostellana) é un conxunto de vías de acceso de peregrinos a Santiago, creado a partir da descuberta dos supostos restos do Apóstolo no lugar do Libredón, en Santiago de Compostela, durante o reinado de Afonso II. O Camiño Francés e as rutas francesas do Camiño foron declarados pola Unesco Patrimonio da Humanidade en 1993 e 1998 respectivamente.

Cidade vella de Santiago de Compostela

A cidade vella de Santiago de Compostela é unha zona urbana da capital galega caracterizada pola súa arquitectura antiga e monumental. Foi elixida como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985, satisfacendo 3 dos criterios suficientes de selección:

I. Representar unha obra mestra do xenio creativo humano.

II. Testemuñar un importante intercambio de valores humanos ao longo dun período de tempo ou dentro dunha área cultural do mundo, no desenvolvemento da arquitectura ou tecnoloxía, artes monumentais, urbanismo ou deseño paisaxístico.

VI. Estar directa ou tanxiblemente asociado con eventos ou tradicións vivas, con ideas ou con crenzas, con traballos artísticos e literarios de destacada significación universal. (O comité considera que este criterio debe estar preferentemente acompañado doutros criterios).O centro histórico da cidade medrou arredor da catedral a partir do mítico achado do sepulcro do Apóstolo Xacobe no ano 813, atraendo a peregrinaxe de millóns de persoas durante séculos nun dos fenómenos mais salientables da historia medieval. As edificacións que foron construídas na cidade antiga durante ás épocas románica, gótica e barroca, fixeron dela unha das zonas urbanas mais fermosas do mundo, converténdose nun lugar de culto cun gran esplendor artístico.

Cuenca, España

Cuenca é unha cidade de España, pertencente á comunidade autónoma de Castela-A Mancha. É a capital da provincia de Cuenca e está situada na confluencia dos ríos Xúcar e Huécar, que forman profundos canóns. En 2008 a súa poboación era de 54.600 habitantes, sendo a sexta cidade de Castela-A Mancha.

Cáceres

Cáceres (en estremeño: Caçris, na fala de Xálima: Cáciris) é unha cidade estremeña, de 91.606 habitantes (2007) que viven nunha superficie municipal de 1.768 km², sendo o concello máis extenso de España. É a capital da província homónima, cuxa poboación concentra o 21'45 % do total provincial.

A cidade vella de Cáceres foi declarada Terceiro Conxunto Monumental de Europa en 1968, e Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1986.

Córdoba, España

Córdoba é unha cidade andaluza, capital da provincia homónima, situada a beiras do río Guadalquivir e ao pé de Serra Morena. Provén do latín Corduba, e posiblemente dunha anterior fenicia, Qorteba, que viría a significar 'muíño de aceite' para algúns autores , ou ben 'cidade boa', a partir de Qart-tuba para outros.Foi capital do Califato Omeia de Occidente, época do seu maior esplendor e da que conserva numerosos monumentos, entre eles o máis importante é a Mesquita de Córdoba.

Córdoba na actualidade é un gran referente cultural do sur de Europa, unha das cidades máis atractivas, conservadas e de maior calidade de vida de España. Cun dos cascos históricos máis extensos do mundo, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO o 17 de decembro de 1984. Hoxe en día a cidade presenta diversas zonas moi modernas e ben comunicadas referentes da moderna Córdoba do século XXI, destacando a enorme transformación urbana do Plano RENFE e no río Guadalquivir, alén da expansión da cidade cunha gran dimensión urbana e alta calidade de vivenda, aínda que os prezos acadados nos andares dos novos barrios son moi elevados. Foi candidata á capitalidade cultural europea para o ano 2016.

A Xunta de Andalucía está estudando dende fai un tempo, a creación da Área Metropolitana de Córdoba que estaría composta, ademais de pola capital, polas poboacións de Villafranca, Obejo, La Carlota, Villaharta, Villaviciosa de Córdoba, Almodóvar del Río e Guadalcázar, contando así cunha poboación aproximada de 351.000 habitantes.

