Paseo marítimo da Coruña

O Paseo marítimo da Coruña é o paseo marítimo urbano máis longo de Europa[1], cos seus máis de 13 quilómetros continuos á beira do mar. É unha obra feita por tramos, modificada e inconclusa.

A apertura do último tramo do Paseo Marítimo revelou unha cara descoñecida da cidade, que permite admirar camiñando a forza e inmensidade do Océano Atlántico.

Paseo marítimo da Coruña
Paseo martítimo de la marina
Paseo pola zona do Parrote
Tipoloxíapaseo marítimo
Titular da víaConcello da Coruña, Porto da Coruña
Dimensións
Lonxitudemáis de 13 km
Localización
InicioOza, Avenida da Mariña
FinBens, O Portiño
LocalidadeA Coruña
Cómo chegar
BusLinea3.jpgCor3A.jpgCor5.jpgCor7.jpgCor11.jpg
TaxiAvenida de Navarra, Porta Real
BiciBicicoruña
Circulación
Velocidade máxima50 kM/h
Construción
Comezo1990
Completadoinconcluso
Outros datos
Nomes alternativosO Portiño
Rúa Vítimas do Terrorismo
Av. de Fernando Suárez García
Av. de Gerardo Porto
Av. de San Roque de Fóra
Paseo de Ronda
Av. de Bos Aires
Av. de Pedro Barrié de la Maza
Rúa do Matadoiro
Pso. Alcalde Francisco Vázquez
Paseo do Parrote

Historia

A Coruña - Paseo Marítimo 5
Paseo marítimo da Coruña.

As orixes do actual paseo marítimo están nos proxectos de principios do século XX dun paseo, vía de circunvalación da península coruñesa[2]. No Plan Cort de 1945 propúñase unha estrada dende San Roque pola costa pasando pola Torre de Hércules ata o Porto, mais non se chegou a realizar este proxecto. En 1948 no Planeamento de Alineacións volve falarse deste proxecto. En 1956 xa en vigor a Lei do Solo apróbase o Plan Xeral de 1967 concretando un vial sen prioridade peonil. O Plan de Ordenación Urbana de 1985 fixaba plans de protección, conservación e mellora na zona do actual paseo. En 1986 presentouse o coñecido como "proxecto Bofill"[3] baseado principalmente en intervencións na zona portuaria. Propostas moitas das cales foron rexeitadas por ser demasiado rompedoras coa estética da cidade.[4][5]

O paseo foi construído polo Porto da Coruña, Concello da Coruña, Demarcación de Costas do Estado e Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Obras Públicas e Medio Ambiente (Ministerio de Fomento)

O paseo construíuse por partes inconexas entre elas. Cronoloxicamente as sucesivas fases foron:

  • Paseo marítimo Orzán-Riazor, foi construído polo concello da Coruña e o Ministerio de Fomento. Tivo un orzamento de 1 240 millóns de pesetas pagadas ao 50% por cada institución.[6] A primeira pedra foi colocada polo ministro Javier Sáenz de Cosculluela o 10 de setembro de 1990 e a inauguración tivo lugar o 14 de xullo de 1992 coa presenza do ministro Josep Borrell.[7]
  • Zona do Parrote, construído polo Porto da Coruña.
  • Orillamar (ligazón Orzán-Riazor co Parrote) cun custo de 3 094 millóns de pesetas. Construído polo concello, Dirección Xeral de Estradas e a Dirección Xeral de Costas. O concello puxo 1  32 millóns de pesetas, terreos e a xestión das expropiacións. Os restantes cartos foron aportados polas outras institucións. A obra comezou en 1993 e a inauguración foi o 26 de febreiro de 1996.[6][8]
  • Oza-Os Castros, construído polo porto da Coruña xunto coa praia de Oza.
  • San Roque de Fóra, inaugurado o 8 de maio de 1995,[8] financiado cos plans FEDER da Unión Europea e o propio concello.
  • San Roque ao Portiño, inaugurado en 2004.[6]
  • O último tramo une O Portiño e Bens, onde se chegou en 2011.[6][7]

O paseo percorre así toda a faixa costeira do concello exceptuando as zonas das Xubias e a zona portuaria.

