Pascual Veiga

Pascual Veiga Iglesias, nado en Mondoñedo o 9 de abril de 1842 e finado en Madrid o 12 de xullo de 1906, foi un compositor galego, autor da música do Himno galego e doutras composicións como Alborada Gallega, coñecida tamén como Alborada de Veiga. É considerado o pioneiro do rexurdimento musical galego.[1]

Compositor de talento precoz, comezou a compoñer sendo un neno, e ao longo da súa vida fundou numerosas agrupacións orquestrais e corais como o Orfeón Coruñés.[2]

Pascual Veiga
Pascual Veiga Iglesias
Nacemento9 de abril de 1842
 Mondoñedo
Falecemento12 de xullo de 1906 (64 anos)
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Composicións destacadasHimno galego
Alborada Gallega

Traxectoria

Pascual Veiga naceu en Mondoñedo o 9 de abril de 1842, comezando os seus estudos musicais a unha idade moi temperá como neno de coro da Catedral de Mondoñedo baixo a dirección de José Pacheco, daquela mestre de capela na catedral mindoniense.[3] Ao pouco, con 13 anos, comezou a impartir clases na capela catedralicia, primeiramente de solfexo e máis tarde de harmonía.[4] Foi nesta época cando realizou a súa primeira composición, o Septenario á Virxe das Dores.[3][4]

Foi profesor do Conservatorio Nacional de Madrid e fundou e dirixiu varios orfeóns, cos que recibiu numerosos premios. Co Orfeón Coruñés obtivo a medalla de ouro e as Palmas Académicas durante a Exposición Universal de París de 1889. Foi organista da Igrexa de San Domingos de Betanzos e da Colexiata da Coruña.

Está enterrado no cemiterio de Mondoñedo, nun mausoleo adicado polos seus admiradores e paisanos.

O seu fillo José Adolfo Veiga Paradís foi tamén compositor.

Galería de imaxes

Retrato.
Retrato. 
Placa na casa natal de Mondoñedo.
Placa na casa natal de Mondoñedo. 
Partitura oficial do himno de Galicia, composta por Pascual Veiga.
Partitura oficial do himno de Galicia, composta por Pascual Veiga.[5] 

Notas

  1. Xunta de Galicia, ed. (7 de marzo de 2007). "Noticias: Na primeira xornada do congreso". Consultado o 21 de febreiro de 2014.
  2. Biografías y vidas (ed.). "Pascual Veiga" (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2014.
  3. 3,0 3,1 "Pascual Veiga Iglesias (1842 – 1906)". Concello de Mondoñedo. Consultado o 21 de febreiro de 2014.
  4. 4,0 4,1 "Pascual Veiga". Galegos. Consultado o 21 de febreiro de 2014.
  5. Boletín Oficial do Parlamento de Galicia n.º 280, 31/5/1984

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

12 de xullo

O 12 de xullo é o 193º día do ano do calendario gregoriano e o 194º nos anos bisestos. Quedan 172 días para finalizar o ano.

13 de xuño

O 13 de xuño é o 164º día do ano do calendario gregoriano e o 165º nos anos bisestos. Quedan 201 días para finalizar o ano.

9 de abril

O 9 de abril é o 99º día do ano do calendario gregoriano e o 100º nos anos bisestos. Quedan 266 días para finalizar o ano.

A Coruña

A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia e bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. O concello da Coruña ten 244.850 habitantes (2018); é o segundo municipio con maior poboación de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².

A Coruña é sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, da Delegación do Goberno en Galicia, da Real Academia Galega, do Arquivo do Reino de Galicia e da Forza Loxística Operativa. Dende 1563 foi sede da Real Audiencia de Galicia (permanentemente dende 1612) e foi capital de Rexión Militar ata a súa desaparición en 2002.A cidade érguese sobre un promontorio na entrada dunha ría nun amplo golfo, o Portus Magnus Artabrorum dos xeógrafos clásicos. O centro da zona urbana espállase sobre unha península unida a terra firme por un estreito istmo, no que presenta dúas fachadas marítimas distintas: a portuaria (cara á ría da Coruña), de augas tranquilas, e outra de mar aberto, cara á enseada do Orzán, onde se atopan as praias urbanas de Riazor e o Orzán.

Unha das características máis notables que identifican A Coruña constitúena as múltiples e variadas galerías ou miradoiros que presentan nas súas fachadas numerosas casas do século XIX, que deron á Coruña o sobrenome de Cidade de Cristal, sen esquecer as súas numerosas praias, así como o contorno rural, que ofrece múltiples posibilidades de lecer.

