Partido xudicial de Ourense

O partido xudicial de Ourense é un dos 45 partidos xudiciais nos que se divide a comunidade autónoma de Galicia, sendo o partido xudicial nº 1 da provincia de Ourense.

Comprende os concellos de Allariz, Amoeiro, Baños de Molgas, Barbadás, Coles, Esgos, Maceda, Nogueira de Ramuín, Ourense, Paderne de Allariz, Parada de Sil, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén, Vilamarín, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo. A cabeza de partido, e por tanto sede das institucións xudiciais, é Ourense. A dirección do partido sitúase na Praza de Concepción Arenal da localidade. Ourense conta con 7 Xulgados de Primeira Instancia, 4 do Social, 3 de Instrución, 2 do Penal, 2 do Contencioso-Administrativo e un de Menores[1].

Orense - Mapa judicial
     Partido xudicial de Ourense
PazodeXustizaOurense-2
Predio dos xulgados de Ourense

Notas

  1. Directorio de Órganos Xudiciais (Ourense), Páxina web do Poder Xudicial de España.

Véxase tamén

Outros artigos

Barbadás

Barbadás é un concello da provincia de Ourense, pertencente a comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2016 tiña 10 638 habitantes (10463 en 2015, 8426 no 2006, 7939 no 2005, 7597 no 2004, 7193 no 2003).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é barbadés ou barbalatense.

Pontedeva

Pontedeva é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o padrón municipal, en 2018 tiña 554 habitantes (664 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é pontedevés - pontedevense.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.