Partido xudicial de Corcubión

O partido xudicial de Corcubión é un dos 45 partidos xudiciais nos que se divide a comunidade autónoma de Galicia, sendo o partido xudicial nº 7 da provincia da Coruña.

Comprende os concellos de Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo e Zas. A cabeza de partido, e por tanto sede das institucións xudiciais, é Corcubión. A dirección do partido sitúase na Rúa da Viña da localidade. Corcubión conta con dous Xulgados de Primeira Instancia e Instrución[1].

La Coruna - Mapa judicial
     Partido xudicial de Corcubión

Notas

  1. Directorio de Órganos Xudiciais (Corcubión), Páxina web do Poder Xudicial de España.

Véxase tamén

Outros artigos

Antonio Porrúa

Antonio Porrúa Rodriguez, finado en Corcubión o 3 de marzo de 1893, foi un médico, político e xornalista galego.

Corcubión

Corcubión é un concello galego, o máis pequeno da provincia da Coruña. Pertence á comarca de Fisterra. Formado por tan só dúas parroquias (Corcubión e Redonda) está atravesado pola estrada C-552 que o comunica cos municipios limítrofes e coa capital provincial a 94 km. A vila foi declarada Conxunto Histórico-Artístico en 1985.

Vimianzo

Vimianzo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Soneira e integrado no partido xudicial de Corcubión. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vimiancés». É un dos concellos máis extensos da provincia (187,4 km²) que, segundo o IGE, tiña 7.565 habitantes en 2015 (8.128 no 2010, 8.402 no 2006, 8.466 no 2005, 8.517 no 2004, 8.653 en 2003), cunha baixa densidade de poboación (40,37 hab./km²). Sitúase practicamente equidistante das cidades da Coruña e Santiago de Compostela; pese a ter apenas uns metros de liña costeira está considerado tamén un dos concellos que forman parte da Costa da Morte.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.