Patria

A patria (do latín patria, -ae ‘país de nacemento’, derivado de pater, -tris ‘pai’)[1] adoita designar a terra natal ou adoptiva á que un individuo se sente ligado por vínculos de diversa índole, como afectivos, culturais ou históricos.

Tamén se chama patria á terra natal dos pais dunha persoa, á cal se sente ligado afectivamente aínda que non nacese nela.

O significado adoita estar unido a connotacións políticas ou ideolóxicas, e xa que logo é obxecto de diversas interpretacións así como de uso propagandístico.

Historia

O vocábulo patria remóntanos á cultura romana. A patria, terra dos devanceiros ou pais, tiña unha orixe mítico. Era unha doazón dos deuses. Non obstante, o seu sentido principal non estivo relacionado nin á terra especificamente nin a priori, e coas novas conquistas romanas a patria foise estendendo.

No terreo físico que comprendía existía unha comunidade, término este que implica unha común unidade, en particular, unidade para o fin ao que se tende, establecéndose desta maneira unha relación dese concepto co cultural. A unidade no imperio estaba dada primeiro polo idioma común e logo por outras características culturais. A decadencia romana viu coa perda dos antigos costumes, os mores maiorum, que se recuperan coa chegada a Roma de Octavio como Imperator, de aí que fose chamado Augusto. Co relatado pódese apreciar o sentido real do vocábulo patria. Logo cabe desenvolver o seu nexo con nación.

Seguindo a historia da península itálica, podemos apreciar que a nación italiana xurdiu a partir dunha herdanza da historia da patria propiamente. Cando Maquiavelo chama á unión dos italianos, faino segundo esta xénese cultural. A nación viría a ser unha etapa de comunidade posterior á patria.

Cabe destacar que patria é un concepto eminentemente latino. Por exemplo, nas culturas saxoas dábase maior importancia ao country, que se refire ao estritamente territorial, o que nós chamariamos país.

Notas

  1. "Patria". Portal das Palabras. Consultado o 26 de xullo de 2016.
A Portuguesa

A Portuguesa é o himno nacional de Portugal. Naceu como unha canción de cariz patriótico en resposta ao ultimato británico para que as tropas portuguesas abandonasen as súas posicións en África en 1890. A letra é de Henrique Lopes de Mendonça e a música de Alfredo Keil. A Portuguesa foi designada como un dos símbolos nacionais de Portugal na Constitución de 1976. Regra xeral apenas a primeira parte do himno é transmitida polo ensino oficial. Na súa maioría, os portugueses descoñecen por tanto a existencia das segunda e terceira partes da letra do himno.

Asia Central

Asia Central é unha rexión no corazón do continente asiático dende o Mar Caspio no oeste, a China no leste, Afganistán no sur, e Rusia no norte. Existen varias definicións da súa composición exacta, e ningunha definición é aceptada universalmente. A pesar desta incerteza na definición das fronteiras, ten algunhas características xerais importantes. Por unha banda, Asia Central historicamente estivo estreitamente ligada a seus pobos nómade e a ruta da seda. En consecuencia, actuou como unha encrucillada para o movemento de persoas, bens e ideas entre Europa, Asia Occidental, Asia Meridional e Asia Oriental.

Todas as definicións de Asia Central inclúen estas cinco repúblicas da antiga Unión Soviética: Casaquistán (poboación: 16´0 millóns), Kirguizistán (5´5 millóns), Taxiquistán (7´3 millóns), Turkmenistán (5,1 millóns), e Uzbekistán (27´6 millóns), cunha poboación total de 61´5 millóns de 2009. Outras áreas que se inclúen a miúdo son Mongolia, Afganistán, no norte e o oeste de Paquistán, nordés de Irán, Caxemira, e, ás veces Xinjiang no oeste da China e o sur de Siberia en Rusia.

Durante a época pre-islámica e principios da islámica, Asia Central era predominantemente iraniano, rexión que inclúe sogdianos sedentarios, corasmianos e semi-nómades escitas e alanos. A antiga poboación sedentaria xogou un papel importante na historia de Asia Central. Logo da expansión dos pobos turcos, Asia Central tamén se converteu na patria de moitos pobos turcos, como os uzbekos, casacos, kirguises, e uigures.

Asturias, patria querida

O himno de Asturias é o himno oficial do Principado de Asturias, segundo establece a Lei 1/1984 do 27 de abril. Trátase dunha canción popular, que estaba tan arraigada entre os asturianos que foi elixida finalmente como himno.

Comunidade autónoma

Unha comunidade autónoma é unha entidade territorial que, dentro do ordenamento constitucional do Estado español, está dotada de certa autonomía lexislativa e competencias executivas, así como da facultade de administrarse mediante os seus propios representantes.

