Pascua cristiá

A Pascua (grego: Πάσχα) é a festividade relixiosa máis importante do ano litúrxico cristián en conmemoración da resurrección de Xesús de entre os mortos, segundo conta o Novo Testamento, o terceiro día desde a súa crucifixión. Os cristiáns celebran esta resurrección o Domingo de Pascua ou Resurrección, dous días despois do Venres Santo e tres despois do Xoves Santo.

A Pascua tamén se refire ó Tempo Pascual, período do ano litúrxico cristián, que tradicionalmente duraba corenta días entre o Domingo de Pascua e a Ascensión pero agora dura cincuenta días ata Pentecoste, a primeira semana coñécese como Semana Santa. A Pascua marca tamén a fin da Coresma, época de xaxún, oración e penitencia.

A Pascua é unha festa que non ten data fixa en relación co calendario civil. O Primeiro Concilio de Nicea (325) estableceu o día de Pascua como o primeiro domingo despois de lúa chea tralo equinoccio de primavera, eclesiasticamente establecido o 21 de marzo, na práctica a data varía entre o 22 de marzo e o 25 de abril para a Igrexa católica latina e as protestantes que basean os seus cálculos no calendario xuliano, as igrexas orientais, que se basean no calendario gregoriano celébrana entre o 4 de abril e o 8 de maio.

A Pascua cristiá está relacionada coa Pascua xudía, a Pessach, non só no simbolismo senón tamén pola súa disposición no calendario

Nas celebracións modernas da Pascua introducénse novos elementos, como en Galicia o ovo de Pascua ou a rosca de Pascua que os padriños regalan ós afillados, que celebran tanto cristiáns como non cristiáns. Tamén hai unhas poucas confesións cristiás, como os cuáqueros, que non celebran a Pascua.

Kurskaya korennaya
Procesión de Pascua na rexión de Kursk, pintura de Ilia Repin

Significado teolóxico

RabulaGospelsCrucifixion
Unha das máis antigas ilustracións da crucifixión e resurrección of Xesús (Evanxeos de Rabula manuscrito iluminado do século VI

Segundo o Novo Testamento a resurrección de Xesús, celebrada na Pascua, é a fundación da fe cristiá[1], a resurrección estableceu a Xesús como o Fillo de Deus[2], citándose como proba que Deus ha xulgar o mundo con xustiza por medio do propio Xesús[3][4]. Deus deulles aos cristiáns un novo nacemento xa que os cristiáns viven unha resurrección espiritual ""como Cristo foi resucitado dos mortos... así tamén nós camiñemos nunha vida nova"[4][5]

A Pascua está ligada á Pessach e ao Éxodo de Exipto recollido no Antigo Testamento mediante a Última Cea e a Crucifixión de Xesús que precede á resurrección. Consonte o Novo Testamento, Xesús deulle á cea de Pascua un novo significado ao preparar os seus discípulos e a el mesmo para a súa morte. El identificou a matzá e a copa de viño co seu corpo próximo a ser sacrificado e o seu sangue próximo a ser vertido. O apóstolo Paulo afirma "Purificádevos do vello fermento, para serdes unha masa nova, coma pans ácimos que sodes. Pois o noso año pascual, Cristo, xa foi inmolado";[6] referíndose os requerimentos da Pascua xudía de non ter fermento na casa e á alegoría de Xesús coma o año pascual.

No cristianismo primitivo

Last-supper-from-Kremikovtsi
A Última Cea nun fresco do século XVI

Os primeiros cristiáns, tanto os de orixe xudía como os xentís, eran coñecedores do calendario hebreo,[7] e non hai evidencia directa que eles celebrasen festas anuais específicas cristiás[8]. Probablemente celebraban como un aspecto do Pessach que os cristiáns de orixe xudía celebraban a resurrección de Xesús, próxima no tempo á Pessach.[9]

A partir de mediados do século II comezan a aparecer evidencias directas da celebración da Pascua, unha das primeiras é a homilía pascual atribuída a Melitón de Sardes[8], polo mesmo tempo aparecen evidencias da celebración doutra festa anual cristián, a conmemoración dos mártires[10]. Pero mentres os días dos mártires celebrábanse en datas fixadas no calendario solar local, a data da Pascua fixábase mediante o calendario lunisolar xudeu, considerándose a única festa do ano cristián que podería datarse do coñecido como período xudeu do cristianismo[11] que xa Sócrates de Constantinopla, a comezos do século V, afirmaba que era observada universalmente[12]

