Patriarca ecuménico de Constantinopla

O patriarca de Constantinopla é o patriarca ecuménico da Igrexa ortodoxa. A diferenza do que ocorre na Igrexa católica, o seu cargo é unicamente honorífico: compételle presidir os concilios nos que toma parte e é o principal portavoz da Igrexa ortodoxa, pero non ten xurisdición nos asuntos internos das igrexas ortodoxas autocéfalas.

Ademais de ser o líder espiritual de 300 millóns de cristiáns ortodoxos repartidos por todo o mundo, é o máximo dirixente da Igrexa ortodoxa de Constantinopla, con preto de catro millóns de fieis en varios países.

O patriarca é considerado sucesor de André tal como o Papa é considerado sucesor do seu irmán Simón Pedro.

O actual patriarca ecuménico é a súa santidade Bartolomeu I .

Véxase tamén

Outros artigos

Ana de Kiev

Ana de Kiev ou Ana Yaroslavna, nada entre 1024 e 1032 e finada entre 1075 e 1089. Tamén coñecida como Ana de Rus (ou Agnés en Francia) ao longo dos séculos e como Ana de Kiev desde finais do século XX. Foi a dona de Henrique I de Francia e polo tanto raíña consorte de Francia. Tras a morte do seu marido exerceu como rexente do seu fillo Filipe I de Francia.

Arquidiocese ortodoxa grega de Constantinopla e Nova Roma

A arquidiocese de Constantinopla e Nova Roma (en grego: Αρχιεπισκοπής Κωνσταντινουπόλεως - Νέας Ρώμης) é a sé propia do Patriarca Ecuménico de Constantinopla e sé principal da Igrexa Ortodoxa de Constantinopla. O seu territorio actual é moi reducido, e comprende parte da cidade de Istambul, no lado correspondente á antiga Constantinopla.

Historia de Serbia

Aínda que a orixe dos serbios se perde no pasado remoto, a historia de Serbia pode considerarse que comeza co primeiro estado serbio, Raška, que foi fundado no século IX pola Casa de Vlastimirović; desenvolveuse despois como Reino e logo Imperio serbio baixo a Casa de Nemanjić.

Na época moderna, e despois da ocupación otomá, Serbia foi un principado autónomo (1817-1878), aínda baixo soberanía otomá, un principado e un reino independente (1878-1918), parte do Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos (1918-1941), denominado Reino de Iugoslavia desde 1929, un estado títere ocupado polos nazis (1941-1944), unha república socialista na República Federal Socialista de Iugoslavia (1945-1992), unha república na República Federal de Iugoslavia (1992-2003), unha república na Unión de Estado de Serbia e Montenegro (2003-2006) e, nos nosos días, a República de Serbia, independente desde o 5 de xuño de 2006.

Igrexa ortodoxa finlandesa

A Igrexa ortodoxa finlandesa (en finés: Suomen ortodoksinen kirkko) é unha igrexa ortodoxa autónoma do patriarcado ecuménico de Constantinopla en Finlandia. A igrexa ten o recoñecemento legal como igrexa nacional do país, xunto á Igrexa luterana evanxélica de Finlandia.

Ten orixe no traballo dos misioneiros medievais de Novgorod en Carelia, e foi parte da Igrexa ortodoxa rusa até 1923. Hoxe estrutúrase en tres dioceses, e conta con arredor de 58.000 fieis.

Isidoro de Kiev

Isidoro de Kiev, nado arredor de 1385 en Monemvasia (Imperio Bizantino) e finado o 27 de abril de 1463 en Roma (Estados Pontificios), foi un eclesiástico católico grego, metropolita de Kiev e toda a Rus entre 1437 e 1441, cardeal e patriarca latino de Constantinopla.

Lista dos patriarcas ecuménicos de Constantinopla

Esta é unha lista dos patriarcas de Constantinopla, e dos seus antecesores os bispos de Bizancio e os arcebispos de Constantinopla. Antes do Gran Cisma (comunmente datado en 1054), as Igrexas católica e ortodoxa estaban unidas. Dende entón, o Patriarca Ecuménico de Constantinopla, como primado da igrexa ortodoxa de Constantinopla, ten exercido como principal líder espiritual dos ortodoxos, como primus inter pares.