Graz

Graz, cunha poboación de 285.470 habitantes (2006) é a segunda cidade de Austria e a capital do estado federado de Estiria. Coas súas seis universidades e 40.000 estudantes, Graz ten unha longa tradición de cidade universitaria. Percorrida polo río Mur. O concello da cidade está composto por 21 mandatos do Partido Popular Austríaco, 15 do Partido Social Demócrata de Austria, 12 do Partido Comunista de Austria, 4 dos Verdes e 4 do Partido Austríaco da Liberdade.

A cidade foi declarada Patrimonio da humanidade pola UNESCO.

Lión

Lión (en francés: Lyon) é unha cidade francesa, capital da rexión Auvernia-Ródano-Alpes e do departamento de Ródano, na confluencia dos ríos Ródano e Saona. En 2008 tiña 474 946 habitantes (9 922 hab./km²), e conformaba a segunda maior área urbana francesa, con 1 757 180 persoas.

Mar de Wadden

O mar de Wadden (Wattenmeer en alemán, Waddenzee en neerlandés, Waadsee en frisón, Wattensee en baixo alemán e Vadehavet en danés) é un mar situado entre as illas Frisias e o mar do Norte por unha banda e as costas neerlandesa, alemá e danesa por outra. Ten uns 450 km de longo e entre 5 e 30 de largo, cunha superficie duns 10.000 km². Está formado por unha chaira de marea, é moi pouco profundo, mesmo durante a marea baixa consiste en grarenosas interrompidas por canles de drenaxe que evacúan a auga (de feito, é posible atravesalo a pé, chegando do continente ás illas). Danse tamén grandes correntes.

Riga

Riga (en letón: Rīga, [riːɡa] (AFI), escoitar) é a capital de Letonia, está situada na costa do Mar Báltico nas ribeiras da desembocadura do río Daugava. Riga é a segunda maior cidade dos Países Bálticos. O centro histórico de Riga está declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, a cidade caracterízase pola súa arquitectura Art Nouveau, comparable a de cidades como Viena, San Petersburgo ou Barcelona.

Salzburgo

Salzburgo ou Salsburgo (en alemán: Salzburg) é unha cidade austríaca, capital do estado federado (Bundesland) de Salzburgo e da rexión homónima. No ano 2007 tiña 150.269 habitantes.

San Cristóbal de La Laguna

San Cristóbal de La Laguna, coñecida popularmente como La Laguna, é unha cidade e un municipio canario pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife (España). Esta cidade foi capital da illa de Tenerife en tempos anteriores; actualmente a capital é Santa Cruz de Tenerife.

A cidade foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1999. Con 148.375 habitantes, é a terceira urbe máis poboada de Canarias. Nela radican o Consello Consultivo de Canarias, a Diocese de Tenerife (diocese da provincia) e a primeira universidade fundada en Canarias.

Entre os monumentos relixiosos da cidade inclúen: A Catedral de Nosa Señora dos Remedios, a Igrexa da Concepción e Real Santuario del Santísimo Cristo de La Laguna. No Convento de Santa Catalina de Siena é o corpo incorrupto de Sor María de Jesús de León Delgado coa reputación miraculosa.

Segovia

Segovia é a cidade capital da provincia de Segovia, situada na meseta central española, pertence á comunidade autónoma de Castela e León. Sitúase na parte meridional da comunidade autónoma, na confluencia dos ríos Eresma e Clamores á beira da serra de Guadarrama.

A cidade vella de Segovia e o seu acueduto foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985. É coñecida internacionalmente polo seu acueduto de 818 metros de longo, é considerada a obra de enxeñería civil romana máis importante de España, e é un dos monumentos máis significativos e mellor conservados dos que deixaron os romanos na península ibérica. Tamén destaca a súa catedral e o alcázar.

Tarragona

Tarragona é unha cidade localizada ao sur de Cataluña, España, na costa mediterránea, na Costa Daurada. É capital da provincia de Tarragona e da comarca do Tarragonès.

Na época romana, foi capital da provincia Tarraconense, motivo polo que aínda conserva notables restos arqueolóxicos da época, como o anfiteatro ou as murallas. É xunto a outras doce poboacións españolas Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

Toledo

Toledo é unha cidade que se atopa na España central, e é a capital da provincia de Toledo e da comunidade autónoma de Castela-A Mancha.

