Partido xudicial de Ordes

O partido xudicial de Ordes é un dos 45 partidos xudiciais nos que se divide a comunidade autónoma de Galicia, sendo o partido xudicial nº 14 da provincia da Coruña.

Comprende os concellos de Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia, Trazo e Val do Dubra. A cabeza de partido, e por tanto sede das institucións xudiciais, é Ordes. A dirección do partido sitúase na Rúa Alfonso Senra da localidade. Ordes conta con dous Xulgados de Primeira Instancia e Instrución[1].

La Coruna - Mapa judicial
     Partido xudicial de Ordes

Notas

  1. Directorio de Órganos Xudiciais (Ordes), Páxina web do Poder Xudicial de España.

Véxase tamén

Outros artigos

Mesía

Mesía é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes. Segundo o IGE en 2016 tiña 2.700 habitantes (1.342 homes e 1.358 mulleres) (2.918 no 2010, 3.102 no 2006, 3.174 no 2005, 3.216 no 2004, 3.240 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «mesiense».

Oroso

Oroso é un concello da comarca de Ordes, pertencente á provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2014 tiña 7.400 habitantes (6.987 no 2009, 6.526 no 2006, 6.345 no 2005, 6.155 no 2004, 5.933 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é orosán.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.