Partido xudicial do Porriño

O Partido xudicial do Porriño é un dos 45 partidos xudiciais nos que se divide a comunidade autónoma de Galicia, sendo o partido xudicial nº 11 da provincia de Pontevedra.

Comprende os concellos de Mos, O Porriño e Salceda de Caselas. A cabeza de partido, e por tanto sede das institucións xudiciais, é O Porriño. A dirección do partido sitúase na rúa Fernández Areal da localidade. O Porriño conta con tres Xulgados de Primeira Instancia e Instrución[1].

Pontevedra - Mapa judicial
     Partido xudicial do Porriño
Xulgados do Porriño
Predio dos xulgados do Porriño

Notas

  1. Directorio de Órganos Xudiciais (O Porriño), Páxina web do Poder Xudicial de España.

Véxase tamén

Outros artigos

Mos

Mos é un concello da provincia de Pontevedra pertencente á comarca de Vigo. Antigamente inscribíase na histórica Comarca da Louriña, que pese a non ter valor administrativo segue tendo presenza no imaxinario colectivo e nos medios de comunicación .

O seu xentilicio é mosense. Segundo o IGE, no ano 2014 contaba con 15.324 habitantes dos cales 7.529 son homes e 7.795 mulleres .

Ten unha superficie de 53,2 km² e unha densidade de poboación de 288,04 hab/km² repartidos en dez parroquias: Cela, Dornelas, Guizán, Louredo, Mos, Pereiras, Petelos, Sanguiñeda, Tameiga e Torroso.

Este concello estableceuse constitucionalmente no ano 1836, non tendo nestes dous séculos apreciables variacións agás os diferentes cambios de capitalidade .

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.