Cícladas

As Cícladas ou Cíclades, do grego Κυκλάδες, que significa "circular", é un arquipélago no sur do mar Exeo. O seu nome indica as illas que forman un círculo arredor da illa sagrada de Delos, (patria dos deuses Apolo e Ártemis), en contraposición ao resto das illas do Exeo ás que chamaron Espóradas (do grego: Σποράδες, dispersas).

Día Nacional de Galicia

O Día Nacional de Galicia, coñecido tamén popularmente como Día Nacional da Galiza, Día da Galiza, Día de Galicia, Día da Patria ou Día da Patria Galega, é a festa oficial do país galego, segundo decreto da Xunta de Galicia publicado no DOG do 1 de xaneiro de 1979. Celébrase o día 25 de xullo, día da festividade do apóstolo Santiago o Maior.

Exército Vermello

Exército Vermello de Traballadores e Labregos (RKKA, do ruso Рабоче-крестьянская Красная армия, Raboche-krestianskaya Krasnaya armia) foi a denominación oficial das forzas armadas organizadas polos bolxeviques durante a guerra civil rusa en 1918. Esta organización converteuse no exército da República Socialista Federativa Soviética de Rusia trala Revolución de Outubro e da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas trala súa creación en 1922, formando o maior exército do mundo dende os anos 1940 até a disolución da Unión no nadal de 1991.

O nome, abreviado xeralmente a Exército Vermello, fai referencia ó sangue derramado pola clase obreira na súa loita contra o capitalismo. Malia que o Exército Vermello converteuse oficialmente no Exército Soviético en 1946, o termo Exército Vermello é de emprego común en Occidente para referirse a tódalas Forzas Armadas soviéticas ó longo da súa historia.

O Exército Vermello está acreditado como a forza terrestre decisiva na vitoria Aliada na Segunda Guerra Mundial. Durante as operacións na Fronte Oriental, loitou contra o 75%–80% das forzas terrestres alemás (Wehrmacht Heer e Waffen-SS) dispostas na guerra.

Garda Civil

A Garda Civil, popularmente coñecida como A Benemérita, é unha institución armada de carácter militar, que forma parte das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado de España. Como tal, o seu deber é garantir e protexer o libre exercicio dos dereitos e liberdades das persoas, e garantir a seguridade cidadá, baixo a dependencia do Goberno de España. Foi o primeiro corpo de seguridade pública de ámbito estatal xurdido en España, sendo creada en 1844 por Francisco Javier Girón.

Gesta Danorum

Gesta Danorum ("Feitos dos daneses") é un texto patriótico da historia de Dinamarca, escrito no século XII polo autor Saxo Grammaticus ("Saxo o literato", literalmente "o Gramático"). Valdemar I de Dinamarca ou alguén da súa corte animouno a escribir a historia de Dinamarca, a súa patria. A Historia Dinamarquesa consta de varios tomos, escritos en latín. Inclúe traducións de pezas vernáculas que actualmente substitúen ás orixinais perdidas. Asemade, contén unha descrición da relixión dos seus antergos.

Ademais, no terceiro tomo da Gesta Danorum, figura unha versión primitiva da historia de Hamlet (que inspirou a máis famosa obra de Shakespeare), cuxo protagonista é Amlodi ou Amleth.

A obra completa componse de dezaseis libros en prosa con algunha incursión ocasional de poemas. Os libros 1 ó 9 están enfocados na mitoloxía nórdica e o texto remata con citas a Gorm o Vello, primeiro rexistro documentado dun rei dinamarqués. Os libros 10 ó 16 están máis enfocados na historia medieval. O libro 14 contén unha descrición do templo de Rügen.

Porén, a obra orixinal considérase perdida, coa excepción de catro fragmentos: fragmento de Angers (o máis completo e o único que se considera escrito da súa propia man por Saxo), fragmento de Lassen, fragmento de Kall-Rasmussen e fragmento de Plesner. Tódolos fragmentos pertencen á Biblioteca Real Dinamarquesa.

Homero

Homero (en grego antigo Ὅμηρος Hómēros; c. século VIII a. C.), é o suposto autor das obras literarias máis antigas coñecidas en Europa, os poemas orais épicos a Ilíada e a Odisea. Considerado o pai da cultura grega, foi o primeiro gran poeta grego que consagrou o xénero, ademais consérvanse del a épica menor cómica Batrachomyomachia (literalmente:"A batalla das rás e dos ratos») e os corpus dos himnos homéricos.

