Partido xudicial

En España, un partido xudicial é un distrito ou territorio que comprende varios concellos dunha mesma provincia, na que, para administra-la xustiza, exerce xurisdición un xuíz de primeira instancia.

A división de España en partidos xudiciais, realizouse no 1834, téndose en conta os lindes provinciais. Máis tarde estas divisións serían a base para os distritos electorais e da contribución. En 1868 existían 463 partidos xudiciais e uns 8.000 municipios.

É un concepto diferente da comarca, que ten carácter xeográfico en vez de xudicial.

Véxase tamén

Outros artigos

Adamuz

Adamuz é un concello andaluz situado na provincia de Córdoba entre Serra Morena e o Guadalquivir. O municipio atópase na comarca do Alto Guadalquivir e pertence ao partido xudicial de Montoro. As súas coordenadas xeográficas son 38º 01' N 4º 31' O. Atópase a unha altitude de 240 msnm e a uns 32 km da capital de provincia, Córdoba. A súa superficie é de 333,8 km2. No ano 2008 contaba cunha poboación de 4 472 habitantes e unha densidade de poboación de 13,4 hab/km².

Baena

Baena é un concello andaluz situado na provincia de Córdoba. O municipio atópase na comarca da Campiña de Baena e é cabeza do partido xudicial homónimo e ao cal se acollen os municipios de Luque, Valenzuela, a pedanía de Albendín e sete casaríos menores.

Situada a 62 km da capital pola estrada N-432, a 100 km de Granada e a 67 km de Xaén.

O río Guadajoz atravesa o concello case transversalmente de suroeste a oeste e o seu afluente, o Marbella, baña o propio núcleo urbano, sendo un río practicamente seco.

Destacan algúns vértices como torre Morana (688 m), Almoguera (758 m) ou Serrezuela (799 m).

Balaguer

Balaguer é un municipio catalán, pertencente á provincia de Lleida. É a capital da comarca da Noguera e do partido xudicial de Balaguer.

Comarca do Morrazo

A comarca do Morrazo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A cal pertencen os concellos de Bueu, Cangas, Marín e Moaña. Limita ó norte coa ría de Pontevedra, ó leste coa comarca de Pontevedra, ó sur coa ría de Vigo e ó oeste co océano Atlántico.

É a comarca máis pequena de Galicia (140,7 km², o 0,47% de Galicia). Tiña 82 445 habitantes no 2018, e é unha das cinco máis densamente poboadas (585,96 hab/km²).

É unha das comarcas naturais e sociolóxicas con máis carácter de Galiza polo seu condicionamento xeográfico. A actual comarca administrativa correspóndese só cunha parte da comarca xeográfica e histórica, a Península do Morrazo, que abrangue tamén o concello de Vilaboa (agás a parroquia de Bértola e unha parte da de Figueirido, e o barrio de Paredes na parroquia de Vilaboa). Tamén forma parte da península as parroquias pontevedresas de Lourizán e a maior parte da de Salcedo. Antigamente mesmo a propia cidade de Pontevedra estaba incluída no arciprestado do Morrazo.

O concello de Vilaboa, malia pertencer ó partido xudicial de Cangas, foi integrado na comarca de Pontevedra debido a factores de funcionalidade, e as parroquias pontevedresas de Salcedo e Lourizán por pertencer ó propio concello capitalino. Nun principio tampouco se incluíu o concello de Marín, pero a petición dos seus habitantes, foi integrada na do Morrazo, á que pertence desde hai uns anos.

Corcubión

Corcubión é un concello galego, o máis pequeno da provincia da Coruña. Pertence á comarca de Fisterra. Formado por tan só dúas parroquias (Corcubión e Redonda) está atravesado pola estrada C-552 que o comunica cos municipios limítrofes e coa capital provincial a 94 km. A vila foi declarada Conxunto Histórico-Artístico en 1985.

Distritos de Francia

Os 100 departamentos franceses (départements) a fronte de cada un dos cales sitúase un prefeito, divídense en 342 distritos (arrondissements) que liderados por un subprefeito, teñen por misión axudar a aquel na aplicación das políticas territoriais e administrativas do Estado francés.

Entre 1790 e 1800 en Francia, os districts foron o primeiro nivel de subdivisión dos départements, e foron posteriormente substituídos polos arrondissements. Durante parte do século XX, denominouse district a unha forma de mancomunidade de concellos.

