Pato cristado

O pato cristado ou parrulo cristado[2] (Aythya fuligula) é un anátido mergullador de pequeno tamaño.

Pato cristado
Macho/Femia

Macho/Femia
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)

Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Subfamilia: Aythyinae
Xénero: Aythya
Especie: A. fuligula
Nome binomial
Aythya fuligula
(Linnaeus, 1758)
Aythya fuligula MHNT.ZOO.2010.11.20.3
Aythya fuligula

Descrición

Os machos adultos son negros, cos lados brancos e o peteiro de cor azul, cunha crista de plumas na cabeza que lle dá o nome á especie. Os ollos son amarelos brillantes.

As femias adultas son castañas cos lados máis pálidos, moi semellantes ás femias doutras especies próximas. Algunhas teñen unha marca branca ó redor do bico.

Female Tufted Duck 800
Femia de pato cristado

Distribución e hábitat

Cría en zonas temperadas e do norte de Eurasia. Aparece como visitante ocasional nas costas dos Estados Unidos e Canadá. Ocuparon Centroeuropa no século XVIII procedentes do oeste e do norte. A expansión que está a sufrir a súa area de distribución atribúese ao aumento das poboacións de mexillóns de auga doce e á aparición de superficies acuáticas novas como consecuencia da extracción de áridos. Os máis dos exemplares son migratorios e pasan os invernos nas zonas máis mornas do oeste e sur de Europa e sur de Asia. Nalgunhas zonas, coma nas illas británicas, as costas do mar do Norte, Alemaña, Francia, Polonia e o Benelux son sedentarios. No inverno forman grandes bandadas en augas abertas.

Vive a carón de lagos e pantanos, pero atópase tamén en ríos, lagoas costeiras, na beira do mar e en estanques urbanos.

Reprodución

Cría en áreas con moita vexetación preto de lagos e pantanos. Fai o niño no chan, agachado entre as plantas. A época reprodutora vai de xuño a xullo e crían os polos ata agosto.

Alimentación

O 60% da súa dieta componse de mexillóns e caracois, un 30% de artrópodos e outros animais pequenos, e o resto de vexetais. Cando busca comida pode mergullarse ata os dous metros de profundidade. En xeral, os pitos son alimentados exclusivamente de insectos.

Status

En Europa crían entre 250.000 e 300.000 parellas. En Rusia entre 400.000 e 500.000.

Ave de adorno

O pato cristado, que é unha especie de parrulo atractiva, áxil e fácil de coidar, é unha ave decorativa en parques desde hai moito tempo. No século XVII estaba presentes nos xardíns de Versalles e Londres. En 1848 no zoo londinense criáronse os primeiros polos nados en catividade.

Nome común noutras linguas

  • Alemán:Reiherente
  • Búlgaro: Kachulata potapnitsa (Качулата потапница)
  • Checo:Polák chocholačka
  • Danés:Troldand
  • Inglés: Tufted Duck
  • Español: Porrón moñudo
  • Estonio: Tuttvart
  • Finés Tukkasotka
  • Francés: Fuligule morillon
  • Húngaro:Kontyos réce
  • Islandés: Skúfönd
  • Italiano:
  • Neerlandés: Kuifeend
  • Noruegués: Toppand
  • Sueco: Vigg

Notas

  1. BirdLife International (2012). "Aythya fuligula". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
  2. Forma preferida polo bUSCatermos, toma como referencias: "Zooloxía" en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991; Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2000; VV. AA. (2012) Vocabulario forestal. Santiago de Compostela, Universidade / Deputación de Lugo

Véxase tamén

Bibliografía

  • T. Bartlett, Ducks And Geese - A Guide To Management, The Crowood Press, 2002, ISBN 1-85223-650-7
  • Hartmut Kolbe; Die Entenvögel der Welt, Ulmer Verlag 1999, ISBN 3-8001-7442-1
Galería de imaxes de aves

Nota: Os paxaros están organizados, polo de agora, alfabeticamente polo seu nome común.

Lista das aves de Galicia

A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas en Galicia. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais, mesmo algunhas que hai anos que non se observan na Comunidade, a non ser que sexa desde hai moito tempo. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo. Indícase a súa pesenza (nativa, invernante, accidental...). Tamén se di se é común ou pouco común, xa que unha especie nativa ou moi estendida polo territorio pode non ser moi abondosa. Igualmente se indica o seu status en Galicia (que non ten por que coincidir co seu status mundial), para o cal se utilizaron as equivalencias co sistema da IUCN. Unha ave pouco común pode ter un status pouco preocupante se as súas poboacións son estables, e mesmo pode estar en expansión. Móstrase unha soa imaxe de cada ave, aínda que en moitas delas o macho e a femia e os inmaturos teñen plumaxes diferentes ou presentan plumaxes de inverno e verán ou de tempada reprodutora.

