Pastel

  • Este artigo trata sobre a torta, para o lapis ou a técnica de pintura véxase Pastel (arte).
Pastel
Tarta de Santiago
Torta de Santiago cunha típica representación sobreimpresa en azucre glas da cruz de Santiago.
NomePastel
Ingredientesfariña, azucre ou edulcorantes, ovos, leite, auga, aceite e fermentos.
Doces diversos
Pasteis e doces diversos

Un pastel, bolo ou torta é un alimento doce que polo xeral se prepara no forno. Combinan fariña, azucre ou edulcorantes, ovos, leite, auga, aceite e fermentos. Tamén se pode poñer froita natural ou en zume. Para facelos máis divertidos decóranse con doces, con crema, confeitos e caramelo.

Receita básica

A meirande parte dos pasteis elabóranse con fariña de trigo, xa que logo é importante o xeito a mesturar os ingredientes para que non adquira unha textura pastosa. Para isto tense que remexer minimamente unha vez se teña engadido a fariña. Tamén cómpre pór de relevo o xeito de bater os ovos e os fermentos, que fan que a masa sexa esponxosa. Así mesmo, o aceite ten que ser de sabor suave, pois un gusto intenso pode agochar o sabor dos ingredientes.

Véxase tamén

Outros artigos

A abella na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada que deixou a abella na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral. Xunto á información referida á abella propiamente dita, recóllese tamén a que fala do trobo, o mel e a cera.

Aniversario

O aniversario dunha persoa é o aniversario do seu nacemento. En moitas culturas é costume celebrar o aniversario, por exemplo mediante unha festa con amigos, nas que se intercambian agasallos. As festas de aniversario son moi populares sobre todo entre os nenos. Son unha oportunidade máis para a socialización cos amigos e a familia. Nela, é costume entregar agasallos ao anfitrión e comer unha torta ou pastel ao cal lle son colocadas candeas, para que quen fai anos sopre e as apague mentres os convidados cantan algunha canción de aniversario, sendo entre as máis populares o Parabéns para ti!.

Astorga

Astorga (en leonés, Estorga) é unha cidade da provincia de León, sita na comunidade autónoma de Castela e León, (España), atópase a 48 quilómetros ao suroeste da capital provincial de León, é cabeza da comarca da Maragatería. A súa poboación é de 11.897 habitantes (INE 2011).

Corresponde á antiga Asturica Augusta - topónimo do cal o actual é unha derivación -, capital dun dos conventos xurídicos da antiga Gallaecia. É tamén sé do bispado homónimo.

Dream pop

O dream pop é un subxénero do rock alternativo aparecido no Reino Unido a mediados dos anos 80, cando bandas como The Passions, Dif Juz, Lowlife e A.R. Kane (ao que se lles atribue o termo) comezaron a fusionar post-punk e experimentación ethereal wave con melodías pop agridoces, nuns ambientes sonoros que se podería definir como sensuais. O termo foi usado case en exclusiva nos Estados Unidos. Un colectivo de dream pop chamado This Mortal Coil foi coñecido por versionar cancións escuras, principalmente dos anos 60 e 70.

A esencia da súa música é un enfoque nas texturas etéreas e nos estados de ánimo, en vez de centrarse nos típicos riffs do rock. Voces femininas cun rexistro alto entrecurtadas, ou masculinas case borboriñadas adoitan a ser a forma de entrega lírica; as letras polo xeral son de natureza introspectiva e existencial. As portadas dos seus discos acostuman consistir en imaxes pastel borrosas ou en crus deseños minimalistas, ou na combinación de ámbolos dous estilos. En conxunto, a etiqueta 4AD é a máis asociada ao dream pop, aínda que outros selos, como Creation, Projekt, Fontana, Bedazzled, Vernon Yard e Slumberland, tamén publicaron gravacións significativas do xénero.

Emilio Martínez Lázaro

Emilio Martínez Lázaro, nado en Madrid no ano 1945 é un director de cine español.

Eugène Delacroix

Ferdinand Victor Eugène Delacroix, nado o 26 de abril 1798 e morto o 13 de agosto de 1863, foi un pintor francés, o máis importante dos pintores románticos.