Notas

  1. Corintios 15:12–20
    Torrey, Reuben Archer (1897). "The Resurrection of Christ". Torrey's New Topical Textbook. Consultado o 31 de marzo de 2013.
    Encyclopædia Britannica (ed.). "The Letter of Paul to the Corinthians". Consultado o 10 de marzo de 2013.
  2. Romanos 1:4
  3. Feitos 17:31
  4. 4,0 4,1 Encyclopædia Britannica accessdate=11 de marzo de 2013 (ed.). "Jesus Christ".
  5. Romanos 6:4
  6. Corintios I|5:7
  7. Feitos2:1; Feitos 12:3; Feitos 20:6; Feitos 27:9, Corintios I 16:8
  8. 8,0 8,1 Melitón de Sardes. Northwest Theological Seminary, ed. "Homily on the Pascha". Kerux. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2007. Consultado o 28 de marzo de 2007.
  9. A&E Television Networks (ed.). "History of Easter". The History Channel website. Consultado o 9 de marzo de 2013.
  10. Cheslyn Jones, Geoffrey Wainwright, Edward Yarnold e Paul Bradshaw, Eds., The Study of Liturgy, Revised Edition, Oxford University Press, New York, 1992, p. 474.
  11. Cheslyn Jones, Geoffrey Wainwright, Edward Yarnold, and Paul Bradshaw, Eds., The Study of Liturgy, Revised Edition, Oxford University Press, New York, 1992, p. 459
  12. Socrates, Church History, 5.22, in Schaff, Philip (13 de xullo de 2005). Calvin College Christian Classics Ethereal Library, ed. "The Author's Views respecting the Celebration of Easter, Baptism, Fasting, Marriage, the Eucharist, and Other Ecclesiastical Rites.". Socrates and Sozomenus Ecclesiastical Histories. Consultado o 28 de marzo de 2007.
Ano bisesto

O ano bisesto é aquel que posúe un día a máis cós anos comúns. O obxectivo é manter o calendario utilizado en sincronía cos eventos estacionais relacionados coas estacións do ano. No caso do calendario gregoriano, asígnaselle 1 día extra cada 4 anos no mes de febreiro, que pasa a ter 29 días (e o ano 366 días) en vez de 28 como nos anos comúns de 365 días, co fin de equilibrar a duración do ano solar co calendario.

Antisemitismo

O antisemitismo é o nome que se dá á hostilidade contra os xudeus e a súa cultura.

Calendario hebreo

O calendario hebreo (הלוח העברי) ou calendario xudaico é o calendario anual usado no xudaísmo. Determina as datas das festas xudías, os textos da Torá apropiados para a lectura pública, os Iahrdseits (a data para conmemorar a morte dun familiar), e os salmos diarios específicos que algúns len normalmente. Téñense usado dúas formas do calendario: unha forma baseada na observación usada antes da destrución do segundo templo no ano 70 e baseado nas testemuñas que observaban as fases da lúa, e un a partir dunha norma que describiu Maimónides no 1178 d.C., que foi adoptado durante unha transición dende o ano 70 ata o 1178.

A forma "moderna" é o chamado calendario lunisolar, semellante ao calendario chinés, que mide os meses segundo os ciclos lunares e os anos tendo en conta os ciclos solares, distinto do calendario islámico puramente lunar e do calendario gregoriano case enteiramente solar. Pola diferenza de 11 días entre doce meses lunares e un ano solar, o calendario repítese nun ciclo de 19 anos de 235 meses lunares, cun mes lunar extra cada dous ou tres anos, cun total de sete veces cada dezanove anos. Como o calendario hebreo foi desenvolvido na zona sur-leste do Mar Mediterráneo, as referencias ás estacións reflicten os tempos e o clima do hemisferio norte.

Calendario romano xeral

O calendario romano xeral, coñecido en latín como calendarium romanum generale, é o calendario litúrxico oficial para as celebracións na forma ordinaria do rito romano na Igrexa católica latina. Rexe a ordenación do ano litúrxico indicando o ciclo total das celebracións do "misterio do Señor" e as datas das celebracións dos santos, ou santoral. Ademais do xeral existen calendarios particulares, como calendarios diocesanos, nacionais, de igrexas particulares ou de familias relixiosas.

Consonte o ano litúrxico católico o calendario estrutúrase en dous ciclos, o temporal e o santoral, o primeiro concirne a Cristo e ao segundo concirne aos días dedicados a lembrar e venerar a algúns santos e beatos.