Até o Gran Cisma, por tanto, non había distinción entre católicos e ortodoxos. Logo do cisma, existiu durante un tempo un Patriarcado Latino de Constantinopla, católico, que logo foi transformado en sé titular. Existe tamén un Patriarca Armenio de Constantinopla, da Igrexa Apostólica Armenia.

Metrópole ortodoxa grega de Derkoi

A Metrópole de Derkoi (en grego: Ἱερὰ Μητρόπολις Δέρκων) é unha sé ortodoxa da Igrexa de Constantinopla, situada no suburbio de Yesilköy en Istambul, Turquía. A súa catedral é a de San Parakevi en Therapia (Tarabya). O seu metropolitano é membro do Sínodo Patriarcal.

Metrópole ortodoxa grega de Galicia

A metrópole de Galicia ou de Halych (en ucraíno: Галицька митрополія, "Halychka mytropoliia") foi unha metrópole da Igrexa Ortodoxa de Constantinopla, constituída arredor de 1302, que existiu durante certos intervalos até 1347, cando foi integrada na metrópole de Kiev e que foi restaurada en 1371, para subordinarse novamente á Kiev en 1401.

Patriarca de Constantinopla

O título de Patriarca de Constantinopla é o que levan algúns bispos que ocupan a sé de Constantinopla (hoxe Istambul, Turquía), ou que a ocuparon antigamente e mantiveron o nome ao trasladar a sé a outro lugar. O máis coñecido deles é o Patriarca ecuménico de Constantinopla, da Igrexa ortodoxa de Constantinopla, e polo xeral a expresión «Patriarca de Constantinopla» refírese a el. Ademais do prelado ortodoxo, reclama o título a Igrexa apostólica armenia e, antigamente, a Igrexa católica latina.

Patriarcado ecuménico de Constantinopla

O patriarcado ecuménico de Constantinopla ou Igrexa ortodoxa grega de Constantinopla é unha das 14 igrexas autocéfalas que fan parte da Igrexa ortodoxa, en comuñón entre elas. Está dirixida polo patriarca ecuménico de Constantinopla, actualmente Modelo:Cargos da Igrexa ortodoxa.

Por mor da súa localización na capital do antigo Imperio Bizantino e o seu papel como Igrexa Nai da maioría das Igrexas ortodoxas modernas, o patriarca ten o rango de Primus inter pares 'o primeiro entre iguais' entre os prelados ortodoxos. A diferenza do oapa na Igrexa católica, non exerce control sobre as demais igrexas autocéfalas, que son completamente autónomas.

Xoán Paulo II, papa

Xoán Paulo II, nado co nome de Karol Józef Wojtyła (AFI: [ˈkarɔl ˈjuzɛf vɔjˈtɨwa]) en Wadowice o 18 de maio de 1920, e finado na Cidade do Vaticano o 2 de abril de 2005, foi o papa número 264 da Igrexa católica. De orixe polaca, foi o primeiro Pontífice non italiano dende Hadrián VI, finado en 1523. O seu pontificado de 26 anos foi o terceiro máis longo na historia da Igrexa católica, despois do de San Pedro (crese que entre 34 e 37 anos) e o de Pío IX (31 anos).

Foi considerado, segundo a revista Time, un dos líderes máis influentes do século XX, e considérase que axudou á fin dos réximes comunistas en Polonia e no resto de Europa. No seu pontificado melloraron significativamente as relacións da Igrexa católica co xudaísmo, co islam, coa Igrexa ortodoxa e coa Comuñón Anglicana. Algúns sectores criticárono por manter a postura contraria da Igrexa ante a anticoncepción e a ordenación de mulleres, mentres que tamén foi criticado polo seu apoio ao Concilio Vaticano Segundo e ás súas reformas; porén, tamén foi gabado pola súa postura firme e ortodoxa en canto á doutrina católica.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.