A capital dun distrito chámase sous-préfecture (subprefeitura) agás cando se trata do distrito da propia capital departamental, que mantén a denominación de "préfecture" (prefeitura), aínda que cumpre coas mesmas funcións para co resto das comunas do seu distrito.

Os distritos agrupan a un número determinado de comunas, a división administrativa básica, que ademais se agrupan en diferentes cantóns, organización que cumpre as funcións de partido xudicial (sede do Tribunal de Primeira Instancia) e de xeito regular, de circunscrición electoral.

Nas cidades de París, Lión e Marsella tamén denomínanse arrondissements ás divisións administrativas que agrupan aos diferentes barrios e á fronte dos cales desígnase un "maire" (alcalde).

El Burgo de Osma-Ciudad de Osma

El Burgo de Osma-Ciudad de Osma é un concello español da provincia de Soria (Castela e León). A súa poboación é de 5.218 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 289,35 km².

É cabeceira do partido xudicial de El Burgo de Osma e pertence á comarca de Tierras del Burgo, da que é capital. Osma é o núcleo histórico altomedieval, mentres que El Burgo de Osma é a poboación moderna, declarada Vila de interese turístico en 1962 e Conxunto Histórico-Artístico en 1993.

Hornachuelos

Hornachuelos é un municipio andaluz da provincia de Córdoba, da comarca da Vega del Guadalquivir e partido xudicial de Posadas.

A súa poboación era de 4.669 habitantes (2007) nunha superficie de 909,22 km², cunha densidade de poboación de 5,14 hab/km².

A localidade de Hornachuelos está situada a 185 metros de altitude, a unha distancia de 51 km de Córdoba, a capital provincial.

Humanes de Madrid

Humanes de Madrid é un concello español do sur da Comunidade de Madrid. Tiña en 2018 unha poboación de 19.587 habitantes.

Ten unha extensión de 19,46 km² e está situado a 23 km ao sur da cidade de Madrid. Limita cos concellos de Fuenlabrada ao norte, Parla ao leste, Griñón ao sur e Moraleja de Enmedio ao oeste. Pertence ao partido xudicial de Fuenlabrada e a diocese de Xetafe.

Antigamente decicado á actividade agrícola, hoxe en día posúe unha das zonas industriais máis importantes da Comunidade de Madrid.

La Bañeza

La Bañeza é un concello español da provincia de León, na zona noroccidental da comunidade autónoma de Castela e León. Capital da comarca de Tierra de La Bañeza, aos pés da Serra do Teleno, é tamén cabeza de partido xudicial.

Zona de asentamento ástur, o seu territorio foi parte do Conventus Asturum durante a dominación romana. A poboación xurdiu por orde do Conde Gatón no século IX, a partir de dous núcleos, San Pedro de Périx e Bani Eiza. Sede dun Marquesado durante a Idade Moderna, a finais do século XIX comezou a súa transformación económica e urbana, dando lugar a un dos núcleos máis importantes da provincia.

Dentro da súa actividade económica destaca a industria alimentaria, grazas á presenza da azucreira, e o sector servizos, debido á súa posición como importante centro comarcal. Ao longo do ano teñen lugar varias celebracións de notable participación cidadá, como os Entroidos, a Semana Santa e as festas patronais, durante as cales celébrase unha das poucas carreiras urbanas de motociclismo existentes en España.

Meiriñado de Sangüesa

O Meiriñado de Sangüesa (en castelán: Merindad de Sangüesa, en éuscaro: Zangozako merindadea) é un dos cinco meiriñados en que historicamente se dividiu a Comunidade Foral de Navarra (España) e que ten por capital a cidade de Sangüesa. O seu termo coincide co partido xudicial de Agoitz agás no caso do municipio de Burlata que dende 1988 pertence ao partido xudicial de Pamplona. O meiriñado engloba 65 municipios e 11 facerías tendo unha superficie total de 2070,8 km² (22,06 km² son facerías). A súa poboación en 2010 foi de 79.757 habitantes (INE).

Pedrola

Pedrola é un municipio de España, na comarca da Ribera Alta del Ebro, provincia de Zaragoza, Comunidade Autónoma de Aragón. Forma parte do partido xudicial de Zaragoza.

Pozoblanco

Pozoblanco é un municipio español da provincia de Córdoba, Andalucía. No ano 2009 tiña 17.689 habitantes. A súa extensión superficial é de 332 km² e ten unha densidade de 53,22 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 38º 22' N, 4º 51' O. Atópase situada a unha altitude de 649 metros e a 80 quilómetros da capital de provincia, Córdoba.

