Paterna

Paterna é un municipio da Comunidade Valenciana, pertencente á provincia de Valencia. Está situado ao noroeste da comarca da Horta Oest a 5 km ao noroeste da capital, Valencia, e na beira esquerda do río Turia. O 1 de xaneiro de 2008 tiña 61.941 habitantes, sendo a 11ª cidade por número de habitantes do país.

Paterna
Bandera de Paterna
Escut de Paterna
Localización
Localització de Paterna respecte del País Valencià
PaísEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
ProvinciaValencia
ComarcaL'Horta Oest
Xeografía
Altitude70 msnm
Superficie44,0 km²
Demografía
Poboación61.941 hab. (2008)
Densidade1.407,75 hab./km²
XentilicioPaterneiro/a
Outros datos
Código postal46980
AlcaldeLorenzo Agustí Pons (PP)
Ajuntament de Paterna

Xeografía

La vallesa
Bosque da Vallesa
Paterna. Ajuntament 2
A Casa do Concello
Paterna. La Cova Gran. Àgora o Amfiteatre 2
Espazo Cultural La Cova Gran. Anfiteatro.

O seu clima é clima mediterráneo árido cunhas precipitacións de 250 mm ao ano e unhas temperaturas que oscilan entre os 12 °C de xaneiro e os 27 °C de xullo, alcanzándose tódolos veráns máximas por encima dos 35 °C.

Pódese acceder a esta localidade a través da liña 1 de Metro de Valencia.

Barrios e pedanías

Os núcleos de poboación do municipio son:

  • Paterna (barrios de Alborgí, Campament e Santa Rita)
  • La Canyada
  • La Coma
  • Creu de Gràcia
  • Terramelar

Demografía

Paterna tiña arredor de 3.505 habitantes en 1900. A creación do Polígono Font del Gerro favoreceu a inmigración entre os anos 1950 e 1970 nos que Paterna experimentou un importante troco social e urbanístico, chegándose a triplicar a poboación.

O medre actual da poboación débese á creación de novas zonas residenciais e á expansión das zonas industriais no termo municipal. En decembre de 2007, o número de habitantes era de 59.043 (29.454 mulleres e 29.589 homes)

A poboación flotante nas zonas residenciais calcúlase en torno aos 16.000 habitantes, e nas zonas industriais calcúlase en torno a 15.250 persoas.

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2005 2006 2007 2008
3.509 3.781 5.042 6.353 10.008 11.724 16.951 22.944 34.425 42.855 47.498 54.560 57.343 59.043 61.941

Estatística demográfica 2004

  • Ritmo de medre medio anual da poboación 2000-2004: 1,9 %
  • Variación poboación 2000-2004: 7,7%
Inmigración por continentes en Paterna
Lugar Total %
Europa 965 44,8
África 414 19,2
América 663 30,8
Asia 108 5,0
Oceanía 3 0,1
Total 2.153 4,6
Poboación por núcleos urbanos
Núcleo Homes Mulleres Total
Casco Urbano 17.965 17.983 35.948
La Canyada 5.316 5.179 10.495
La Coma 2.758 2.816 5.574
Valterna 1.591 1.509 3.100
Terramelar 1.307 1.358 2.665
Creu de Gràcia 58 66 124
Total 28.995 28.911 57.906

Economía

O sector servizos representa o 56% da actividade económica global do municipio. A industria representa o 33,2%, a construción o 9,8% e a agricultura o 1%.

Paterna se enclava nunha das áreas industriais máis importantes do sur de Europa. No término municipal atópase: o Polígono Industrial Fonte del Gerro, o Polígono Industrial da estrada de Ademuz, a cidade dos negocios Táctica e o Parque Tecnolóxico de Valencia.

A produción industrial é moi diversificada: alimentación, téxtil, madeira, pel, metal, químicas, plástico, transporte, electricidade...

Estatística económica 2004

  • Nivel económico: 7
  • Oficinas bancarias: 37
  • Actividades industriais: 1.101
  • Supermercados: 15
  • Centros comerciais: 2
  • Índice industrial: 223
  • Índice comercial: 144

Cerámica de Paterna

Na Idade Media e o Renacemento, Paterna foi un dos principais centros produtores de cerámica da península competindo con notábeis centros como Teruel ou Manises, chegando a distribuírse por todo o Mediterráneo. Son coñecidas as cerámicas como pratos, escudelas, botes de farmacia pintadas en azul e dourado e as decoradas en verde e manganeso. Os motivos son moi variados: figuras humanas, de animais, vexetais ou heráldicas.