Hodonimia

O paseo entre a praia de Berbiriana e a avenida de Rubine está dedicado a Pedro Barrié de la Maza e a continuación comeza a avenida de Bos Aires,[9] que recibiu o seu nome por unha petición de emigrantes galegos, despois de que a capital arxentina dedicase unha rúa a Concepción Arenal.[10]

En 2006 bautizouse o tramo entre Berbiriana e o Parrote co nome do alcalde Francisco Vázquez.[11] O tramo que rodea o Millenium recibe o nome do seu autor, Gerardo Porto, dende 2010,[12] e o tramo entre Os Rosales e O Portiño denomínase dende 2012 Fernando Suárez como honra ao administrador da Cociña Económica.[13]

A parte entre Riazor e a avenida de Gerardo Porto é a avenida de San Roque de Fóra.[14]

Puntos de interese

PaseomarAC
Paseo marítimo.

Comezando dende a zona occidental, límite costeiro con Arteixo, o paseo marítimo conecta moitos elementos destacados:

Ademais, o paseo serve de acceso ás principais praias coruñesas.

Características

Secciontr
Deseño do paseo na zona Orzán-Riazor.
A Coruña - Paseo Marítimo 2
Farois do paseo.

O Paseo pode dividirse pola súa estética en varios tramos:

  • Do límite con Arteixo ao Portiño. Zona peonil inconclusa. É a zona costeira do concello máis afastada e menos urbanizada.
  • Do Portiño ao Ascensor panorámico do Monte de San Pedro, a calzada para os vehículos, que está lastrada, segrégase da beirarrúa. Trátase do tramo máis novo, que percorre as zonas menos urbanizadas da costa coruñesa.
  • Avenidas de Fernando Suárez García, Gerardo Porto, San Roque de Fóra e Paseo de Ronda: Do Ascensor ao Pazo dos Deportes de Riazor a calzada ten xeralmente dous carrís por sentido e dispón de carril bici.
  • Avenidas de Buenos Aires e Pedro Barrié de la Maza e Rúa do Matadoiro: Do Pavillón ao Aquarium Finisterrae a calzada mantén os catro carrís e dende 2012 ten carril bici.[17] Aquí comeza o tranvía, que nun primeiro momento está separado do tráfico regular, pero que despois se une a el. Neste tramo fíxose a primeira substitución da coñecida e polémica balaustrada, que foi trocada por escaleiras e unha cerca metálica. Ten unhas características luminarias brancas, con lámpada esférica.
  • Avenida do Alcalde Francisco Vázquez: Do Acuario ao Castelo é quizais o tramo máis coñecido, pois é o que dá acceso á Torre de Hércules. A calzada é de catro carrís en total. Recupera o carril bici e continúa o tranvía. Son salientables as súas 1300 farolas vermellas, de estilo decimonónico con esmaltes a media altura realizados pola artista Julia Ares.[18] Algunhas destas farolas foron retiradas dentro do plan de protección da muralla.[19]
  • Tramo do Parrote da Avenida do Alcalde Francisco Vázquez: Do Castelo ao Parrote a calzada pasa a ter un carril por sentido, e continúa o carril bici. A construción dun túnel e un aparcamento subterráneo na zona suprimiu parcialmente o tráfico rodado en superficie.[20]
  • Zona de Oza, Praia de Oza nas Xubias. Zona de náutica deportiva e lugar de lecer.

O paseo marítimo dende a súa inauguración foise adaptando e modificando segundo os usos que a cidade lle foi dando ás infraestruturas. Así o tranvía turístico nun principio con percorrido dende o Parrote ata Riazor quedou en 2014 limitado ao traxecto dende a Torre de Hércules cara a Riazor polo seu pouco uso e os custos que supoñía[21]. Tamén o propio paseo e o mobiliario del foron trocados. Tódolos invernos as praias de Riazor e Orzán eran protexidas das ondas facendo coa area montóns a xeito de rompe ondas, mais nalgúns casos parte do mobiliario do paseo foi esnaquizado polas ondas[22]. En 2015 foron retirados os farois sobre os valados. Parte destes valados de pedra foron trocados por outros en aceiro inoxidable e na zona de Riazor chegáronse a quitar deixando o acceso á praia limpo de obstáculos[23].

Galería de imaxes

Paseo marítimo, Castelo de Santo Antón, A Coruña, Galiza (Spain)

O Castelo de San Antón desde o paseo.

Hercules014

Tranvía na zona da Torre de Hércules.

Praias do Orzán e de Riazor separadas pola Coiraza

Praias do Orzán e de Riazor separadas pola Coiraza.

