Partido xudicial de Arzúa

O partido xudicial de Arzúa é un dos 45 partidos xudiciais nos que se divide a comunidade autónoma de Galicia, sendo o partido xudicial nº 8 da provincia da Coruña.

Comprende os concellos de Arzúa, Boimorto, Melide, O Pino, Santiso, Toques e Touro. A cabeza de partido e por tanto sede das institucións xudiciais é Arzúa. A dirección do partido sitúase na Rúa de Lugo da localidade. Arzúa conta cun Xulgado de Primeira Instancia e Instrución[1].

La Coruna - Mapa judicial
     Partido xudicial de Arzúa

Notas

  1. Directorio de Órganos Xudiciais (Arzúa), Páxina web do Poder Xudicial de España.

Véxase tamén

Outros artigos

Boimorto

Boimorto é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2018 tiña 2022 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é boimortés.

Curtis

Curtis é un concello da comarca de Betanzos, na provincia da Coruña limítrofe coa provincia de Lugo. Segundo o IGE no 2014 tiña unha poboación de 4048 habitantes (4159 no 2012, 4214 no 2011, 4228 no 2010). O concello ten dous importantes núcleos de poboación separados 12 km: Teixeiro, onde está a casa do concello, e Curtis que tamén é o nome histórico do concello. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «curtense».

O Pino

O Pino é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Arzúa. Limita ao norte con Frades e Oroso, ao sur con Touro e Boqueixón, ao leste con Arzúa e ao oeste con Santiago de Compostela. Segundo o IGE en 2015 tiña 4706 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.