Cálculo da data de Pascua

Considérase domingo de Pascua o domingo seguinte á primeira lúa chea de primavera (ou sexa, que caia a partir do 21 de marzo, incluído)

Considérase domingo de Pascua o domingo seguinte á Pascua xudía (que se celebra a primeira lúa chea de primavera, ou sexa, que caia a partir do 21 de marzo, incluído)

Lista de cantatas de Johann Sebastian Bach

Esta é unha lista ordenada das cantatas de Johann Sebastian Bach. Existen case 200 cantatas de Bach entre as súas máis importantes composicións vocais.

A lista inclúe tanto cantatas existentes e, na medida en que se sabe, cantatas perdidas. Está ordenada polo número de cantata, que é igual ao número no Bach-Werke-Verzeichnis (BWV), por título, por ocasión durante o ano litúrxico, o ano de composición e a data da primeira interpretación, se son coñecidas. Tamén se proporciona a agrupación, agrupada por cantantes e familias de instrumentos. As cores mostran qué cantatas non son cantatas de igrexa existentes e mesmo qué obras non foron compostas por Bach, mais lle foron atribuídas no pasado. Tamén se inclúe unha ligazón á partitura libre da Bach Gesellschaft no International Music Score Library Project (IMSLP).

Liturxia

Denomínase liturxia á forma coa que se levan a cabo as cerimonias nunha relixión, ou nalgunha outra institución ou organización similar, é dicir, o conxunto de actos que forman parte do seu culto público e oficial.

Practicamente todas as sociedades practican rituais, é dicir, series de ritos, con connotacións de tipo relixioso ou cerimonial nas vodas, nos enterros e en moitos outros momentos importantes da vida individual ou colectiva, e adoita regulamentarse, aínda que en diferente medida, o modo en que se debe efectuar o culto nos lugares públicos, especialmente nos templos.

Porén, non debe confundirse liturxia con rito,Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rito.pois non son sinónimos absolutos.

Madeinusa

Madeinusa é un filme hispano-peruano dirixido por Claudia Llosa que foi estreado no ano 2005. Está ambientada na vila ficticia de Manayaycuna ("a vila á que ninguén pode entrar" en quechua) nos Andes peruanos. A historia abrangue tres días nas vidas dos locais e dun foráneo de Lima. O foráneo, Salvador (Carlos de la Torre), non é benvido por mor de que a súa chegada cadrou co comezo do "Tempo Sagrado", un festival relixioso sincrético que vai dende o Venres Santo até a Pascua cristiá.

Mércores de Cinsa

O Mércores de Cinsa ou Cinza é o primeiro día da Coresma no calendario católico, protestante, e anglicano. Sucede 46 días antes da Pascua cristiá, aínda que se considera que a Coresma ten 40 días de duración, xa que non se contan os domingos.

Este día cae en diferentes datas ano a ano, de acordo á data móbil de Pascua. Pode acontecer entre o 4 de febreiro e o 10 de marzo.

Noite de san Xoán

Na noite de san Xoán ou do Lume Novo, a noite do día 23 ao 24 de xuño, e coincidindo co solsticio de verán, celébranse desde antigo unha ampla variedade de festas e prácticas rituais en moitos lugares de Europa (principalmente a Europa atlántica), especialmente ó redor de fogueiras purificadoras, as fogueiras de san Xoán. Trátase dunha celebración anterior á chegada do cristianismo na que diferentes culturas festexan este acontecemento solar (véxase: Litha).

A data do 24 de xuño corresponde, segundo a tradición cristiá, á data do nacemento de Xoán o Bautista.

Galicia conta cunha forte tradición en todo o país onde se mesturan antigos ritos ao lume, á auga e á natureza con xantares populares, salientando as celebración e as cacharelas da cidade da Coruña. En Europa salientan as celebracións nos países nórdicos, nas illas británicas, na Península Ibérica e Francia, con rituais semellantes aos galegos: fogueiras, xantares populares, rituais con herbas e auga. En España salientan as celebración en Cataluña e o País Valenciano; préndense importantes fogueiras en Alacant, declaradas de Interese Turístico Internacional. Aquí, nesta cidade, considéranse auténticas obras de arte. Son creadas durante meses por construtores e artistas que empregan materiais tan variados como cartón, madeira, papel, pintura etc. para que poidan arder facilmente.

Pascua

O termo Pascua pode estar referido a:

O Pessach ou pascua xudía;

A Pascua cristiá;

A illa de Pascua;

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.