Patrick Blackett

Patrick Maynard Stuart Blackett, nado en Londres o 18 de novembro de 1897 e finado na mesma cidade o 13 de xullo de 1974, foi un físico inglés galardoado no ano 1948 co Premio Nobel de Física.

Patrick Maynard Stuart Blackett
Nobel prize medal.svg
Blackett-large
Datos persoais
Nacemento18 de novembro de 1897
LugarLondres, Inglaterra
Falecemento13 de xullo de 1974
LugarLondres, Inglaterra
NacionalidadeReino Unido e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Actividade
Campo
  • Física
  • Alma máterMagdalene College e King's College
    Director de teseErnest Rutherford
    Contribucións e premios
    PremiosPremio Nobel de Física en 1948

    Traxectoria

    Graduouse na Universidade de Cambridge o ano 1921 pasando a traballar posteriormente durante dez anos no Laboratorio Cavendish. En 1933 ingresou na Universidade de Londres e despois na de Manchester. Entre 1965 e 1970 foi presidente da Royal Society británica.

    Investigacións científicas

    Interesado desde ben novo sobre os raios cósmicos conseguiu, grazas á utilización da cámara de Wilson, confirmar a existencia do positrón e descubrir a produción de xiros atopados entre o positrón e o electrón. Este traballo, así como o realizado na eliminación da radiación, vano converter no primeiro investigador da antimateria.

    Durante a Segunda Guerra Mundial foi un dos principais impulsores da fundación do campo de estudo coñecido como Investigación de operacións, que mellorou as probabilidades matemáticas. Durante a Guerra discutiu fortemente contra as tácticas do bombardeo estratéxico, usando a "investigación de operacións" para demostrar que non tiña os efectos que os comandantes militares pensaban, é dicir, que "non romperon a vontade" do inimigo nin obstaculizou perceptiblemente as súas capacidades de produción. Esta opinión púxoo en contra da autoridade militar existente e foi expulsado de varios círculos de comunicacións. Tras a Guerra o estudo sobre o bombardeo estratéxico aliado probou que Blackett tiña razón.

    En 1947 introduciu unha teoría para explicar o campo magnético da terra en función da súa rotación, coa esperanza que unificaría a forza electromagnética e a forza da gravidade. pasou un número de anos desenvolvendo magnetómetros de alta calidade para probar a súa teoría, rexeitándoa finalmente. O seu traballo sobre o tema, con todo, conduciu Blackett no campo da xeofísica, onde axudou a procesar datos referentes ao paleomagnetismo e axudou casualmente a proporcionar a evidencia forte para a idea da Deriva continental.

    Ideoloxía política

    A finais dos anos 40 Blackett chegou a ser coñecido polas súas opinións políticas radicais, que incluíron a crenza que o Reino Unido non estaba en condicións de desenvolver as armas atómicas e que o país tiña unha obrigación de mellorar as situacións científicas e tecnolóxicas nas súas colonias anteriores, especialmente a India.

    Véxase tamén

    Ligazóns externas

    Archibald Vivian Hill

    Archibald Vivian Hill, nado en Bristol o 26 de setembro de 1886 e finado en Cambridge o 3 de xuño de 1977, foi un fisiólogo e matemático británico.

    Arturo Duperier

    Arturo Duperier Vallesa, nado en Pedro Bernardo (provincia de Ávila) o 12 de novembro de 1896 e finado en Madrid o 10 de febreiro de 1959 foi un físico español, destacado especialmente polo seu estudo da radiación cósmica.

    Ernest Rutherford

    Ernest Rutherford, Barón Rutherford de Nelson e de Cambridge, nado en Brightwater (Nova Zelandia) o 30 de agosto de 1871 e finado en Cambridge o 19 de outubro de 1937 foi un físico británico.

    Está considerado o pai da física nuclear. Dedicouse ao estudo das partículas radioactivas, clasificándoas en alfa (α), beta (β) e gamma (γ) e achou que a radioactividade ía acompañada por unha desintegración dos elementos. Estes descubrimentos, realizados na Universidade McGill, de Montreal, valéronlle o Premio Nobel de Química en 1908.Porén, Rutherford fixo os seus descubrimentos máis célebres despois de trasladarse á Universidade Vitoria de Manchester, no Reino Unido en 1907. En 1911 teorizou a existencia do núcleo atómico, no que se reúne toda a carga positiva e case toda a masa do átomo e deseñou un modelo atómico, ao que chegou para explicar o fenómeno da dispersión de Rutherford. descuberta por Hans Geiger e Ernest Marsden en 1909 baixo a dirección de Rutherford durante o coñecido experimento da lámina de ouro. Ademais, coa colaboración do seu discípulo Frederick Soddy, conseguiu a primeira transmutación artificial.

