Partido xudicial de Mondoñedo

O Partido xudicial de Mondoñedo é un dos 45 partidos xudiciais nos que se divide a comunidade autónoma de Galicia, sendo o partido xudicial nº 1 da provincia de Lugo.

Comprende os concellos de Abadín, Alfoz, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, A Pastoriza, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada e O Valadouro. A cabeza de partido, e por tanto sede das institucións xudiciais, é Mondoñedo, tendo o seu enderezo na Praza San Juan Alcántara s/n da localidade. Mondoñedo conta con dous Xulgados de Primeira Instancia e Instrución[1].

Lugo - Mapa judicial
     Partido xudicial de Mondoñedo

Notas

  1. Directorio de Órganos Xudiciais (Mondoñedo), Páxina web do Poder Xudicial de España.

Véxase tamén

Outros artigos

Alfredo Llano García

Alfredo Llano García, nado na Fonsagrada o 9 de marzo de 1955, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Mayra García Bermúdez

Nada o 27de maio de 1988, é diplomada en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela.

Partido Xudicial de Ribadeo

O Partido Xudicial de Ribadeo mantivo a súa existencia até finais do século XX. O Partido Xudicial con capital en Ribadeo limitaba co Partido Xudicial da Fonsagrada e o Partido Xudicial de Mondoñedo, así como con Asturias, e abranguía 39 parrquias pertencentes aos concellos de Ribadeo, Barreiros, Trabada e mais as parroquias de Vilameá e Vilaoudriz (na actualidade pertencentes ao concello da Pontenova). Tiña unha superficie de 499,1 km².

Segundo o censo de 1920, tiña 6.784 entidades e albergues, con 23.730 habitantes de feito e 25.631 de dereito.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.