Rotonda de Riazor - panoramio

Ondas batendo na Rotonda de Riazor.

Monumento homenaxe expedición Balmis Coruña

Monumento de Acisclo Manzano no Parrote, en homenaxe aos nenos da Real Expedición Filantrópica da Vacina.

Polbo no Paseo Marítimo da Coruna

Homenaxe ao polbo no paseo marítimo da Coruña.

Paseo Marítimo en Bens, A Coruña

O paseo marítimo entre Bens e O Portiño, na zona da EDAR.

Cetarea Paseo Marítimo da Coruña

Cetaria no paseo marítimo da Coruña.

Paseo marítimo e Illas de San Pedro

Paseo marítimo e Illas de San Pedro.

Paseo marítimo de Oza

Paseo marítimo de Oza, acceso á praia homónima.

Notas

  1. Coruña Turismo. O informador. «Paseo marítimo».
  2. «El Paseo Marítimo de A Coruña, triunfador de los nuevos parques urbanos de Borde» Luis Alfonso Escudero Gómez. Almería, Universidade de Almería, Servicio de Publicaciones, 2002.
  3. El proyecto de Bofill sobre el paseo marítimo cambiará la fisonomía de La Coruña
  4. "El proyecto Bofill de 1986 acabó siendo desechado por su estilo mediterráneo". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2016. Consultado o 19 de marzo de 2016.
  5. Proyecto Bofill: La falacia mar-ciudad
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Gutiérrez, José Manuel (25-7-2012). "Veinte años de paseo en la ensenada". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 28-12-2017.
  7. 7,0 7,1 Gutiérrez, José Manuel (2-7-2017). "Bodas de plata del paseo marítimo". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 28-12-2017.
  8. 8,0 8,1 Paseo Marítimo da Coruña
  9. Compañía de Tranvías
  10. García López, Alfonso (2009). Calles con historia (en castelán). A Coruña: Espacio Cultura. ISBN 978-84-938089-1-4.
  11. "El paseo marítimo Paco Vázquez irá desde San Antón hasta el Matadero". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2016. Consultado o 26 de agosto de 2016.
  12. La avenida Gerardo Porto rodea su mejor diseño: el Millenium
  13. Parte del Paseo llevará el nombre de Fernando Suárez desde mañana
  14. San Roque de Afuera: Una pequeña aldea junto al mar del Orzán
  15. Un monumento honra la memoria de ´los héroes del Orzán´
  16. Monumentos
  17. El carril bici del Paseo completa su trazado con la señalización del tramo del Orzán y Riazor
  18. El mar a través del vidrio en Fonseca
  19. Ares ve posible recuperar sus esmaltes de las farolas en otros espacios públicos
  20. Vecinos y comerciantes critican que la zona no se integre en un plan global para el barrio
  21. «El tranvía turístico volverá a recorrer el Paseo Marítimo en Semana Santa» El Ideal Gallego.
  22. «El fuerte oleaje destroza el paseo marítimo de A Coruña» Faro de Vigo.
  23. «El paseo marítimo de A Coruña estrena barandilla» La Voz de Galicia.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Coruña

A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia e bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.850 habitantes (2018); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².

A Coruña é sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, da Delegación do Goberno en Galicia, da Real Academia Galega, do Arquivo do Reino de Galicia e da Forza Loxística Operativa. Dende 1563 foi sede da Real Audiencia de Galicia (permanentemente dende 1612) e foi capital de Rexión Militar ata a súa desaparición en 2002.A cidade érguese sobre un promontorio na entrada dunha ría nun amplo golfo, o Portus Magnus Artabrorum dos xeógrafos clásicos. O centro da zona urbana espállase sobre unha península unida a terra firme por un estreito istmo, no que presenta dúas fachadas marítimas distintas: a portuaria (cara á ría da Coruña), de augas tranquilas, e outra de mar aberto, cara á enseada do Orzán, onde se atopan as praias urbanas de Riazor e o Orzán.

Unha das características máis notables que identifican A Coruña constitúena as múltiples e variadas galerías ou miradoiros que presentan nas súas fachadas numerosas casas do século XIX, que deron á Coruña o sobrenome de Cidade de Cristal, sen esquecer as súas numerosas praias, así como o contorno rural, que ofrece múltiples posibilidades de lecer.

Atletismo

Atletismo é o nome que recibe un amplo conxunto de probas deportivas divididas en carreiras, saltos e lanzamentos. Pódense practicar en pavillóns ou ao ar libre.