O socarrat (século XV) é a peza máis característica da cerámica paterneira. Trátase de pezas de barro cocido de forma rectangular que se utilizaban para a decoración dos palacios e mansións, en especial de beirados e teitos. Unha nutrida mostra exponse no Museo de Cerámica de Paterna, que se encarga, de xestionar o préstamo de pezas a outros museos e exposicións. Actualmente exhíbense pezas de cerámica de Paterna no Museo Arqueolóxico Nacional (Madrid) e noutros de Valencia, Barcelona, París, Londres ou Nova York.

Gastronomía

Ademais da gastronomía típica da zona de Valencia: paella, arroces e verduras, destaca o cachap: doce follado recheo dunha crema especial típica de Paterna.

Lugares de interese

  • Torre de Paterna: De orixe árabe, utilizábase como elemento defensivo dela poboación debido ao seu emprazamento estratéxico e a excelente visibilidade da contorna. Cunha forma troncocónica ten unha altura de 19,5 m e entre 12,7 e 9,6 m de diámetro.
  • Pazo dos Condes de Villapaterna: Pazo señorial construído polos condes de Villapaterna en 1760. En 1983 foi adquirido polo concello que instalou alí a casa consistorial.
  • O Calvario: Constituído por unha terraza con vistas ao río Turia, á horta e ás poboacións próximas na que se sitúa o reloxo da vila. No pasado, estivo ocupado polo Castelo de Paterna, derruído no século XVIII.
  • Museo de Cerámica: Situado na praza do Pobo, na antiga casa consistorial, alberga unha das coleccións de cerámica máis importantes da Comunidade Valenciana.
  • Igrexa de Sant Pere: Construída no século XIV no lugar que ocupaba a mesquita. Foi remodelada no século XVIII.
  • Gran Teatro Antonio Ferrandis: Construído a finais dos anos 20, foi un lugar de lecer utilizado polos paterneiros durante décadas. Foi adquirido polo Concello e no ano 2000 foi inaugurado co nome do ilustre actor de Paterna, Antonio Ferrandis Monrabal, acollendo un nutrido programa cultural de teatro, música e exposicións.
  • Café Teatro Capri: Construído en 1924, foi adquirido polo concello en 1998, remodelado e inaugurado de novo no ano 2000. Actualmente acolle diversos actos culturais.
  • Espazo Cultural La Cova Gran: Formado por un anfiteatro e a biblioteca central se engloba no Parque da Torre e as Coves.
  • Espazo Cultural Coves del Bata: Alberga exposicións de arte nun espazo emblemático e histórico como son as covas.
  • Molins de Paterna: Muíños construídos na idade media para aproveitar a forza da auga que pasaba pola canle de Montcada nas producións fariñeiras, arroceiras e téxtiles. Foi a partir do século XIX cando se produciu a súa expansión facendo que Paterna convertésese a finais do século XIX na maior produtora de fariña de Valencia. Posteriormente, os avances tecnolóxicos en electricidade, a industrialización e a maior urbanización da horta supuxeron o progresivo abandono destes muíños. Actualmente proxéctase un complexo hoteleiro e de lecer.
  • Parque Natural do Rio Turia: O paraxe natural máis importante de Paterna é o bosque da Vallesa, situado en torno ao río Turia. Está formado por unha grande extensión que alberga unha abundante poboación de piñeiros e matos integrado polas típicas asociacións do bosque mediterráneo sobre substrato calcario como timón, romeu, carrasca, lentisco, coscoxa, aliaga etc.
  • Cidade Deportiva do Valencia CF.
  • Observatorio da Universitat de Valencia.
  • Parque Científico do Campus Burjassot-Paterna

En maio de 2000 a cidade de Paterna adquiriu a categoría de Municipio de Interese Turístico pola Generalitat Valenciana.

Véxase tamén

Ligazóns externas

9 de outubro

O 9 de outubro é o 282º día do ano do calendario gregoriano (283º nos anos bisestos). Quedan 83 días para finalizar o ano.

ADN mitocondrial

O ADN mitocondrial ou ADNmt (en inglés mtDNA) é o ADN que se encontra dentro das mitocondrias celulares, orgánulos eucarióticos que fabrican a maior parte do ATP (molécula que almacena e cede enerxía na célula) a partir da enerxía obtida na oxidación dos alimentos. Porén, a maioría do ADN presente nas células eucarióticas está no núcleo celular.

O ADN mitocondrial pode considerarse como o noso "cromosoma" máis pequeno, aínda que é bastante distinto dos verdadeiros cromosomas do núcleo. Foi a primeira parte do xenoma humano que foi secuenciada. Nos humanos e na maioría das especies hérdase só da nai.

Coñécese a secuencia do ADNmt de moitos organismos e individuos (incluíndo algúns extinguidos), e a súa comparación é moi importante en filoxenia. Permite tamén un exame das relacións entre poboacións humanas, moi interesante en antropoloxía.

Alcalá de los Gazules

Alcalá de los Gazules é un concello da provincia de Cádiz na comunidade de Andalucía. No ano 2009 vivían 5.619 habitantes.

