Partido xudicial de Redondela

O partido xudicial de Redondela é un dos 45 partidos xudiciais nos que se divide Galiza, sendo o partido xudicial número 10 da provincia de Pontevedra. Comprende os concellos de Redondela, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes e Soutomaior. Así, este partido xudicial abrangue unha poboación de dereito de 40 766 habitantes.[1]

Pontevedra - Mapa judicial
     Partido xudicial de Redondela

Descrición

A cabeza do partido e polo tanto a sede das institucións xudiciais é Redondela. A dirección do partido está na rúa Xunqueira da localidade, e conta con dous Xulgados de Primeira Instancia e Instrución.

No ano 2012 o Consejo General del Poder Judicial (CGPJ) propuxo reducir de 13 a 5 os partidos xudiciais existentes na provincia pontevedresa. Así as cousas, con esta nova modificación o partido xudicial de Redondela ficaría integrado no partido xudicial de Vigo.[2]

Xulgados Redondela
Sede do partido xudicial de Redondela.

O partido xudicial de Redondela conta con dous xuíces, establecendo un ratio dun xuíz por cada 20 383 habitantes (2004), en contraste co ano 1994 cando contaba con un xuíz por cada 40 110 habitantes.

Notas

  1. "Partido Xudicial de Redondela (Pontevedra). Xulgados de Primeira Instancia e Instrución" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de decembro de 2013. Consultado o 27 de decembro de 2013.
  2. El Poder Judicial propone que Redondela se integre en el partido judicial de Vigo Faro de Vigo.

Véxase tamén

Outros artigos

Cabeiro, Redondela

San Xoán de Cabeiro é unha parroquia do concello de Redondela. Segundo o IGE en 2009 tiña 755 habitantes (378 mulleres e 377 homes), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 720 habitantes. Está formada polos barrios de Porto Cabeiro (a 5,8 km do centro da vila) e Igrexa (a 5,5 km), formada por uns 300 habitantes aproximadamente. O código postal é o 36813. Confina o termo ó norte coa freguesía de Cedeira, ó leste con Trasmañó, ó sur con Vilar e ó oeste Negros. Ten unha igrexa parroquial dedicada a san Xoán e un parque arqueolóxico onde destaca a coñecida como Mámoa do Rei.

Mos

Mos é un concello da provincia de Pontevedra pertencente á comarca de Vigo. Antigamente inscribíase na histórica Comarca da Louriña, que pese a non ter valor administrativo segue tendo presenza no imaxinario colectivo e nos medios de comunicación .

O seu xentilicio é mosense. Segundo o IGE, no ano 2014 contaba con 15.324 habitantes dos cales 7.529 son homes e 7.795 mulleres .

Ten unha superficie de 53,2 km² e unha densidade de poboación de 288,04 hab/km² repartidos en dez parroquias: Cela, Dornelas, Guizán, Louredo, Mos, Pereiras, Petelos, Sanguiñeda, Tameiga e Torroso.

Este concello estableceuse constitucionalmente no ano 1836, non tendo nestes dous séculos apreciables variacións agás os diferentes cambios de capitalidade .

Redondela

Redondela é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. O seu xentilicio é redondelán. Ten unha superficie de 52,1 km² e, segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2018 tiña 29.194 habitantes, dos cales 14.219 eran varóns e 14.975 eran mulleres, resultando unha densidade de poboación de 560,35 hab./km². É o cuarto concello máis poboado da provincia, por detrás de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa, e está situado entre as dúas primeiras, a 13 km de Vigo e a 20 km de Pontevedra.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.