Partido xudicial de Vilagarcía de Arousa

O Partido xudicial de Vilagarcía de Arousa é un dos 45 partidos xudiciais nos que se divide a comunidade autónoma de Galicia, sendo o partido xudicial nº 2 da provincia de Pontevedra.

Comprende os concellos de Catoira, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa e A Illa de Arousa. A cabeza de partido, e por tanto sede das institucións xudiciais, é Vilagarcía de Arousa. A dirección do partido sitúase na Avenida da Mariña da localidade. Vilagarcía de Arousa conta con tres Xulgados de Primeira Instancia e Instrución[1].

Pontevedra - Mapa judicial
     Partido xudicial de Vilagarcía de Arousa
Juzgados001. Villagarcia de Arosa
Predio dos xulgados de Vilagarcía de Arousa

Notas

  1. Directorio de Órganos Xudiciais (Vilagarcía de Arousa), Páxina web do Poder Xudicial de España.

Véxase tamén

Outros artigos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.