O atletismo é un dos poucos deportes practicados de forma tradicional mundialmente, tanto no ámbito afeccionado como no transcurso de numerosas competicións de todos os niveis. A simplicidade e os poucos medios necesarios para a súa práctica explican en parte este éxito. Os primeiros vestixios de concursos atléticos remóntanse a civilizacións antigas.

Os Xogos Olímpicos son a proba internacional máis coñecida. Celébranse cada catro anos desde 1896 e o atletismo é a disciplina máis importante neles. Desde 1982, a IAAF é o organismo encargado da súa regulamentación, e creou normas para finalizar co período afeccionado da disciplina. O primeiro Campionato do Mundo de Atletismo organizouse en 1983 e teñen lugar cada dous anos desde 1991.

Francisco Pazos

Francisco Pazos Martínez, nado en Covas (Meaño) en 1961, é un escultor galego.

Francisco Vázquez Vázquez

Francisco José Vázquez Vázquez, nado na Coruña o 9 de abril de 1946, é un político galego. Foi alcalde da Coruña durante vinte e tres anos, entre 1983 e 2006, e até 2011 foi o embaixador español no Vaticano.

Galería de imaxes de Visma, A Coruña

San Pedro de Visma é unha parroquia que se localiza no leste do concello da Coruña.

Galería de imaxes de esculturas da Coruña

Esculturas da Coruña

Millenium

O Millenium é un monumento con forma de obelisco situado no Paseo Marítimo da Coruña. Ergueuse para conmemorar o inicio do século XXI e ten como referentes a Torre de Hércules e o Obelisco dos Cantóns. Ten 46 metros de altura e está feito en aceiro (2 toneladas) e 147 cristais de rocha traídos desde os Países Baixos.

O deseño dos cristais é do artista Gerardo Porto. Nos 13 primeiros metros cóntase a historia dos principais acontecementos e personaxes da Coruña, tallados nos cristais. Estes teñen 3 mm de espesor, foron tratados a 800 °C e pesan 3 toneladas.

De noite ilumínase mediante 142 focos de luz (53.100 vatios). O 1 de xaneiro de 2001 acendeuse por primeira vez en 12 tramos.

O proxecto inicial incluía baixo a súa base un miradoiro que tamén faría de cafetería que non chegou a abrir.

Modo de transporte

Un modo de transporte, ou medio de transporte, ou aínda sistema de transporte, é unha forma particular de transporte dun lugar a outro de bens ou de persoas, e que se distingue principalmente polo vehículo utilizado e, en consecuencia, pola infraestrutura que utiliza. Cando se asocian varios modos de transporte para concorrer á realización dunha operación de transporte, utilízase o termo intermodalidade.

Mon Vasco

Ramón Ezequiel Vasco Pardavila, nado na Coruña en 1951 e finado na mesma cidade en 1983, foi un pintor e escultor galego.

Monte Alto, A Coruña

Monte Alto é un barrio da cidade da Coruña emprazado no sector peninsular desta cidade, inmediato ao centro da mesma e á Torre de Hércules. A delimitación do distrito, sen ser precisa, tende a ocupar a maior parte da península sobre a que se localiza unha parte da cidade, a excepción do centro histórico. Monte Alto abrangue pequenos sectores urbanos que en ocasións se consideran barrios individuais, ou ben barrios dentro doutro barrio, como As Lagoas, As Atochas, Zalaeta, Durmideiras ou A Torre.O topónimo Monte Alto refírese a un promontorio que se erixe fronte á Torre de Hércules, se ben co tempo e por diferentes motivos socioculturais, este foi aceptado para referirse á totalidade do distrito municipal 15002. De acordo co estudo “A Cidade dos Barrios”, a poboación de Monte Alto (como suma de todos os sectores indicados anteriormente) era en 2015 de case trinta mil habitantes, vivindo así neste barrio máis de 1 de cada 10 habitantes do municipio coruñés.

Soledad Penalta

Soledad Penalta Lorenzo, nada en Noia o 23 de abril de 1943, é unha artista e escultora galega.

Rueiro da Coruña
Avenidas
Calellos, camiños e quellas
Estradas
Paseos
Prazas
Rondas
Rúas
Lugares de interese da Coruña
Lugares senlleiros
Museos
Artes escénicas e da imaxe
Espazos naturais
Outros lugares

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.