Paso a nivel

Denomínase paso a nivel á intersección dunha vía de tránsito estradeiro non diferenciada en altimetría cunha vía de ferrocarril, o cal esixe que deba estar debidamente sinalizado para que non se produzan accidentes.

Amusco 11
Paso a nivel con barreiras automáticas en Amusco (Palencia)
Finnish level crossing activated
Paso a nivel en Pikkarala (Finlandia)

Protección ou supresión do paso a nivel

Nos pasos a nivel que presenten un AxT elevado (produto do número de circulación de automóbiles e o número de trens que cruzan o paso a nivel). Poderase protexer cun sistema automático con ou sen barreira. Se o AxT é moi elevado, o paso a nivel tipicamente será suprimido.

Sistemas automáticos de protección do paso a nivel

  • SBA: Semi Barreiras Automáticas
  • SBE: Semi Barreiras Enclavadas
  • SLA: Sinalización Luminosa e Acústica

Sinalización dun paso a nivel

Advertencia dun cruzamento de vías

Na estrada

Carretera Paso a nivel 02

Advirte do perigo que entraña o paso a nivel.

Na vía

Paso a nivel 01

Consiste en indicar ao maquinista que ha de avisar a presenza do tren.

Pasos a nivel en Galicia

Antigo paso a nivel en Teixeiro, Curtis, Galiza - 2
Antigo paso a nivel en Teixeiro.

En Galicia, como no resto de España, estanse a suprimir a maior parte dos pasos a nivel existentes por parte do Ministerio de Fomento. En xuño de 2014 había en Galicia 176 pasos a nivel, dos que 108 tiñan en fase de obra, proxecto ou estudo a súa supresión.[1]

Notas

  1. Fomento afirma que continúa suprimindo pasos a nivel en Galicia e mellorando a seguridade dos existentes.
2007

2007 (MMVII) foi designado:

O Ano do porco, segundo o horóscopo chinés.

O Ano Iternacional da Heliofísica.

O Ano Polar Internacional.

O Centenario do Movemento Scout, tamén coñecido como escultismo.

25 de abril

O 25 de abril é o 115º día do ano do calendario gregoriano (116º nos anos bisestos). Quedan 250 días para finalizar o ano.

27 de agosto

O 27 de agosto e o 239º día do ano do calendario gregoriano e o 239º nos anos bisestos. Quedan 126 días para finalizar o ano.

A Frieira, Quintela, Crecente

A Frieira é un lugar da parroquia de Quintela no concello pontevedrés de Crecente, na comarca da Paradanta. Segundo o IGE en 2009 tiña de 42 habitantes (24 homes e 18 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 102 habitantes.

É unha poboación da ribeira do río Miño, fronte a Cevide, a localidade máis setentrional de Portugal, e fronte ao lugar da Frieira, na parroquia de Desteriz (Padrenda). Tivo un aumento de poboación durante a construción do encoro da Frieira, e tamén pola proximidade da estación da Frieira, na liña Monforte de Lemos - Vigo. Entre 1913 e 1923 editouse na aldea o periódico Tierra Libre, fundado e dirixido por Marcelino Gómez Arias.

Ana Belén Fortes

Ana Belén Fortes López é unha filóloga, escritora, editora e tradutora galega.

Camiño Portugués

Baixo a denominación de Camiño Portugués agrúpanse distintas vías do Camiño de Santiago que, con orixe en Portugal, van cara a Santiago de Compostela. Tradicionalmente, descríbense dúas rutas principais que ascenden desde o sur de Portugal, unha pola costa desde Lagos a Lisboa, Coímbra e Tui; e outra polo interior desde Faro a Évora, Chaves e Verín. Estas dúas rutas principais presentan numerosas variantes locais e comunicacións entre unha e outra formando unha rede de Camiños interconectados cara ao norte. En consecuencia, o acceso a Galicia faise por Valença do Minho a Tui ou por Braga a Ourense, sendo a primeira alternativa a máis utilizada, con diferenza, e a que, xa en Galicia, recibe oficialmente o nome de Camiño Portugués. Mesmo existe unha terceira variante que entra por Caminha á Guarda e ascende pola costa de Pontevedra, que recibe o nome de Camiño Monacal en referencia ó mosteiro de Oia, por onde pasa.

A Asociación de Amigos do Camiño Portugués comezou a sinalizar e cartografar o Camiño Portugués en 1993, desde Tui. Membros desta asociación cifraban en 500 peregrinos anuais os que seguían esta ruta nos seus inicios, experimentando desde hai anos un crecemento progresivo ata alcanzar os 52.000 do ano 2016, o que o converteu na segunda ruta Xacobea en importancia, aínda que a gran distancia do Camiño Francés. Segundo a Oficina do Peregrino, nos últimos anos accederon a Santiago polo Camiño Portugués un número crecente de peregrinos: 35.494 en 2014 (un 14,92% do total de peregrinos por tódolos camiños), 43.158 en 2015 e 52.190 en 2016., fronte ós 176.329 que chegaron polo Camiño Francés en 2016 (o 63,38% do total). Canto á nacionalidade dos peregrinos, os portugueses representan ó redor do 5% e manteñen ano tras ano un cuarto posto, por detrás de españois (ó redor do 50%), alemáns (8%) e italianos (6,5%).

Para mellorar e aumentar o atractivo desta ruta, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia e mais os doce concellos polos que transcorre o Camiño acordaron en 2014 crear unha mesa de seguimento para analizar os problemas detectados, afrontar labores de mantemento e deseñar medidas para potencialo. En setembro dese mesmo ano comezaron os traballos de limpeza e sinalización, cun orzamento dun millón de euros.