É difícil establecer con certeza se Homero foi un individuo histórico ou unha identidade construída, e se é o autor das dúas célebres epopeas que son os alicerces da literatura occidental. Todo isto é o tratado na cuestión homérica. Malia isto, numerosas vilas xónicas (Quíos, Esmirna, Cime ou mesmo Colofón) dispútanse a orixe do aedo. Por outra banda, a tradición individualízao ó atribuírlle que era cego.

Liberté, égalité, fraternité

Liberté, égalité, fraternité (Liberdade, igualdade, fraternidade en francés) é o lema da república francesa, foi o lema da Revolución Francesa e é tamén a divisa da Francmasonería. O slogan sobreviviu á revolución, converténdose no berro dos activistas, tanto militantes como non-violentos, a favor da democracia e do derrocamento de gobernos opresores e tiránicos de todo tipo. O lema aparece citado nas constitucións francesas de 1946 e 1958 (en ambas as dúas atópase no título primeiro - Da soberanía, artigo 2).

Orixinalmente a divisa era Liberté, égalité, fraternité, ou a mort! (¡Liberdade, igualdade, fraternidade ou a morte!).

Durante a ocupación alemá de Francia durante a II Guerra Mundial o lema foi substituído na zona do Goberno de Vichy pola frase Travail, famille, patrie (Traballo, familia, patria) para evitar posibles interpretacións subversivas.

Lijepa naša domovino

Lijepa naša domovino (A nosa benquerida patria) é o himno nacional croata. Xa fora himno oficial da República Socialista Croata na ex-Iugoslavia e pasou a o ser himno do novo Estado soberano tras obter a independencia en 1991.

A letra é de Antun Mihanović (1835) e a música de Josif Runjanin (1846).

Marcha Real

A Marcha Real ou Marcha Granadera é unha composición musical do século XVIII usada como himno por España, e malia que houbo diversas tentativas para dotala dunha versión con letra, nunca se oficializou ningunha. Durante a Segunda República Española o himno utilizado no Estado foi o Himno de Riego.

Mer Hayrenik

Mer Hayrenik (en armenio: Մեր Հայրենիք); e traducible ó galego como A nosa patria) é o himno nacional da República de Armenia. Foi adoptado o 1 de xullo de 1991, e foi tamén o himno nacional da República Democrática de Armenia (1918–1920), o primeiro estado moderno armenio.

Mila Rodino

Mila Rodino (Querida Patria) é o himno nacional de Bulgaria. Foi escrito e composto por Tsvetan Tsvetkov Radoslavov antes de partir á Guerra Serbo-Búlgara en 1885. Foi adoptado oficialmente en 1964.

Noceda, Lalín

Santa María de Noceda é unha parroquia do concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza. Linda coas parroquias de Madriñán, Prado, Santiso e co concello de Silleda. Segundo o IGE en 2011 tiña 275 habitantes (139 homes e 136 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999, cando tiña 346 habitantes.

Localízase sobre un lugar con terras húmidas (está bañada polas augas do río Deza, o regueiro da Santa Lucía, e o de Faquintas), con agros, carballeiras, e terras de cultivo. A súa altura máxima é de 440 metros.

O nome da parroquia levouno durante moito tempo a Banda de música de Noceda.

Salvador Golpe

Salvador Golpe Varela, nado en Oza (Oza-Cesuras) o 27 de xullo de 1850 e finado na Coruña o 23 de xuño de 1909, foi un intelectual, xornalista, ensaísta, poeta e político galego. A corrente ideolóxica do rexionalismo galego, movemento galeguista acontecido durante as primeiras décadas do século XX que derivará no nacionalismo, está presente tanto na súa actividade política e cultural como na súa produción literaria.

Xogos Olímpicos de 1952

Os Xogos Olímpicos de 1952 foron realizados en Helsinqui, en Finlandia, patria dalgúns dos maiores atletas olímpicos de antes da segunda guerra mundial e de todos os tempos; e foron os maiores deles, Hannes Kolehmainen e Paavo Nurmi, os responsables do momento máis emocionante da apertura do evento, cando, xa homes de certa idade, entraron no estadio conducindo a facho olímpico e acendendo o pira olímpica.

Helsinqui conquistou o dereito de sediar os Xogos no congreso do COI de 1947, derrotando como cidade candidata as pretensións de Ámsterdan, Atenas, Lausana, Estocolmo e cinco cidades norteamericanas; antes, ela xa fora escollida para sediar os Xogos de 1940, cancelados por causa da II guerra mundial.

Participaron nestes Xogos un total de 4.955 atletas, sendo 519 deles mulleres, representando 69 estados, un récord até entón.

Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.