Localízase nas estribacións finais da serra de Cádiz, formando parte do que se denomina a ruta do "Toro". Os municipios máis próximos son Xerez da Fronteira, Los Barrios, Jimena de la Frontera, Castellar de la Frontera, San José del Valle, Benalup-Casas Viejas, Medina Sidonia, Paterna de Rivera e Cortes de la Frontera, xa na provincia de Málaga. É conxunto Histórico Artístico desde o ano 1984.

Atópase dentro do Parque Natural Los Alcornocales (comprendendo parte da Serra do Alxibe). Dátase a primeira poboación estable no ano 189 a. C., mais o seu nome obtívoo da conquista musulmá, cando a poboación pasou a chamarse Qalat at Yazula ("Castelo dos Gazules")

As súas principais fontes de ingresos son o turismo e a agricultura.

Carlos IV de Luxemburgo

Carlos IV (en alemán: Karl IV, en checo: Karel IV, en latín: Carolus IV) nado en Praga o 14 de maio de 1316 e finado na mesma cidade o 29 de novembro de 1378, foi un emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, da Casa de Luxemburgo, e rei de Alemaña, Bohemia, Borgoña e Italia.

Cromosoma 15

O cromosoma 15 humano é un cromosoma pertencente a un dos 23 pares de cromosomas humanos. Nas nosas células diploides temos dúas copias (un par) deste cromosoma, e nas haploides só unha. Pola posición do seu centrómero este cromosoma clasifícase como acrocéntrico. É un cromosoma con constrición secundaria no seu brazo pequeno, e con satélite (cromosoma satélite ou cromosoma SAT). O cromosoma 15 comprende uns 106 millóns de pares de bases, o que representa entre o 3 e o 3,5% do total do ADN da célula.

A identificación de xenes é unha área moi activa de investigación en xenética. Como se utilizan diversos métodos para identificar xenes, as cifras de xenes totais varían algo dependendo do método utilizado, pero estímase que o cromosoma 15 probablemente contén entre 700 e 900 xenes.

O cromosoma 15 humano é un dos que ten organizador nucleolar (NOR), zona onde se encontran xenes repetidos en tándem dos ARNr. Arredor dos organizadores nucleolares orixínanse os nucléolos. Os organizadores nucleolares están na zona da constrición secundaria do cromosoma.

Década de 950

A década de 950 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 950 e remata o 31 de decembro de 959.

Eduardo Pondal

Eduardo María González-Pondal Abente, nado en Ponteceso o 8 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917, foi un poeta rexionalista galego, en lingua castelá e lingua galega, autor da letra do Himno de Galicia. Foi un dos tres grandes poetas do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez. En 1965 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Hércules (Michelangelo)

O Hércules foi unha escultura en mármore do ano 1492 realizada por Michelangelo en Florencia e que na actualidade se atopa desaparecida.

O 1492, á morte de Lourenzo o Magnífico e por iniciativa propia, realizou unha escultura dun Hércules de mármore na casa paterna, escollendo o tema por ser Hércules, dende o século XIII un dos patróns de Florencia. A estatua foi comprada polos Strozzi, que a venderon a Giovan Battista Palla, ao que lla adquiriu o rei de Francia Henrique II e se colocou nun xardín de Fontainebleau, onde Rubens realizou un debuxo desta escultura, que se conserva no Museo do Louvre en París. En 1713 desapareceu. Só queda o mencionado debuxo e un bosquexo gardado na casa Buonarroti.

Esta obra realizouse nunha escala xigantesca e polo debuxo de Rubens apréciase que se representou como un heroe novo coa cabeza xirada cara a un lado, a clava apoiada no chan formando unha diagonal, mentres a figura semella que está en repouso, o conxunto aparece como unha estatua antiga, non obstante as dobras da vestimenta están inspiradas no San Xurxo de Donatello. Polos escritos de Ascanio Condivi sábese a medida que era de "Bracia quatro", é dicir, 2,40 metros.

Paterna Gundesindez

Paterna Gundesindez foi unha aristócrata galega do século X. Filla de Gundensindo e Senior, casou con Hermenexildo Aloitez, conde de Présaras, co que tivo varios fillos entre os que destaca Sinando Menéndez, futuro Sisnando II de Iria.

Paterna de Rivera

Paterna de Rivera (ata 1877 Paterna de la Ribera) é un concello español da provincia de Cádiz, en Andalucía. Pertence á comarca de La Janda e tiña en 2014 unha poboación de 5.609 habitantes.

Forma parte da Ruta do Touro. É unha localidade eminentemente agrícola e gandeira, popular por ser un dos lugares onde se cría o touro de lida. Deu orixe ao estilo de flamenco chamado petenera.

