Partido xudicial de Monforte de Lemos

O partido xudicial de Monforte de Lemos é un dos 45 partidos xudiciais nos que se divide a comunidade autónoma de Galicia, sendo o partido xudicial nº 5 da provincia de Lugo.

Comprende os concellos de Bóveda, Folgoso do Courel, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao e Sober. A cabeza de partido, e por tanto sede das institucións xudiciais, é Monforte de Lemos. A dirección do partido sitúase na Avenida de Galicia da localidade. Monforte de Lemos conta con dous Xulgados de Primeira Instancia e Instrución[1].

Lugo - Mapa judicial
     Partido xudicial de Monforte de Lemos
Xulgados de Monforte de Lemos
Predio dos xulgados de Monforte de Lemos

Notas

  1. Directorio de Órganos Xudiciais (Monforte de Lemos), Páxina web do Poder Xudicial de España.

Véxase tamén

Outros artigos

Bóveda

Bóveda é un concello galego da provincia de Lugo. Pertence á comarca da Terra de Lemos e ao partido xudicial de Monforte de Lemos. Ten unha poboación de 1.571 habitantes segundo o censo de 2014.O seu xentilicio (véxase no Galizionario) bovedés ou bovedense.

Situado ao sur da provincia linda co concello do Incio e Paradela ó norte, co concello de Monforte de Lemos ó sur, cos concellos da Pobra do Brollón e O Incio ó leste, e co concello do Saviñao ó oeste.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.