Partido xudicial de Padrón

O partido xudicial de Padrón é un dos 45 partidos xudiciais nos que se divide a comunidade autónoma de Galicia, sendo o partido xudicial nº 13 da provincia da Coruña.

Comprende os concellos de Dodro, Padrón, Rianxo e Rois. A cabeza de partido, e por tanto sede das institucións xudiciais, é Padrón. A dirección do partido sitúase na Rúa Tetuán da localidade. Padrón conta con dous Xulgados de Primeira Instancia e Instrución[1].

La Coruna - Mapa judicial
     Padrón

Notas

  1. Directorio de Órganos Xudiciais (Padrón), Páxina web do Poder Xudicial de España.

Véxase tamén

Outros artigos

Dodro

Dodro é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca do Sar; está situado no suroeste da provincia, onde o río Ulla se funde coa ría de Arousa. O seu xentilicio é «dodrense» e ten o concello a súa capitalidade en Tallós. Dista de Santiago de Compostela arredor de 24 km e de Ribeira atopase a uns 35 km, ten unha superficie de 36,1 km² e segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2018 tiña 2791 habitantes (1357 homes e 1434 eran mulleres), cunha densidade de poboación de 77,31 hab./km².

O concello de Dodro conserva espazos naturais de grande importancia ambiental e paisaxística, como as Brañas de Laíño que se estenden a carón do río Ulla, constituíndo o espazo húmido máis grande de Galicia, incluídas no Sistema Fluvial Ulla-Deza e declarada zona de especial conservación. Preserva moitos elementos tradicionais como os cruceiros, os muíños, os hórreos e os reloxos de sol, exemplo da etnografía galega, en diferentes estados de conservación, ademais dunha rica tradición oral e escrita. Pazos históricos que lembran a nobreza de antano e igrexas do barroco completan o patrimonio arquitectónico do municipio.

El Barbero Municipal

El Barbero Municipal foi un semanario fundado por Ramón Rey Baltar que se editou en Rianxo como órgano do Partido Conservador local e de liña maurista. Caracterizouse pola crítica á política do home forte da zona, o liberal Manuel Viturro Posse, secretario da Deputación Provincial da Coruña e do seu cacique local, o alcalde Manuel Pérez.

Teo

Teo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 18.254 habitantes (8.962 homes e 9.292 mulleres) (17.807 no 2009, 17.168 no 2006, 16.809 no 2005, 16.428 no 2004, 16.028 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «teense».

Xesús Culebras

Xesús Culebras Rodríguez, nado en Narón o 12 de febreiro de 1879 e finado en Madrid o 2 de abril de 1948, foi un veterinario, intelectual, científico e galeguista.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.