Pobles de l'Oest

Pobles de l'Oest (en galego: Vilas do Oeste) é o nome que recibe o distrito número 18 da cidade de Valencia. Limita con Benicalap ao leste e con Campanar ao sur, á beira dos concellos de Paterna e Burjassot. Componse de só dous barrios, ámbolos dous antigas vilas da Horta de Valencia: Benimàmet e Beniferri, este último o máis grande. As dúas vilas foron anexionadas a Valencia no ano 1872 pola súa condición de municipios inferiores a 2.000 veciños. No 2009 tiña unha poboación de 14.307 habitantes.Entre os lugares de interese está a Fira de Mostres de València e o Velódromo Municipal Lluís Puig, os dous en Benimàmet.

Provincia de Valencia

A provincia de Valencia (en valenciano: València) é unha provincia da Comunidade Valenciana. A capital provincial é a cidade homónima de València. Ocupa unha superficie de 10.563 km², na que habitaban 2.463.592 persoas (INE 2006).

No 2005, o 70,14 % dos habitantes da provincia (1.694.970) vivían na área metropolitana da capital. Outros municipios destacados son Xiva, Cheste, Gandia, Paterna, Sagunt, Alzira, Xàtiva, Requena e Utiel.

Situada no Oriente da Península Ibérica, ocupa a posición central da súa comunidade, e limita co mar Mediterráneo polo leste; coas provincias de Castelló e Teruel polo norte; Cuenca e Albacete polo oeste e Alacant polo sur.

A provincia conta cun enclave separado, entre as provincias de Cuenca e Teruel, o Rincón de Ademuz.

Correspóndenlle 16 escanos no Congreso dos Deputados e 36 nas Cortes Valencianas.

Quart de Poblet

Quart de Poblet (en valenciano e oficialmente Quart de Poblet) é un concello da Comunidade Valenciana que se atopa na comarca da Horta Oest. Limita con Aldaia, Xirivella, Manises, Mislata e Paterna (da Horta de Valencia); con Xiva (Foia de Bunyol), Riba-roja de Túria (Camp de Túria) e a cidade de Valencia.

Riba-roja de Túria

Riba-roja de Túria é un concello da provincia de Valencia, situado na Comunidade Valenciana. Pertence á comarca do Camp de Túria e ten unha poboación de 21.520 habitantes (INE 2013).

Limita cos concellos de Benaguasil, l'Eliana, Loriguilla, la Pobla de Vallbona e Vilamarxant (na mesma comarca do Camp de Túria), ademais de Quart de Poblet, Manises e Paterna (na Horta Oest) e Cheste e Chiva (na comarca da Foia de Bunyol).

Entre os lugares de interese de Riba-roja destacan os restos romanos, como un campamento militar e un acueduto, e visigodos atopados na zona. Ademais, pódese visitar o castelo da localidade, a igrexa parroquial ou a Capela da Virxe dos Desamparados.

Tareixa, condesa de Portugal

Tareixa de León, nada cara a 1080 e finada o 11 de novembro de 1130, foi a primeira condesa de Portugal.

Theodor Adorno

Theodor Ludwig Wiesengrund Adorno, nado en Frankfurt o 11 de setembro de 1903 e finado en Visp o 6 de agosto de 1969, foi un sociólogo, filósofo, musicólogo e compositor alemán de orixe xudía-asquenací por liña paterna. Membro da Escola de Frankfurt xunto a Max Horkheimer, Walter Benjamin, Herbert Marcuse, Jürgen Habermas e outros.

Universidade de Valencia

A Universidade de Valencia (oficialmente Universitat de València-Estudi General, en valenciano), fundada en 1499 baixo o nome de Estudi General, é unha das universidades máis importantes e antigas de España. É unha universidade pública, orientada á docencia e investigación en case todos os ámbitos do saber. Figura entre as catro mellores universidades españolas conforme o sistema de acreditación que elabora a Universidade de Shanghai Jiao Tong.

Divídese en tres campus principais: Blasco Ibáñez, Tarongers e Burjassot-Paterna, contando ademais con numerosas extensións, delegacións, centros adscritos e emprazamentos exemplares, como o edificio histórico de La Nau[1], o Xardín Botánico ou o Palau de Cerveró.

En marzo de 2010 contaba con aproximadamente 55 000 alumnos entre todas as súas titulacións, sendo así a maior universidade en número de alumnos das sete que conforman o sistema universitario da Comunidade Valenciana (contando tamén as dúas universidades privadas da autonomía) e a sétima a nivel estatal. Contaba con preto de 1.700 empregados de Administración e Servizos e máis de 3 500 docentes e investigadores.

Valencia Club de Fútbol Mestalla

O Valencia CF Mestalla é o primeiro equipo filial do Valencia Club de Fútbol, de Primeira División. Fundado en 1944, xoga actualmente na Segunda División B Española.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.