Canuto Berea Rodríguez

Canuto José Berea Rodríguez, nado na Coruña o 28 de xuño de 1836 e finado na mesma cidade o 24 de febreiro de 1891, foi un empresario, músico (director de orquestra, violinista, pianista, profesor e compositor) e político galego.

Cemiterio vello de Mondoñedo

O cemiterio vello de Mondoñedo é o vello camposanto municipal do concello de Mondoñedo. Nel repousan as tumbas de Manuel Leiras Pulpeiro, Álvaro Cunqueiro ou Pascual Veiga, entre outros.

Coral Polifónica El Eco

A Coral Polifónica El Eco é unha agrupación coral da cidade da Coruña. Fundada en 1881 por Pascual Veiga, trátase do coral en activo máis antigo da Península Ibérica. Entre os seus recoñecementos cómpre salientar a Medalla de Prata da Coruña, e as medallas de ouro de París e Porto.

Coros galegos

Denomínanse coros galegos a algúns grupos corais de diversos tipos aparecidos dende finais do século dende finais do século XIX ata mediados do século XX, caracterizados por basear a súa estética, estilo musical e repertorio na música tradicional galega.

Cova Céltica

A Cova Céltica é o nome que recibía o faladoiro que mantiñan desde 1893 un grupo de intelectuais galegos de ideoloxía rexionalista, quen se reunían na librería de Uxío Carré Aldao na Coruña a fin de debateren sobre temas relacionados con Galiza.

Eduardo Pondal

Eduardo María González-Pondal Abente, nado en Ponteceso o 8 de febreiro de 1835 e finado na Coruña o 8 de marzo de 1917, foi un poeta rexionalista galego, en lingua castelá e lingua galega, autor da letra do Himno de Galicia. Foi un dos tres grandes poetas do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez. En 1965 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Himno nacional

Un himno nacional (do lat. hymnu) é unha música ou canción patriótica recoñecida polo goberno dun país como a música ou canción oficial daquela nación. Durante os séculos XIX e XX, co medre dos nacionalismos, a maioría dos países independentes adoptaron un himno nacional oficial. No caso das nacións sen estado o himno adoita ser elaborado ou recollido polos movementos de reivindicación e liberación nacional, e normalmente acaban por ser total ou parcialmente recoñecidos polo estado que ostenta a soberanía, incluso sen que a separación ou independencia se produza.

Así cancións como o Himno de Galicia, o Himno de Cataluña, ou o Himno de Euskadi, representan respeitivamente as identidades do pobos galego, catalán e éuscaro, son os seus himnos nacionais, aínda cando estes só teñen recoñecida unha autonomía e non o dereito de autodeterminación.

Un exemplo moi ilustrativo de todo o dito áchase precisamente no himno galego, con letra de Eduardo Pondal e música de Pascual Veiga; foi historicamente defendido polo nacionalismo galego, e posteriormente, coa caída do franquismo adoptado (só unha parte) como himno da nacionalidade histórica como figura no estatuto de autonomía. O nacionalismo, porén, mantén viva a versión completa do mesmo e a súa reivindicación.

José Adolfo Veiga Paradís

José Adolfo Veiga Paradís, Tui, Pontevedra, 1885- Madrid ?. Sobriño de Pascual Veiga, foi, como seu tío, compositor musical.

Mondoñedo

Mondoñedo (do latín mindunietum, medieval) é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.991 habitantes, cunha densidade de poboación de 28 hab./km². O seu xentilicio é «mindoniense».

Mondoñedo ten sé episcopal compartida con Ferrol. O bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol reside alternativamente nunha e noutra cidade.

Os Pinos

Os Pinos é o himno galego, un texto poético de Eduardo Pondal de 1890, incluído, dende 1935, nas edicións do libro de poemas Queixumes dos pinos (1886), concretamente das dúas primeiras partes, musicado por Pascual Veiga. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981.

Parque de Rosalía de Castro

O parque de Rosalía de Castro de Lugo está encadrado nun espazo verde entre a Avenida Doutor García Portela, a rúa Xornalistas Puro Cora, a rúa Pascual Veiga e o Paseo da Vila de Foz. O parque esténdese cara á zona baixa, limitando coa Ronda da República da Arxentina. Malia estar situado extramuros co casco vello, o parque ten un carácter céntrico.

Xosé Fontenla Leal

Xosé María Benito Fontenla Leal, nado en Canido, Ferrol o 12 de febreiro de 1864 e finado na Habana o 5 de decembro de 1919, foi un intelectual galeguista, presidente da Unión Redencionista Gallega e impulsor da Real Academia Galega -sendo académico non numerario desta mesma institución-, pertenceu así mesmo á Masonería e adoptou o nome masónico de Murguía.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.