Lista das aves ibéricas

A seguinte é unha lista alfabética das aves silvestres atopadas na Península Ibérica. Inclúe tanto as especies habituais como as citas ocasionais. Non se inclúen as aves domésticas (como por exemplo a galiña, pavo, ganso ou a avestruz) nin as aves ornamentais que se crían en catividade, aínda que si aquelas que, procedentes desta última situación, escaparon ou foron liberadas e xa se adaptaron á vida en liberdade ou están en vías de facelo.

Lågskär

Lågskär —en galego: «escollo baixo»— é unha pequena illa de 43 hectáreas pertencente ao arquipélago das Åland (Finlandia). Está situada a uns 24 km ao sur de Mariehamn, no Báltico mar de Åland. Caracterízase polos seus cons e cantís na costa, e unha vexetación abundante no interior. Na súa parte meridional localízanse os illotes de Sundbloms Grund, Söderklappen e Österkläppen. Xunto con Björkör, ocupa unha superficie de pouco máis de 60 km² e ten unha altitude media de 6 msnm.

Recoñecida por ser un criadeiro para aves acuáticas, a illa é frecuentada por ornitólogos que empregan o faro durante a súa estadía para pasar a noite. Este foi construído en 1920, cun dispositivo de alumeado rotatorio mediante gas, o primeiro do seu tipo no mundo. Pola súa banda, é de destacar que varios buques de guerra afundiron fronte á súa costa, incluíndo o acoirazado alemán SMS Rheinland durante unha espesa néboa en 1918. Ademais, son numerosas as rutas de transbordador que pasan a escasos quilómetros do seu territorio, como a que une Estocolmo con Tallin e a que vai dende Mariehamn a Helsinqui. No ano 2000, foi clasificada como un área importante para a conservación das aves (AICA) por BirdLife International.

Pato chupón

O pato chupón (Aythya ferina) é un parrulo mergullador de tamaño medio.

Pato de colar

O pato de colar (Aythya collaris), tamén coñecido como pato cristado americano ou parrulo cristado americano, é un paxaro anseriforme da familia dos anátidos.

Serra da Enciña da Lastra

O Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra é unha paraxe protexida que comprende a contorna da serra da Enciña da Lastra, unha das serras orientais de Galiza. Está situado na zona nordés da provincia de Ourense, no concello de Rubiá, comarca de Valdeorras, xusto no límite coa comarca do Bierzo. Foi declarado parque natural no ano 2002. Ten unha extensión de 3151,67 ha e unha altitude media de 684 m.

O parque abrangue a serra e un val calcario de pendentes pronunciadas e cantís entre os que destacan a pena Falcoeira, o val do Inferno ou os penedos de Oulego. O río Sil discorre durante uns catro quilómetros polo extremo oriental do parque, remansado nese tramo polo encoro de Penarrubia. O outro curso de auga permanente é o río Galir, alén da existencia doutros regatos estacionais.Os puntos de máxima altitude da serra son O Piornal, con 1529 metros sobre o nivel do mar e a pena Tara, con 1089 metros, nos penedos de Oulego.

Área de especial interese faunístico e florístico pola seu carácter limítrofe entre a rexión mediterránea e a eurosiberiana, o parque abrangue a mellor representación de vexetación mediterránea en Galicia, con números endemismos de ámbito reducido. Posúe tamén destacadas poboacións de aves rapaces, entre as que destaca a presenza do voitre branco, aguia real e falcón peregrino. A menor dureza do solo calizo propiciou a formación de abundantes covas —que aquí se denominan palas— que acubillan importantes colonias de morcegos, das máis importantes de Galicia. Outro punto de interese radica na presenza de pasteiros mediterráneos característicos de zonas rochosas de montaña.

Vigozoo

Vigozoo é o nome oficial do parque zoolóxico de Vigo, chamado popularmente A Madroa (lugar da parroquia de Candeán onde se atopa). Ostenta a categoría xurídica de organismo autónomo municipal.[Cómpre referencia]

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.