Gloria

O termo gloria pode referirse a:

Fama ou sona acadadas por feitos ou méritos;

Pracer;

Gloria, en relixión, a dita eterna a carón de Deus despois da morte;

Gloria, pastel feito con xema de ovo e azucre.

Gloria, antropónimo feminino;Como topónimo pode referirse a:

A Gloria, lugar da parroquia de Fontenla, no concello de Ponteareas;

A Gloria, lugar da parroquia de Xermade, no concello de Xermade.

Historia da pintura

A historia da pintura é unha póla da historia da arte que abarca no tempo desde a prehistoria ata o mundo contemporáneo e se estende a todas as diferentes culturas.A historia da pintura tivo un desenvolvemento cronolóxico e estilístico paralelo en gran medida ao resto das artes plásticas, aínda que con diversas particularidades no tempo e o espazo debidas a numerosos factores, desde os derivados das diversas técnicas e materiais empregados na súa confección ata factores socio-culturais e estéticos, xa que cada pobo e cada cultura desenvolveu ao longo do tempo distintos conceptos de plasmar a imaxe que recibe do mundo circundante.

A pintura é a arte e técnica de crear imaxes a través da aplicación de pigmentos de cor sobre unha superficie, sexa papel, tea, madeira, parede etc. Adóitase dividir en pintura mural (fresco, témpera) ou de cabalete (témpera, óleo, pastel), e igualmente pode clasificarse segundo o seu xénero (retrato, paisaxe, bodegón etc). A pintura foi durante séculos o principal medio para documentar a realidade, reflectindo nas súas imaxes o devir histórico das distintas culturas que se sucederon ao longo do tempo, así como os seus costumes e condicións materiais.

A clasificación da pintura como arte variou ao longo do tempo: na antigüidade era considerada un mero oficio artesanal, mentres que se consideraban actividades artísticas as relacionadas co intelecto. Galeno dividiu no século II a arte en artes liberais e artes vulgares, segundo se tiñan unha orixe intelectual ou manual: entre as liberais atopábanse a gramática, a retórica e a dialéctica -que formaban o trivium-, e a aritmética, a xeometría, a astronomía e a música -que formaban o quadrivium-; as vulgares incluían a arquitectura, a escultura e a pintura, pero tamén outras actividades que hoxe se consideran artesanía.. Non foi ata o século XVI que empezou a considerarse que a arquitectura, a pintura e a escultura eran actividades que requirían non só oficio e destreza, senón tamén un tipo de concepción intelectual que as facían superiores a outros tipos de manualidades. Iniciabase así o concepto moderno de arte, que durante o Renacemento adquiriu o nome de arti do disegno (artes do deseño), por canto comprendían que esta actividade -o deseñar- era a principal na xénese das obras de arte. Para rematar, en 1746, Charles Batteux estableceu en As belas artes reducidas a un único principio a concepción actual de belas artes, concepto que fixo fortuna e chegou ata a actualidade.Na historia da pintura é primordial o estudo dos estilos artísticos: cada periodo histórico gozará dunhas características concretas e definibles, comúns a outras rexións e culturas, ou ben únicas e diferenciadas, que irán evolucionando co devir dos tempos. De aí xorden os diversos estilos, que poden ter un orixe xeográfico ou temporal, ou ata reducirse á obra dun artista en concreto, a condición de que se produzan unhas formas artísticas claramente definitorias. Actualmente enténdese como estilo aquela calidade que identifica a forma de traballar, de expresarse ou de concibir unha obra de arte por parte do artista, ou ben, en sentido máis xenérico, dun conxunto de artistas ou obras que teñen diversos puntos en común, agrupados xeográfica ou cronoloxicamente.Tamén cabe ter en consideración para o estudo histórico da pintura a súa clasificación en diversos xéneros: un xénero artístico é unha especialización temática en que se adoitan dividir as diversas artes. Na actualidade considéranse como principais xéneros pictóricos: retrato e autorretrato, espido, bodegón e vanidades, paisaxe e mariña, pintura de mitoloxía, pintura de historia, pintura relixiosa e pintura de xénero.