Curtis, Curtis

Santaia de Curtis, tamén coñecida coma Santa Eulalia de Curtis, é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Curtis. Cunha extensión de 31,6 km², tiña segundo o padrón municipal de 2018 unha poboación de 1.772 habitantes (875 mulleres e 897 homes) distribuída en 54 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.793 habitantes.

A parroquia dá nome ao concello. Está dividida en dous distritos: Santaia e Teixeiro. Dos 54 núcleos de poboación, 36 son do distrito de Santaia e 18 do distrito de Teixeiro. A capital municipal áchase na vila de Teixeiro.

Curtis forma parte da Reserva da Biosfera das Mariñas e Terras do Mandeo. Varias rutas do Camiño de Santiago pasaban antigamente pola parroquia. Unha variante do Camiño do Norte está sinalizada desde o ano 2010.

Eclesiasticamente denomínase Santa Baia de Curtis e pertence ao arciprestado de Sobrado, igual cás demais parroquias do concello.

Década de 2000

A década de 2000 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 2000 e remata o 31 de decembro de 2009.

Estación da Frieira

Frieira é unha estación de tren de Adif situada no lugar da Frieira, no concello de Crecente, na provincia de Pontevedra, ao lado do río Miño. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Galería de imaxes de Curtis

Galería de imaxes do concello de Curtis na provincia da Coruña.

Gran Premio de Detroit

O Gran Premio de Detroit foi unha carreira de Fórmula Un disputada no Circuíto urbano de Detroit en Detroit (Míchigan, Estados Unidos de América) desde 1982 ata 1988.

En 1982, os EUA converteuse no primeiro e único país que acolleu tres Grandes Premios do Campionato do Mundo nunha tempada. Ademais das carreiras de Long Beach e Las Vegas, a nova carreira levouse a cabo en Detroit noutro circuíto urbano que abarcaba o Renaissance Center. O circuíto orixinal tiña dezasete curvas en 4.023 km, incluíndo dúas pinzas moi difíciles e un túnel á beira do río, e resultou ser aínda máis lento que Mónaco. O trazado era duro, esixente e ata incluía un paso a nivel de ferrocarril. En 1986, Ayrton Senna sobrepúxose a unha picada para gañar a súa primeira de cinco carreiras en Estados Unidos en seis anos.

Para 1989, previuse inicialmente mover o Gran Premio de F1 a un novo circuíto en Belle Isle. O plan non se puido levar a cabo, e o Gran Premio trasladouse a Phoenix para 1989-1991. Tras a marcha da F1, a carreira de Detroit foi substituído por unha carreira da CART.

Hans Herrmann

Hans Herrmann nado en Stuttgart, o 23 de febreiro de 1928, é un ex piloto de Fórmula 1 e de coches de carreiras de Alemaña.

Na F1, participou en 19 Grandes Premios do Campionato do Mundo, debutou o 2 de agosto de 1953. Logrou un podio e anotou un total de 10 puntos de campionato.

Nas carreiras de autos deportivos, tamén anotou a primeira vitoria total nas 24 Horas de Le Mans para Porsche en 1970, cun Porsche 917.

Mille Miglia

A Mille Miglia (Mil Millas) foi unha carreira de resistencia en estrada aberta que disputouse en Italia vinte e catro veces desde 1927 a 1957 (trece antes da guerra, once desde 1947).

Do mesmo xeito que a veterana Targa Florio e máis tarde a Carrera Panamericana, a MM foi a responsable do desarrollo da categoría de coches deportivos de Gran Turismo (Grand Touring) como os famosos Alfa Romeo, BMW, Ferrari, Maserati, Mercedes-Benz e Porsche. A carreira logrou cinco millóns de espectadores.Desde 1953 ata 1957, a Mille Miglia foi tamén unha proba do World Championship Sports Car.

Desde 1977, a "Mille Miglia" renaceu como unha carreira de regularidade de coches de época Clásicos. A participación está limitada aos coches, producidos como moi tarde en 1957, que asistiran (ou foran rexistrados) para a carreira inicial. A ruta (Brescia-Roma ida e volta) é similar á da carreira orixinal, mantendo o punto de saída/chegada no Viale Venezia en Brescia.

Paredes, Vilaboa, Vilaboa

Paredes é un lugar da parroquia de Vilaboa, no concello pontevedrés de Vilaboa, na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE, en 2015 tiña 631 habitantes (314 homes e 317 mulleres).

O lugar está atravesado pola estrada N-550, e desde aquí parte a estrada PO-264. Até 2013, cando se inaugurou o eixe atlántico de alta velocidade, estivo atravesado tamén pola liña de ferrocarril Pontevedra-Redondela. De feito até a década de 1950 houbo no lugar un paso a nivel.

A carón deste lugar atópase o conxunto intermareal e etnográfico de Ulló.

Ribas de Sil

Ribas de Sil é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga. Segundo o INE a súa poboación no 2018 era de 970 habitantes (1.245 no 2006, 1.310 no 2005, 1.335 no 2004, 1.410 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ribasilense».

Serie 598 de Renfe

A Serie 598 de Renfe é unha familia de automotores rexionais diésel dedicados a cubrir liñas de Media Distancia de Renfe Operadora. Foron fabricados pola empresa vasca CAF. Acadan unha velocidade de 160 km/h.

Teixeiro, Curtis, Curtis

Teixeiro é un lugar da parroquia de Santa Eulalia de Curtis e é capital do concello de Curtis.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.