É a localidade con maior número de habitantes da metade norte da provincia, zona formada polas comarcas de Los Pedroches e do Alto Guadiato, seguida por Peñarroya-Pueblonuevo (do Alto Guadiato) con 11.883 habitantes e Villanueva de Córdoba (de Los Pedroches) con 9.663 habitantes.

É a capital económica e administrativa da comarca de Valle de los Pedroches, segunda comarca de Andalucía en extensión. Conta co hospital comarcal, principal centro sanitario da zona norte de Córdoba, e é cabeza do partido xudicial.

Provincia de Zamora

A provincia de Zamora é unha provincia española integrada actualmente na Comunidade Autónoma de Castela e León e cuxo territorio pertenceu antigamente ao Reino de León.

O territorio da provincia de Zamora abarca 10.559 km² e conta con 198.028 habitantes (2005). Trátase dunha poboación fortemente envellecida e en clara regresión demográfica. Os seus principais núcleos de poboación son Zamora (capital da provincia), Benavente e Toro. Outras localidades, cabezas de partido xudicial xunto coas anteriores, son: Villalpando, Pobra de Seabra e Alcañices.

Ruiloba

Ruiloba é un concello situado na comunidade autónoma de Cantabria (España), na comarca da Costa Occidental e partido xudicial de San Vicente de la Barquera. Ten pouca superficie, 15,13 quilómetros cadrados. O seu nome provén de río da Loba, o que delata unha orixe fluvial (v. hidrónimo en toponimia), frecuente en Cantabria. No seu escudo pódese ollar a figura dun lobo.

Limita polo norte co mar Cantábrico, polo oeste co municipio de Comillas e polo sur e leste co de Alfoz de Lloredo.

Teo

Teo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 18.254 habitantes (8.962 homes e 9.292 mulleres) (17.807 no 2009, 17.168 no 2006, 16.809 no 2005, 16.428 no 2004, 16.028 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «teense».

Torre-Pacheco

Torre-Pacheco é un municipio da Rexión de Murcia, pertencente á comarca natural do Mar Menor e Partido Xudicial de San Javier. Coloquialmente a localidade é coñecida como Pacheco.

Utrera

Utrera é un municipio español da provincia de Sevilla, na comunidade autónoma de Andalucía.

Pertence á comarca de La Campiña e é cabeza de partido xudicial, ao que tamén pertencen os municipios de El Coronil, Los Molares, Los Palacios y Villafranca e El Palmar de Troya.

É considerada un dos berces históricos do flamenco, tamén o berce do touro bravo, no seu amplísimo termo municipal existen varias ganderías famosas. Tamén destaca a súa cría de cabalos.

Segundo o Instituto Nacional de Estadística, tiña en 2018 unha poboación de 52.617 habitantes.

Viveiro

Viveiro é un concello e unha cidade, situada na provincia de Lugo, na comunidade autónoma de Galicia. O mesmo tempo, está situado dentro da comarca da Mariña Occidental, da cal é a súa capital. Nela tamén se atopa a sede do partido xudicial número 6 da provincia.

O seu termo municipal está situado na rexión costeira da Mariña, ocupando unha superficie de 109,3 km². Este territorio sitúase no val formado polo río Landro, que se estende polo sur dende os pedemontes da Serra do Xistral, e que desemboca ó norte na ría de Viveiro, que é unha das rías pertencentes á rexión das Rías Altas, que desembocan ó mar Cantábrico.

A fundación de Viveiro data da Idade de Ferro, como se pode ver nos numerosos sitios arqueolóxicos de asentamentos celtas. A partir dos séculos XII e XIII, Viveiro comezou a tomar especial relevancia, coa puxanza da vila medieval, da que hoxe aínda se conserva a súa zona vella.

Viveiro dispón dun variado catálogo patrimonial, no que destacan os seus monumentos históricos de tipo civil e relixioso, o seu patrimonio artístico-cultural e o seu patrimonio natural. Así mesmo, as súas diversas festividades de interese turístico atraen a numerosos visitantes a cidade, entre as que destacan a Semana Santa de Viveiro, a Rapa das Bestas de Candaoso e a Romaría do Naseiro, estando as tres consideradas como Festas de Interese Turístico Nacional.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.