Para rematar, cabo ter en conta os distintos procedementos técnicos empregados en pintura: acrílico, técnica pictórica onde ao colorante engádeselle un aglutinante plástico; acuarela, técnica realizada con pigmentos transparentes diluídos en auga, con aglutinantes como a goma arábiga ou a mel, usando como branco o do propio papel; augada ou gouache, técnica similar á acuarela, con cores máis espesas e diluídos en auga ou cola mesturada con mel; fresco, realizado sobre un muro revogado de cal húmida e con cores diluídas en auga de cal; miniatura, decoración de manuscritos con láminas de ouro e prata, e pigmentos de cores aglutinadas con cola, ovo ou goma arábiga; óleo, técnica que consiste en disolver as cores nun aglutinante de tipo oleoso (aceite de lináceas, noz, améndoa ou abelá; aceites animais), engadindo augarrás para que seque mellor; pastel, lapis de pigmento de diversas cores minerais, con aglutinantes (caolín, xeso, goma arábiga, látex de figo, cola de peixe, azucre candi etc.), amasado con cera e xabón de Marsella e cortado en forma de barriñas; temple, pintura realizada con cores diluídas en auga temperada ou engrosada con aglutinantes con base de cola (xema de ovo, caseína, cola de figueira, cereixa ou cirola).

Imeldo Corral

Imeldo Corral González, nado en Ferrol o 7 de xuño de 1889 e finado na mesma cidade o 8 de novembro de 1976, foi un pintor galego, considerado un dos mellores pintores galegos do seu tempo, deixando unha produción de máis de dúas mil obras, sobre todo de paisaxes e mariñas da súa comarca, con títulos como "Mañan de neboeiro", "Unha corredoira", "Rio de Sáa", "O Souto", "Autorretrato", "Bretema en San Paulo D'enriba", "Sol da maña nos castiñeiros"...

Foi membro numerario da Real Academia de Belas Artes do Rosario da Coruña e membro de honra da Sociedad Artística Ferrolana. O concello de Ferrol outorgoulle a Medalla ao Mérito Artístico en 1976.

Estudou aos dezaoito anos un ano de Debuxo na Escola de Artes e Oficios de Ferrol. Logo trasládase a Madrid onde traballa como copista no Museo do Prado, mentres fai debuxos e pinturas ao óleo, pastel e acuarela.

Realiza a súa primeira exposición en 1912 en Madrid canda outros pintores galegos da man do Centro Galego de Madrid. Despois de dúas exposicións colectivas na Coruña en 1917 e 1918, ten a súa primeira exposición individual en 1918 en Madrid. Seguirá expoñendo nos seguintes anos por Galicia e por fóra, León, Barcelona, Madrid, chegando a expor en Buenos Aires grazas ao Centro Galego de aló.

Joseph John Thomson

Sir Joseph John Thomson, nado en Cheetham Hill, Reino Unido, o 18 de decembro de 1856 e finado en Cambridge o 30 de agosto de 1940, foi un físico británico, premio Nobel de Física en 1906.

O Pastel, Pravio, Cambre

O Pastel é un lugar da parroquia de Pravio no concello de Cambre, na provincia da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 69 habitantes (38 homes e 31 mulleres).

Pastel (arte)

Este artigo trata sobre a técnica pictórica, para a torta véxase Pastel.

O pastel é un material artístico para pintura e/ou debuxo existente en barras, bastóns cilíndricos ou até en lapis, feito cunha masa de auga á que se lle mesturan pigmentos de cores variadas.

Por extensión denomínase pastel á técnica de pintura que emprega este material ou lapis e á obra feita con esta técnica. Tamén se lle chama pastel á cor ou ton doce, suave e clara (cores ou tons pasteis).

Pastel de Belém

Os pasteis de Belém (en portugués pastéis de Belém) son unha das especialidades máis características da pastelaría portuguesa. Xenericamente reciben o nome de natas. Son tortiñas de crema, duns 10 centímetros de diámetro, elaboradas conforme unha receita secreta que non foi desvelada en case douscentos anos e que, supostamente, só tres persoas coñecen no planeta. Tanto a pasta como a crema comezan a elaborarse a porta pechada, na chamada oficina do segredo, nun proceso que dura dous días. A pasta é de masa follada. A crema ten unha base fundamental de xema de ovo, leite e azucre. Cómense tanto en quente como en frío.

Pastel de escarapote

O Pastel de cabracho ou Pastel de escarapote é un prato que se debe a José María Arzak, consiste nunha especie de puré elaborado coa carne semi-graxa e preparada do escarapote de pedra (peixe escorpión cuxo nome científico é Scorpaena Scrofa).