    Se durante a primeira parte da súa vida consagrouse por completo ás súas investigacións, pasou a segunda metade dedicado á docencia e dirixindo os Laboratorios Cavendish de Cambridge, no que se descubriu o neutrón, e no que se formaron Niels Bohr e Oppenheimer. A súa influencia neste terreo da física que descubriu foi pois especialmente relevante.

    Medalla Copley

    A Medalla Copley é unha institución de carácter premial, que con carácter anual outorga a The Royal Society of London a unha persoa física como o maior recoñecemento ao traballo científico polos seus logros sobresalientes en calquera das ciencias físicas ou biolóxicas. É o galardón máis antigo concedido por unha institución académica, xa que a primeira medalla se concedeu en 1731.

    Robert Oppenheimer

    Julius Robert Oppenheimer, nado o 22 de abril de 1904 en Nova York e finado o 18 de febreiro de 1967 en Princeton, Nova Jersey, foi un físico teórico estadounidense de orixe xudía e profesor de física na Universidade de California, Berkeley. É un dos chamados «pais da bomba atómica» pola súa destacada participación no Proxecto Manhattan, o proxecto que conseguiu desenvolver as primeiras armas nucleares da historia durante a Segunda Guerra Mundial. A primeira bomba nuclear foi detonada o 16 de xullo de 1945 na Proba Trinity en Novo México, Estados Unidos. Oppenheimer declararía máis tarde que tras esta primeira proba lle viñeran á mente as palabras do Bhagavad Gita: «Agora convertinme en morte, a destrutora de mundos». Oppenheimer sempre expresou o seu pesar polo falecemento de vítimas inocentes cando as bombas nucleares foron lanzadas contra os xaponeses nos bombardeos de Hiroshima e Nagasaki en agosto de 1945.

    Logo da guerra ocupou o cargo de asesor xefe na daquela recentemente creada Comisión da Enerxía Atómica dos Estados Unidos e utilizou a súa posición para avogar polo control internacional do poder nuclear, evitar a proliferación de armamento nuclear e frear a carreira armamentística entre os Estados Unidos e a Unión Soviética. Logo de provocar a ira de numerosos políticos polas súa opinión pública, o goberno retiroulle o seu pase de seguridade, perdendo o acceso aos documentos militares segredos do seu país, e perdeu a súa influencia política directa durante unha moi publicitada auditoría en 1954. Nesa época nos Estados Unidos todas aquelas persoas sospeitosas de simpatizar co comunismo ou simplemente de ser disidentes foron perseguidas polo goberno. Tras isto Oppenheimer continuou escribindo, traballando no campo da física e dando diversas conferencias. Nove anos despois da auditoría, os presidentes John F. Kennedy e Lyndon B. Johnson concedéronlle e outorgáronlle respectivamente o Premio Enrico Fermi como un xesto de rehabilitación da súa figura pública.

    Oppenheimer conseguiu varios logros notables no campo da física, como por exemplo a aproximación de Born-Oppenheimer. Tamén traballou na teoría de electróns e positróns, o proceso de Oppenheimer-Phillips da fusión nuclear e na primeira predición sobre o efecto túnel. Xunto cos seus alumnos fixo importantes contribucións á teoría moderna sobre as estrelas de neutróns e os buratos negros, así como á mecánica cuántica, á teoría cuántica de campos e ás interaccións dos raios cósmicos. Como profesor e promotor da ciencia, recórdase como un dos fundadores da escola estadounidense de física teórica, que gañou prominencia mundial na década de 1930. Logo da Segunda Guerra Mundial, tamén ocupou o posto de director do Institute for Advanced Study de Princeton.

    Royal Society

    A Royal Society of London for Improving Natural Knowledge é a máis antiga sociedade científica do Reino Unido e unha das máis antigas de Europa. Aínda que se adoita considerar o ano 1660 como o da súa fundación, o feito é que anos antes xa existía un grupo de científicos que se reunían con certa periodicidade. Mantén estreitas relación coa Academia Real Irlandesa fundada no 1782, mentres que a Real Sociedade de Edimburgo, fundada en 1783, mantense como unha institución escocesa independente. A pesar de ser unha institución privada e independente, fai ás veces de Academia Nacional de Ciencias no Reino Unido e é membro do Consello Científico Británico formado no 2000.

    1901–1925
    1926–1950
    1951–1975
    1976–2000
    2001–

    Outras linguas

    This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
    Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
    Images, videos and audio are available under their respective licenses.