Partit Popular Català

O Partit Popular Català (ata 2012 Partit Popular de Catalunya) é a federación do Partido Popular estatal en Cataluña. Foi fundado en xaneiro de 1989 co nacemento do Partido Popular, herdeiro de Alianza Popular. Con sede central na rúa Urgell de Barcelona, está presidido actualmente por Alícia Sánchez-Camacho. Anteriormente a formación estivo presidida por Aleix Vidal-Quadras, Alberto Fernández Díaz, Josep Piqué e Daniel Sirera.

É actualmente a cuarta forza política no Parlamento de Cataluña. Nas Eleccións ao Parlamento de Cataluña 2006 conseguiu o 10,64 por cento dos votos, o que lle asignou 14 escanos no parlamento. O seu mellor resultado foi en 1995, cando obtivo 17 representantes.

Recentemente mostrouse en contra do Estatuto de autonomía de Cataluña de 2006, facendo campaña polo "Non" no Referendo estatutario que se celebrou o 18 de xuño de 2006.

Partit Popular Català
Partido político catalán
Dirixentes e organización
LíderAlícia Sánchez-Camacho
MocidadesNoves Generacions
Filiación internacionalPartido Popular Europeo
Historia
FundaciónXaneiro do 1989
Posicións políticas
Ideoloxíacentro-dereita, españolista, conservador e liberal
Outros datos
SedeC/ Urgell, 249
08036 Barcelona
Páxina webwww.ppcatalunya.com/

Electos

Cabezas de lista del PP en Catalunya para las elecciones de 2008
Cabezas de lista do PP en Cataluña para as eleccións xerais de 2008.
Deputados no Parlamento de Cataluña

Daniel Sirera, Dolors Montserrat, Carina Mejías, Josep Llobet, Rafael Luna, Rafael López, Joan Bertomeu, Enric Millo, Jordi Montanya, Àngels Olano, Belén Pajares, Santiago Rodríguez i Serra, Francesc Vendrell.

Deputados no Congreso

Dolors Nadal, Jorge Fernández, Jorge Moragas, José Luís Ayllón, Dolors Montserrat Montserrat, Antonio Gallego Burgos, Francesc Ricomà, Jose Ignacio Llorens Torres.

Resultados electorais

Eleccións ao Parlamento de Cataluña

Ano Eleccións Candidato Votos % Escanos Posición
1992 Eleccións Autonómicas de Cataluña 1992 Aleix Vidal-Quadras 157.772 5,97 7 5
1995 Eleccións Autonómicas de Cataluña 1995 Aleix Vidal-Quadras 421.752 13,08 17 3
1999 Eleccións Autonómicas de Cataluña 1999 Alberto Fernández Díaz 297.265 9,51 12 3
2003 Eleccións Autonómicas de Cataluña 2003 Josep Piqué 393.499 11,9 15 4
2006 Eleccións Autonómicas de Cataluña 2006 Josep Piqué 313.479 10,64 14 4

Eleccións xerais de España

Ano Eleccións Votos % Escanos
1996 Eleccións xerais de España 1996 698.400 17,96 8
2000 Eleccións xerais de España 2000 763.982 22,79 12
2004 Eleccións xerais de España 2004 620.348 15,53 6
2008 Eleccións xerais de España 2008 604.964 16,39 8

Eleccións ao Parlamento Europeo

Ano Eleccións Votos %
1999 Eleccións ao Parlamento Europeo, 1999 486.471 16,9
2004 Eleccións ao Parlamento Europeo, 2004 372.905 17,76
2009 Eleccións ao Parlamento Europeo, 2009 352.226 18,00

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Alícia Sánchez-Camacho

Alícia Sánchez-Camacho Pérez, nada en Barcelona o 22 de abril de 1967, é unha política catalá de dereitas e actual presidenta do Partit Popular Català dende o 6 de xullo de 2008.

Estudou a Licenciatura en Dereito e accedeu ao Poder Xudicial como xuíza substituta. Estudou un mestrado en Administración pública.

Barcelona

Barcelona (en catalán pronúnciase [bərsəˈɫonə]) é unha cidade situada no nordés da Península Ibérica, capital de Cataluña, da provincia homónima e da comarca do Barcelonès, así como a meirande cidade dos Países Cataláns. Situada ás beiras do mar Mediterráneo, atópase a uns 120 km ao sur da cadea montañosa dos Pireneos e da fronteira con Francia, nunha chaira limitada polo mar ao leste, a serra de Collserola ao oeste, o río Llobregat ao sur e o río Besòs ao norte. É coñecida co alcume da "Cidade Condal" (Ciutat Comtal), por ser a capital do antigo Condado de Barcelona.

Cunha poboación de 1.620.809 habitantes, é a segunda cidade máis poboada de España e da península tras Madrid, e a undécima da Unión Europea. A súa área metropolitana, integrada por 36 concellos, ten unha poboación de 3.161.081 habitantes e unha superficie de 633 km². Esta área é a delimitación como núcleo urbano definida oficialmente, con todo a Rexión Urbana de Barcelona, que se estendería por todo a área de influencia da cidade, chega aos 4.928.852 habitantes cunha densidade de poboación de 1.496 hab/km².Foi escenario de diversos eventos mundiais, que contribuíron a configurar a cidade e darlle proxección internacional. Os máis relevantes foron a Exposición Universal de 1888, a Exposición Internacional de 1929, os Xogos Olímpicos de verán de 1992 e o Fórum Universal das Culturas 2004. É tamén sede do secretariado da Unión polo Mediterráneo.Na actualidade, é recoñecida como Cidade global pola súa importancia cultural, financeira, comercial e turística. Posúe un dos portos máis importantes do Mediterráneo e é tamén un importante punto de comunicacións entre España e Francia, debido ás conexións por autoestrada e tren de alta velocidade. O aeroporto de Barcelona-El Prat foi utilizado por máis de 44 millóns de pasaxeiros en 2016.

Parlamento de Cataluña

O Parlamento de Cataluña (en catalán: Parlament de Catalunya), coñecido habitualmente como Parlament, é unha das institucións que forman a Generalitat de Cataluña, o máximo órgano de goberno catalán. Representa ao pobo de Cataluña e exerce a potestade lexislativa, aproba os orzamentos da Generalitat e controla e impulsa a acción política e de Goberno.

A súa composición debe ter entre 100 e 150 deputados, estando formado actualmente por 135 deputados, que se elixen por sufraxio universal. As súas sesións celébranse no Palau del Parlament, no Parc de la Ciutadella de Barcelona.

O actual presidente do Parlament é Roger Torrent, que tomou posesión do seu cargo o 17 de xaneiro de 2018 en substitución de Carme Forcadell.

Partido Popular

O Partido Popular (PP) é un partido político conservador español situado no centro dereita ou a dereita política. Foi fundado en 1989, cando adoptou a súa denominación actual, que substituíu á de Alianza Popular, partido fundado en 1976 por Manuel Fraga (ministro durante a época franquista).

É un dos partidos maioritarios de España. O PP ten maioría simple no Congreso dos Deputados, maioría absoluta no Senado e goberna en cinco comunidades autónomas, así como en Ceuta e Melilla. É, coas presidencias de José María Aznar e Mariano Rajoy, a segunda formación que máis anos gobernou o país desde o restablecemento da democracia, por detrás do PSOE.

Xavier García Albiol

Xavier García Albiol, nado en Badalona o 8 de decembro de 1967, é un político español pertencente ao Partit Popular Català. Presidente do Partit Popular de Badalona dende 1990, Albiol foi alcalde de Badalona entre 2011 e 2015.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.