Pastel escocés

Un pastel escocés (scotch pie en inglés e en escocés) é unha especie de empanadilla de carne de año orixinaria de Escocia. Neste país tamén se lle chama simplemente pastel (pie), e na cidade de Dundee coñécese co nome de pastel de carne picada (mince pie). É tamén moi popular en Inglaterra.

Pintura

A pintura é a arte da representación gráfica utilizando pigmentos mesturados con outras substancias aglutinantes orgánicas ou sintéticas, en forma líquida a unha superficie bidimensional, co fin de coloreala, atribuíndolle matices, tons e texturas. Nesta arte empréganse técnicas de pintura, coñecementos de teoría da cor e de composición pictórica, e o debuxo. Nun sentido máis específico, a práctica da arte de pintar, consiste en aplicar, nunha superficie determinada -unha folla de papel, un lenzo, un muro (pintura mural ou de frescos), unha madeira, un fragmento de tecido etc.- unha técnica determinada, para obter unha composición de formas, cor, texturas, debuxos etc. dando lugar a unha obra de arte segundo algúns principios estéticos.

O arquitecto e teórico do clasicismo André Félibien, no século XVII, nun prólogo das Conferencias da Academia francesa fixo unha xerarquía dos xéneros da pintura clásica: «a historia, o retrato, a paisaxe, os mares, as flores e os froitos».

A pintura é unha das expresións artísticas máis antigas e unha das sete Belas Artes, e está incluída como materia na maior parte das licenciaturas nesta disciplina. En estética ou teoría da arte modernos a pintura está considerada como unha categoría universal que comprende todas as creacións artísticas feitas sobre superficies. Unha categoría aplicable a calquera técnica ou tipo de soporte físico ou material, incluíndo os soportes ou as técnicas efémeras así como os soportes ou as técnicas dixitais.

A pintura é considerada por moitos como un dos soportes artísticos tradicionais máis importantes; moitas das obras de arte máis importantes do mundo, tales como a Mona Lisa, son pinturas.

Diferénciase do deseño polo uso dos pigmentos líquidos e do uso constante da cor, mentres aquel apropiase principalmente de materiais secos.

Pravio, Cambre

San Xoán de Pravio é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 873 habitantes (441 homes e 432 mulleres). A parroquia ten 14 lugares.

Ton (cor)

O ton, matiz ou tonalidade (na literatura inglesa hue) é unha das propiedades ou cualidades fundamentais nunha cor, definido tecnicamente (no modelo CIECAM02), como «o grao no cal un estímulo pode ser descrito como similar ou diferente de estímulos como o vermello, amarelo e azul». Refírese á propiedade da cor nos aspectos cualitativamente diferentes da experiencia de cor, que teñen relación con diferenzas de lonxitudes de onda ou con mesturas de diferentes lonxitudes de onda. É o estado puro da cor, sen mestura de branco ou negro e, xunto á luminosidade e a saturación, unha das tres características psicofísicas da cor.Existe unha alta correlación entre lonxitude de onda e ton, tal como aparece no arco da vella. Estas cores forman parte do grupo de cores espectrais, os relacionados cunha lonxitude de onda determinada. Mentres que as cores non espectrais serían as non relacionadas cunha lonxitude de onda determinada (como os púrpuras e violetas). Só poden obterse por medio da mestura de dúas ou máis luces monocromáticas.

As cores cromáticas son as cores tanto espectrais coma non espectrais, pero o ton ten importancia para entendelas, mentres que nas cores acromáticas, a súa visualización ou percepción enténdese mellor en relación coa dimensión de luminosidade que coa de ton. As cores descenden do escuro á cor definida (por exemplo do negro ao azul).

Xeralmente, cores co mesmo ton diferéncianse con adxectivos que se refiren á súa luminosidade e/ou saturación: azul claro, azul pastel, azul vívido.

Torta de cenoria

A torta de cenoria, pastel de cenoria ou bolo de cenoura é un pastel doce con cenoria machucada mesturada na masa. A cenoria amolece no proceso de cocedura, e o bolo adoita ter unha textura mesta e lene. As cenorias melloran o sabor, textura e aparencia do pastel.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.