Toledo é coñecida como «A cidade Imperial» por ser a sede principal da corte de Carlos I e tamén como «a cidade das tres culturas», por ter sido habitada durante séculos por cristiáns, xudeus e musulmáns.

A cidade está situada na marxe dereita do Texo, nun outeiro de cen metros de altura sobre o río, o cal cínguea pola súa base, formando un pronunciado meandro coñecido como Torno do Texo. Ten unha configuración dispersa con barrios moi separados do núcleo principal: o de Azucaica, na beira dereita do río e que ten a súa orixe nunha antiga pedanía da cidade, dista uns 7 km do centro da cidade, mentres que o de Santa María de Benquerencia, situado practicamente enfronte do anterior na marxe esquerda do Texo, sitúa o seu centro a uns 8 km do da cidade.

Torre de Hércules

A Torre de Hércules é unha torre e faro situado na península da cidade da Coruña, que ten o privilexio de ser o único faro de orixe romana en funcionamento no mundo. Está nun cabo.

O 27 de xuño de 2009 foi proclamada Patrimonio da Humanidade en Sevilla pola Comisión do Patrimonio Mundial da UNESCO. Deste xeito converteuse no cuarto recoñecemento da UNESCO en Galicia xunto co Camiño de Santiago, a Muralla de Lugo e o Casco Vello de Santiago de Compostela.

Venecia

Venecia (en italiano: Venezia, en véneto: Venexia) é unha cidade e comuna italiana, capital da rexión do Véneto e da provincia de Venecia, situada no nordeste da península itálica. A cidade, con 270.516 habitantes (a 31 de xullo de 2010), é coñecida pola súa historia, canais, museos e monumentos, así como pola súa industria. Xunto con Padua, forma a área metropolitana de Padua-Venecia cunha poboación de 1.600.000 habitantes.

O nome da cidade deriva da antiga tribo dos veneti, que viviron na rexión en tempos de Roma. Venecia foi historicamente capital dunha cidade-estado independente. Ao longo do tempo a cidade foi coñecida con distintos alcumes: "La Dominante", "Serenissima", "a raíña do Adriático", "a cidade da auga", "a cidade das máscaras", "a cidade das pontes", "a cidade flotante" e a "cidade das canles". Hoxe está clasificada como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Dos moitos monumentos e locais turísticos existentes, destacan a Basílica de San Marcos, na adxacente Praza de San Marcos, a Ponte de Rialto sobre a Gran Canle, construída en 1588 segundo proxecto de Antonio da Ponte, a Ca' d'Oro e numerosas igrexas e museos.

A cidade esténdese por 117 pequenas illas na Lagoa de Venecia ao longo do mar Adriático, entre a desembocadura do río Po (ao sur) e do río Piave (ao norte). Aínda que a poboación da cidade é de 270.516 habitantes tan só 60.000 viven nas illas do centro histórico (Centro storico), sendo a poboación en terra firme (Terraferma) de 176.000. Os restantes 31.000 viven noutras illas da lagoa.

A República de Venecia foi unha importante potencia marítima durante a Idade Media e o Renacemento, e un dos escenarios das Cruzadas e da Batalla de Lepanto, así como un importante centro de comercio (en especial seda, cereais e especias) e arte entre o século XIII e finais do XVII. Todo isto fixo de Venecia unha cidade moi rica ao longo de case toda a súa historia. Venecia tamén xogou un papel importante na historia da música sinfónica e da ópera, sendo o lugar de nacemento de Antonio Vivaldi. Tamén en Venecia naceron numerosos papas, alén de numerosos artistas como Antonio Vivarini, Antonio da Ponte, Tintoretto ou Canaletto.

Xénova

Xénova (Zena en lígur e xenovés, Genova en italiano) é unha cidade do norte da Italia no litoral da rexión da Liguria, capital da provincia homónima, presentando na súa costa o principal porto marítimo da Italia. Esténdese por unha área de 243 km², cunha poboación de 618.438 (2006) habitantes e tendo unha densidade de poboación de 2.484 hab./km².

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.