Partido xudicial de Betanzos

O partido xudicial de Betanzos é un dos 45 partidos xudiciais nos que se divide a comunidade autónoma de Galicia, sendo o partido xudicial nº 1 da provincia da Coruña.

Comprende os concellos de Abegondo, Aranga, Bergondo, Betanzos, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Monfero, Oza-Cesuras, Paderne, Pontedeume, Sada, Sobrado, Vilarmaior e Vilasantar. A cabeza de partido, e por tanto sede das institucións xudiciais, é Betanzos. A dirección do partido sitúase na Praza Irmáns García Naveira da localidade. Betanzos conta con catro Xulgados de Primeira Instancia e Instrución[1].

La Coruna - Mapa judicial
     Partido xudicial de Betanzos

Notas

  1. Directorio de Órganos Xudiciais (Betanzos), Páxina web do Poder Xudicial de España.

Véxase tamén

Outros artigos

Abegondo

Abegondo é un concello da provincia e comarca da Coruña. Está no partido xudicial de Betanzos e forma parte do consorcio das Mariñas e da área metropolitana da Coruña. Limita con Cambre, Bergondo, Betanzos, Oza-Cesuras, Mesía, Ordes e Carral. Abegondo ocupa 87,9 km2 de terreo, que se reparte en 19 parroquias.

En 2017 tiña unha poboación de 5467 persoas. O norte do concello é o máis poboado.

A metade norte do concello delimítano o río Barcés e o Mero. Vai subindo de altitude cara o sur, pasando dos 100 aos 400 metros de altitude en Vizoño. Boa parte das augas do encoro de Cecebre están nas súas parroquias do norte: Orto e Crendes. O encoro e as ribeiras do ríos Barcés e Mero están declarados como espazo natural ZEC encoro de Abegondo-Cecebre. Un punto de ancoraxe na AP-9 en Folgoso foi declarado de interese xeolóxico polo perfil estratigráfico da serie de Ordes que mostra. Abegondo forma parte da Reserva da Biosfera das Mariñas e Terras do Mandeo.

Entre o patrimonio destacan os castros e mámoas e o posible paso da calzada romana Vía XX per loca marítima por Vizoño, as minarías de ouro no Barcés, a Torre Figueroa e as Torres de Peito Bordel do século XII, o pazo de Quiroga do XVII ou os Cruceiros Bonitos. Dúas variantes do Camiño Inglés, seguen os Camiños Reais e pasan por Abegondo desde A Coruña e Ferrol. Os abegondeses Antonio de Parga e Juan Armada foron ministros nos reinados de Fernando VII e Afonso XIII.

En Mabegondo están o Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo e a cidade deportiva do Deportivo da Coruña.

O xentilicio local é «abegondés»/«abegondesa»

Bernardo Fernández Piñeiro

Bernardo Fernández Piñeiro, nado en Pontedeume en 1981, é un político galego. Membro do PSdeG-PSOE, é alcalde de Pontedeume tras acadar a maioría absoluta nas eleccións municipais de 2015. Ademais é o portavoz do Grupo Provincial Socialista na Deputación da Coruña e Vicesecretario Xeral do PSdeG-PSOE na mesma provincia.

Concello de Oza dos Ríos

Oza dos Ríos foi un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2013 tiña 3204 habitantes (3227 no 2012, 3229 no 2011, 3198 no 2010).

O 6 de xuño de 2013 a Xunta de Galicia aprobou o decreto da fusión do concello co concello de Cesuras polo que se creou o concello de Oza-Cesuras.

Sobrado

Sobrado é un concello situado no sueste da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Melide. Segundo o IGE no 2015 tiña 1911 habitantes (2139 no 2010, 2289 no 2006, 2316 no 2005, 2360 no 2004, 2400 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «sobradés».

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.